CAMPIONATO DE GALICIA CADETE EN PISTA CUBERTA

A Coruña, 28 de febreiro de 2015

 

No Pazo de Deportes de Riazor disputouse o CAMPIONATO DE GALICIA CADETE EN PISTA CUBERTA, dividido en xornadas de maña e tarde. Na primeira parte contamos coa presencia de David Lorenzo nos 300 m.l, quen acadou o quinto mellor tempo das series, non pasou a final por centesimas xa que eran os catro mellores tempos. Adrián Outeiral realizou un concurso de salto de lonxitude moi regular, con todos os saltos por riba dos 5 metros, iso valeulle para obter a medalla de bronce, cun mellor salto de 5.27.  Dani Calvar e Raúl Prieto participaron no lanzamento de peso, acadando o 9º e 11º posto repectivamente. David Lorenzo reapareceu nos 50 metros valados, acadando o Subcampionato Galego nun final superaxustado co Campión. Voltaría o podio de pértega como Campión Galego acompañado de Dani Calvar, en 2º posto, Daniel Armada foi 5º neste concurso. Notase a hiperactividade nos atletas das combinadas, Dani Calvar facia un 4º posto en triplo.

1613914_10203908800267831_1216138303323268086_n

As mulleres estaban representadas por Saray Amoedo, no salto de lonxitude foise ata os 4.79 mts. conseguindo a medalla de bronce. En Triplo quedou Campiona Galega cun mellor salto de 10.65. Alba Guimerans foi 6ª en peso cun lanzamento de 7.84 mts. María Rodríguez non pasou da semifinal dos 50 m.v. quedando 5ª na súa serie. No computo global do Campionato foron 6 medallas, duas de cada color para os nos@s amarel@s. Moitos parabens para eles.

11046308_10203908800827845_358563459493601553_n

GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO 2013/14.

Hoxe, a partir das 19:30 horas, vai ter lugar no Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Sada a GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO 2013/14. Alí estaremos presentes, neste caso sera o adestrador de fondo Alvaro Prieto Fervenza.  Ten que recoller un premio como MELLOR CLUB DE CATEGORIAS INFERIORES, outro para Mar Chillón e Noa García como compoñentes da SELECCION GALEGA DE MARCHA e por último MELLOR ATLETA JUNIOR DE PESO para Pablo Castro.  Noraboa por estes premios en nome do CLUB. E tamén dar as gracias pola parte que nos toca.

LISTA DE PREMIADOS

Agardemos que Alvaro teña sitio  no coche, xa que vai acompañar a Solange Pereira, que tamén esta premiada en varias categorías. Moitos parabens para ela e GRACIAS a todos os que formades parte do CLUB, este premio tamén e voso.

GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO(2)

MAR CHILLÓN COMPOÑENTE SELECCIÓN GALEGA DE MARCHA

Este vindeiro domingo 01 de marzo disputase en Jumilla (Murcia) o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS JUNIOR E CADETE DE MARCHA EN RUTA. Para tal evento foi seleccionada a atleta Mar Chillón Camaño, quen acudirá cos colores do combinado galego. Tamén participará invitada Esmeralda Corredoira. Moita sorte e boa viaxe.

 1-de-marzo-jumilla

PRESENTACIÓN CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LARGOS.

Este mércores, día 25 de febreiro, tivo lugar na Fundación Cangas Deporte (Casa da Xuventude de Cangas) a presentación do CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LARGOS 

 O acto acudiron Francisco Soliño (Concelleiro de Deportes), Isidoro Hornillos (Presidente da Federación Galega de Atletismo), Óscar Fernández (Director Técnico da Delegación de Atletismo de Vigo) e Mª Carmen Parada (Presidenta do Club Atletismo Vila de cangas).

O evento, que terá lugar este domingo 1 de marzo no Estadio Municipal de Atletismo, trascorrerá en horario de 10.30/19.00 h, e nel participarán preto de 50 lanzadores.

 Na competición participarán deportistas en categoría ABSOLUTA achegados dende diferentes puntos da xeografía galega.

 O evento está organizado pola FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO e o CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS, e conta coa colaboración da FUNDACIÓN CANGAS DEPORTE e o CONCELLO DE CANGAS.

 11025849_797133570367180_5096047522476341046_o

XOGADE EN PISTA AO AIRE LIBRE.

Esta fin de semán darán comezo en Vigo e Vilagarcia as probas do Xogade en pista ao aire libre. O sábado 28 en Balaidos acollerá as categorías benxamin e alevin mentras que o domingo 01 de marzo,na localidade arousana, estará reservado para os infantís.

Nas categorías benxamín e alevín, cada atleta poderá participar nun máximo de dúas probas. Se son carreiras, só unha poderá superar os 250m.

Na categoría Infantil, cada atleta poderá participar nun máximo de tres probas: 3 concursos; 2 concursos e 1 carreira; 1 concurso e 2 carreiras. Se son 2 carreiras, só unha poderá superar os 250m.

Nos concursos das fases previas, só se realizarán 3 intentos. Están previstas catro fases previas para cada categoría.

Para o Campionato Provincial, clasificaranse as 16 mellores marcas da totalidade das probas realizadas nas fases previas.

 

 HORARIOS INFANTIL VILAGARCIA 

 HORARIOS BENXAMIN-ALEVIN VIGO  

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVES ESCOLAR.

Pereiro de Aguiar-Ourense, 21 de febreiro de 2015

 

O circuito de Monterrei acollía o derradeiro Campionato do programa Xogade de Campo a Través. Por equipos clasificáronse os alevin e cadetes masculinos. Sara Mallo foi a representante na categoría alevin, acadando o posto 22º. Lope Quinteiro participou na carreira de infantís e finalizou no posto 31º. A representación individual quedou completada con Alba Vidal que obtivo un 7º posto na proba das cadetes mulleres.

A xornada comenzaba co terceiro lugar que conseguían os cadetes homes. O equipo composto  por Dani Calvar, 7º, Manel Iglesias, 12º, Juan Piñeiro, 29º, David Lorenzo, 33º e Dani Armada,  45º, sumou un total de 50 puntos.

O outro equipo , alevín masculino, quedou en quinto lugar sumando 108 puntos moi cerca dos requeridos para medalla.  Participaron Denis Fernández, 18º,  Teo Iglesias, 20º, Joel Curro, 32º, Eduardo Parcero, 38º e Daniel Quinteiro, 39º.

A semana que ven dan comenzo as probas de pista ao aire libre dentro do mesmo programa Xogade. As categorias benxamín e alevín teñen cita o vindeiro día 28 na localidade de Vigo.

 10407417_321561484699020_4240676722596531984_n

Horarios Campionato Galego Escolar de Campo a Través.

O sabado día 21 de febreiro de 2.015 disputarase, no Circuito de Campo a Través do Complexo Polideportivo de Monterrei – Pereiro de Aguiar – Ourense, o Campionato Galego Escolar de Campo a Través.  Para tal evento están clasificados os equipos alevin e cadete masculinos. De maneira individual a alevin Sara Mallo,  o infantil Lope Quinteiro e a Cadete Alba Soliño. De seguido, no enlace, deixamos detalle do circuito e horarios.

HORARIO e CIRCUITO.

CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA

Marín, 15 de febreiro de 2015

Para completar a fin de seman de Entroido quedabanos o Campionato de Marcha en Ruta. Despois de dúas edicions celebradas no porto de Aldán este ano tocaba outra ubicación, a localidade de Marín. En xornada de maña, con resaca da competición do sábado en Pista Cuberta, celebrouse o autonómico con ampla participación dos marchadores amarel@s.

Os alevins homes, cun percorrido de 3kms,  coparon o podio. Denis Fernández foi primeiro, Teo Iglesias terceiro e Miguel Gallego cuarto.

Na mesma distancia os infantís homes nos deron a seguinte medalla, Jesús Guimerans foi bronce.

Na liña de saída da proba de alevín mulleres tiñamos tres representantes, Nerea Nogueira, 5ª. Nayara Pereira,  8ª e Katia Gonzalez, 10ª.

Ana Piñeiro e Valeria Fernández acadaron o primeiro e segundo posto da categoria infantil. Sendo esta unha das carreiras máis numerosas. Irene Menéndez e Lucia Riobo abandoaron por molestias.

Os benxamins reducían o circuito ata os 2 kms, Carlos Corredoira foi 5º e Lara Iglesias obtivo a medalla de bronce.

Mar Chillon disputou os 10kms e proclamouse Campiona Galega da categoria junior e Subcampiona absoluta. A outra atleta junior Esmeralda Corredoira foi descalificada.

 

CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL E JUNIOR EN PISTA CUBERTA

A Coruña, 15 de febreiro de 2015

 

Outro Campionato máis de nivel autonómico no Pazo dos Deportes de Riazor. Si o día de onte era a cita co futuro do atletismo galego, hoxe sen dubida era o presente. A maioria destes atletas xa compiten a nivel absoluto sin ningún tipo de complexos. Este era o Campionato de Pista Cuberta para xuvenil e junior. Domingo de entroido,  vacacións académicas e un formidable ambiente facían prever unha xornada inesquecible.

Na sección másculina Oscar Broullón era o representante en peso na categoría xuvenil, acadando o Subcampionato cun lanzamento de 13,00 metros. O junior Pablo Castro quedou Campión Galego na mesma disciplina. Vaia estadísticas dous de dous.

As mulleres debutaron na velocidade , 50 m.l, as xuvenis Noelia Graña subcampiona galega e Noa Rouco que non obtivo pase a final cun tempo de 7,22.  Nos 200 m.l. Noa Rouco obtivo o bronce e Noelia Graña non pasou da semifinal. Paula Martínez quedou cuarta na final dos 50 metros valados. No concurso junior de altura Alexia Vidal proclamouse subcampiona galega ao igual que no salto de lonxitude. Na pértega xuvenil Martina Paramos completou o mellor concurso e acadou o primeiro posto. Patricia Torres fixo bronce no lanzamento de peso xuvenil. No peso junior acadou o Campionato Galego Raquel Villa.  En resumo o presente do Club goza de boa saúde, noraboa a tod@s.