CAMPIONATO DE GALICIA CADETE E CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL, JUNIOR E PROMESA DE MARCHA.

Pontevedra a 30 de maio de 2015

As pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra acolleron o CAMPIONATO DE GALICIA CADETE , as probas de marcha do CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL, JUNIOR E PROMESA DE MARCHA e a primeira xornada do Campionato de Galicia de Probas Combinadas. Nos cadetes, co gran aliciente de loitar pola selección para o Campionato de España do CSD por autonomías. En homes lograron podium  David Lorenzo Daniel Armada, ouro e bronce en pértega respectivamente, ademáis de Manel Iglesias que acadou a prata na xavelina. En mulleres magnifico doblete de Saray Amoedo sendo Campiona Galega en salto de lonxitude e triplo salto.


saray


Asi remataron @s amarel@s:

  • Adrián Outeiral,  3º semifinal 100 m.l. e 8º lonxitude
  • Juan Piñeiro,  6º pértega, 10º 1500 m.obs. e 10º xavelina
  • David Lorenzo,  1º pértega e 5º en 300 m.v.
  • Daniel Armada,  3º pértega
  • Daniel Calvar,  4º triplo, 5º pértega e 5º disco
  • Manel Iglesias,  2º xavelina
  • Raúl Barreiro,  4º martelo e 6º peso
  • Mauro Maquieira,  8º peso
  • Kevin Marcos,  10º disco

  • María Rodríguez,  6ª 600 m.l. e 5ª relevos (4×100)
  • Alba Vidal,  6ª 3000 m.l.
  • Iria Rodríguez,  19ª en altura e 5ª relevos (4×100)
  • Ana Fandiño,  4ª pértega
  • Saray Amoedo, 1ª lonxitude, 1ª triplo e 5ª relevos (4×100)
  • Alba Guimerans,  5ª martelo e 7ª peso
  • Paula Santos,  4ª xavelina  e 5ª relevos (4×100)

    No Campionato de Marcha na categoría junior feminina rematou no primeiro posto Mar Chillón completando os 5000 mts. nun tempo de 24:20.40. Esmeralda Corredoira foi descalificada na mesma proba.


    MarChillon


 

CAMPIONATO PROVINCIAL BENXAMIN-COMBINADAS ALEVIN.

Cangas a 30 de maio de 2015

As pistas de atletismo de Verín en Cangas acolleron o CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR BENXAMIN de forma paralela tamén se celebrou o CAMPIONATO PROVINCIAL DE PROBAS COMBINADAS ALEVIN.  A participación nas probas combinadas dilatou o horario do Campionato, nos homes participaron 31 alevins, no tocante os amarelos estivemos representados por Aaron Otero 3º con 706 ptos. Pedro Verdeal 5º con 645 ptos. Daniel Quinteiro 7º con 565 ptos e Denis Fernández 11º con 490 ptos. As probas a sumar eran TRES, 60 m.l., salto de lonxitude e lanzamento de peso. Nas alevíns mulleres, con 39 participantes, Sara Mallo foi 2ª con 866 ptos. Iria Nieto 31ª con 431 ptosBlanca Piñeiro 33ª con 413 ptos. e Paula Nerga 38ª con 202 ptos.


cangas


E que decir dos benxamins, vaia dous equipos, vaia relevos, que ben o pasaron.

grupo


 

  • Sergio Valladares,  4º 50 m.l., 2º 500 m.l. e 2º relevos (4×50)
  • Diego Martínez,  3º 50 m.l., 2º pelota e 2º relevos (4×50)
  • Raúl Rial,  8º 50 m.l., 3º 500 m.l. e 2º relevos (4×50)
  • Carlos Corredoira, 7º 500 m.l. e 7º lonxitude
  • Carlos López,  2º 1000 m.l., 2º lonxitude e 2º relevos (4×50)
  • Yago Juncal,  7º 1000 m.l. e 10º lonxitude
  • Eloy Domínguez,  1º pelota e 2º peso
  • Guillermo Alonso,  3º peso

  • Marieta Lourido,  1ª 50 m.l., 5ª lonxitude e 1ª relevos (4×50)
  • Ines Bernárdez,  1ª 500 m.l. e 7ª 50 m.l.
  • Agata Rodríguez,  1ª lonxitude, 4ª 500 m.l. e 1ª relevos (4×50)
  • Lucia Gil,  5ª 500 m.l., 10 ª lonxitude e 1ª relevos (4×50)
  • Sara Nerga,  4ª 1000 m.l.
  • Noa Nerga,  1ª peso e 2ª altura
  • Laura Soliño, 7ª altura
  • Lara Iglesias,  2ª marcha e 8ª altura
  • Gema Dacosta,  2ª peso, 5ª marcha e 1ª relevos (4×50)
  • Iris Malvido,  8ª marcha
  • Nerea Malvido,  11ª marcha

I MARCHA PEDESTRE SOLIDARIA (AECC)

Este domingo, día 31 de maio, coincidindo co DÍA MUNDIAL SEN TABACO, a Asociación Española Contra o Cancro – Cangas organizará unha MARCHA PEDESTRE ANDAR E CORRER polas rúas de Cangas, en colaboración co Club Atletismo Vila de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

A proba, que será de carácter benéfico (2 € inscrición), terá a súa saída na Alameda Vella de Cangas, a partir das 10.30 h, e nela poderán participar todos/as os interesados/as (independentemente do seu sexo e idade), previa inscripción nas proximidades do palco da Alameda, a partir das 09.30 h.

Os percorrido serán os seguintes:

–    MARCHA ANDAR: Alameda Vella – Desvío Frigoríficos – Volta Area Milla – Alameda Vella

–    MARCHA CORRER: Alameda Vella – Desvío Frigoríficos – Volta Area Milla – Praia Rodeira – Alameda Vella

Unha vez rematada a marcha, o Ximnasio California Gym organizará unha sesión de zumba na que poderán participar todos os interesados.

Para unha información máis detallada: 608 560 301 (Conchi – AECC Cangas)


 

CARTEL

CAMPIONATOS EN PONTEVEDRA.

Esta vindeira fin de seman a actividade nas Pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra vai ser moi intensa coa celebración do  CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PISTA AIRE LIBRE- CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL, JUNIOR E PROMESA DE MARCHA EN PISTA, o sábado 30 de maio. 

Tamén para as categorias dende xuvenil ata veterán terá lugar o CAMPIONATO DE GALICIA DE PROBAS COMBINADAS, a tarde do sábado 30 e a mañan do domingo 31. REGULAMENTO

Achegamos HORARIO das probas da xornada do sábado 30.


 hsabado-page-001

HORARIO PROVINCIAL E INSCRITOS.

Este sábado, día 30 de maio, terá lugar o CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA, evento organizado pola XUNTA DE GALICIA (Servizo Deportes Pontevedra) e a FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO (Comité Xuices Vigo), e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

O evento, que terá lugar no Estadio Municipal de Atletismo, trascorrerá en horario de 10.00/13.30 h, e nel prevese a participación de máis de 400 atletas, achegados dende diferentes puntos da Provincia de Pontevedra.

As categorías que competirán (masculina e feminina) serán: BENXAMÍN (individual + relevos) e ALEVÍN (combinadas).


LISTADO INSCRITOS DEFINITIVO


HORARIOS-page-001


CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL POR EQUIPOS.

Riveira a 23 de maio de 2015.

 

Fantastico día que vivimos na localidade coruñesa de Riveira. Pola mañan os benxamins e alevins. Pola tarde os infantis. Xa vos podedes imaxinar coa cantidade de equipos inscritos como estaban as gradas do Complexo Deportivo da Fieiteira. A verdade que o Campionato tanto de tarde como maña solventouse con celeridade por parte de xuices e organización. Facía tempo que non se «despachaban» as series con tanta velocidade.

En canto os resultados salientar que na suma global dos equipos (feminino e masculino) en BENXAMINS primeiros con 167 ptos, ALEVINS primeiros con 233 ptos e INFANTIS primeiros con 342 ptos.


relevo


O equipo benxamin feminino mellorou o rexistro galego nos relevos 4×50 m.l. parando o crono en 33.79 s. PARABENS por ese novo RECORD GALEGO.

Moitisima participación (entre 11 e 17 equipos por categoria) o cal lle confire un valor engadido o Campionato.

No tocante os podiums o Campionato rematou asi:  

  • Benxamin homes, CAMPIONS GALEGOS (80 puntos)- RESULTADOS
  • Benxamin mulleres, SUBCAMPIONAS GALEGAS (87 puntos)-RESULTADOS
  • Alevin homes, CAMPIONS GALEGOS (128.5 puntos)-RESULTADOS
  • Alevin mulleres, SEXTO POSTO (104.5 puntos)-RESULTADOS
  • Infantil homes, SEPTIMO POSTO (86 puntos)-RESULTADOS
  • Infantil mulleres, CAMPIONAS GALEGAS (256 puntos)-RESULTADOS

IMG_3930


EQUIPO FEMININO A FINAL DE 2ª DIVISION.

Foi publicado pola RFEA o listado provisional dos equipos que poden acudir a FINAL DE CLUBES DE 2ª DIVISION. O listado definitivo esta pendente das reclamacións e renuncias. Pero a boa nova e que por terceiro ano consecutivo a sección feminina do Vila de Cangas acadou posto para a FINAL.  Os puntos obtidos foron 12528partindo en cuarto lugar.

Lembrar que o ano pasado quedaron as portas do ascenso, suben os dous primeiros da FINAL. Moitos PARABENS e agardamos seguir dando  novas coma estas.


20155221864-page-001


PLAN DE VIAXE A RIBEIRA.

O sábado 23 en Ribeira, celebranse os CAMPIONATOS DE GALICIA BENXAMIN, ALEVIN E INFANTIL POR EQUIPOS. En xornada de maña serán os benxamín e alevins. Para esta categorías partirá da Estación de Cangas un autobus as 08.00 horas.  (o autobús voltará ao rematar a xornada de maña)


Mañan


Xa pola tarde serán @s infantís. Para esta categoría saldrá o autobus da  Estación de Cangas as 14.00 horas.


tarde


Para os que non vaian no autobús achegamos a localización do Complexo Deportivo A Fieiteira.



 

CAMPIONATO GALEGO CADETE POR EQUIPOS.

A Coruña 17 de maio de 2015

Celebrabase conxuntamente coa categoría Junior nas pistas da Universidade de A Coruña. Nos cadetes acudiron equipo masculino e feminino. Os homes remataron en cuarto posto sumando 126 ptos., a un só punto do escalón da medalla de bronce. E as mulleres foron quintas, cun total de 175 ptos.

Así sumaron as amarelas:

  • Mª Jesús Corredoira,  15ª 100 m.l.
  • Iria Rodríguez,  11ª 300 m.l. e 7ª lonxitude
  • María Rodríguez,  3ª 600 m.l. e 7ª 100 m.v.
  • Isaura Framil,  10ª 1000 m.l. e 12ª disco
  • Alba Vidal,   3ª 3000 m.l.
  • Ana Fandiño,  4ª pértega e 2ª marcha
  • Saray Amoedo,  2ª lonxitude e 1ª triplo
  • Alba Guimerans,  2ª peso e 3ª martelo
  • Paula Santos,   4ª xavelina

    10402752_348469228674912_7781011733932901364_n


    E así sumaron os amarelos:

  • Adrián Outeiral,   4º lonxitude e 8º 100 m.l.
  • Luis M. Pastoriza,  8º 600 m.l.
  • Martín Pardavila,   9º 1000 m.l.
  • Juan Piñeiro,   10º 1500 m.obs.
  • Manel Iglesias,  2º xavelina e 6º 3000 m.l.
  • Daniel Armada,  1º pértega e 7º 100 m.v.
  • David Lorenzo,  8º 300 m.v. e 9º altura
  • Daniel Calvar,  1º triplo e 3º disco
  • Mauro Maquieira,  4º peso
  • Raúl Barreiro,  1º martelo

    11267491_348469675341534_8949570472429869117_n