ACTOS FIN DE TEMPADA

     O vindeiro sábado dia 05 de agosto  tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase os atletas destacados cun agasallo. Despois desta homenaxe @s atletas convócase a tódol@s socios/as a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA  que terá lugar no mesmo lugar  as 18:00 horas en primeira convocatoria  e as 18:30 na segunda, coa seguinte ORDE DO DIA:


  • Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

  • – Memoria  dos resultados da tempada 2016/17.

  • Lectura e aprobación do estado de contas.

  • Ampliación Xunta Directiva.

  •  Rogos e preguntas.


     Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a Cea de fin de tempada. A mesma esta previsto se faga no Restaurante A Toda Brasa, sito na Rua Redondela nº 7 baixo de Cangas. O menú constará de entremeses, empanada e tortilla. Churrasco de porco e tenreira, criollo e ensalada máis postre, bebidas, café e  chupito. O prezo 20 €. Para ter unha previsión dos asistentes pregase confirmar antes do xoves 3 de agosto, ben a través dos grupos de whatsapp ou no enderezo at.viladecangas@gmail.com.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 15 de xullo de 2017

 

     Agora si, xa demos remate a tempada. Un sábado moi caluroso, na localidade de Pontevedra, acolleu o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE . O primeiro en saltar a pista foi o xuvenil David Lorenzoquen acadou a medalla de bronce nos 400 m.v.  máis outro bronce no concurso de pértega. O seu compañeiro de categoria Daniel Calvar progresou a final dos 100 m.l. e na mesma acadou o 8º posto.



     Raquel Villa comezou a súa andaina no Campionato cun 5º posto no lanzamento de disco, logo no concurso de peso proclamouse Subcampiona Galega. Saray Amoedo rematou 3ª no concurso de triple salto.



     Paula Martínez pechou a participación d@s amarel@s no Campionato, participou na final B dos 100 m.l. e acadou o posto 10º. Agora teñen unhas merecidas vacacions, que iso tamén forma parte do adestramento.

PAULA VIAXA A GRANOLLERS

     A localidade de Granollers vai acoller, os días 8 e 9 de xullo, o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR AO AIRE LIBRE. A atleta junior Paula Martínez  acadou marca para participar nas probas de 100 m.l. e 100 m.v. Con esta participación completa unha tempada notable,  na que tamén conseguira mínima para o Nacional de Pista Cuberta. Agora só nos queda desexarlle unha BOA VIAXE.


INSCRITOS



CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE

Torrent,  01 de xullo de 2017

 

   A nosa promesa máis prometedora viaxou a Torrent co gallo do CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE.  Non quiso faltar e acadaou a mínima «in extremis». O sabado 1 de xullo, Raquel Villa  disputou a final do lanzamento de peso, na mesma acadou o pase a mellora e rematou en 7º posto cun mellor lanzamento de 12.18 m.



CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE AO AIRE LIBRE

Murcia, 01 e 02-xullo-2017

     Parece que lle colleron gusto as terras murcianas Ana e ValeríaFai apenás 15 días formaban parte da selección galega que competía en Lorca, e agora a cita era na cidade de Murcia, que acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE AO AIRE LIBRE.  O sábado día 1 de xullo estreouse Valeria Rodríguez no Campionato, disputaba o Lanzamento de Martelo. Nesta final lanzou o artefacto ata os 39.37 m., non puido entrar na mellora e rematou no posto 17º.



     Na xornada de maña do domingo foi cando disputou Ana Piñeiro os 3 kms marcha, e anda se os disputou, ata case a derradeira volta andivo no grupo de cabeza. Ao remate foi quinta cun tempo de 15:06.79. Para outro día máis fresco deixará baixar dos 15 minutos. Poñia o punto e final Valeria Rodríguez coa final de lanzamento de peso,  nun concurso bastante discreto que rematou con 10.17 no posto 19º. Nos tiña acostumados a superar os 11 metros, pero cando non sae non hai que facerlle