MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO-GALEGO CROSS CADETE-XUVENIL E GALEGO CROSS CORTO.

Friol (Lugo) 25 de xaneiro de 2015

 

Estamos en tempada alta de Cross e os que pudemos viaxar a Friol fomos testigos do Campionato Galego de Cross para todalas categorías.  Para os escolares recibe o nome de Memorial Alejandro Lorenzo, e así foi como deu comenzo a xornada. As primeiras en estrear o circuito foron as Benxamin Mulleres, moitas delas debutantes nesta proba. O resultado foi que nunha magnifica labor de equipo acadaron o primeiro posto. E parece que iso foi a tónica dominante durante todolos Campionatos, xa que non conseguimos ningún podio  de maneira individual pero si por equipos.  Os seguintes en subir o podio, non se fixeron esperar, foron os Benxamin Homes que acadaron o Subcampionato.

Por esta orde de categorías as Alevin Mulleres disputaron a súa carreira obtendo un merecido cuarto lugar. Nos Homes subiron o caixón da terceira plaza. A categoria infantil pechaba o Memorial, quedando as mulleres de quintas e os homes en terceiro lugar.

Na Categoria Cadete tamén había representación en mulleres e homes, acadando os dous equipos a sexta plaza.  Xa no Campionato Galego de Cross Corto non tiñamos representación do equipo femenino, correndo de maneira individual Marina Caballero e Mª Jesús Novo. O equipo masculino absoluto quedou na posición 12º.

 

 

 

RESULTADOS:

BENXAMIN MULLERES

  • Agata Rodriguez              4ª
  • Ines Bernárdez                 5ª
  • Lucia Gil                            7ª
  • Lara Iglesias                   10ª
  • Gemma Dacosta             12ª Seguir leyendo

COPA GALEGA DE CLUBES EN PISTA CUBERTA

A Coruña, 18 de xaneiro de 2015

 

O equipo absoluto de mulleres tiña un merecido posto na Copa Galega de Clubes de Pista Cuberta. O ano pasado acadou un terceiro posto no podio e a verdade o listón estaba bastante alto. Pero a cuestión e manterse nun nivel, pudo non ser o mellor día pero o resultado final foi dun cuarto puesto empatado co Club Atletismo Naron. Foron en total 47 puntos e o podio pechouse cos 61 puntos acadados pola Gimnastica.

Nos ten mal acostumados este equipo e de seguro esta temporada nos vai  dar moitas alegrias.

RESULTADOS:

Noelia Graña                    4ª 50 m.l. e 6ª relevos.

Noa Rouco                         4ª 400 m.

Aida Amoedo                    6ª 800 m. e 6ª relevos.

Marina Caballero            5ª 1.500 m. e 6ª relevos.

Alba Vidal                         5ª 3.000 m.

Paula Martínez               5ª 50 m.v.

Alexia Vidal                     1ª altura

Martina Paramos           3ª pértega

Mónica Cabirta               7ª lonxitude

Saray Amoedo                 3ª triplo

Raquel Villa                     1ª peso

Sara Villar                        6ª relevos

III LIGA FEDERADA ESCOLAR (FASE FINAL)

A Coruña,  17 de xaneiro de 2015

 

Metidos de cheo no inverno tocaba dar un remate digno a Liga Federada Escolar. Este ano contaba coa súa terceira edición e o Pazo dos deportes de Riazor foi testigo do desenrolo dunha longa xornada. Recalcamos o de longa porque según o horario o remate era para as tres da tarde. Foi sobre as cinco cando por fin saímos do Pazo para xantar. Boa cousa foi ter un lugar xa establecido e reservado para o xantar, a loxistica funcionou.

A verdade que a xornada foi un cumulo de despropósitos, carreiras que tiveron que repetir por problemas tecnicos, carreiras de 1000 metros nas que deron unha volta de máis e unha serie de feitos que prolongaron a final ata as 17:00 horas.  Claro exemplo do que alí pasou foron o equipo Benxamín de mulleres, pois subiron o podio de terceiras, logo na paxina da FGA nos resultados figuran como segundas e para rematar na crónica da final saen outros resultados que as situan como primeiras. En resumo teñen o trofeo de terceiras pero a día de hoxe non sabemos concretar cal lle correspondera.

Outros tres equipos nos representaron Alevins Homes e Infantil Mulleres  Campións Galegos,  Benxamin Homes Subcampions Galegos.

As oito e media chegabamos a Cangas, que duro é o atletismo.

RESULTADOS:

 

BENXAMIN MULLERES:

  • Carmen Fraga                   3ª 50 m.l. e 1ª relevos
  • Iris Malvido                     12ª 50 m.l.  e 12ª altura
  • Agata Rodríguez              3ª 500 m. e 1ª relevos
  • Nerea Malvido                12ª 500 m.
  • Lara Iglesias                     2ª 1000 m. e 1ª relevos
  • Gemma Dacosta              6ª 1000m. e 1ª peso Seguir leyendo

CROSS ZONAL XOGADE

Meira-Moaña 11 de xaneiro de 2015

 

Tralas Festas navideñas a volta a rutina soe ser bastante drástica. No atletismo o mes de xaneiro é sinónimo de Cross. Neste caso, non hai queixa, nin lama, nin chuvia, na contorna da illa de Samertolameu quentou o sol durante todala mañan e permitiu, co tempo seco, unha magnifica xornada para o Cross Zonal do Morrazo. Eran dous equipos que se clasificaban para o Campionato   Provincial, e os oito mellores individualmente. Puntualmente as 10:30 horas deu comenzo a competición coa categoría alevin. En mulleres pasaron como segundas o provincial, mentras que en homes fixerono en primeiro lugar. As benxamins mulleres tamén pasaron como primeiras o igual que os homes. Na categoría infantil mulleres pasaron os dous equipos A e C, mentras os homes pasaron de primeiros. O remate da xornada era para os cadetes onde mulleres e homes foron primeiros. O mes de xaneiro será bastante intenso no tocante as competicións escolares polo cal o zonal foi un magnifico test para os nosos atletas cara a vindeiras probas de Cross e Pista Cuberta.

RESULTADOS:

BENXAMIN MULLERES

  • Agata Rodriguez               2ª
  • Noa Nerga                          4ª
  • Ines Bernárdez                   5ª
  • Lara Iglesias                       6ª
  • Gemma Dacosta                 7ª
  • Lucia Gil                               8ª
  • Sara Nerga                          10ª Seguir leyendo