SEGUIMOS FACENDO HISTORIA

Moratalaz (Madrid), 9 de xuño de 2013.
A iso das 12 do medio día dio sábado 8 de xuño, déronse cita as atletas do Vila de Cangas para saír cara á capital.
Na maleta levaban un bocata, a roupa para competir, un abrigo (sí un abrigo, porque este ano nin o 40 de maio nos quitamos o saio), de vinte quilos de ilusións. IMOS A FINAL DA SEGUNDA DIVISIÓN POR PIRMEIRA VEZ NA HISTORIA DO CLUB!!!!


Ah, esquecíao, tamén levaban un móbil deses de última xeración.
A viaxe fíxose longa, e menos mal que nos libramos de ir a Murcia como propuxeron nun principio, senón seria peor. Ben, atravesamos media España parando dúas veces no camiño, que antigamente se aproveitaba para ir ó aseo. Hoxe, podedes crerme, aproveitase a parada para facer carreiras en busca dun enchufe para cargar eses aparatiños chamados móbiles. A tecnoloxía moderna!
Unha vez no destino, ceamos e cada un o seu cuarto, que mañá hai que madrugar e convén estar descansados e en bo estado de forma. A durmir! A durmir? Non era posible xa estabamos a 9 de xuño e as atletas querían darlle os parabéns ó seu adestrador polo seu aniversario. Menos mal, non foi moi longo.



Despois do merecido descanso, un bo almorzo e a competir xa con un formigueiro no estómago provocado polos nervios.
Nas pistas xa nos estaba agardando Serantes, a quen lle agradecemos o esforzo.
Mar foi a primeira en competir e tamén a primeira en chegar á meta marchando. Ben, isto vai ben. Xa estamos primeiras. Entón tocoulle a torna a Johana lanzando martelo e… que creedes? Foi a segunda mellor marca. Seguimos primeiras.
Nos entramos na liga en oitavo posto, pero a quen non lle gusta soñar? Agora estabamos primeiras. De alí a pouco xa estabamos segundas, pero ó certo é que nos mantivemos nesa posición ata ben pasada media mañá. Sería este o conta da Cincenta? Anda que si quedamos nos primeiros postos…! Pensamos que aquel era un momento para disfrutar, a rebaixar sempre hai tempo.
E ese tempo chegou. A falta o último relevo estabamos no 7º posto, pero non había nada decidido porque a diferenza de puntos era mínima. Pese a boa actuación das nosas atletas nos relevos, finalizamos oitavas con 79 puntos, a tan so un punto do 7º e a tan só 11 puntos do 3º.


Que ninguén pense que se apoderou de nós a tristeza, estamos contentos de participar e animados para seguir intentándoo o vindeiro ano.
Quedaba a volta á casa, onde Mónica se recuperará da lesión sufrida mentres saltaba lonxitude.

Resultados:
Johana Villar Parada: 2ª en martelo
Mar Chillón Camaño: 1ª en marcha
Belén Lemat Cabral: 7ª en 3000 m.l.
Mónica Cabirta Gutiérrez: 7ª en lonxitude
María Jesús Novo Pardavila: 7ª en 400 m.v.
Aida Amoedo Portabales: 1ª en 400 m.l.
Carla Bernárdez Miranda: 7ª en disco
Marina Caballero Iglesias: 3ª en 800 m.l.
Iria Piedras Gómez: 8ª en 200 m.l.
Alexia Vidal Martínez: 2ª en altura
Martina Páramos Rial: 6ª en pértiga
Sara Villar Millán: 5ª en 100 m.v.
Noa Rouco Baqueiro:3ª en 100 m.l.
Eva Piñel Lorenzo: 8ª en triplo
Ana Bermúdez Méndez: 8ª en 1500 m.l.
Raquel Villa Carracelas: 2ª en peso
Ainara Rodríguez Nogueira: 5ª en 3000 m.obstáculos
Talía García Prieto: 7ª en xavelina
Relevos 4×100 (Paula Martínez Fernández, Noelia Graña Casas, Sara Villar , Alexia Vidal): 7ª
Relevos 4×400 (Aida Amoedo, Marina Caballero, Ana Antepazo Regueira, María Jesús Novo): 5ª

Campionato Galego Xogade en Pista Benxamín-Alevín.

Vilagarcia, 8 de xuño de 2013

 

 

 

Despois dunha intensa fase do Xogade de Atletismo en Pista, con catro xornadas previas e un Campionato Provincial, chegaba a hora do Campeonato Galego das Categorías Benxamín e Alevín. As 16 mellores marcas de toda Galicia tiñan unha cita no Complexo Deportivo de Fontecarmoa en Vilagarcia de Arousa. De Cangas partiu puntual un autobús cargado de amarel@s.

O sábado fixo un día nubrado e chuvioso, de feito dende que comezou a proba, as 10:30 horas,  alternaron os chubascos ata que nos montamos no bus para voltar a Cangas.

Que dicir do tempo,  foron mellor os tempos dos nosos atletas que nos agasallaron con outra mañan de exitos e superación conseguindo un total de 22 medallas no autonómico, repartidas en 10 de ouro, 6 de prata e 6 de bronce. Despois das 37 medallas conseguidas no Provincial Escolar, nas mesmas Categorías,  felicitar a todol@s atletas que nos fixeron vibrar con estos fantásticos  logros que deixan detrás moito entrenamento e sacrificio, PARABENS a tod@s e ata o ano que ven o Xogade en pista.

 

RESULTADOS:

 

BENXAMIN MULLERES:

 

Sara Mallo   1ª lonxitude e  3ª 500 m.l.

Katia González  3ª marcha

Mar Guimerans 7ª marcha

 

 

BENXAMIN HOMES:

 

Aaron Otero  1º peso e  5º 50 m.l.

Eduardo Parcero 1º 500 m.l. e 12º 50 m.l.

Pedro Verdeal   1º lonxitude e  2º altura

Teo Iglesias   2º marcha e  5º altura

Denis Fernández  1º marcha e  8º lonxitude

Carlos Menduiña  4º pelota e 9º peso Seguir leyendo

FINAL LIGA DE CLUBS 2ª DIVISION

O Club Atletismo vila de Cangas participará este fin de semana na competición máis importante de toda a súa historia. Por primeira vez participará na final da segunda división nacional. Este acontecemento ten maior importancia si cabe por tratarse, na súa maioría, de rapazas novas e froito, todas elas, das filas do Vila de Cangas. O noso equipo non conta con filiais, polo que, sexa cal sexa o resultado da proba, o mérito será inmenso. Tratase do único Club galego que participará no evento.

Xunto có Vila de Cangas compiten: A.A. Mostoles, Correr el Garbi, UCAM-Cartagena, CA Murcia Tovarsport, C.A. Torrent, Bahia Algeciras, Oviedo At.

O equipo partira cara a Moratalaz ( Madrid) o sábado 8 de xuño para competir o domingo na final. O seu adestrador, Francisco Rodal Abal, convocou as seguites atletas para as probas que a continuación se indica:

5.000 m. marcha: Mar Chillón Camaño

Relevos 4×400 m: Aida Amoedo Portabales, Marina Caballero Iglesias, Mónica Cabirta Gutierrez, María Jesús Novo Pardavila

Relevos de 4×100 m: Noelia Graña Casas, Paula Martínez Fernández, Alexia vidal Martínez, Sara Villar Millán

Jabalina: Talía García Prieto

Martillo Johana Villar Parada

Disco: Carla Barnardez Miranda

Peso: Raquel Villa Carracelas

Triple: Eva Piñel Lorenzo

Longitud: Mónica Cabirta Gutiérrez

Pértiga: Martina Páramos Rial

Altura: Alexia Vidal Martínez

400 m. vallas: María Jesús Novo Pardavila

100 m. vallas: Sara Villar Millan

3.000 m. obstáculos: Ainara Rodriguez Nogueira

3.000 m.l.: Belán Lemat Cabral

1.500 m.l. : Ana Bermúdez Méndez

800 m.l.: Marina Caballero Iglesias

400 m.l. : Aida Amoedo Portabales

200 m.l.: Ana Antepazo Regueira

100 m.l.: Noa Rouco Baqueiro

Suplente: Iria Piedras Gómez

A Competición realizarase con un atleta por proba e cada atleta só pode participar nunha proba en un relevo como máximo, ( ou en ambos relevos). Os clubs poden ter ata seis participacións de clubs asociados, aínda que este non é o caso do Vila de Cangas que, como xa dixen antes, participa sen filiais.

CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN

Pontevedra a 1 de xuño de 2013

 

 

Estreamos o mes de Xuño cun Campionato Provincial da fase Xogade de atletismo en pista. Desputabase en xornada de maña nas pistas do CGTD de Pontevedra. A cita era importante, palpabase no ambiente a  tensión nas categorias implicadas, neste caso benxamín e alevín.

Un autobus cargado de amarelos partiu de Cangas, e voltou con 37 medallas , repartidas en 13 de ouro, 13 de plata e 11 de bronce. As incidencias da xornada  fixeron que o remate se retrasase ata as 15:30 horas, este foi o gran de area aportado por pais e nais ca sua  paciencia.

No deportivo falar dunhas boas marcas acadadas para poder afrontar con maior solvencia o vindeiro reto, neste caso, o Campionato Galego a desputar en Vilagarcia o sabado seguinte. O formato da competición segue igual, duas probas por atleta, no caso posua marca.

Para o Campionato en Vilagarcia serán as 16 millores da Comunidade Galega, alí rematará o periplo do deporte escolar en pista para as categorias alevín e benxamín, cunha longa andadura de catro fases previas que remataron co Provincial.

Parabens a estes novos atletas que prometen moitas tardes de gloria, e alí estaremos para animalos.

 

Asi remataron os nosos atletas.

 

BENXAMIN MULLERES:

 

Katia González 1ª Marcha e 9ª Peso

Mar Guimerans 2ª Marcha e 11ª Peso

Sara Mallo  4ª 500 m.l. e 4ª lonxitude

 

 

BENXAMIN HOMES:

 

Teo Iglesias  1º Marcha e 5ª Altura

Denis Fernández  2ª Marcha e 5º Lonxitude

Miguel Gallego 3º Marcha

Eduardo Parcero  2º 50 m.l. e 1º 500 m.l.

Pedro Verdeal   7º 50 m.l. e 3º Lonxitude

Anton Núñez  14º 50 m.l. Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO XUNIOR E DE PROBAS COMBINADAS

Lugo, 1 de xuño de 2013
Un fin de semana máis tocou a desprazarnos para disputar un campionato galego. Neste caso trátase do campionato galego xunior, que se celebrou na tarde do sábado en Lugo.
Cinco foron os atletas que participaron no evento obtendo so seguintes resultados:
Tomás Ocaña Pazos: medalla de prata nos 5000 m.l.
Aida Amoedo Portabales: medalla de ouro en 100 m.l., medalla de ouro nos 200 m.l., medalla de ouro en 400 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: medalla de bronce nos 400 m.v. e 4ª en 200 m.l.
Ainara Rodríguez Nogueira: medalla de ouro nos 3000 m. obstáculos
Iria Piedras Gómez: medalla de prata nos 3000 m. obstáculos
Por outra banda, entre a tarde do sábado e a mañán do domingo, tamén se lecelebrou o campionato galego de probas combinadas, onde participou Angel Menduiña Gutierrez, en acadou unha puntuación de 5311 puntos que os levou a subirse o podio na segunda posición.