IX TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA

O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas e a Fundación Cangas Deporte, organiza o IX Trofeo Atletismo Vila de Cangas en Pista, a celebrar no Estadio Municipal de Cangas de Morrazo o día 21 de abril de 2013

  1. IX Trofeo Club Atletismo Vila de Cangas en Pista Aire Libre 21 Abril 2013
  2. Horario previsto das probas HORARIO trofeo vila de Cangas
  3. Na lonxitude masc. e fem. colocarase unha única táboa de batida a 3m, sendo preciso unha marca mínima de 3,50 m.
  4. No  triplo, de ámbolos dous sexos,  poranse táboas a 6 e 9m.
  5. A competición está reservada a atletas con licenza federativa ou do deporte escolar en vigor.
  6. Cada atleta poderá participar como máximo en dúas probas.
  7. As inscricións deberán ser feitas a través da páxina da R.F.E.A. ( https:/isis.rfea.es/sirfea2/ ),  até as 20:00 do mércores 17 de abril de 2013
  8. Concederase trofeo a mellor marca segundo  táboas IAAF en categoría masculina e feminina.
  9. O Ilmo. Concello de Cangas, A Fundación Cangas deporte, o Club Atletismo Vila de Cangas e os seus  colaboradores, non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra entidade.
  10. As reclamacións e todo o non previsto neste regulamento, resolverase dacordo co regulamento en vigor da Federación Internacional de Atletismo.
  11. O control e dirección das carreiras e concursos estará a cargo do Comité de xuíces da Delegación de Atletismo de Vigo.
  12. A inscrición neste evento deportivo, implica a aceptación deste regulamento