TROFEOS SOLIDARIOS DE NADAL

      A actividade atlética da fin de semana poñia a proba @s amarel@s en diferentes puntos da xeografia peninsular. Vigo, Lugo, Getafe e Braga, no veciño pais, foron as sedes das competicións nas que tivemos representación.  No caso da cidade olivica,o II Trofeo Solidario do Nadal Celta de Atletismo  supuso unha importante proba para calibrar o estado de forma, rematando cos seguintes RESULTADOS



     O modulo cuberto de Lugo concentrou durante a tarde do sábado a atletas chegados de toda Galicia para a disputa do II Trofeo Nadal Verxel Indoor. Para Ariadna Gil serviu coma contacto coa pista cuberta, rematando os 60 m.l. en 8’68 e os 60 m.v. en 10’02.  Paula Martínez amosou un estado de forma magnifico acadando nos 60 m.v. marca mínima para o Campionato de España Junior, 9’38. Pechou a su actuación cunha mellor marca nos 60 m.l. 8’22.

     Na localidade madrileña de Getafe disputouse o Trofeo de Marcha Atletica «Cerro Buenavista»Na proba de 10 kms. contamos coa presenza de Esmeralda Corredoira, quen rematou en 59’32 o percorrido, ocupando o 8º posto absoluto e 5º da súa categoría. Carlos Corredoira rematou 7º no percorrido de 2 kms da categoría alevín.



     A pista cuberta de Braga estase a converter nunha alternativa moi valida para os atletas galegos. De feito, tres dos nosos xuvenís estrearonse de maneira notable na mesma. Os tempos nos 200 m.l. foron de 28’60 para Iria Rodríguez, en 24’91 rematou David Lorenzo e 23’71 para Daniel Calvar


 

COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA

    Pois parece que coa chegada do nadal @s nos@s amarel@s se poden relaxar. Van rematando os exames e polo tanto coa disciplina atlética procuraran eliminar o «stress» acumulado. Na pista Municipal de Atletismo de Balaidos (Vigo) vai ter lugar, sábado 17, o II TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO. No momento de recoller o dorsal, os participantes poderán entregar un xoguete novo ou alimentos non perecedoiros á organización. INSCRITOS

    Partirá un autobus desde a estación de Cangas as 08:30 h.



HORARIO


     Para todos eles o prazo de inscrición rematará o vindeiro 15 de decembro ás 22.00 horas. Os dorsais serán facilitados pola organización e recolleranse na zona de secretaría o mesmo día da competición con 40 minutos de antelación sobre a proba na que se participe.

     O mesmo sábado, en xornada de tarde, a Delegación en Lugo da FGA vai organizar o II TROFEO NADAL VERXEL INDOORAli estarán a nosa atleta junior Paula Martínez e a cadete Ariadna GilDisputarán probas de valados e velocidade. RESULTADOS EN DIRECTO

     Para o domingo 18 agardanos unha competición de pista cuberta na localidade portuguesa de Braga. Alí os atletas xuvenís Iria Rodríguez, David Lorenzo e Daniel Calvar participarán na proba dos 200 m.l.  REGULAMENTO E HORARIOS


CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO DE PROMOCION

Cehegín-Murcia, 11 de decembro de 2016

    Este domingo,  a actualidade da marcha atletica estaba centrada na localidade  murciana de Cehegín.  A nosa andaina polo VI Campeonato de España de Marcha de Invierno de Promoción comezou coa proba dos 3kms da categoría cadete feminina. Na saída estaban Ana Piñeiro e Valeria Fernández. Todo un logro a nivel nacional, que despois da proba se viu refrendado pola medalla de BRONCE acadada por Ana Piñeiro.  A súa compañeira Valeria Fernández rematou no posto 25º. 



     Para as categorías menores desenvolveuse o TROFEO 35º ANIVERSARIO CEHEGIN DE MARCHA ATLETICA. De maneira notable remataron os dous amarel@s. Ambos acadaron a medalla de prata. Lara Iglesias con 11:39  nos 2kms da categoria alevín e Denis Fernández  con 15:49  nos 3kms da categoría infantil. NORABOA   para os marchadores e adestradores.



COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA

     O domingo 11 de decembroo parque de Castrelos en Vigo,  vai ser esceario para o XVI MEMORIAL ANDRES ABANQUEIRO.  Un clásico na recen estreada tempada de cross. Por parte d@s amarel@s están inscritos na proba:


Pitufo:

Alejandro Fernández- Carlos  Pérez

Prebenxamin:

Miguel Fernández- Saul Parcero 

Benxamín:

Leire Brun- Sabela Domínguez – Marina Nuñez -Noa Quinteiro – Hugo Domínguez – Candela  Castro – Aitor  Costas  – Ruben Costas 

Alevin:

Sara Nerga – Gema Dacosta – Nerea Malvido – Eloy Domínguez – Yago Juncal – Diego Martínez – Carlos Lopez – Carlos Corredoira 

Infantil:

Nerea  Piñeiro- Ana Cerqueira – Sara Mallo – Miguel  Nuñez – Ivan Iglesias – Daniel Quinteiro  – Aaron Otero – Jairo Parcero – Carlos   Portela – Carmen Castro – Abril  Entenza 

Cadetes:

Manuel Otero- Daniel  Iglesias – Aaron Domínguez – Lope Quinteiro – Sabela López 



     Un pouco máis lonxe, na localidade murciana de Cehegín vai ter lugar o VI CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO DE PROMOCION para as categorías cadete, xuvenil e junior.  O mesmo disputarase na mañá do día 11 de decembro e contaremos coa presenza das cadetes Ana Piñeiro e Valería Fernández, que percorreran o circuito de 3000 mts. Paralelamente tamén se fara o TROFEO 35º ANIVERSARIO CEHEGIN ATLETICO DE MARCHA onde competiran a alevín Lara Iglesias máis o infantil Denis Fernández.



XLIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS-MEMORIAL PEPE CORDEIRO 2016

Cangas, 04 de decembro de 2016

     Na primeira fin de semana de decembro tocanos de cheo o noso querido XLIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS-MEMORIAL PEPE CORDEIRO. O abrente non facía presaxiar un mal día, ainda que despois chegamos a temperaturas de 21º. Espectaular mañá, en termos climáticos e por suposto atléticos. Desde as 10 ata ben pasadas as 13 horas non deixamos de ver atletas polas rúas de Cangas. 


img_9228


     As dez estaba prevista a primeira proba e as dez comezou. Nos tamén andivemos as carreiras. Eran as BENXAMINS femininas, que sobre un percorrido de 500 mts, inauguraron o Trofeo do ano 2016.  O podio foi para Emma Rial 1ª, Emma Regueira 2ª e Eva María Otero 3ª. Das integrantes do Club, Sabela Domínguez foi 6ª, Candela Castro 7ª, Alba Del Valle 8ª, Leire Brun 9ª, Paula Fernández 21ª e Noa Quinteiro 24ª. En canto a categoria másculina, os primeiros en cruzar a meta foron David Entenza, Oscar Otero e Brais Pintos. A representación amarela estivo encabezada por  Hugo Domínguez 7º e  Rodrigo Sacau, que rematou 12º.

     O podio da categoría ALEVIN feminina foi ocupado por Adriana Rial, Carmen Carreira e Nerea Barros. Nesta categoría a «invasión» amarela rematou con Lara Iglesias 5ª, Agata Rodríguez 6ª, Cristina Taboada 7ª, Andrea Pérez 8ª, Sara Nerga 10ª, Carmen Fraga 11ª, Noa Nerga 13ª, Uxia Sánchez 14ª, Gema Dacosta 16ª, Iris Malvido 17ª, Nerea Malvido 24ª e Uxia Pazo 32ª. Na sección másculina chegaron os primeiros podios, Carlos López e Raúl Rial, acadaron o 1º e 2º posto, acompañados por Hugo Couñago. Os seus compañeiros remataron con Yago Juncal 8º, Manuel Lemos 10º, Diego Martínez 13º, Rubén Lemos 14º, Carlos Corredoira 19º, Eloy Domínguez 22º, Eloy Domínguez Del Rio 23ºe Luca Piñeiro 25º.


img_9123


     O percorrido sumaba segundo as categorías, na INFANTIL chegaba aos 1500 mts. A vencedora en mulleres foi Laura Alfonso, seguida por Aldara Fonseca e Carmen Carrera. No tocante as nosas atletas, a primeira en cruzar a linea de meta foi Sara Mallo, en 4º posto. Anais Santamarina foi 8ª, Angela Fraga 9ª, Carmen Castro 11ª,  Ana Cerqueira 12ª e Rocio Novas 15ª.

     En homes destacou Ivan Iglesias, acadando o 3º posto, soamente superado por Dawit Comesaña 1º e Jose Estevez 2º.  Despois de Ivan entraron Joel Curro de 5º, Denis Fernández 7º,  Aaron Otero 8º, Adan Dacosta 12º, Daniel Quinteiro 16º, Anton Núñez 17º e Jairo Parcero 21º.

     O tempo apremiaba e os CADETES fixeron a saída conxunta. Os homes percorrían 3000 mts e as mulleres 2000 mts. No caso dos primeiros, coparon o podio de amarelos. Lope Quinteiro, Anton Iglesias e Alex Iglesias, de cuarto entrou Aaron Domínguez, seguido por Daniel Iglesias 9ºe Gabriel Dacosta 11º. Na carreira feminina foron primeiras Sara Lima, Paula De la Torre e Carla Guisande. Polo Vila entraron Sabela López 6ª, Valeria Rodríguez 7ª, Ariadna Gil 8ª, Naiara Villar 9ª, Ines Pardavila 10ª, Maria Rial 13ª, Ainoa Santos 14ª, Colomba Carballal 15ª, Veronica Brun 16ª, Alba Pardavila 17ª, Irene Menéndez 18ª e Ines Villamor 19ª.


img_9212


     A proba JUNIOR, sobre 6000 mts, deu coma vencedor a Jose Villar, mentras que na categoria XUVENIL impusose David Burgos. Non quedaba tempo para máis, tendo en conta que a proba absoluta, con saída en Aldán, comezaba as 12:00 horas. A esa hora as temperaturas estaban preto dos 20 grados e somouse esta circunstancia o sinuoso circuito que percorría desde Aldán a costa canguesa. Finalmente na carreira absoluta resultou vencedor Lolo Penas, seguido de preto por Alejandro Fernández. o terceiro posto foi acadado por Victor Riobo.  Na categoría feminina Maria jesús Gestido, alzouse co triunfo. Beatriz Fernández foi segunda e Marina Caballero terceira.


img_20161204_120003


 CLASIFICACION CARREIRA MAIORES

RESULTADOS MENORES


 

CONCENTRACION SECTOR SALTOS-ZONA SUR

Ourense, 03 de decembro de 2016

 

    Este pasado sábado 03 decembro tivo lugar en Ourense a CONCENTRACION SECTOR SALTOS-ZONA SUR.  O módulo cuberto do Pavillón dos Remedios acolleu as actividades desenvolvidas pola FGA. As mesmas incluían adestramentos e charlas.  O responsable do Sector Mario González estivo acompañado polos adestradores Santiago Ferrer (pai e fillo) e José Alfonso Palomanes. 

     Por parte do Club acudiron en LONXITUDE, a cadete Irene Menéndez. No TRIPLE SALTO, foron convocados os cadetes Maria Rial, Ariadna Gil e Gabriel Dacosta, ademáis da xuvenil Saray Amoedo. Por último tamén acudiu para a PERTEGA o xuvenil David Lorenzo.


15230728_1244830582221876_4496580272353403862_n