XORNADA PISTA AIRE LIBRE ESCOLAR-INFANTIL

Pontevedra 29 de marzo de 2014

 

Vai avanzando o programa Xogade de Atletismo en Pista ao Aire Libre. Pese a ser Vigo a nosa sede no zonal de Pista tamen Pontevedra nos ofrece proximidade e Xornadas clasificatorias. Ali nos plantamos o sábado pola mañan, no que comenzou sendo una xornada primaveral tornouse co tempo en ceo nubrado e aire frio, bo día para coller un resfriado, dou fe. Como a xornada anterior cada atleta tiña ocasión de probar en tres modalidades, as máis cuantiosas foron a velocidade e o concurso de salto de lonxitude.  De xustiza é de engadir  que de non ser polos clubes do sur da provincia esta xornada estaría algo orfa de participación.  Gran volumen de participación no equipo femenino infantil, iso non é un equipo, é un equipón, un total de 16 mulleres por 6 homes.  O día seguinte aínda houbo algunha que foi a correr o trofeo da Reconquista en Vigo. Xa o dí o refrán «O palleiro non se fai sen palla». Deica a próxima.

 

 

 

 

 

 

RESULTADOS:

HOMES:

Jesús Guimerans           3º marcha-3º triplo-7º altura

Antón Iglesias                1º triplo-3º 220 m.v.-1º 1000 m.v.

Mauro Maquieira          3º disco-2º peso-3º xavalina

Carlos Pérez                   4º disco-11º altura-1º xavalina

Raul Barreiro                 1º martelo-9º 150 m.l.-1º peso Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Sábado 1 Febreiro 2014

Por segundo ano consecutivo, voltamos ao circuíto de Aldán, pero esta vez o campionato foi pola tarde e novamente con previsión de mal tempo. Algo que neste inverno ven sendo normal, e que pode repercutir nas marcas. Como pasara o ano pasado, que a chegada dos 5 km foi a máis lenta en toda a historia do atletismo, xa que a forte racha de vento que se levantou, facía que os atletas avanzaran a cámara moi lenta.

A primeira carreira foi os 3 km dos alevíns e infantiles onde se lograron 6 medallas. A primeira atleta do noso club en pasar pola meta foi Valeria Fernández, que se proclamou subcampiona galega infantil. Tras ela chegaban os novos campión galegos dos alevíns, Ana Piñeiro e Teo Iglesias. Seguíaos Suso Guimeráns quen foi bronce infantil. E para completar o podio dos homes alevíns, que se encheu de amarelo, os seguintes en entrar en meta foron Gabriel Dacosta e Miguel Gallego. Pero entre eles, pasaron pola meta dúas mulleres, Irene Menéndez, quen tivo un moi bo estreo, e Ainoa Santos. A orde dos seguintes en completar a carreira  foi Sabela López, Lucía Riobó, Ines Pardavila e Mar Guimeráns.

Os 5 km foi a seguinte carreira onde Noa García, que foi 5ª, obtivo a praza para ser compoñente da selección galega de marcha, que competirá o 16 de este mes en Murcia no campionato de España. Ana Fandiño nos seus primeiros 5km, non parou de loitar ata pasar pola meta, sendo 9ª.

Tras estas dúas carreira foi o turno dos máis cativos, os  benxamíns. So competimos con 2 atletas e ambos fixeron tan ben que subiron o podio. Denís Fernández impuxo un bo ritmo de carreira e deixou a todos atrás para proclamarse campión galego. Katia González non se rendeu e obtivo o titulo de subcampiona galega.

Os 10 km é a carreira na que se premia a orde de chegada (absoluta) e por categorías. E aquí é onde Mar Chillón logrou dúas merecidísimas medallas e os títulos de campiona galega absoluta e campiona galega xunior e por si fora pouco, tamén formará parte da selección galega. Esmeralda Corredoira, que tamén competía nesta carreira, chegou 6ª, pero logrou a marca mínima que lle permite participar no campionato de España pero de maneira individual, lucindo os colores do Vila de Cangas.

Os resultados deste campionato foron 10 medallas: 5 ouros, 3 pratas e dous bronces, dúas compoñentes da selección galega que participaran no campionato de España e unha que o fará de forma individual. Por certo, o tempo comportouse e non causou estragos.

Resultados Aldan marcha ruta 2014

Benjamín: 1º Denis Fernández Seguir leyendo

ZONAL XOGADE BENXAMIN-ALEVIN EN PISTA.

Vigo a 22 de marzo de 2014

As categorías menores comezan coa actividade na pista ao aire libre.  A seman pasada foron os infantís e agora tocaballe os benxamíns e alevíns. Preto de cuarenta atletas participaban polo Vila de Cangas,  para completar un máximo de dúas probas o longo da xornada. A máxima da xornada era acadar marcas e aclimatarse a competición.  Engadir que a primaveira nos acolleu cun día frio que fixo que non solo os atletas se moveran nas pistas de Balaidos. Xa pensando na vindeira xornada para estas categorias, en Pontevedra ó día 5 de abril, Vemonos alí.

 

 

 

RESULTADOS:

Benxamín:

Carlos López           5º 1000 m.l. e 13º lonx.

Yago Juncal            4º 1000 m.l. e 11º pelota

Denis Fernández    1º marcha    e 2º altura

Anton Núñez          15º 50 m.l.  e  6º lonx.

Carlos Corredoira 23º 50 m.l. e 13º 500 m.l.

Guillermo Alonso 11º  50 m.l. e 6º peso

Yoel Curro               12º 50 m.l. e 5º lonx.

Marco Tenorio       22º 50 m.l. e 24º lonx. Seguir leyendo

Xornada Zonal Pista Aire Libre Escolar-Categoria Infantil.

Vigo, 15 de marzo de 2014

 

Primeira xornada do programa Xogade de Pista en xornada de maña nas instalación de Balaidos.  Toma de contacto coa competición en pista e boa oportunidade para evaluar as marcas. A categoría infantil tivo a oportunidade de competir nun máximo de tres probas por atleta. Os clubes e colexios da zona sur da provincia estaban invitados para a presente xornada, na que non había podios nin trofeos, simplemente a posibilidade de obter marcas nas diferentes modalidades para optar o pase o Campionato Provincial. O vindeiro sábado 22 de marzo tocalle as categorías benxamín e alevín.

 

CLASIFICACION:

MULLERES:

Isaura Framil             2ª 3000 m.l.- 8ª 150 m.l.  e 3ª xavalina

Valeria Fernández   2ª marcha e 19ª 150 m.l.

Ariadna Gil               2ª Triplo-  2ª 500m.l. e 1ª lonxitude.

María Rodríguez     3ª Triplo- 7ª 80 m.l.  e 4ª 80 m.v.

Sandra Souto          8ª triplo- 11ª 150 m.l. e 11ª xavalina

Lara Fernández      2ª pértiga-7ª 80 m.v. e 7ª altura

Valeria Rodríguez  1ª martelo- 1ª peso e 5ª xavalina Seguir leyendo

Campionato de España Xuvenil en Pista Cuberta.

Valencia 8-9 de marzo de 2014

A segunda fin de seman de marzo estaba marcada na axenda para a disputa no Palau Velodrom Luis Puig do Campionato de España Xuvenil en Pista Cuberta. As 18:20 horas estaba prevista a semifinal de 400 m.l. para mulleres, ali estaba Noa Rouco, quen correu na segunda quenda e acadou o terceiro posto cun tempo de 1:00:74.  Non foi suficiente para pasar a final. Parabens para Noa porque xa foi un grande logro chegar ahí.

Homenaxe as mulleres no deporte.

Cangas a 8 de marzo de 2014

 

Dentro dos actos do día da muller, por parte da corporación municipal,  recibiron unha homenaxe no Auditorio de Cangas as mulleres no deporte. A nosa Presidenta Mª Carmen Parada foi unha das elexidas para tal evento. Parabens para ela e agradecer as Entidades que promoveron a homenaxe polo seu apoio a muller e o deporte.

 

Campionato Galego Campo a Traves Escolar 2014.

A Pobra do Caramiñal 08 de marzo de 2014

 

A praia de Cabio era o escenario elexido para a fase final do Xogade de Campo a Través. Para alí partiu de Cangas un autobus con tres equipos que lograron a clasificación para o Galego, alevin homes e infantil homes e mulleres. De maneira individual en cadetes mulleres tamen participaba Alba Vidal. Nos atopamos no bus coa primeira sorpresa, unha reporteira do Canal Via nos estaría a grabar durante a nosa xornada no Campionato.  Pois parece que a presión mediatica mermou os recursos dos nosos atletas, porque foi unha xornada pobre, en canto a resultados. O primeiro equipo en participar, os alevins masculinos, obtiveron o octavo posto con 147 puntos. As infantís mulleres quedaron quintas con 108 puntos e os homes septimos con 150 puntos. Na proba de cadetes foi de maneira individual Alba Vidal e acadou o 13º posto.  A partir de agora nos espera a pista ao aire libre e un pouco de bo tempo que xa tocaba.

RESULTADOS:

ALEVIN HOMES:

Lope Quinteiro   28º

Gabriel Dacosta  34º

Teo Iglesias          38º

Adrián Pastoriza 47º

Martiño Núñez     50º Seguir leyendo

CAMPEONATO GALEGO ABSOLUTO DE COMBINADAS

Lugo 25-26 de xaneiro de 2014.

Disputouse no Módulo cuberto de Lugo, o Campeonato Galego de Combinadas para as categorías de cadete a senior, e na cal tomaron parte os mellores especialistas Galegos desta atractiva disciplina atlética. Na categoría cadete o gañador foi Dani Calvar cunha marca de 2.255 puntos. Na categoría absoluta Angel Menduiña foi cuarto con 4.102 puntos, sendo subcampeón Galego na súa categoría Promesa.

Campionato Galego Xúnior/Xuvenil en Pista Cuberta

A Coruña 08-02-2014

 

O día anterior os cadetes disputabase O Campionato Galego de Pista Cuberta para as categorías Xúnior e Xuvenil.  Para estreala xornada a xuvenil Noelia Graña clasificouse nos 50 m.l. como primeria da sua serie cun tempo de 7:05. Alvaro Lorenzo acadou un cuarto posto na pértega Junior. Na semifinal de 400 m.l. Noa Rouco pasou a final con 1:04 e Ainoa Fernández non logrou o pase con 1.13.  Na final conxunta xuvenil-junior dos 3000 ml. Lucia Piedras, Iria Piedras e Noemi Crespo acadaron o 7º,8º e 9º posto da clasificación.  Na final dos 50 m.l. chegou a medalla de prata de Noelia Graña cun magnifico tempo de 6.98. Suerte dispar na semifinal de 200 m.l. donde Estela Crespo pasou con 27.83 e Ana Antepazo quedou fora da final con 29.90. Oscar Broullon obtivo outra medalla de prata en Peso, na final tamen acadou o cuarto posto Anxo Rodas.

Pablo Castro quedou Campión Galego de peso na categoría Xunior. Na pértiga xuvenil Noelia Cousiño foi 6ª.  Paula Martínez superou a semifinal de 50 m.v. cun tempo de 8.27. Estela Crespo acadou a medalla de prata na final dos 200 m.l.  Nos 400 m.l. foi Noa Rouco a encargada de obter o subcampionato galego na final xuvenil. Patricia Torres proclamouse subcampiona en peso xuvenil acompañada de Carla Bernárdez que foi cuarta. Na final Junior de peso tamen tivemos duas representantes Raquel Villa que foi Campiona Galega e Talia Garcia que rematou cuarta.

A final de 50 metros valados daba por rematado  o Campionato con medalla de bronce para Sara Villar e cuarto posto para Paula Martínez, ambas con 8.42.

 

CAMPIONATO GALEGO CADETE PISTA CUBERTA

A Coruña 09-02-2014

 

Disputouse no Pazo dos deportes de Riazor o Campionato Galego Cadete de Pista Cuberta.  Acadaronse duas medallas no mesmo, una medalla de prata en Triplo para Saray Amoedo e outras duas de bronce para David Lorenzo en salto de altura e pertega. A xornada comenzaba coas series de 50 m.l. donde Saray Amoedo pasaba de rolda cunha marca de 7.70. No Salto de lonxitude Adrián Outeiral quedaba en decimo lugar saltando 4.41, marca que non lle deu o pase a mellora. Na  primeira rolda mascúlina dos 50 m.l. Dani Calvar obtivo o pase con 7.11 e Adrian Outeiral quedou as portas con 7.49.

Nos 600 m.l. Maria J. Corredoira reamtou a carreira na posición 11.  Proseguía a competición coa semifinal de 50 m.l., na cal Saray Amoedo non acadou o pase a final cun tempo de 7.72. Dani Calvar na semifinal de homes fixo 7.21 e tampouco obtivo praza.

No lanzamento de peso Dani Calvar foi 6º e Juan Gregorio 8º. No concurso de lonxitude Saray Amoedo e Paula Santos fixeron 7ª e 9ª respectivamente. Martina Paramos quedou preto da medalla o empatar coa terceira en pértiga o final os nulos a relegaron a cuarta posición. David Lorenzo pasou a final dos 50 metros valados e obtivo o 5º lugar. Dani Calvar obtivo o 6º lugar no triplo salto. Alba Soliño rematou a participación das mulleres cun 5º lugar nos 3000 m.l. Tamén foi esta a derradeira proba para os homes cun 7º  lugar para Manel Iglesias.