XORNADA ESCOLAR BENXAMIN-ALEVIN EN PONTEVEDRA

     As pistas do CGTD de Pontevedra serán testemuña da derradeira xornada escolar en pista para as categorías benxamín e alevín.  A Delegación da FGA de Pontevedra informa  que  disputaranse os saltos horizontais suspendidos pola choiva en Pontevedra o pasado sabado 16 de abril. O horario será o seguinte:


10:00 h lonxitude femenino
11:30 h lonxitude masculina
13:00 h triplo conxunta


Os atletas que lle afecta esta última nova son:

Jairo Parcero (lonxitude)-  Adrian Pastoriza (lonxitude) – Pedro Verdeal (lonxitude) – Gabriel Dacosta (lonxitude- triple salto) –  Daniel Iglesias (lonxitude -triple salto)-  Ivan Iglesias (lonxitude)  

Maria Rial (triple salto) – Alba Pardavila (lonxitude- triple salto)-  Lucia Armesto (lonxitude)-   Sara Mallo (lonxitude)-  Ines Pardavila (lonxitude) –  Sabela Lopez (lonxitude)  


     No tocante a xornada escolar prevista estes son os datos de interese:


LISTADO DE INSCRITOS


Horario1-page-002


RESULTADOS


13118004_836024419843038_1506786346_n


DATAS DE INTERESE NO MES DE MAIO

     Xa estamos a piques de rematar o mes de abril. As competicions de Pista ao Aire Libre xa nos deparan importantes Campionatos. Tamén se produciron cambios que afectaron tanto as sedes coma as datas de celebración dalgunhas probas. Por exemplo o Cto. Galego Cadete e Junior por equipos pasa a celebrarse nas Pistas de Atletismo da Malata en Ferrol. Outro cambio importante foi na data do Cto. Galego Benxamín, Alevín e Infantil por equipos, o cal será o domingo 22 de maio

     As pistas de atletismo de Cangas tamén van contar con probas no vindeiro mes. O  venres 06 en xornada de tarde a XXII Xornada de Atletismo Base-Trofeo Cangas Dental, coas categorías menores coma protagonistas. E o martes 17, día das letras galegas, o XII Trofeo Vila de Cangas en Pista.  Para rematar contamos cos tres Campionatos Provinciais Escolares do programa XOGADE. 


CALENDARIOMesdocx


CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES AIRE LIBRE

Lugo, 23 de abril de 2016

     A sección feminina absoluta do Vila de Cangas tiña unha cita en Lugo co CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES.  As 11:00 horas do sábado 23 de abril daba comezo no Estadio Gregorio Pérez Ribera  a máxima competición por Clubes ao aire libre.  Xa de entrada, a primeira proba de pértega  disputouse no modulo cuberto. Martina Paramos rematou 6ª cun salto de 2,40. O mesmo tempo tiña lugar na pista os 5000 mts. marcha, onde Valeria Fernández  acadou o 2º posto cun tempo de 29:24.48. Non empezaba mal a cousa, as atletas cumplían pero tivemos deficit a hora de cubrir probas, quedaron tres sen cubrir,  lanzamento de martelo, 1500 m.l. e 3000 obst.


4x100


     Iria Rodriguez rematou o 400 m.v. en 1:16.14  acadando o 7º posto. Noelia Graña correu os 100 m.l. acadando a 8ª posición con 13.48. No concurso de salto de altura partipou Naiara Villar, sustituindo a Alba Pazos, quen non acudiu por enfermidade. Desexamolle unha pronta recuperación. Rematou 8ª,  superando o listón de 1.20. Saray Amoedo cun salto de 10.90 rematou 2ª no triple salto.  A sua irman Aida Amoedo  acadou a 6ª posición nos 400 m.l., cun tempo de 1:06.79.

     relevo 4×100 m.  poñia o fin a xornada de mañan. Irene Menéndez, Iria Rodíguez, María Rodríguez e Paula Martínez formaron o equipo que realizou o relevo, rematando en 5º posto cun crono de 53.34.


salidarelevo


     lanzamento de disco inauguraba a xornada de tarde. Noa Rouco foi a atleta «comodin» do Campionato cubrindo esta proba máis o relevo de 4X400.  De seguro que no disco fixo MMP, e tamén puntou para o equipo co 8º posto. Paula Martínez  foi 5ª nos 100 m.v. con 16.52. Nos 200 m.l. Paula Sotelo  rematou 8ª con 29.39. 

     Raquel Villa lanzou a bola ata os 11.15 m. acadando a 3ª posición no peso. No lanzamento de xavelina  Paula Santos rematou 5ª con 25.32. Ana Fandiño foi 7ª nos 800 m.l. cun crono de 2:52.57. Os 3000 m.l. foron disputados por Sandra Souto, quen rematou 8ª con 13.25.82. Agora toca segir loitando por seguir competindo, non hai formulas máxicas.


ana


     O derradeiro  concurso da tarde foi a lonxitude, onde Ariadna Gil acadaba o 7º posto saltando 4.52. Para rematar o Campionato a proba do relevo 4×400, Aida Amoedo, Saray Amoedo, Noelia Graña Noa Rouco foron septimas cun tempo de 4:38.86. Agora toca seguir traballando, hai marxe de mellora e hai xuventude.


2016 - RESULTADOS - Campionato Galego Clubes - Lugo-page-020


IV XORNADA XOGADE EN PISTA INFANTIL.

     Esta fin de semana as pistas de Balaidos en Vigo acolleran dúas xornadas escolares de atletismo en pista ao aire libre. A primeira,  o sábado 23, corresponde a categoría infantil. Será a derradeira fase para esta categoría e tamén para clasificarse para o Campionato Provincial do vindeiro 07 de maio

     A xornada do sábado conta co seguinte:


LISTADO DE INSCRITOS


RESULTADOS


hv230416-page-001


CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS DE PISTA AIRE LIBRE

     O sábado 23 de abril no Estadio Gregorio Pérez Ribera  de Lugo disputarase o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS DE PISTA AIRE LIBRE.  Ali estará o equipo femenino en fase  de renovación.  Esa canteira que sempre definiu o Vila de Cangas tendrá que codearse cos mellores equipos do panorama galego, de seguro que será unha boa competición para facer equipo e amosar o potencial deste novo proxecto.

     O equipo estará formado por:


  • Noelia Graña.- 100 m.l.
  • Paula Sotelo.- 200 m.l.
  • Aida Amoedo.- 400 m.l.
  • Ana Fandiño.- 800 m.l.
  • Iria Piedras.- 1500 m.l.
  • Sandra Souto.- 3000 m.l.
  • Paula Martínez.- 100 m.v.
  • Iria Rodríguez.-  400 m.v.
  • Alba Pazos.-  salto de altura
  • Martina Paramos.-  salto de pértega
  • Ariadna Gil.- salto de lonxitude
  • Saray Amoedo.- triple salto
  • Raquel Villa.-  lanzamento de peso
  • Patricia Torres.- lanzamento de disco
  • Johana Villar.- lanzamento de martelo
  • Paula Santos.- lanzamento de xavelina
  • Valería Fernández.- 5000 m. marcha

RELEVO 4X 100 (Irene Menéndez, María Rodríguez, Paula Martínez e Iria Rodríguez)

RELEVO 4X400 (Alba Pazos, Aida Amoedo, Noelia Graña e Saray Amoedo)


RESULTADOS EN DIRECTO


Circular 33-2016-page-003

Circular 33-2016-page-004


 

REUNION EQUIPO CADETE FEMININO

     Convocase as compoñentes do equipo feminino cadete este xoves 21 de abril as 19:30 horas  nas Pistas de Atletismo de Cangas. Precisarase tamén a presenza dun adulto por nena. O tema a tratar será a conformación dun equipo para o  CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBS CADETE.  Pregase polo tanto confirmar  a asistencia. O citado Campionato terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro sábado 7 de maio.


 Ap-3.8-b


IV XORNADA DAS SERIES MUNICIPAIS

     Este domingo 17 de abril disputase nas pistas de Balaidos a IV XORNADA do CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA – SERIES MUNICIPAIS. Esta proba abrangue as categorías desde cadete ata senior.  Boa oportunidade para amosar o traballo dos adestramentos.


LISTADO DE INSCRITOS


hv170416-page-001


     Achegamos tamén o enlace da Delegación de Vigo da FGA para seguir os resultados, asi como ollar as listas de saída. Normalmente non esta activo ou actualizado ata o día da competición.


RESULTADOS EN DIRECTO


GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE MARCHA EN RIOMAIOR

Riomaior- Portugal, 09 de abril de 2016

     Dentro do programa de probas do XXV  GRAN PREMIO INTERNACIONAL DE MARCHA EN RIOMAIOR incluianse os 2kms para as categorías benxamín ata cadete. Destacar dentro da participación amarela as victorias de Ana Piñeiro e Valeria Fernandez en categoría infantil e cadete. Non só iso tamén melloraron o RECORD GALEGO nas respectivas categorías. Ana Piñeiro deixou o rexistro galego infantil de 2kms marcha en 9:52 mentras que Valeria Fernandez mellorou o cadete cun tempo de 10:33.

     Na categoría alevín participou Denis Fernández, tamén no percorrido de 2kms, acadando o primeiro posto da categoría. Esmeralda Corredoira estivo na proba dos 5kms rematando no posto 18º cun rexistro de 29:44. 

     En resumo, gran festa da marcha atlética na que @s amarel@s conseguiron ser protagonistas, MUITO BOM !!!


12987202_1723171911232025_938708099165736452_n