II Xornada Fase Zonal Escolar Benxamín – Alevín de Atletismo en Pista

Pontevedra a 16 de marzo de 2013

Segunda xornada do programa Xogade de Atletismo en Pista, nesta ocasión a ubicación elegida era Pontevedra dando remate as xornadas previstas para o presente mes. As categorías convocadas foron Benxamín e Alevín en xornada de mañá. Lembrar que o vindeiro mes de abril se desputaran para estas mesmas categorías outras dúas xornadas os días 13 e 20. As clasificacións foron as seguintes:

 

BENXAMIN MULLERES:

 

Katia González 7ª Peso e 15ª 500 m.l.

Sara Mallo 1ª 50 m.l. e 1ª Lonxitude

 

BENXAMIN HOMES:

 

Denis Fernández 1º Marcha  e 3º Altura

Carlos Menduiña 2º Peso e 5º Pelota

Eduardo Parcero 3º Pelota e 1º 1000 m.l.

Antón Núñez 13º Pelota e 7º Lonxitude Seguir leyendo

Fase Zonal Escolar Benxamín – Alevín de Atletismo en Pista

Vigo a 9 de marzo de 2013

 

 

Cita en Balaidos  coa Fase escolar de atletismo en pista o aire libre. Do tempo mellor non falar, mellor falamos dos tempos. Esta maña de sábado competían as categorías benxamín e alevin, como ben sendo costume na Fase Xogade de atletismo en pista cada neno pode desputar duas probas, sempre que non coincidan duas carreiras de fondo. Están previstas varias fases previas antes da desputa da final provincial do Campionato, polo cal os atletas teñen oportunidade de probar as disciplinas da pista. Este mes de marzo para as categorías benxamín e alevín teñen, ademaís de esta, unha posterior en Pontevedra o vindeiro 16 de marzo. Estes foron os resultados acadados  polos atletas:

BENXAMINS MULLERES:

 

Katia González 2ª Marcha e 5ª Peso

Mar Guimerans 4ª Marcha e 7ª Peso

Sara Mallo 3ª 1000 m.l. e 1ª Lonxitude

 

 

BENXAMINS HOMES:

 

Teo Iglesias 1º Marcha e 3º Altura

Aarón Otero 1º Peso e 8º Pelota

Carlos Menduiña 2º Peso e 1º Pelota

Antón Nuñez 11º Pelota e  14º Lonxitude Seguir leyendo

PISTA Ó AIRE LIBRE PARA AS CATEGORÍAS ESCOLARES

Comeza o atletismo en pista ó aire libre para as categorías escolares. Este é o calendario previsto para as distintas categorías e fases:

DATA LUGAR CATEGORÍAS

02/03/2013 Pontevedra Infantil (Aplazado (10/03)
09/03/2013 Vigo Benxamín/Alevín
10/03/2013 Pontevedra Infantil
16/03/2013 Pontevedra Benxamín/Alevín
06/04/2013 Vigo Infantil
13/04/2013 Pontevedra Benxamín/Alevín
20/04/2013 Vigo Benxamín/Alevín
27/04/2013 Pontevedra Infantil
04/05/2013 Vigo Infantil

11/05/2013 Pontevedra PROV. Infantil e Comb.
01/06/2013 PROV. Benx/Alev. e Comb.

25/05/2013 Lugo Galego Infantil

Como vedes, esta fin de semana amontóasenos o choio. Temos competición o sábado en Balaidos coas categorías benxamín e alevín e o domingo en Pontevedra coa categoría infantil.
Seguidamente, podedes descargar os horarios dos días 9 e 10 de marzo.

2013-03-09.horario      horario 10-3-13
O sábado 9 de marzo, sairá un autobús posto polo Deporte Escolar da estación de autobuses de Cangas, ás 8.45 horas para ir a Vigo.
O domingo iremos cada un pola nosa conta.
Lembrade que os rapaces deben chegar ás pistas con tempo suficiente para quentar.

CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA

O día dous de marzo celebrouse na Coruña o galego cadete de pista cuberta. Foi un bo campionato dos nosos atletas e regresamos con sete medallas (dous ouros,unha prata e catro bronces) e un récord galego da man de Noa Rouco.
A primeira hora da mañá disputáronse as probas de altura onde competía Noelia Graña e rematou cuarta saltando 1’37m e as probas do cincuenta metros lisos onde participaron dúas das nosas atletas: Noelia Graña e Martina Páramos pero ningunha delas logrou pasar a semifinal. A primeira hora da mañá tamén competiu Patricia Torres rematando terceira o lanzar 10m. Ás 12:30 tocoulle o quenda ós nosos lanzadores: Óscar Broullón quedou primeiro cun lanzamento de 13’26 que é mínima para o Campionato de España que se celebrará o vindeiro fin de semana en Valencia. Anxo Rodas quedou terceiro cun lanzamento de 11’68m, Samuel Alonso lanzou 10 e rematou en quinta posición e Martín Pérez cun lanzamento de 8’90 rematou sétimo. A última proba dos nosos atletas que se disputou pola mañá foi o trescentos metros lisos de Noa Rouco no que se clasificou primeira para a final que se disputaría pola tarde parando o crono en 43’64.
Xa na xornada de tarde as primeiras probas en disputarse foron o salto con pértega onde participou Martina Páramos saltando 2’31 mellorando o récord do club, Martina quedou terceira. A primeira hora da tarde tamén competiu Noelia Graña no triplo salto no que rematou terceira saltando 9’95. A seguinte proba foi a semifinal de Paula Martínez na que gañou a súa serie cun tempo de 8’63 e clasificándose para a final cun segundo mellor tempo. A seguinte proba foi a final de Noa Rouco na que rematou primeira cun tempo de 42’57 e batendo o récord galego que anteriormente estaba en 43’23. A seguinte proba foi a final de Paula Martínez na que rematou segunda cun tempo de 8’64. A última proba disputada no día foi o 3.000 metros lisos nos que participou Lucia Piedras facendo un tempo de 13:34’15.