Campionato Provincial Cross Xogade 2014

A Guarda 22 de febreiro de 2014

 

Para disputar o Campionato Provincial de Cross Escolar desprazamonos ata o Camping de Santa Tecla en Salcidos-A Guarda. Ollando as fotos do circuito, cheo de auga , de fai duas semanas e a suspensión do pasado sabado 15 de febreiro, sorprende a capacidade de drenaxe do terreo nesta marxe do rio Miño. Ali nos atopamos cun percorrido en moi boas condicións, calquera diria que por alí pasou o longo e chuvioso inverno. Pois iso, bo terreno e bo día tamen nunha contorna espectacular, a desembocadura do Miño. Xa no plano deportivo o Vila presentouse no Provincial con sete equipos clasificados, o rematar a mañan os sete obtiveron podio. De maneira individual  Denis Fernández  foi Campión Provincial na Categoria Benxamín. De feito o Equipo Benxamín de Homes acadou o Campionato Provincial. Na categoria alevín os homes foron subcampions e as mulleres terceiras. Os infantís obtiveron o Subcampionato en ambalas categorias, asi coma os cadetes que repetiron a terceira praza en homes e mulleres. No tocante o próximo Campionato Galego de Cross Xogade engadir que esta previsto se dispute na localidade de A Pobra do Caramiñal o vindeiro 08 de marzo, ali estarán os oito primeiros da clasificación individual e os dous primeiros equipos.

Clasificacións:

BENXAMINS:

Denis Fernández      1º                    Agata Rodríguez         11ª

Yoel Curro                 5º

Abraham Sotelo     11º

Anton Nuñez           19º

Carlos Menduiña  20º

Brais Cortegoso     23º

Yago Juncal            24º

Eloy Dominguez    36º

Carlos Corredoira 49º Seguir leyendo

Horario e Planos do Campionato Provincial Escolar.

Boas Tardes,  achegamos  información sobre o horario, planos do circuito e localización do Campionato Provincial de Campo a Través Xogade que se disputará este Sábado 22 de febreiro na localidade de A Guarda. O autobús partirá da estación de Cangas as 08:30 horas da mañan.  Moita sorte e non olvidar levar unha muda.    Horario DEFINITIVO        COMO CHEGAR

 

Campionato Galego Absoluto e Promesa P.C.

O dia 2 de febrero celebrouse na pista cuberta de A Coruña o campionato galego absuluto e promesa no cal os atletas do Vila de Cangas conseguiron cinco podios :
Ángel Menduiña, 1º en peso, 3º clasificado en pertega e 2º en altura da categoría promesa.
Pablo Castro, 3º clasificado absoluto en peso e
Raquel Villa 3º clasificada absoluto en peso.