XXVIII RECONQUISTA – TROFEO ANTONIO FERNÁNDEZ.

Vigo, 29 de marzo de 2015

 

Xa todo un clásico no calendario atlético que cumpría a súa 28ª edición. Probas que implicaban a case todas as categorías dende infantil ata veterans. O certo era que é moi difícil competir coa costume que temos o outro lado da ria, encher os ramos con larpeiradas de todo tipo. Pero bueno representación no Trofeo Reconquista tivemos.

Proba ideal para os especialistas en combinadas. En Cadetes masculinos participaron  Dani Calvar, que foi 4º na súa serie de 100 m.l. cun tempo de 12.87 e 2º en pértega cun mellor salto de 2.80. David Lorenzo fixo doblete no alto do podio, 1º en pértega, con 3.00 e 1º en 300 m.v. cun tempo de 45:68. Daniel Armada estivo no concurso de pértega acadando o 4º posto con 2.70.

Juan Piñeiro debutou nos 1500 metros obstáculos, rematando en 5:48.55 no 8º posto. A participación dos homes na categoría xuvenil viu de parte de Martín Souto nos 400 m.l., que foi 4º na súa quenda cun tempo de 1:00.41.

As mulleres, coma case sempre, foron máis pero tampouco moitas. En categoría xuvenil Paula Martínez foi 7ª na súa serie dos 100 m.l. con 13.83. Alba Pazos rematou os 100 m.l. en 14.02 e foi 2ª na serie, tamén participou no concurso de salto de lonxitude acadando o 7º posto con 4,39. Na súa quenda de 100 m.l. a cadete María Rodríguez fixo 14.44, quedando 2ª, tivo que abandoar na proba de 300 m.v. 

O concurso de salto de pértega foi o máis concurrido polas amarelas. Martina Paramos foi 2ª con 2.50, Lara Fernández 3ª con 2.30, Veronica Núñez 4ª con 2.10 e Ana Fandiño 11ª con 1.60.

Mª Jesús Novo correu nos 400 m.v. e rematou 5ª na serie cum tempo de 1:17.54. Na categoría infantil Ainoa Santos participou nas probas de lanzamentos, en disco foi 6ª con 17.75 e martelo lanzou 16.36 quedando no 13º posto.


1907714_10206504378276018_3684810343372929116_n


II TROFEO MEMORIAL MIKEL ODRIOZOLA- CRITERIUM MARCHA RFEA

Renteria, 22 de marzo de 2015.

 

Día moi desapracible  que tiveron os atletas do Vila de Cangas que viaxaron a localidade guipuzcoana de Renteria. No TROFEO MEMORIAL MIKEL ODRIOZOLA, participaron o alevin Denis Fernández que acadou o 1° posto nun percorrido de 2 kms. e as infantís Ana Piñeiro e Valeria Fernández que remataron 4ª e 6ª no circuito de 3kms.

Xa no CRITERIUM DE MARCHA RFEA estivo Esmeralda Corredoira participando nos 10 kms. Rematou 5ª cun tempo de 57.07.


 Renteria20150322-01432


II XORNADA XOGADE BENXAMIN-ALEVIN.

Vilagarcia 21 de marzo de 2015.

 

A maña do sábado recibiunos en Vilagarcia de Arousa cun vento do norte moi forte. Ata que quentou un pouco o sol, alí movianse todos, na pista e nas gradas. Para esta segunda xornada participaron un total de 40 nenos/as do noso Club.  Tras o remate desta proba atopamonos no ecuador do programa xogade de pista ao aire libre. Achegase un periodo de vacacións escolares e xa no mes de abril retomaremos as derradeiras fases.  As vindeiras son o 11 de abril (infantil) en Balaidos-Vigo e o 18 de abril (benxamín-alevín) en Fontecarmoa-Vilagarcia.


Estes foron os resultados obtidos polos nosos atletas:         RESULTADOS ATLETAS CLUB


10430437_938702949487874_2890572823042623691_n

 


 Estes foron os resultados oficiais da proba:      RESULTADOS COMPETICION


 10451649_938703729487796_6574730941398621353_n


MARIA JESUS GESTIDO GAÑA A VIG-BAY.

Vigo, 22 de marzo de 2015

 

María Jesús Gestido gañou este domingo a media maratón que sae dende a praia de Samil ata a localidade de Baiona. Cun tempo final de 1.18.14 foi a primeira muller en cruzar a meta. Co nivel mediático que acadou esta carreira,  con 5500 persoas na liña de saida, imaxinamos que supora unha boa inxección de moral para María Jesús. Moitos parabens e gracias por ser o mellor espello para a nosa canteira.

 EAD_0276

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE PISTA CUBERTA.

Sabadell, 22 de marzo de 2015

 

Moi boa actuación no concurso de triple salto para Saray Amoedo. No derradeiro salto consolidou unha participación notable. Estamos falando dun mellor salto de 11.42, a medalla de bronce estivo nos 11.43. Saray Amoedo foi cuarta no Campionato de España e quedou a 4 cms. do record galego que posue Ana Peleteiro con 11.46. Partía para a competición cunha marca de 10.97 e volta coa mellora de medio metro. Enorme Campionato e moitos parabens de todos os que te seguimos.

IMG-20150322-WA0001

CRITERIUM RFEA DE MARCHA ATLETICA.

Este vindeiro domingo 22 de marzo de 2015 celebrarase en Renteria o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 20 KM. MARCHA ABSOLUTO E PROMESA. Paralelo o citado Campionato vaise disputar un Criterium de Marcha Atlética. Nesta proba imos ter representación de catro atletas do Vila de Cangas. Na categoría Alevín másculino Denis Fernández competira nos 2 kilómetros. En Infantil feminimo Ana Piñeiro e Valería Fernández faran o percorrido de 3 kilómetros. Esmeralda Corredoira completará o circuito de 10 kilómetros reservado para a categoría Junior. Moita sorte para todos eles e seguro que van amosar as suas dotes entre o mellorciño da Marcha Atlética nacional. 

 marcha20km_G

SARAY AMOEDO VIAXA A SABADELL.

A vixente Campiona Galega de triple salto en Pista Cuberta, Saray Amoedo,  participará esta fin de semana no CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA.  A final do triplo feminino esta prevista para o domingo 22 as 12:30 horas.  Confiamos na solvencia de Saray Amoedo, quen xa participou o ano pasado no Campionato Nacional. Sorte na viaxe e disfruta da competición.

IMG_20150317_174701

II FASE ZONAL INFANTIL XOGADE PISTA AIRE LIBRE.

Vigo 14 de marzo de 2015.

 

Boa mañan de sol, con vento do norte que facia moi recomendable evitar a sombra. » E menos mal que non chovia» foi unha frase moi recurrida polos asistentes a xornada atlética. No tocante a competición, suliñar que na categoría infantil poden realizar nas xornadas previas ata tres probas por atleta, máis neste caso, que tamen houbo relevo, pois algun/unha foi para casa con catro probas o longo da mañan.

Nos 80 m.l. Daniel Iglesias  foi 3º na súa serie cun tempo de 13.15. Lope Quinteiro  impusose nos 500 m.l. cunha importante marca de 1:26.80, Daniel Iglesias  acadou o posto 12º na mesma proba con  1:48.19. Martiño Nuñez  aumentaba a distancia da carreira ata os 1000 m.l. parando o crono en 4:02.52, posto 8º. Aaron Dominguez  competiu nos 100 mts. obstaculos (con ria), e mollouse, foi 2º con 3:54.15. Adrian Pastoriza  Gabriel Dacosta  participaron no concurso de salto de altura e acadaron a mesma marca 1.30, quedando os dous no 5º posto.

O salto de lonxitude contou con Adrian Pastoriza ,Gabriel Dacosta que tamén empataron cun mellor salto de 3.76, Aaron Dominguez  saltou 3.63 e Daniel Iglesias  2.67.

Aaron Domínguez foi o único representante no triplo, e foi 3º con 8.37. Na xavelina repetiu primeiro posto Lope Quinteiro, lanzando ata 22.59, Gabriel Dacosta foi 6º con 15.84, Adrian Pastoriza Martiño Nuñez, foron 10º e 11º con 13.90 e 13.01 respectivamente.

Lope Quinteiro acadou o triplete co lanzamento de peso, 8.88 foi a súa marca. Martiño Nuñez fixo 2º con 6.55.

Remataron a xornada os homes co relevo 4X80. O equipo composto por Adrían, Lope, Aaron e Gabriel conseguiu o 2º posto cun tempo de 49.12.

Retomamos a xornada coas mulleres. Equipo infantil feminino no que destaca o seu número. A calidade tamén, de feito deu para facer dous equipos de relevos 4X80, unhas do ano 2002 que acadaron o 1º posto con 44.91 e outras do ano 2003 que foron segundas con 47.15.

Estes foron os RESULTADOS das mulleres:

  • Ines Villamor                  1ª 80  m.l. (serie), 4ª 80 m.v.(serie), 3ª lonxitude  e 1ª relevos.
  • Colomba Carballal         5ª 80  m.l. (serie), 3ª altura, 11ª lonxitude e 2ª relevos.
  • María Rial                        5ª 500 m.l. (serie), 7ª triplo, 17ª lonxitude e 2ª relevos.
  • Sandra Souto                  2ª 80  m.l (serie), 5ª 80 m.v. (serie) e 8ª triplo.
  • Sabela López                  2ª 80  m.l (serie), 9º 500 m.l. (serie), 6ª lonxitude e 2ª relevos
  • Ana Piñeiro                     1ª marcha e 13ª lonxitude e 12ª xavelina.
  • Laura Campos                1ª 80 m.v.(serie), 5ª peso, 7ª xavelina  e 1ª relevos.
  • Alba Campos                  1ª 150 m.l. (serie), 1ª 80 m.v. (serie), 6ª xavelina e 1ª relevos.
  • Verónica Núñez              1ª 80  m.l (serie ), 1ª altura e 6ª 1000 m.l.
  • Lara Fernández               2ª 80 m.v. (serie), 6ª peso e 2ª pértega.
  • Irene Menéndez              2ª 80  m.l (serie), 2ª altura e 2ª lonxitude.
  • Ariadna Gil                      1ª 220 m.v., 1ª Triplo, 5ª 1000 m.l.  e 1ª relevos
  • Valeria Rodríguez           1ª peso, 1ª martelo e 7ª 1000 m.l.,
  • Naiara Villar                     2ª 220 m.v. (serie), 7ª altura e 9ª xavelina.
  • Valeria Fernández           4ª 500 m.l. (serie) e 5ª xavelina
  • Ainoa Santos                   3ª martelo, 4ª peso e 2ª relevos
  • Ines Pardavila                 11ª 1000m.l.
  • Laura Valladares              2ª xavelina.

11065933_934051266619709_4386954927268441359_n