ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Convocase a tódolos socios/as a Asamblea xeral ordinaria que terá lugar no salón de plenos do Concello de Cangas o vindeiro día 12 de xullo de 2014 as 18:00 horas en primeira convocatoria e as 18:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DIA:

– Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

– Resumo dos resultados da tempada 2013/14.

– Lectura e aprobación do estado de contas.

– Ampliación da xunta directiva.

– Rogos e preguntas.

 

VIAXE AQUAPARK CERCEDA

O viaxe o Aquapark de Cerceda será o vindeiro venres 18 de xullo. Para apuntarse teredes que falar con Mari ou Calvar para concretar o prezo, e xa máis preto da data o horario do autobús. Agora a esperar que faga bo tempo.

Con respeto a Cea de Fin de Tempada aclarar que o prezo para os atletas destacados será de 5 euros. Tamén os que foran acudir deberán avisar antes do día 9 de xullo (14h.).

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE 2014

Huelva 28-29 de xuño de 2014.

 

Para o Campionato de España Cadete clasificouse Saray Amoedo, xa vai sendo normal que esta cadete de primeiro ano acuda en representación do Vila os eventos nacionais. Lembrar que en maio xa nos representou co equipo galego en Valladolid.  Na súa especialidade, o triplo, competiu este pasado día 28 de xuño en Huelva acadando un mellor salto de 10,79 m. que lle valeu para obter o 10º posto.

PECHE DE TEMPADA 2013/14

O vindeiro sábado dia 12 de xullo tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas.  Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase os atletas destacados cun agasallo. Despois de esta homenaxe os atletas realizarase una Xunta Xeral na que están convocados todolos socios.

Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a Cea de fin de tempada. A mesma esta previsto se faga no Restaurante O Cañizo de Nerga, a partir das 22:00 horas. O menú da cea estará composto por uns entrantes de empanada, croquetas e tortilla.  Un plato de peixe, raia en caldeirada e outro de carne, xamón asado con patacas.  Postre, Bebida e Café. O precio por persoa serán 15 euros. Para confirmar  asistencia a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou no teléfono 639558276 (Oscar). Para os que vós preguntedes a data do Aquapark, esta ainda por definir, será posterior o peche de tempada e posiblemente un venres.