CAMPIONATO GALEGO PROBAS COMBINADAS

Pontevedra 24-25 de maio de 2014

 

Comenzaba en xornada de tarde o sábado 24 de maio nas pistas do CGTD de Pontevedra o Campionato Galego de Probas Combinadas, que abrangue dende a categoría cadete ata os veterans. Polo Vila de Cangas tivemos dous atletas,  habituais nas probas Combinadas, Dani Calvar que acadou o primeiro posto en Cadete  con 3064 ptos. e Angel Menduiña, quen finalizou con 5521 ptos, resultando segundo en Absoluta.  Parabens por este novos logros de estos dous xovenes atletas.

Resultados Octathlon Cadete:

Dani Calvar: 100 m.l.  13,00; Peso    8,83;  Altura   1,41;  Disco  30,18; 100 m.v.    20,33;  Pertiga   2,52; Xavalina   22,55;  1000 m.l.   3,04,34;   MARCA 3064 ptos.

Resultados Decathlon Absoluto:

Angel Menduiña: 100 m.l.  11,97; lonxitude  5,78; Peso   9,47;  altura   1,71;  400 m.l.   53,62;  110 m.v.   17,70; Disco 30,56;  Pertiga  3,73; Xavalina  40,01; 1500 m.l.  4,43,83; MARCA  5521 ptos.

 

Campionato Provincial Escolar Alevin- Combinadas Infantil

Pontevedra 24 de maio de 2014

 

Pontevedra era o epicentro esta fin de seman da actividade atlética nas categorías menores. De mañan nas pistas  do CGTD disputabase o Campionato Provincial do Programa Xogade para a categoría Alevín, paralelamente unhas probas combinadas para a categoría infantil. Xa en xornada de tarde no mismo esceario as combinadas de cadete ata absoluto. O groso da participación centrabase nos alevíns. Podían disputar ata duas probas o longo da mañan ademáis dos relevos 4X60 m.l. Nesta derradeira probas a verdade e que se luciron, acadando o primeiro posto en ambalas categorías, os homes cun tempo de 37′ 62» eas mulleres con 38′ 25». Pero iso foi a guinda do pastel, en total o campionato aportou 23 medallas maís outra acadada nas combinadas infantis . Os alevíns subiron en dez ocasións o primeiro peldaño, oito o segundo e catro o terceiro. Que ninguen se sorprenda estes nenos entrenan duro.

As probas combinadas para os infantis eran catro,  peso, lonxitude,  80 metros lisos e valados. Participaron 4 mulleres e un home, Ariadna Gil acadou o terceiro posto  cunha puntuación de 1332 ptos. moi preto da segunda. Xusto despois de cuarta quedou María Rodríguez con 1174 ptos.. Laura Campos foi 6ª con 1123 ptos e Ines Villamor 9ª con 1011 ptos. Juan Piñeiro foi 6º con 1153 ptos.

 

RESULTADOS:

ALEVIN MULLERES:  (1ª en relevo 4X60)

Ana Piñeiro                   1ª marcha e 6ª pelota

Alba Pardavila              1ª lonx.  e 11ª altura

Sabela López                 2ª lonx. e 8ª 60 m.l.

Sara Mallo                     2ª 1000 m.l. e 4ª lonx. Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO CADETE 2014

Vilagarcia 17-05-2014

 

Así como en Cangas fixo calor o día das letras galegas en Vilagarcia non foi menos. Suliñar que o vento  tamen foi protagonista e chegou a invalidar algunas marcas de velocidade ou de concursos de salto. Non foron moitos os representantes do Vila neste autonómico pero si efectivos. Se conseguiron tres podios Juan Gregorio foi 2º en xavalina, David Lorenzo foi 3º en pértega e Saray Amoedo proclamouse Campiona Galega de triple salto. Este triunfo dalle opción a Saray de participar no Campionato de España por autonomías que se disputará o ultimo fin de semana de maio en Valladolid.

 

RESULTADOS:

HOMES:

Manel Iglesias       4º xavalina e 9º 3000 m.l.

David Lorenzo       3º pértiga

Daniel Armada      5º pértiga

Juan Gregorio        2º xavalina- 5º peso  e 4º disco

Martín Pérez          4º peso e 5º martelo Seguir leyendo

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR 2014-INFANTIL

Cangas 17 de maio de 2014

 

Este ano o Provincial de Atletismo en Pista do programa Xogade elexía Cangas para disputar a final provincial.Como novidade  tamén se engadian os relevos 4X80. O sábado coincidía coa celebración do día das letras galegas e fixo una temperatura que rondou os trinta grados. Cando se di que fai un sol de xustiza e verdade porque faí o mesmo sol para todos os que corren, non fai distincions.  Bromas aparte, tivo que ser duro tendo en conta que houbo nenos que fixeron tres probas e o relevo. Con ese sol convertiuse en algo épico. 23 nenos obitiveron marca para alguna proba neste Campionato. O saldo final de medallas acadadas foi de un total de 22 medallas, 5 de ouro, 9 de prata e 8 de bronce. En canto os relevos as mulleres foron subcampionas e os homes quedaron cuartos.

 

 

 

 

 

RESULTADOS:

INFANTIL HOMES ( 4×80 RELEVOS 4º)

Aaron Domínguez         4º triplo-5º 3000 m.l. – 9º lonxitude e 4º relevos

Jesús Guimerans          3º marcha e 9º altura

Carlos Pérez                   1º xavalina e 3º disco

Raúl Barreiro               2º peso- 2º martelo e 5º disco

Mauro Maquieira        3º xavalina- 3º peso e 6º disco Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO CLUBES-XUNIOR E CADETE

O Barco de Valdeorras 10/05/2014

 

Según contan o madrugón foi bo, arredor das sete da maña, sábado temperatura fresca pero levadeira. En fin,  con madrugar non chegaba. Quedaba unha longa viaxe ata o extremo oriental de Galicia, e despois alí, unha dura xornada cos mellores Clubes Galegos.  Tiñamos algunha garantía de que o viaxe en balde non era. Por exemplo o núcleo do equipo absoluto femenino esta composto por xuvenís e xuniors e complementado por cadetes. Estamos falando de xente moi xoven que chega a un Campionato Galego absoluto e nos agasalla cun tercer posto.

Seguro que o viaxe de volta se fixo máis levadeiro cos bos resultados acadados. Xunior Mulleres Campionas Galegas, Cadetes Homes Subcampions Galegos e as Cadetes Mulleres en quinta posición, pero podería ser unha cuarta posición si prospera a reclamación conforme non foron sumados debidamente os puntos de Alba Vidal no 3000 m.l., que acabou en primeira posición.

Teñen varios análisis estes resultados, os do entrenador foron 12.807 puntos iaaff. 5 records de club e 2 novas minimas para cto de España.  Os do Club falan de cambiar o eslogan «Enerxia de Futuro» por «Enerxia de Presente». Claro que se lle preguntamos o tesoureiro nos dirá que non van chegar os cartos para tanto viaxe.

En resumo fantástica xeración de atletas que se criaron e formaron no Club. Estes si que sinten a camiseta.

 

 

RESULTADOS CADETES HOMES (2º CLASIFICADO CON 173 PTOS.)

Adrian Outeiral             4º 100 m.l. e 4º lonxitude

Manel Iglesias               2º 3000 m.l. e 5º 300 m.l.

Martín Souto                6º 1000 m.l.

Daniel Armada            2º pértiga e 6º 100 m.v.

David Lorenzo            3º 300 m.v. e 4º altura Seguir leyendo

X TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA

Cangas 03 de maio de 2014.

A ponte de maio foi aproveitada para a disputa o sábado do X Trofeo Vila de Cangas. Por fín se pode decir que luciu o sol. Unha cousa leva a outra, o nivel de participación foi alto. Se pode achacar a alta participación os retrasos nas probas, pero máis ben foi cousa de loxistica. Levase tempo pedindo a Federación, a través dos xuices, o reparto dos dorsais por Clubes.  De ahí viu gran parte do retraso, que houbo que repartilos de manera individual, se a iso lle engadimos alguna modificación no horario. Con isto se trata de explicar a mañan caotica que se viviu nas Pistas de Atletismo de Cangas.

Xa no ámbito deportivo a maña foi todo un éxito, tanto a nivel participativo como tamén nas marcas acadadas. As sempre participativas probas de velocidade na categoría benxamín deron inicio a xornada con 50 m.l.  Para os alevíns a proba de velocidade é de 60 m.l. O resto das probas foron os 150 m.l. para os infantis,  1000 m.l. para as categorías de benxamín a cadete. En canto a categoría absoluta a proba raiña do medio fondo foi gañada polo atleta portugués Helio Gomes cun tempo de 3:54:04. Nos concurso para homes disputouse a pértiga, lonxitude, xabalina, peso e disco. As probas das mulleres sumaron as anteriores os relevos de 4X 80 e 4X100 m.l. a primeira para a categoría infantil. Tamen contamos nos 1500  m.l. con outra ilustre portuguesa, canguesa de adopción, Solange Pereira quen realizou a marca da tempada con 4:17:24. En resumo unha boa competición tanto para grandes coma pequenos, esperemos que perdure no tempo e poida ter continuidade.

XX XORNADAS DE ATLETISMO BASE 2014

Venres 02 de maio de 2014

 

As pistas de atletismo de Cangas tiñan a axenda completa esta ponte festiva. A idea, non era saturar o calendario pero debido o aprazamento das Xornadas de Atletismo Base polo mal tempo que nos acompañou o pasado venres 25 de abril, non quedou outro remedio. Pero para ser xustos,  foi un acerto. Nos esperaba unha tarde primaveral cunhas instalacións para nos solos e moitos e moi bos colaboradores. Os protagonistas, non cabe duda, foron os nenos. Por diante tiñan catro probas, das que puntuaban as tres mellores. Ainda asi houbo empates e algún podio quedouse pequeno. As probas eran de velocidade 50 e 60m.l., salto de lonxitude, lanzamento de peso e carreira de fondo 300 e 500 m.l.

As xornadas cumprían este ano a sua vinte edición.  Botar a vista atrás e pensar cantos nenos e nenas pasaron por elas. Moitos dos nenos do Club que axudaron no desenrolo das probas competían o día seguinte no X Trofeo Vila de Cangas de atletismo en pista. Todo un luxo, en dúas xornadas, contar con todalas categorías do atletismo competindo nas Pistas de Verín.

 

 

 

CLASIFICACIONS: Seguir leyendo

CAMPIONATO DE CLUBS EN PISTA O AIRE LIBRE

Sábado 26 Abril, Lugo

E novamente o equipo feminino do Vila volve subir o podio, como xa fixera en pista cuberta, pois quedaron terceiras, demostrando unha vez máis que é un equipo que hai que ter en conta.

A este gran logro hai que sumarlle outro, ¡ POR FIN TEMOS EQUIPO MASCULINO! o que non ocorría dende hai un tempo e estamos moi contentos. Os rapaces do Vila quedaron 8º, detrás dos penúltimos, e xa están traballando en novas estratexias para mellorar, como recordar que a entrega de relevo faise na mesma rúa para que non os descalifiquen.

Dende logo foi un gran día. Comezaron o campionato con dúas probas de mulleres, marcha e martelo e unha de homes, triple. E comezamos cun susto, Mar Chillón lesionouse e inda así foi terceira, Johana foi 4ª.  Pero o equipo mantívose nos primeiros postos toda la mañá. Laura Meira, a nova incorporación do equipo, foi segunda en xavelina como tamén o foi Alexia Vidal en altura o lograr saltar 1.55 m.

María Novo e Aida Amoedo seguen entrenando a pesar de estudiar  moi lonxe de aquí e demostrárono nos 400 m. Os de María foron valados e foi 6ª e os de  Aida lisos e foi 4ª, pola tarde faría os 200 m.l.  e repetiría posto. Noelia Graña fixo uns magníficos 100 m.l. quedando 2ª. Saray Amoedo foi 5ª en triple, sendo a máis pequena de todas, cun salto de 10.82 m.

Nos 1500 m.l. participou a máis veterana do equipo,  Marina Caballero, quen está nunha magnífica forma física como o demostrou o ser 4ª. Iria Piedras foi a encargada de facer os 3000 m. obstáculos,  foi  5ª sen mollarse demasiado na ría.

O equipo dos homes, empezaba a competir co máis pequeno do equipo, Dani Calvar en triple e quedandoi 8º. Ángel Menduiña foi 6º nos 400 m.v. e pola tarde en lonxitude 4º. Juanma Novo participou en 2 probas e rematou en ambas no mesmo posto ,7º, pola mañá en xavelina e pola tarde en 110 m.v. Gerson Martinez foi 7º nos emocionantes  100 m.l.    En pértega Álvaro Lorenzo foi 6º .Pablo Castro en peso conseguiu o mellor posto para o equipo, 3º. Pola tarde lanzou o disco e foi 4º. Os 1500 correunos  Maikel Portela sendo 6º. Pedro Acuña foi 7º nos 400 m.l. Os 3000 obstáculos correunos e saltounos Rodrigo Bermúez sendo 8º e obtendo unha nova marca para el.

O peche da xornada da mañá foi o relevo  dos 4×100 m.l. o equipo femenino composto por Paula-Noelia G-Sara-Alexia foron 3ª e o masculino 4º, no que participaron Cesar-Vicente-Gerson-Yago

A xornada de tarde comezou cos homes, en martelo o máis veterán do equipo, Carlos Bernardez foi 7º como tamén o foi  Ángel Ferrari en 3000 m.l.Foron 8º Pablo Cortizo en 800 ml e David Lorenzo en altura. Era un dos cadetes e o máis baixiño dos saltadores, e non pudo practicar moito antes da proba pola esaxerada altura a que puxeron o listón.

Cesar A. González correu os 200 m.l. sendo 6º. Andrés Obenza, outro dos pequenos do equipo, aceptou facer a marcha a pesar de non competir en esa disciplina esta tempada. Tivo a mala sorte de ser descalificado.

O equipo femenino pola tarde comenzou con pértega  a cargo de Martina Paramos, 5ª, e peso  con Raquel Villa quen foi 2ª obtendo outro dos mellores postos do club. Sara Villar foi a encargada de facer os 100 m.v. sendo a 6ª en cruzar a liña de meta. Noa Rouco era a terceira na súa proba, os 800 m.l. Alba Vidal, unha das máis pequenas do equipo foi 6ª nos 3000 m.l.Mónica Cabirta foi a encargada de saltar a lonxitude  sendo a 7ª clasificada. O último concurso foi o disco no que Talía García quedou 4ª mellorando marca.

A última proba desta xornada foron os relevos 4×400. Algúns xa se relamían ó pensar que se podían meter co entrenador, xa que ía participar cos rapaces, sen darse conta que si se pasaban ían pagalo moi caro en futuros entrenos. E por si iso non fora suficiente, descalificaronnos por unha entrega antireglamentaria. Os relevos foron  Pablo-Carlos-Fran-Maikel. O equipo femenino composto por Marina-Ana-María- Mónica foron 4ª.

O broche final para esta xornada foi a subida o podio do equipo das rapazas do Vila no 3º posto. Noraboa campionas! Noraboa a todos, homes e mulleres!