Memorial Alejandro Lorenzo / Campionato Galego Cross Xuvenil-Cadete

Santiago a 20 de Xaneiro de 2013

 

Este ano o Memorial Alejandro Lorenzo para as categorías Benjamín, Alevín e Infantil disputabase no Monte do Gozo. Os cadetes xa disputaban o Campionato Galego de Cross. O circuito discurria por unha das ladeiras do monte, estaba moi pesado debido a cantidade de auga caida estes días e foi convertíndose o longo da mañan nunca autentica lameira. O inicio das probas foi polos máis pequenos, sobre as dez da mañan disputouse a carreira de Benxamíns mulleres a única categoría donde o Club non pudo presentar equipo. Explicar que as clasificacións eran individuais e por equipos puntuando os catro mellores atletas do mesmo. Unha vez aclarado isto salientar que na carreira de Benxamins homes os catro primeiros clasificados pertencian o Vila de Cangas facendo o mínimo de puntos para conseguir a victoria. A cousa prometía pero o posterior foi máis do mesmo,  conseguindose os primeiros postos por equipos en todalas categorías presentadas no Memorial, Benjamín homes, Alevín mulleres e homes e Infantil mulleres e Homes. No tocante as cadetes mulleres lograron un meritorio noveno posto por equipos no posterior Campeonato Galego de Cross.   Parabens para todos eles que de forma individual contribuiron o éxito do equipo. Os atletas clasificaronse da seguinte forma:

Benxamín mulleres:

 

Sara Mallo 2ª

Katia González 19ª

 

Benxamín homes:

 

Eduardo Parcero 1º

Denis Fernández 2º

Teo iglesias 3º

Pedro Verdeal 4º Seguir leyendo

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

A Directiva do Club Atletismo Vila de Cangas convoca a todos/as os/as socios/as a unha asemblea xeral extraordinaria que terá lugar no´Salón de Plenos do Concello de Cangas o día 31 de xaneiro de 2013, ás 17:45 en primeira convocatoria e as 20:15 en segunda e última convocatoria.
O único tema do día a tratar será a modificación dos estatutos do Club, o cal ten o contido que segue:
ESTATUTOS
CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS

CAPITULO I:

NORMAS XERAIS:
Artigo 1º.- O CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS é unha Asociación privada con personalidade xurídica e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas ou xurídicas, con personalidade xurídica propia e capacidade de obrar, con
domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, que ten como obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu nivel e destinatario.

Artigo 2º.- O CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS practicará como principal modalidade deportiva a de ATLETISMO, e solicitará a ratificación dos Estatutos e a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, de conformidade coa Lei do Deporte de Galicia. Seguir leyendo

I COPA GALICIA DE CLUBS

Coruña, 12 de xaneiro de 2013
O sábado 12 de xaneiro desprazámonos ata A Coruña para disputar a I Copa de Galicia de Club. Este é o primeiro ano que se fai un campionato galego por equipos en pista cuberta.
A competición era dura, pois algúns dos nosos adversarios eran clubs que compiten na liga de honor e na primeira división. Pese a todo os resultados para o noso equipo non foron malos: quedamos cuartos na modalidade feminina. Na modalidade masculina non presentamos equipo. As mozas do Ria Ferrol foron as que se proclamaron campionas, seguidas das do Celta e das do Lucus.
As probas transcorreron puntualmente, salvo na proba dos 800 m.l., que debido a que circularon dous horarios quen non se correspondían. Estaban a punto de dar a saída desta proba cando nos damos conta que a nosa atleta, Marina, non estaba na liña de saída. A sorte estivo da nosa parte cando lle fallou o disparo o xuíz e nos deu tempo para protestar por adiantar o horario (conforme o documento que nós tiñamos, que tamén era o que estaba exposto ó público). Avisada Marina, que estaba quentando fóra, incorporouse a proba sen, como ela mesma dixo, lle dera tempo a pórse nerviosa.
Os relevos non se tiveron en conta para as mulleres. Esta proba consiste en que a primeira das relevistas da catro voltas á pista, a segunda tres, a terceira dúas e a última unha. Pois ben, os xuíces debían estar un pouco despistados, porque a primeira atleta lle fixeron dar cinco voltas, dando este feito lugar a numeras protestas por parte do público. Os xuíces decidiron non ter en conta os relevos.

Sara Villar Millán: 5ª en 50 m.l.
Ana Antepazo Regueira: 4ª en 200 m.l.
Aida Amoedo Portabales: 4ª en 400 m.l.
Marina Caballero Iglesias: 3ª en 800 m.l.
Ainara Rodríguez Nogueira: 6ª en 1.500 m.l.
Belén Lemat Cabral: 6ª en 3000 m.l.
Mónica Cabirta Gutiérrez: 4ª en 50 m.v.
Alexia Vidal Martínez: 2ª en altura
Martina Páramos Rial: 4ª en pértega
María Jesús Novo Pardavila: 6ª en lonxitude
Noelia Graña Casas: 6ª en triplo
Raquel Villa Carracelas: 2ª en peso

Campionato Galego Pista Cuberta Benxamín-Alevín e Infantil

A Coruña a 13-01-2013

Unha semana despois do remate das festas do Nadal e tendo moi preto os propósitos do ano novo parece que toca voltar a rutina. Este ano o Campionato Galego para as categorías menores en pista cuberta adiantouse, e alí nos presentamos en Riazor co noso autobús cargado de amarel@s. Se o proposito dos entrenadores para este ano era conseguir podios, parece que se cumpliu de sobra. A pobre VICA creo que saiu mareada de tanto subir e baixar do podio.  En total foron 28 podios  conseguidos nas tres categorias,  nove para benxamíns, nove para alevíns e os infantís leváronse dez podios. A competición daba opción aos atletas a disputar dúas probas,  sempre que non coincidisen as dúas como carreiras de fondo. Significar que dous atletas do Vila fixeron dobre no primeiro posto Eduardo Parcero (500 m.l. e 50 m.l benxamín)  e Ariadna Gil en (500m.l. e Salto de Lonxitude alevín) . Aínda que non foi en primeira posición tamén fixeron podio nas dúas probas  Teo Iglesias  (2º altura e 3º 1000 m.l. benxamín) Pedro Verdeal  (2º 500 m.l. e 1º longuitud benxamín); Antón Iglesias (2º 50 m.l.y 3º 500 ml. alevín ); SandraSouto (3º 50 m.l. e 2º longuitud alevín); Adrián Outeiral (2ºlonguitud e 2º 500 m.l. infantil infantil) David Lorenzo (1º pertiga e 2º altura infantil)  Os outros atletas con podio foron Denis Fernández 1º 1000 m.l. benxamín, Carlos menduiña 3º peso benxamín, Sara Mallo 3ª Lonxitude Benxamín, Aaron Domínguez 3º 1000 m.l. alevín, Lope Quinteiro 1º peso alevín , Nuria Villa 1ª peso alevín, Valería Rodríguez 2ª peso alevín, Daniel Calvar 2º triple salto infantil, Alejandro Mariño 1º triple salto infantil, Raul Barreiro 2º peso infantil, Mauro Maquieira 3º peso infantil,  Alba Vidal 1ª 2000 m.l. infantil e Saray Amoedo 1ª triple salto infantil. En total as medallas 12 de ouro, 10 de prata e 6 e bronce. Casi temos que contratar outro bus para volver, parabens para todos eles.

O resto dos resultados foron:

Benxamíns:

Carlos Menduiña 8º 500 m.l.

Sara Mallo 7ª 1000 m.l.

Alevíns: Seguir leyendo