XA TEMOS DATA PARA O PEDESTRISMO.

      Nos é grato comunicar que o XLIV TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS- Memorial Pepe Cordeiro, terá lugar o 03 de decembro.  Coa proliferación de probas populares cada vez e máis difícil facer cadrar a data sen interferir noutras probas da contorna. O final decidiuse realizala proba o primeiro domingo de decembro, a nosa data normalmente.  Coa debida antelación informaremos da apertura das inscricións, que este ano premiaran a fidelidade, habera ao redor de 500 prazas a precio módico. Estes e outros detalles do Regulamento estanse últimando, polo que adiantarvos que serán carreiras de Categorías Menores no circuito urbán de Cangas máis a proba de 10 kms con percorrido de Aldán ata Cangas. Ide adestrando neste outono pois en breve sairá a inscrición da proba.



 

VOLTAMOS A ADESTRAR

    Este luns 11 de setembro VOLTAMOS AOS ADESTRAMENTOS.  A partir das 18:00 horas vaise recuperar a secuencia de HORARIOS que levávamos antes do parón do mes de agosto. Para as CATEGORIAS MENORES (benxamin ata cadete) de luns a venres en duas sesions (18:00 e 20:00 hrs), agás o martessó as 20:00 horas. Os nen@s pre-benxamins (nados ata o 2011) teran adestramento os luns e xoves as 18:00 horas.  Tanto nas categorías superiores coma nos diferentes módulos de especialización seguirán os horarios establecidos polos seus adestradores. 

     Recalcar novamente que calquera rapaz/@ que desexe probar no atletismo, pode facelo sen compromiso. Se queredes consultar algunha dubida estaremos nese horario nas pistas de atletismo. Tamén a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou nas redes sociais.