CAMPIONATO GALEGO XUVENIL

No Barco de Valdeorras disputouse o pasado 26 de maio de 2013 o campionato galego xuvenil e o campionato de 5 de 10 km de marcha xunior e promesa.
Mar Chillón, desde club Atletismo Vila de Cangas, bateu o record galego nos 5 km marcha, rexistrado xa no ano 1994, cunha marca de 24:26.7.
Pablo Castro estivo a punto de seguir os pasos de Mar, pero non conseguiu superar o record imposto, aínda que si igualalo.
En canto os demais atletas do Vila de Cangas, destacar a actuación de Raquel Villa Carracelas, o facer doblete en peso e disco.
Anta Antepazo participou nos 200 m.l. e pasou á final, onde rematou quinta.
Ana Bermúdez quedou ás portas do podio nos 2000 m. obstáculos, ó rematar en 4ª posición.
Sara Villar venceu a súa serie dos 100 m valados e logrou a medalla de bronce na final.
Outra que tamén subiu o podio para recoller a medalla de bronce foi Alexia Vidal na modalidade de altura.
Talía Prieto, aínda medio convalecente da súa lesión, quedou cuarta en peso, disco e xavelina.
Carla Bernárdez participou en disco, quedando 5ª .
A Mar Chillón acompañouna na marcha Esmeralda Corredoira, quen rematou dos 5.000 m. marcha en 6ª posición.

Aínda nos queda por mencionar a Johana Villar, que participou no lanzamento de martelo e colgouse a medalla de  bronce.

CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE PISTA Ó AIRE LIBRE

Lugo, 25 de maio de 2013.
O pasado sábado 25 de Maio tivo lugar nas pistas universitarias de Lugo o Campionato galego Infantil en pista aire libre en xornada de tarde.
A hora de saída, prevista para as 12:00 (moi a noso pesar) foi cambiada polo Deporte Escolar no día anterior para as 12:15, cousa que non sentou nada ben entre as nosas filas, xa que a chegada a Lugo prevíase moi xusta, sen tempo para que os nosos atletas comeran con calma nin antes de saír nin despois de chegar, pois algúns comezaban as súas probas as 16:00 h.
Finalmente, despois de ir recollendo ós atletas doutros clubs, a chegada a Lugo produciuse ó redor das 15:30 horas. Había un frío que pelaba a pesar de que lucía un sol espléndido, pero quecemos cós apuros: corre a recoller os dorsais para entregar ós atletas, corre a buscar os bocadillos para que os rapaces que non tiñan probas naquel momento puideran comer algo (xa que o deron), corre a cámara de chamadas para confirmar probas e veña a quentar que tocaba competir cediño.
16:00 comezan as probas e a maquinaria ponse en marcha. O nivel é moi alto, xa que só están aquí os mellores de toda Galicia, e por suposto os nosos atletas non defraudaron. Dez medallas de 16 posibles non estivo nada mal, houbo quen trouxo tres, e houbo que non trouxo ningunha, pero non son para desmerecer os que viñeron de veleiro, pois chegar a un campionato galego non e nada doado. Temos que felicitar a todos os nosos atletas polos seus esforzos, tanto os que lles deron froito como os que non tiveron tanta sorte.
A tarde transcorreu como en calquera competición : con moito retraso, sobre todo nas probas de lanzamentos e saltos, pero iso xa non nos colle por sorpresa, algo moi habitual.
21:30 rematamos a recollida de medallas e finalmente arrancamos deixando atrás unha tarde chea de emocións e unha cidade na que o vento frío conxelaba ata as malas ideas.

Relación de atletas e os seus postos:
María Jesús Corredoira: 6ª en 80 m.l. súa serie, 4ª en 1000 m.l.
Saray Amoedo Portabales: 11ª en 500, 4ª en salto de lonxitude, 2ª en triple salto
Alba Vidal Soliño: 7ª en 3000 m.l.
Juan Piñeiro Piñeiro: 12º en 3000 m.l.
Daniel Armada: 5º en 80 metros valados na súa serie, 5º en 220 metros valados na súa serie, 3º en salto con pértega.
David Lorenzo Germade: 1º en salto con pértega, 1º en 80 metros valados, 3º en salto de altura.
Iria Rodríguez Teijeiro: 11ª en 3 km marcha.
Daniel Calvar Parada: 3º en triple salto, 5º en lanzameto de disco 800grs.
Raúl Barreiro Prieto: 8º en peso 3 kg, 13º en lanzamento de disco, 6º en lanzamento de martelo 3kg.
Nerea García Glez.: 3ª en lanzamento de disco 800 grs
Carlos Pérez Bacelar: 1º en lanzamento de xabalina 500 grs.
Paula Santos Gil:2ª en lanzamento de xabalina 400 grs.
Ana Fandiño Rodríguez: 11ª en lanzamento de martelo 3kg.
Isaura Framil Amorín: 2ª en 3000 ml
Mauro Maquiera 12 en pe3kg, 5 en xabalina 500s

ESTAMOS NA FINAL FEMININA DE 2ª DIVISIÓN

O Club Atletismo Vila de Cangas participará có seu equipo feminino na final do Campionato de España da 2ª división. Parabéns a todas as atletas e adestradores.
A esta final pasan os oito equipos desta división que obtiveron mellor puntuación nos estadillos, os cales están confeccionados coas probas individuais, unha atleta por proba, con marcas válidas e regulamentarias.
Xunto ó noso Club pasan a disputar a final os seguintes equipos: Oviedo At., C.A. Torrent, CA Murcia Tovarsport, UCAM-Cartagena, Correr el Garbi, Bahia Algeciras e A.A. Móstoles.
A data da competición será, se non hai cambios, o 9 de xuño, pero polo momento non se sabe onde será, aínda que polos equipos que están clasificados, non será cerca.
NORABOA RAPAZAS!!!!!

CAMPIONATO PRIVINCIAL INFANTIL DE ATLETISMO EN PISTA

Cangas, 11 de maio de 2013
As pistas municipais de atletismo de Cangas vestíronse de gala o pasado sábado 11 de maio para celebrar o primeiro campionato provincial de atletismo en pista. Estamos a falar da categoría infantil.
As probas foron controladas polos xuíces da Delegación de Vigo, axudados polo “persoal de campo” de Cangas.
En canto os resultados dos nosos atletas, non podemos queixarnos. Caeron 24 medallas de todas as cores (ouro, prata e bronce). Algúns rapaces marchabas das pistas algo encurvados. A explicación só se apreciaba si o mirabas de fronte: levaban tres medallas colgando! Entre todos cabe destacar a David Lorenzo, que colgou tres ouros e iso que ía queixándose de que non conseguira a súa marca en pértega.
E agora… A POLO GALEGO, RAPACES!

Luis Miguel Pastoriza González: 5º en 80 m.l., 7º en lonxitude, 4º en triplo
Mª Jesús Corredoira Herbello: 4ª en 80 m.l., plata en 1000 m.l., 10ª en lonxitude
Saray Amoedo Portabales: 5ª en 80 m.l., bronce en 500 m.l., bronce en triplo
Adrián Outeiral Vilas: bronce en 150 m.l., bronce en 500 m.l., ouro en lonxitude
Martín Pardavila Prieto: 6º en 500 m.l., 10º en lonxitude, 5º en triplo
Paula Santos Gil: bronce en lonxitude, 6ª en triplo, prata en xabalina
Isaura Framil de Amorin: ouro en 3000 m.l.m 5ª en xabalina
Alba Vidal Soliño: 4ª en 3000 m.l., 8ª en xabalina
Ana Fandiño Rodríguez: 5º en martelo
Juan Piñeiro Piñeiro: 4º en 3000 m.l., 8º en lonxitude, 8º en xabalina
David Lorenzo Germade: ouro en 80 m.v., ouro en altura, ouro en pértega
Daniel Armada Gonzalez: prata en 80 m.v., prata en 220 m.v., bronce en triplo, bronce en pértega
Raúl Barreiro Prieto: bronce en peso, 6º en disco, bronce en martelo
Mauro Maquieira: 5º en peso, 7º en disco, bronce en xabalina
Nerea García Fernández: prata en disco
Alba Guimerans Cordeiro: 8ª en peso, 8ª en xabalina
Andrés Obenza Otero: 5º en 220 m.v., bronce en 3000 m marcha, 10º en xabalina
Daniel Calvar Parada: prata en 1000 m. obstáculos, ouro en disco
Carlos Pérez Bacelar: 5º en disco, ouro en xabalina
María Rodríguez Teijeiro: 8ª en 80 m.v., 8ª en loxitude, 11ª en triplo
Iria Roriguez Teijeiro: 9ª en 80 m.v., 7ª en 3km marcha
Uxia Chapela Pena: 13ª en 80 m.v.

XIX XORNADA DE ATLETISMO EN PISTA

Un ano máis, decenas de atletas estreáronse na tarde do tres de maio no atletismo en pista.
Case douscentos atletas déronse cita nunha das primeiras tardes calorosas desta primavera nas pistas de atletismo municipais de Cangas. A organización correu a cargo deste Club, O Atletismo Vila de Cangas, e colaboraron a Fundación Cangas Deporte xunto có Deporte Escolar, Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.


O control das probas correu a cargo dos ilustres xuíces de Cangas formados por pais/nais de atletas e atletas de categorías superiores, con sobrada experiencia na materia. A directiva o Club quere agradecerlles a todos e cada un deles a súa colaboración na proba e felicitalos polo seu bo “xuízo”.
Como xa sabedes a participación no evento era en representación do colexio do atleta, e nunca representando a un club. Os rapaces participaban, para poder puntuar, nun mínimo de tres de catro probas ( lonxitude, peso, velocidade e fondo). Aqueles que completaron as catro probas, non se lle tiña en conta a de peor puntuación. O resultado final era a consecuencia da suma das tres probas nas que obtivo mellor resultado. Unha especie de probas combinadas.
Repartíronse trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculina como feminina; é dicir: minibenxamín, benxamín e alevín. Os demais e ata o posto 13º levaron unha medalla. A Directiva do Vila de Cangas lamenta que non houbera premios para todos, tal e como se fixo noutros anos (pero xa se sabe… a crise).
Os mellores foron estes:
Minibenxamín homes:
1º Alvaro Alonso
2º Antón Toubes
3º Esteban Costas
Minibenxamín mulleres:
1ª Ágata Rodríguez Jalda ( Castrillón)
2ª Daniela Pérez Campos ( Nazaret)
3ª Gema Dacosta Magdaleno ( S. Roque)
Benxamín homes:
1º Yago Bas
2º Pedro Verdeal Otero ( Hio)
3º Eduardo Parcero Palma ( Compañía de María)
Benxamín mulleres:
1ª Sara Mallo Alfonso (Nazaret)
2ª Amira Pérez
3ª Yaiza Freire
Alevín homes:
1º Raúl Cortizo Bernárdez ( Castrillon)
2º Álvaro Broullón Sampedro ( San Narciso)
3º Gabriel Dacosta Vizoso ( Hio)
Alevín mulleres:
1ª Ariadna Gil Fernández (Nazaret)
2ª Laura Campos Pérez
3ª Sandra Souto Otero ( S. Narciso)

RESULTADOS ATLETISMO BASE A

IX TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA

O Club Atletismo Vila de Cangas, en colaboración coa Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas, organizou o na mañá do domingo 21 de abril a IX edición do Trofeo Vila de Cangas de Atletismo en pista.
As probas empezaron ás 10.30 horas e prolongáronse ó longo de toda a mañá ata pasaren a unha e media da tarde. Houbo probas para todas as categorías, dende benxamíns ata absoluta. Lanzouse disco e peso; saltouse triplo e lonxitude; e corréronse as carreiras de 50 m.l., 60 m.l., 500 m.l., 100 m.l., 3000 m.l. e 100 m.v.
Participaron case 200 atletas, dos que, como era de esperar, a maioría eran da comarca.
Como o mesmo regulamento anunciaba, concedéuselle trofeo a mellor marca segundo táboas IAAF en categoría masculina e feminina, así entre os homes destacou Xosé Manuel Fernández Pérez, do R.C. Celta de Vigo, cunha marca de 11.69 no triplo salto.
Entre as mulleres, a que conseguiu mellor puntuación disputou a carreira dos 3.000 m.l. cun tempo de 10:21.94, e fou Uxía Perez Bugarín, do Atletismo Tui.


Resultados:
Triplo homes:
1º Xosé Manuel Fernández Pérez (Celta)
2º Angel Vargas Blanco (S.G. Pontevedra)
3º Javier Costas Rodríguez ( Suárez Marquier)
5º Daniel Calvar Parada

Seguir leyendo