CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO

A Pobra, 26 de novembro de 2016

     O Concello de A Pobra do Caramiñal acolleu o XV CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO. Era o primeiro Campionato autonómico na Marcha Atlética e supoñia un importante test para atletas e adestradores de cara a contrastar o estado de forma neste inicio de campaña. A primeira proba da mañá na que contamos con representación foi os 1000 m benxamín feminino, ali debutou Candela Castro rematando en 8º posto. Carlos Corredoira foi tamén o único representante nos 2000 m da categoría alevín,  acadando o posto 14º. Na mesma distancia as mulleres estiveron encabezadas por Lara Iglesias, 3ª, seguida por  Iris Malvido, 5ª, Gema Dacosta, 7ª e Nerea Malvido, 8ª.


15168728_1611845055787410_7611039127681301492_o


     Esta primeira medalla de BRONCE logo foi acompañada pola PRATA que obtivo Denis Fernandez na proba dos 3000 m. da categoría infantil. En mulleres participou Rocio Novas, quen rematou no posto 18º.


ana


     Ana Piñeiro proclamouse CAMPIOA Galega na proba cadete, rematando os 3000 m en 15:19.78. Valeria Fernández acadou o posto 5º. Na carreira absoluta, sobre un percorrido de 5000m,  Esmeralda Corredoira foi 9ª e 4ª da categoría promesa.

      Aproveitouse a proba para efectuar as premiacions do Circuito Josefina Romero desta pasada tempada.


grupo


 

RESULTADOS


PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO

    Este sábado 26 de novembro terá lugar nas pistas de atletismo de A Pobra o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO.  Os atletas do Vila de Cangas inscritos na proba son:

 

HOMES

  • CARLOS CORREDOIRA  (alevin- 2km)
  • DENIS FERNANDEZ  (infantil-3km)

MULLERES 

  • ANGELA FRAGA  (infantil-3km)
  • ROCIO NOVAS  (infantil-3km)
  • ANA PIÑEIRO  (cadete-3km)
  • VALERIA FERNANDEZ  (cadete-3km)
  • LARA IGLESIAS  (alevin- 2km)
  • IRIS MALVIDO (alevin- 2km)
  • NEREA MALVIDO (alevin- 2km)
  • GEMA DACOSTA  (alevin- 2km)
  • CANDELA CASTRO (benxamin- 1km)
  • ESMERALDA CORREDOIRA  (promesa- 5km)

    circular-70-2016-page-002


    REGULAMENTO                         LISTA DE SAIDA


    xvcampionato


V LIGA FEDERADA ESCOLAR ABANCA-FASE PREVIA

Vigo, 19 de novembro de 2016

    Comezabamos a tempada nas Pistas de Balaidos en Vigo. A competición por equipos nos tivo en vilo toda a mañá. Moitas caras novas e por suposto equipos que afrontaban as suas primeiras competicions. Contamos coa sorte dun tempo ameazante pero que o final respetou a proba, a choiva apareceu sobre as 15:00 horas. Os resultados obtidos polos equipos non foron froito da sorte, se non  do adestramento e as gañas que empregaron estas categorias.      


15129090_1609296719375577_5464841252792118461_o 


     Presentábamos equipo en todas as categorías, si ben o benxamín masculino deixou sen cubrir máis probas das que permitía o REGULAMENTO, no cal se especificaba que o primeiro equipo de cada fase e as cinco mellores puntuacións serían as que se clasificaban para a FASE FINAL.

     Os resultados nas tres categorías foron:

RESULTADOS BENXAMIN

RESULTADOS ALEVIN

RESULTADOS INFANTIL


     En base a suma das diferente probas, os equipos CLASIFICADOS son:

final-v-liga-abanca-page-001


 

PRESENTACION TEMPADA 2016/17

     O sábado 19 de novembro foi a data elexida para a Presentación Oficial dos equipos do Vila de Cangas. O salón de Plenos do Concello de Cangas acolleunos para ir coñecendo os distintos equipos por categorías. Familia e socios foron enchendo as butacas, cando no exterior non paraba de chover. Como invitados tivemos a dous ilustres atletas do noso pobo, Solange Pereira e Alvaro Prieto,  quenes amosaron a sua paisón polo atletismo e foron un digno espello para a nosa canteira.


15178269_1609299402708642_4514997095768891745_n


     Da parte institucional contamos coa presenza do Alcalde de Cangas, o Concelleiro de Deportes e concelleiros de diversas forzas en Cangas. Tamén se sumaron a Deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra e o Coordinador do Deporte Escolar da Xunta de Galicia. Por parte da FGA acudiu o responsable da Delegación de Vigo.

     Despois das fotos dos diferentes equipos, tivemos que improvisar o esceario da foto de familia. Non parou de chover e as escaleiras do interior do Concello asumiron o protagonismo da foto. Escalonadamente fomonos repartindo por elas, ata completar o tetris amarelo. Veremos o que sae.

     Tomaron a palabra as diferentes personalidades para dunha maneira ou outra alabar e incentivar as virtudes do deporte. Máis non tardou en sair un tema de actualidade candente, o estado das Pistas de Cangas. Solange Pereira, frecuente usuaria das mesmas,  pediu as Autoridades presentes, que unhas boas instalacións non se deixen deteriorar ata o punto que se fagan inutilizables. Dixo tamén que a solución de parchear o tartán non lle parecía boa, que as pistas necesitarían un saneamento integral do tartán.

     Ata ahí a maioria pensamos coma Solange, pero claro non tardou en sair o verdadeiro obstáculo que impide unha solución digna o problema…OS CARTOS.  Esperamos que se lle preste prioridade a este PROBLEMON xa que nesta tempada as pistas poden perder a súa homologación, amén de lesións e limitación a hora de adestrar.

     Dende o Club queremos amosar a nosa determinación para que iso non suceda, e que estas instalacións non caían no olvido.

     Mentrás fora @s nen@s permanecían  xogando e alleos a unha problemática que agardamos, co tempo, non sufran. De feito, esta hiperactividade dos máis pequenos puso fin o debate. Había que entretelos dalgunha forma, xa estaba pensado, isto si que tiña fácil solución. Nos subimos tod@s para o piso superior e SORPRESA, comida, bebida e ata unha tarta de chuches.


15042053_1609299696041946_6847842530766035799_o


     Engadir que durante a mañá os benxamins, alevins e infantis estiveron disputando en Vigo a V Liga Federada Escolar. Moit@s só vestiron o chandal durante o sábado, se tiveramos que pagarlles nos arruinabamos.


14991273_1609296542708928_1371638858670212566_o


 

PREVIA LIGA FEDERADA ESCOLAR ABANCA

    Este sábado 19 de novembro, en xornada de maña, as pistas de atletismo de Baladios en Vigo acolleran a V LIGA FEDERADA ESCOLAR ABANCA (fase sur). Esta competición, por equipos, implica as categorías benxamín, alevin e infantil. Supón unha xornada clasificatoria para a final, que será no Pazo dos Deportes de A Coruña, polo mes de xaneiro. 

     Para o desprazamento dos atletas ata Vigo vaise habilitar un autobús, que sairá da estación de Cangas as 09:00 da mañan do sábado.  Polo ben dos equipos, pregase puntualidade e que se comunique o Club, o antes posible, calquera incidencia que puidera afectar a formación dos equipos.

     @s nen@s deberán levar unha muda de roupa para cambiarse, sempre e aconsellable máis cando a previsión é de choiva.  Dependendo das probas a realizar tamén se aconsella levar comida.

     Por categorias, achegamos os enlaces dos atletas inscritos en cada proba:


BENXAMIN

ALEVIN

INFANTIL


      Estabamos pendentes da modificación do HORARIO,  prevista para o mércores 16. En caso de producirse procuraremos informar, por agora adiantamos o primeiro horario publicado na circular do Campionato.


circular-67-2016-page-003


RESULTADOS EN DIRECTO


I TROFEO ESCOLA DE MARCHA DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA

Sábado 12 de novembro de 2016

 

     As pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra acolleron o TROFEO ESCOLA DE MARCHA DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA. Foi en xornada de maña e os percorridos eran de 1000, 2000, 3000 e 5000 mts, dando cabida a todas as categorías. No tocante a metereoloxía, tivo momentos menos malos pero en canto avanzou a maña foi totalmente adversa. 


15025575_1606770959628153_5718752225095944530_o


      A categoría benxamin abriu a competición. Na carreira feminina Candela Castro rematou o percorrido de 1km nun tempo de 7:47.84, acadando o 7º posto. Para os alevins, doblouse a distancia. En mulleres Lara Iglesias foi 1ª, seguida por Iris Malvido, 5ª e Nerea Malvido, 7ª. Nos homes Carlos Corredoira rematou 4º.


     15000656_1606772542961328_1887375196251280895_o


     A categoría infantil masculina foi liderada por Denis Fernández, cun tempo de 16:22.39 sobre os 3 kms.  Na mesma distancia Angela Fraga rematou 5ª.

     Ana Piñeiro tamén se impuso nos 3kms da carreira cadete feminina, seguida por Valería Fernández, 5ª, nunha proba que estivo protagonizada pola forte choiva.


14991212_1606773146294601_5334092258386183377_o

RESULTADOS 


COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA.

 

     Metidos de cheo no comezo da tempada, e coincidindo tamén coa festividade de San Martiño, esta fin de semana xa nos atopamos cunha competición oficial máis un clasico na pretempada. Estamos a falar do I TROFEO DA ESCOLA DE MARCHA DEPUTACION DE PONTEVEDRA, que vai ter lugar o sábado 12   nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra.  Será a primeira proba puntuable do Circuito Galego de Marcha atlética Josefina Romero 2016-2017


HORARIO——————————INSCRITOS

10:30 -1.000 Benxamín H-M

10:55- 2.000 Alevín H-M

11:30 -3.000 Inf/Cad H-M

12:30- 5.000 Xv/Jn /Pr /Sen /Vet H-M * Categoría Conxunta.


     O domingo 13 de novembro, en Bueu, temos unha cita coa XXI CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO, co seguinte programa de probas:

page-001

page-002

     Aconsellase estar na linea de saida con 30 minutos de antelación a proba correspondente, sobre todo nas categorias menores, que serán as que conten con máis participantes. Este é o LISTADO DE PARTICIPANTES  na proba. Tanto a saída como a chegada estarán situadas á altura do museo Masso.


7399_evento_4127_cartel_44c5756ad1


PRESENTACION TEMPADA 2016/17

Novembro 2016

     O mes de novembro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2015/16, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 21 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 19 de novembro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estara composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • – Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • – Entrega da revista nº 21 do Club.

  • – PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

  • *(para concretar estas aportacións quedaremos polos grupos de whatsapp)


     foto-fili