XLIV TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS – MEMORIAL PEPE CORDEIRO

     O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio da Concellaría de Deportes do Ilmo. Concello de Cangas , organizan o XLIV TROFEO DE PEDESTRISMO – Memorial Pepe Cordeiro, que terá lugar o domingo, día 3 de decembro de 2017.

As categorías e horarios das carreiras é o seguinte:
– Minibenxamín (2011-12)
– Benxamín (2009-10)
– Alevín (2007-08)
– Infantil (2005-06)
– Cadete (2003-2004)
– Xuvenil / Junior (1999-00-01-02)
– ABSOLUTA: Senior / Veteráns A (+35 anos) / Vetaráns B (+45 anos)


RECORRIDOS


CIRCUITO URBAN DA ALAMEDA VELLA
– 10.00 h: BENXAMÍN ………………………………………..………… 500 m.
– 10.15 h: ALEVÍN …………..………………………………….……… 1.000 m.
– 10.30 h: INFANTIL ……………….……………………….………… 1.500 m.
– 10.45 h: MINIBENXAMÍNS …………..……………………….……. 250 m.
– 11.00 h: CADETE MULLERES ………………………………..…. 2.000 m.
– 11.15 h: CADETE HOMES ……………………………………..… 3.000 m.
– 11.30 h: XUVENIL-XUNIOR……………………………………… 6.000 m.
– 12.00 h: ENTREGA TROFEOS

CIRCUITO PORTO ALDAN-CASCO URBAN DE CANGAS
– 12:00 h: CATEGORIA ABSOLUTA : (SENIOR – VETERÁNS – homes e mulleres):
Saída: Porto de Aldán / Meta: Estación de Autobuses ……… 10.000 m.
– 13.30 h: ENTREGA TROFEOS


     INSCRICION              REGULAMENTO


     A entrega dos DORSAIS, nas carreiras do CIRCUITO URBAN serán na Praza de Abastos de Cangas. Na carreira absoluta será na nave de deportes náuticos do Peirado de Aldán. 


 

 

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO

Lugo, 25 de novembro de 2017

 

     Progresivamente imos topando coa Tempada, este sábado 25 de novembro disputouse o XXIX CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO. Era o primeiro autonómico, neste caso de marcha atlética. En Lugo parece que primaron as temperaturas baixas, pero iso xa se intuia coa denominación do Campionato. Os primeiros en quitar o frio foron a categoría BENXAMIN, recen nomeada SUB 10. Pola nosa parte SABELA CASTELO mudou o frio por una medalla de CAMPIOA GALEGA, moi disputado ese primeiro posto cunha chegada de foto-finish. Co tempo rexistrado ( 5:16.21) tamén suporía un NOVO RECORD GALEGO de 1000 mts marcha en pista. Parece que Sabela nos vai facer escribir bastante, e nós encantados.



     A categoría SUB 12 feminina foi a seguinte en competir sobre un percorrido de 2000 mts. Alí contabamos con tres amarelas, LARA IGLESIAS, que se proclamou CAMPIOA GALEGA, cun rexistro de (11:48.08), IRIS MALVIDO, rematou 4ª e a súa irmá NEREA MALVIDO, que finalizou 8ª. 



      Tanto homes coma mulleres da categoría SUB 14 marchaban nunha carreira de 3000 mts. DENIS FERNANDEZ, acadou medalla de BRONCE e CARLOS CORREDOIRA rematou no posto 16º. Na clasificación feminina ROCIO NOVAS rematou de  18ª. 


       A nosa participación pechouse con ANA PIÑEIRO, na proba de 3000 mts da categoría SUB 16.  Despois da carreira sumase un SUBCAMPIONATO GALEGO ao seu curriculum.



 RESULTADOS


PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO

     

     As pistas lucenses do ESTADIO GREGORIO PEREZ RIVERA, acolleran o sábado 25 de novembro, o primeiro dos Campionatos Autonómicos coa disputa do XXIX CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO.


HORARIO

10.45 HORAS- 1.000- Benxamín H-M
10.55 HORAS- 2.000 –Alevín Mulleres
11:10 HORAS -2.000 –Alevín Homes
11:25 HORAS- 3.000- Infantil Mulleres
11:40 HORAS -3.000- Infantil Homes
12.00 HORAS- 3.000 –Cadete Mulleres
12.25 HORAS- 5 000 –Cad/Xv/Jn /Pr /Sen /Vet Homes
13.05 HORAS- 5 000- Xv/Jn /Pr /Sen /Vet Mulleres


      Este é o listado de atletas incritos:

  • Sub 10– CANDELA CASTRO – SABELA CASTELO
  • Sub 12 – LARA IGLESIAS – IRIS MALVIDO – NEREA MALVIDO
  • Sub 14 – DENIS FERNANDEZ – CARLOS CORREDOIRA
  • Sub 16 – ANA PIÑEIRO

 

INSCRITOS               REGULAMENTO         



 

FASE PREVIA LIGA FEDERADA ESCOLAR

Pontevedra, 18 de novembro de 2017

 

    A disputa da   VI Liga Galega de Inverno Categorías de Menores ABANCAlevounos ata Pontevedra. A beira do rio Lerez facia fresco para despois tornar a temperaturas máis cálidas co paso da maña. Tivemos que facer uso da tecnica da cebola (quitar capas de roupa).

     No tocante a competición, os resultados foron moi satisfactorios. Presentabamos equipo en todalas categorías, salvo no sub-12 masculinoOs máis novos sub-10 acadaron o primeiro posto en mulleres e o segundo en homesA isto contribuiron:


 CATEGORIA SUB-10 

MULLERES: (155.5 ptos.)

  • SABELA CASTELO,  2ª 50 m.l.e 1ª 1000 m.l.
  • LEIRE BRUN,  4ª 500 m.l. e 2ª  lonxitude
  • ALBA DEL VALLE,  1ª 500 m.l.e 1ª  altura
  • LEIRE FERNANDEZ,  3ª lonxitude e DS relevos
  • SABELA DOMINGUEZ,  5ª 50 m.l. e 3ª altura
  • NOA QUINTEIRO, 1ª  peso
  • ILANA LEON,  3ª  peso
  • VEGA PIÑEIRO,  DS relevos
  • CANDELA CASTRO, 4ª  1000 m.l.- DS relevos
  • ZOE FERNANDEZ, DS  relevos

HOMES: (77.5 ptos.)

  • IKER RIAL, 4º 50 m.l.e 2º relevos
  • MIGUEL FERNANDEZ 50 m.l . e  2º relevos
  • PEDRO GONZALEZ,  8º 1000 m.l.
  • MARCOS RIAL,  1000 m.l. e 4º lonxitude
  • BREO FERNANDEZ, 5º  lonxitude e S M altura
  • DIEGO VAZQUEZ, 6º  altura  e 5º peso
  • GONZALO RODRIGUEZ,   peso
  • HUGO COLLAZO, 1º 500 m.l. e  2º relevos
  • MARIO TORRES,  4º 500 m.l. e  2º relevos


     O equipo feminino da categoría sub-12 obtivo o pase directo a fase final da liga en Ourense ao proclamarse Campioas cunha suma de 141.5 puntos.

CATEGORIA SUB-12

MULLERES: (141.5 ptos.)

  • LUCIA GIL,  5ª 60 m.l. e 6ª lonxitude
  • CLAUDIA CARCER, 1ª  60 m.l.e 1ª relevos
  • IRIS MALVIDO,  6ª 500 m.l
  • LARA IGLESIAS,  2ª 500 m.l
  • SARA NERGA,   7ª 1000 m.l.
  • NEREA MALVIDO,  9ª 1000 m.l.
  • GEMA DACOSTA,   1ª peso e 5ª lonxitude
  • NOA NERGA,  altura e 2ª peso
  • GORETTI CARBALLAL, 5ª  altura
  • MAR CURRA,  relevos
  • LEIRE FONSECA,  relevos
  • UXIA GIL,  relevos

     Na categoría sub-14 os homes remataron primeiros e as mulleres segundas. Lembrar que para a seguinte FASE se clasifican os primeiros das fases provinciais máis as CINCO mellores marcas das tres fases locais. 

CATEGORIA SUB-14

MULLERES: (110 ptos.)

  • SABELA LORENZO,  relevos
  • CARMEN FRAGA, 1ª lonxitude e 8ª altura
  • NURIA ARGIBAY, 5ª  500m.l. e 6ª 60 m.l.
  • AGATA RODRIGUEZ,  4ª 500 m.l.e 5ª 60 m.v.
  • CARMEN CASTRO,  5ª 60 m.l. e 2ª relevos
  • BLANCA PIÑEIRO,  lonxitude e 7ª triple salto
  • EREA BASTON,   peso e 2ª triple salto
  • ABRIL ENTENZA,   60 m.v. e 2ª altura
  • ROCIO NOVAS,   peso 
  • CRISTINA TABOADA,  6ª 1000 m.l. e 2ª relevos
  • UXIA SANCHEZ, 4ª 1000 m.l. e 2ª relevos

HOMES: (103 ptos.)

  • DIEGO MARTINEZ, 4º altura e 2º peso
  • MIGUEL NUÑEZ,   3º 60 m.l. e 2º 60 m.v.
  • DENIS FERNANDEZ, 2º 500 m.l. e 2º lonxitude
  • CARLOS CORREDOIRA, 8º  500 m.l.e 1º relevos
  • JOEL CURRO, 1000 m.l.-e 3º lonxitude
  • YAGO JUNCAL, 6º 1000 m.l. ee 3º triple
  • CARLOS LOPEZ,  4º 60 m.v. e 1º relevos
  • ELOY DOMINGUEZ,  2º altura e 1º peso
  • ANTON NUÑEZ,  1º relevos
  • MANUEL LEMOS, 1º relevos
  • DANIEL QUINTEIRO,  1º triple salto e 4º 60 m.l.


 

PRESENTACION TEMPADA 2017/18

     Coma xa ocurrirá o ano pasado a PRESENTACION coincidiu coa Fase Previa da Liga Federada Escolar. Con tal motivo @s atletas sub-10, sub-12 e sub-14 competiron pola maña en Pontevedra, moi ben por certo, e pola tarde nos agasallaron coa sua vitalidade no Salon de Plenos do Concello de Cangas. Preto das 17:00 horas tiñamos citados @s atletas e colaboradores para ir tinguindo o Concello de amarelo.

      Estivemos arroupados por diversas Autoridades en representación do Concello, Deputación e Xunta de Galicia. Tamén se personou o Delegado da FGA de Vigo. De parte do mundillo do Atletismo tivemos a honra de contar coa presenza de Victor RioboO atleta marinense foi o espello para a nosa canteira coma exemplo enriquecedor de atleta de élite, persoa e tamén, coma él mesmo puntualizou, rival dos amarelos.

     O desenrolo do programa comezaba coa foto do grupo no exterior do Concello. Este ano non choveu, e falta que fai. Moita cara nova polas primeiras ringleiras e nova ubicación que quedou tal que así.



     De seguido, xa no interior, foron desfilando os equipos por categorías. De menos a máis idade, fomos familiarizandonos cos novos nomes das categorías, vai ser difícil acostumarse, son moitos anos.




     A posterior charla-coloquio pode seguir moitos derroteiros, neste caso Victor fixonos un fiel relato das aventuras e desventuras dun atleta de élite. Quedamonos coas suas recomendacions de non deixar os estudos de lado, tampouco de castigar os nen@s sen deporte (Grande ERRO). Neste tipo de debates rematase falando de problemáticas varias. A verdade que interesa, e moito, afrontalas e dalgún modo tratar de poñer solución. Niso estabamos, pero claro @s nen@s son alleos a todo isto. A sua vitalidade foi enchendo o Concello e a única maneira de freala era comendo. 

     Agora toca queimar esas calorias… pero a tempada e longa, MOITA SORTE



PREVIA DA FASE PROVINCIAL DA LIGA FEDERADA ESCOLAR.

     Este vindeiro sábado, 18 de novembro, o CGTD de Pontevedra acollerá a FASE PROVINCIAL DA LIGA FEDERADA ESCOLAR.  Esta primeira proba ten carácter clasificatorio para a FASE FINAL, a celebrar en Ourense o 16/12/2017. Cada atleta poderá disputar un máximo de DUAS probas. O listado que se amosa a continuación contén os ATLETAS CONVOCADOS, prégase comunicar calquera BAIXA que puidera afectar a composición dos EQUIPOS, co fin de subsanala o antes posible.

      De cara o desprazamento, sairá un autobus as 08’15 horas da ESTACION de CANGAS. A volta será ao remate da competición. E aconsellable levar roupa de recambio e algo de comida para @s atletas. No tocante ao HORARIO, achegamos o vixente, sen descartar que poida sufrir algunha modificación. Salientar que nesta nova tempada foron renomeadas as categorías, polo cal @s BENXAMINS, serán SUB-10, @s ALEVINS chamaranse SUB- 12 e @s INFANTIS son SUB-14. Costará acostumarse.



ATLETAS CONVOCADOS:

CATEGORIA SUB-10

MULLERES:

  • SABELA CASTELO, 50 m.l.-1000 m.l.
  • LEIRE BRUN, 500 m.l. – lonxitude
  • ALBA DEL VALLE, 500 m.l.- altura
  • LEIRE FERNANDEZ, lonxitude- relevos
  • SABELA DOMINGUEZ, 50 m.l. – altura
  • NOA QUINTEIRO, peso
  • ILANA LEON, peso
  • VEGA PIÑEIRO, relevos
  • CANDELA CASTRO, 1000 m.l.-relevos
  • ZOE FERNANDEZ, relevos

HOMES:

  • IKER RIAL50 m.l.-500 m.l
  • MIGUEL FERNANDEZ,  50 m.l.-500 m.l
  • PEDRO GONZALEZ, 1000 m.l.-relevos
  • MARCOS RIAL, 1000 m.l.-lonxitude
  • BREO FERNANDEZ, lonxitude-altura
  • DIEGO VAZQUEZ, altura-relevos
  • GONZALO RODRIGUEZ, peso-relevos
  • ANDRES VARELA, peso-relevos

CATEGORIA SUB-12

MULLERES:

  • LUCIA GIL, 60 m.l.-lonxitude
  • CLAUDIA CARCER, 60 m.l.-relevos
  • IRIS MALVIDO, 500 m.l
  • LARA IGLESIAS, 500 m.l
  • SARA NERGA, 1000 m.l.
  • NEREA MALVIDO, 1000 m.l.
  • GEMA DACOSTA, peso-lonxitude
  • NOA NERGA, altura-peso
  • GORETTI CARBALLAL, altura
  • MAR CURRA, relevos
  • LEIRE FONSECA,  relevos
  • UXIA GIL, relevos

CATEGORIA SUB-14

MULLERES:

  • ANDREA PEREZ, 60 m.l.-relevos
  • CARMEN FRAGA, altura-lonxitude
  • NURIA ARGIBAY,  500m.l.-relevos
  • AGATA RODRIGUEZ, 500 m.l.-60 m.v.
  • CARMEN CASTRO, 60 m.l.-relevos
  • BLANCA PIÑEIRO, lonxitude-triple salto
  • EREA BASTON, peso-triple salto
  • ABRIL ENTENZA, 60 m.v.-altura
  • ROCIO NOVAS, peso
  • CRISTINA TABOADA, 1000 m.l.-relevos
  • UXIA SANCHEZ, 1000 m.l.

HOMES:

  • DIEGO MARTINEZ, 60 m.l.-peso
  • MIGUEL NUÑEZ, 60 m.l.-60 m.v.
  • DENIS FERNANDEZ, 500 m.l.-lonxitude
  • CARLOS CORREDOIRA, 500 m.l.-relevos
  • JOEL CURRO, 1000 m.l.-lonxitude
  • YAGO JUNCAL, 1000 m.l.-triple
  • CARLOS LOPEZ, 60 m.v.-relevos
  • ELOY DOMINGUEZ, altura-peso
  • ANTON NUÑEZ, altura-relevos
  • MANUEL LEMOS, pértega-triple salto
  • RUBEN LEMOS, pértega
  • JAVIER SANTOS, relevos


 

PRESENTACION 2017/18

      O mes de novembro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2016/17, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 22 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 18 de novembro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estará composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • Entrega da revista nº 22 do Club.

  • PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

  • *(Procuraremos sexa unha comida saudable,  para non xuntarnos con moitos postres ou bollería industrial. Por exemplo tortilla ou empanada. Coma sabedes doutros anos tamén se pode aportar bebida, refrescos ou agua. )



CALENDARIO TEMPADA 2017/18

     Benvidos a unha nova tempada atlética, que comeza hoxe 01 de novembro, cunha longa andaina ata o vindeiro ano 2018. Achegamos información  do CALENDARIO da FGA  para a tempada 2017/18. Adiantarvos tamén que a presentación da nova tempada está prevista para o día 18 de novembro de 2017, en horario de tarde.

      Coma novidade, informarvos que o masaxista (LOLO) ofrecerá os seus servizos nas pistas de atletismo, os martes e xoves pola tarde. Para concretar a cita, contactar co tlf. 626940047.


CALENDARIO (adianto) 2017/18