RESULTADOS VII CROSS ESCOLAR CEIP NAZARET

Cangas 29 de novembro de 2015.

     Por estas datas correse o risco en Galicia de organizar unha carreira e rematar afogado baixo a chuvia. Está claro que temos a fama pero hoxe non levamos o proveito. Día soleado, frío tamén, que axudou a que a afluencia o VII CROSS ESCOLAR CEIP NAZARET fora moi significativa. Preto de 350 nen@s encheron o barrio de Nazaret de ledicia, deporte e compañerismo. As probas dos Pitufos (3-4-5 anos) foron as máis concurridas, pero as outras categorías Prebenxamin e Benxamin non se quedaron atrás. 

A primeira proba da mañan OS ALEVINS, sobre un percorrido de 850 mts. remataron da seguinte forma RESULTADOS ALEVIN.


nazaret2015 056


Para completar o circuito de 600 mts OS BENXAMINS deron dúas voltas, arrincando os aplausos do público co seu «bo correr».  RESULTADOS BENXAMIN


nazaret2015 077


A categoría PREBENXAMIN foi de longo das máis numerosas. Nun abrir e pechar de ollos completaron a volta do percorrido, vaia vitalidade. Este foron os  RESULTADOS PREBENXAMIN

Chegaba o protagonismo para os PITUFOS, con percorridos de 80, 100 e 120 mts. Sorte que a saída era en costa, se non algun non da tempo a sacarlle a foto. Menuda canteira temos no morrazo.


nazaret2015 126


Para rematar a festa os PAIS e NAIS tamén aportaron o seu grao de area. Correron e deron exemplo os seus fillos de que o importante e participar. Non sei se o creron. RESULTADOS PAIS-NAIS

Ata o ano amig@s!!!

VII CROSS ESCOLAR CEIP NAZARET.

     Este domingo, día 29 de novembro, terá lugar unha nova edición () do CROSS ESCOLAR CEIP. NAZARET, evento organizado pola ANPA. NAZARET e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas,  a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

O evento, que terá lugar no entorno da Barriada de Nazaret, trascorrerá en horario de 10.00/12.30 h, e nel prevese a participación de máis de 300 atletas, achegados dende diferentes clubs e centros escolares da comarca do morrazo.


pLANO-page0001


Este ano como novidade incluese no programa unha carreira de pais/nais (seran catro voltas do circuito-1100 mts.). Se non hai imprevistos o comezo será as 10’00 horas. A orde das carreiras vai ser:

  1. ALEVINS
  2. BENXAMINS
  3. PREBENXAMINS
  4. 3 ANOS
  5. 4 ANOS
  6. 5 ANOS
  7. PAIS/NAIS

10403215_1484634828508434_3514422580508071231_n


CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO.

Bastiagueiro, 22 de novembro de 2015

     As pistas do INEF de Bastiagueiro acolleron o CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO. Este pásado domingo foi a primeira toma de contacto dos marchadores co tartán na recente tempada. Tamén se toparon con chuvia e  frio,  máis tiveron que mostrar as pernas. Xa sabedes que na marcha os xeonllos teñen que estar a vista. 

Na proba benxamín feminina Lara Iglesias proclamouse Campiona.  Gema Dacosta foi Subcampiona e as irmans Iris e Nerea Malvido remataron e 5ª.  Foi a proba con máis amarel@s.  


Foto1


Na categoría alevín tivemos en mulleres a Nerea Nogueira, que rematou 5ª na carreira de 2000 mts.  Na sección másculina Denis Fernández  acadou con solvencia o Campionato Galego aventaxando en minuto e medio o seguinte clasificado. Iria Nieto conseguiu a medalla de bronce e foi a única representante na categoría infantil feminina.

Para remate Valería Fernández estreouse na categoría cadete acadando o subcampionato galego. Nos resultados situana como cuarta pero as dúas marchadoras anteriores foran dobladas.  As veces non chega con loitar dentro da pista. A todo isto queda inaugurada a páxina atletas destacados 2015/16.


Foto2


IV LIGA FEDERADA ESCOLAR-FASE PREVIA SUR

Vigo, 21 de novembro de 2015

     Primeira competición por equipos para as categorías menores. Estaban inscritos seis equipos en total, completando en mulleres e homes os benxamíns, alevins e infantis. O regulamento da IV LIGA FEDERADA ESCOLAR concretaba nun dos seus puntos » Clasificarase os dous primeiros equipos de cada unha das fases e as catro millores puntuacións do total dos equipos participantes».  Se non se quedaba entre os dous primeiros habería que agardar o que sucedía na Fase Norte en Ferrol.

Nas pistas de Balaidos de Vigo tivemos unha maña fría, pero tamén choveu. Non foi un día agradable nin para atletas nin para público. As probas comezaron con puntualidade e respetouse o horario previsto. No tocante a competición os dous equipos benxamins acadaron o pase a final da IV LIGA FEDERADA ESCOLAR. As mulleres remataron primeiras con 83 puntos e os homes segundos con 73 puntos.  RESULTADOS BENXAMIN.


IMG_5623


A seguinte categoría, os alevins, quedaron as portas da clasificación directa. Ambos repetiron no terceiro posto. As mulleres sumaron 120 puntos e os homes 127RESULTADOS ALEVIN

Os  infantís tamén obtiveron a clasificación tras a Fase Prevía. As mulleres conseguiron 130 puntos e os homes acadaron 156. Elas remataron segundas e eles primeirosRESULTADOS INFANTIL.

Tamén salientar as marcas que se acadaron na competición, que podedes consultar nos RESULTADOS OFICIAIS.


IMG_5615 (2)


HORARIO I FASE DA IV LIGA FEDERADA ESCOLAR

     Xa aparece publicado na web da FGA o HORARIO DEFINITIVO da Fase Sur da  IV LIGA GALEGA ESCOLAR FEDERADA, a celebrar este sábado 21 de novembro nas Pistas de Atletismo de Balaidos en Vigo. O autobús saldra de Cangas as 08:45 horas. Tamén a última hora tivemos que realizar modificación nas incricions, os relevos contan como proba. A lista definitiva é esta; INSCRICIONS

Circular 64-2015-page-003


 

CONCENTRACION DE SALTOS EN OURENSE

Ourense, 14 de novembro de 2015

     Módulo Cuberto Pabellón dos Remedios de Ourense  acolleu este pasado sábado a CONCENTRACION DE SALTOS DA ZONA SUR, os responsables de saltos horizontais e verticais, Mario González Rodríguez e Santiago Ferrer Alonso convocaron a adestradores e atletas. Pola parte do Club de Atletismo Vila de Cangas acudiu o adestrador Fran Rodal acompañando a Irene Menéndez (cadete-lonxitude), Ariadna Gil (cadete-triple salto), Daniel Calvar (xuvenil-triple salto), Saray Amoedo (xuvenil-triple salto), David Lorenzo (xuvenil-pértega), Daniel Armada (xuvenil -pértega) e Martina Páramos (xuvenil -pértega) . Destacar a ampla representación de atletas do club, que evidencia o nivel que posúen nestas categorias a nivel galego. Salientar tamén que a cadete Veronica Nuñez fora seleccionada para pértega pero o final non puido asistir.


CTypXPlWUAAbixa


PRESENTACION TEMPADA 2015/16

Cangas, 14 de novembro de 2015

     Coa sobremesa dun sábado de novembro moi soleado daba comezo a PRESENTACION OFICIAL DA TEMPADA 2015/16 dos equipos do Vila de Cangas. Ao redor das 17.00 horas estaban citados os atletas e media hora máis tarde os socios e demáis invitados. O lugar elexido foi o Concello de Cangas, onde o salón de Plenos acollería a masa social que compón e sustenta o Club. Nais, pais, avos e demáis familia foron enchendo a sala acompañando @s amarel@s. Primordial labor que non nos cansamos de agradecer, GRACIAS FAMILIAS.

Puidemos empezar bastante puntuais. Por razóns luminicas fixemos a foto exterior de grupo o principio. Había que plasmar este veran de San Martiño que estamos a ter. Claro que con esta pequena variación do programa houbo atletas que se perderon a foto. Coincidia tamén a concentración de saltos da FGA en Ourense. Alí foron vari@s atletas e un adestrador. Non chegaron para a foto pero si nos axudaron a dar conta dos manxares que entre tod@s xuntamos, outra vez GRACIAS FAMILIAS.

Tras a foto de grupo, foron desfilando polo salón de Plenos do Concello de Cangas todolos equipos dende minibenxamins ata veterans. Nun lado do salón compareceron as Autoridades municipais, representadas polo Alcalde, Concelleiro de Deportes e representantes dos grupos políticos. Da Deputación Provincial tamén tivemos representación institucional.

Pola bancada de enfrente tivemos a Fernando Paredes e Solange Pereira, ambos foron os atletas invitados que nos honraron coa súa presenza.  A charla-coloquio tocou os temas máis sensibles do atletismo actual, Fernando e Solange nos falaron dos valores que imperan para alcanzar as metas no atletismo,  (sacrificio, esforzo, disciplina…). Elevouse a practica deportiva o nivel cultural que se merece, Tamén por parte das institucións presentes se mentaron eses valores, (sacrificio, esforzo, disciplina…) como clave de supervivencia nestes tempos de precariedade economica. En resumo os atletas somos sans e disciplinados pero pobres. De tod@s depende que isto vaia cambiando e se poidan suplir esas carencias que sempre saen a coloquio.

Da man de Belen Lemat chegou unha boa nova. Unha mensaxe de  Javier Gómez Noya, quen tivo a deferencia de donar unha camisola firmada para sortear nas rifas que vende o Club.  Mellor exemplo non poderiamos ter para  a nosa canteira. Gracias tamén a Javi por ser tan cercano e comprometido co deporte en xeral.

Chegaba o momento de despachar os suculentos manxares que nos esperaban no piso superior do Concello. Antes foi repartida entre os asistentes a Revista nº 20. Todo o acontecido na pasada tempada 2014/15 quedou reflexado nela. De feito este será o primeiro artigo da nº 21. O resto da xornada foi xantar e beber…para iso hai xente.


portada


 

PRESENTACION TEMPADA 2015/16

Novembro 2015

O mes de novembro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2014/15, pero no a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 20 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 14 de novembro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estara composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.
  • – Charla-coloquio cos INVITADOS.
  • – Entrega da revista nº 20 do Club.
  • – PINCHO coas aportacións d@s soci@s*
  • *(para concretar estas aportacións hai un tlf. 652304271-Carmen)

    INVITACIÓN A PRESENTACIÓN DO CLUB E-Mail-page0001