XLI TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS. MEMORIAL PEPE CORDEIRO

Cangas 7 de decembro de 2014

O domingo da ponte festiva de decembro era o día elexido para a disputa do Trofeo de Pedestrismo do Concello de Cangas. Este ano a proba segue  con cambios no seu percorrido. O máis significativo foi  na proba absoluta con saída en aldan que o seu paso por Cangas continuaba ata a rotonda do gordo e voltaba para rematar na meta situada no entorno da estación de autobuses. As carreiras das categorías menores foron no circuito urban coa novidade da categoría xuvenil-xunior que disputou os 6000 metros dando tres voltas.

As inscricions para as carreiras chegaron preto dos 1000 atletas. Sobre as dez horas xa estaba preparada a carreira das Benxamins mulleres que foi o pistoletazo de saida e  rematou coa proba absoluta que saiu as 12:15 dende o peirado de Aldán, contando con medio millar de participantes.

RESULTADOS:

MINIBENXAMIN MULLERES

  • Leire Fonseca                   1ª
  • Sabela Pazos                     3ª
  • Goreti Carballal              10ª
  • Nerea Rial                        12ª
  • Sabela Domínguez        15ª
  • Marina Nuñez                16ª
  • Noa Quinteiro                17ª

MINIBENXAMIN HOMES

CLASIFICACIÓNS PEDESTRISMO CANGAS

Enlace para consultar as clasificacións das categorias MENORES, minibenxamin ata xuvenil-xunior que se disputaron no circuito urbano. Os resultados da proba absoluta pódense consultar na paxina web ChampionChipNorte.

minibenxamin-mulleres

minibenxamin homes

benxamin mulleres

benxamin homes

alevin mulleres

alevin homes

infantil mulleres

infantil homes

cadetes mulleres

cadetes homes

xuvenil-xunior mulleres

xuvenil-xunior homes

 

RECOLLIDA XOGUETES NO PEDESTRISMO.

  • Este domingo, coincidindo coa celebración do Trofeo Pedestrismo, o Club Atletismo Vila de Cangas vai facer unha recollida de xoguetes destinados a asociación “CÁRITAS PARROQUIAL DIOCESANA – SANTIAGO DE CANGAS”.
  • Para todos/as os que queirades colaborar con esta iniciativa podedes entregar o voso xoguete/s no mesmo punto establecido para a recollida dos dorsais.
  • Dende a Fundación cangas Deporte e o Club Atletismo Vila de Cangas queremos agradecer de antemán a vosa colabración.

Campionato Galego de Marcha en Pista.

A Coruña 29 de novembro de 2014

Primeira proba oficial de Marcha da presente tempada. O lugar escollido foron as pistas de Elviña da cidade herculina. A proba comezou puntual e o tempo era agradable polo que os elementos nesta ocasión foron favorables. O Campionato foi elixido para estrear o regulamento do «Pit Lane» consistente en penalizar con parada en vez de eliminar os atletas que reciban os avisos pertinentes. É dicir que oficial xa é se o aplican nun Campionato Galego.
Da proba resaltar unha abundante participación, cada vez son máis Clubes que se suman á Marcha Atletica e iso é bo para a competición. No noso caso si que houbo bastantes debutantes que esperemos gocen con esta modalidade.
Para inaugurar a xornada os benxamíns realizaban o circuíto de 1000 metros., destacando entre os nosos representantes Carmen Fraga que conseguiu a medalla de bronce. Na competición da categoría alevin o percorrido era de 2000 metros e os destacados foron na categoría másculina, proclamándose Denis Fernández Campión Galego e Teo Iglesias, medalla de bronce.
A categoría infantil aumentaba o circuíto ata os 3000 metros, repetindo doblete no podio por parte de Ana Piñeiro que foi Subcampiona Galega e Valeria Fernández que obtivo a medalla de Bronce.
Para poñer fin á xornada a carreira absoluta de 5000 metros daba cabida ás demais categorías Xúnior-Promesa-Sénior e Veteranos. Tamén é de destacar a presenza de Esmeralda Corredoira que conseguiu finalizar terceira na categoría Xúnior.

RESULTADOS:

BENXAMINS:

Carlos Corredoira            6º

Carmen Fraga                   3ª

Gemma Dacosta              4ª

Lara Iglesias                     5ª

Lucia Gil                           6ª

 

ALEVINS:

Denis Fernández            1º

Teo Iglesias                     3º Seguir leyendo