CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA E 1000 M. EN RUTA.

Sada 10 de abril de 2016

 

    Entre chuvasco e chuvasco disputouse na localidade coruñesa de Sada o CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA E 1000 M. EN RUTA.  Para as categorías maiores a distancia do Campionato era de unha milla (1609 m.) mentras que para os cadetes, infantis, alevíns e benxamíns era de 1000 m.

     Na categoría veterán M-45 e superior Juan Iglesias rematou en 8º posto cun rexistro de 5:19 e acadando o 6º lugar na súa categoria (M-45).


12933166_909989689099023_957997295770371729_n


     Na carreira infantil mascúlina participou Daniel Iglesias, quen rematou o percorrido en 3:35 acadando o 18º posto. A súa irmán Lara Iglesias rematou 4ª na carreira benxamín. 


12974339_909989845765674_5167968193563021431_n


 

 

II MILLA POPULAR DE SADA – CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA EN RUTA

     A localidade coruñesa de Sada vai albergar o CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA EN RUTA.  Sobre as 10:30 horas do domingo 10 de abril esta prevista a saída do Campionato de Galicia Milla veterán masculino M-45 e superior. Na citada proba contaremos coa presenza de Juan Iglesias Otero, quen debutará coa camisola do Vila. Estaremos atentos o seu paso polo Campionato e sorte na carreira.


85a12b6c-fe60-ef3c-2f3a-39d66ec39566-800    c01ffdbb-ea0b-ff4c-122a-39d50500b3f5-300x


CROSS ESCOLAR CEIP CASTRILLON

     Xa están abertas as inscricións para o XX CROSS ESCOLAR CEIP CASTRILLON. A Asociación de Pais/Nais “FORNOBEDO” e o Claustro de Profesores, en colaboración có Club de Atletismo Vila de Cangas e Club Atletismo Morrazo, organizan de novo este ano unha edición máis do Cross.  A data será o 24 de Abril do 2016  a partir das 10’30 horas.  Nas carreiras concurriran as seguintes categorías:

 PITUFOS……………………..……2012/2011/2010
 PREBENXAMIN………………….2008-2009
 BENXAMINS……………………..2006-2007
 ALEVINS…………………..……….2005-2004
 INFANTÍS…………………………2003-2002
 CADETES…………………………2001-2000
 POPULAR…………………………1999 e anteriores

     Haberá carreira para pais e nais . O remate da entrega de premios haberá un sorteo entre todos os participantes. O prazo límite de entrega de inscricións será o 18 de Abril, no correo fornobedo@gmail.com Cada centro participante deberán traer cubertos os seus dorsais có número asignado, o nome do alumn@, data de nacemento e categoría na que participa. Inscribírase tamén o mesmo día do cross.


CARTEL CROSS COLES-page-001


ANULACION XORNADA XOGADE EN VIGO.

     A xornada prevista para este vindeiro sábado 9 de abril nas pistas de Balaidos queda ANULADA. Esta previsto que se celebre o domingo 24 de abril no mesmo lugar. As categorías implicadas eran Benxamín e Alevín.  As causas alegadas para o cambio son a conveniencia da data para varios Centros Escolares.


CALENDARIOxogade


CONCENTRACION DE SALTOS EN PONTEVEDRA

     O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acollera durante o vindeiro sábado 9 de abrilCONCENTRACIÓN SALTOS.  A mesma dará cabida o sector de saltos horizontais e verticais.

     Por parte do Vila de Cangas foron convocados os seguintes atletas:  Ariadna Gil e Irene Menéndez en lonxitude cadete.  Para o triple salto xuvenil Saray Amoedo e Daniel Calvar.  Na pértega xuvenil a Daniel Armada e David Lorenzo. Por último no salto de altura  xuvenil a Alba Pazos.


CTypXPlWUAAbixa


     Non nos podemos queixar da representación. Esperemos logren concentrarse e saiban asimilar as ensinanzas. Este vai ser o PROGRAMA:

● 10:00  Incorporación, chegada de atletas e adestradores.
● 10:15  Presentación.
● 10:30  Inicio 1ª Xornada de adestramento.
● 12:30  Final de 1ª Xornada de adestramento.
● 13:30  Comida.
● 15:30  Charla Madó.
● 16:30  Inicio 2ª Xornada de adestramento.
● 18:30  Final de 2ª Xornada de adestramento.
● 18:45  Conclusións e despedida.


 

II CAMPIONATO DE GALICIA DE TRAIL

A Veiga, 3 de abril de 2016

     A maña en Trevinca non presaxiaba un campionato doado. O percorrido visto no perfil xa facía quentar o corpo. De todas formas tanto corredores como integrantes da andaina ian ben abrigados. A paisaxe foi admirada e tamén palpada. Os rios baixaban con forza e as cordas habilitadas pola organización non estaban de máis, isto non era triathlon, non se precisaba nadar.  Houbo tramos da proba acompañados por neve ademáis de alguns camiños onde a vexetación autoctona galega, entendase toxos, foron rozados polos corredores. Como crítica constructiva o evento tal vez se poida engadir unha sinalización máis abundante.


IMG-20160404-WA0004


     No tocante a Fran Rodal, rematou notablemente o Campionato Galego de Trail. De posto 13º na xeral e 2º na súa categoría, a senior.  Parece que se adapta ben a esta disciplina, sube moi ben e ten ampla experiencia como corredor. A presión mediatica d@s seus pupil@s fixo o resto, o luns tendra que adestrar o equipo sen apenas maniotas. 


IMG-20160404-WA0002

rtrail2016-page-001