51º Gran Premio Pedestre do Nadal Carreira do Pavo 2012

Vigo a 23 de decembro de 2012.

A carreira do pavo en Vigo deu o pistoletazo de saída ás festas do Nadal, este ano foi colocada no calendario » in extremis», pero por outro lado a cidade olívica recibiunos cun espléndido día e unhas temperaturas moi agradables no recén estreado inverno. A asistencia de categorías menores este ano viuse algo resentida, cousa que tamén é de agradecer debido ao non moi grato costume que ten a organización de realizar carreiras mixtas nas citadas categorías. O horario de probas foise cumprindo segundo o previsto a partir das 10:30 horas da mañá con carreiras de Benxamíns,Alevins , Infantís e Cadetes. A partir de Xuvenís mesturáronse coas demais categorías realizando as voltas grandes do circuíto. De seguido o detalle da clasificación dos nosos atletas. Felices Festas a tod@s e a agardar o próximo ano que veña moi cargado de competicións.

 

 

BENXAMINS:

 

Sara Mallo 2º

Katia Gonzalez 18º

Eduardo Parcero 3º

Denis Fernández 7º

 

ALEVINS:

 

Ariadna Gil 4º

Sandra Souto 9º

Valeria Fernández 12º

Ana Piñeiro 15º Seguir leyendo

REUNIÓN DE ATLETAS E PAIS/NAIS O 18 DE DECEMBRO, ÁS 19.30 HORAS

Unha produtora viguesa chamada Alén Filmes púxose en contacto connosco e outros colectivos de Cangas para facer unha gravación dun programa piloto para a TVG.
Dito programa denominarase ‘GALICIA LIPDUB’ e será un espacio de
entretemento para toda a familia emitido en horario de máxima audiencia na
TVG. O ‘lipdub’ consiste en mover os beizos en playback mentres se executa
unha coreografía ó ritmo dunha canción de moda. Neste caso a escollida
será o Gangnam Style. O programa
pioneiro na Comunidade Galega.
A gravación está prevista para o fin de semana do 29 e 30 de decembro, pero antes xa pasarían a gravar algún ensaio.
Todo isto comentóuselle a diferentes atletas que foron ós adestramentos esta semana e parecen estar bastante animados en participar.
Por este motivo convócase unha reunión con todos os atletas e pais de atletas para o martes 18 de decembro, ás 19.30 horas, nas pistas de atletismo.
Pídesevos que asistades todos, aínda que non esteades a favor de participar, pois e bo coñecer todas as opinións.
Por certo, no programa tamén poden participar pais e avós dos atletas.
A continuación indicamos uns enlaces duns vídeos da canción sobre a que se vai traballar e dun exemplo de cómo quedaría montado unha vez rematado.

http://www.antena3.com/videos-online/programas/megaplayback/momentos/megaplayback-san-adrian_2010090200008.html


MEMORIAL BELARMINO ALONSO

O pasado 25 de Novembro amenceu cun fermoso día, despois de case unha semana de choiva. Hai que dicir que debido a toda esa choiva caída, o trazado estaba moi esbaradizo, había moita lama e o frío procedente do río non axudaban nada ós atletas.
Tocou madrugar para aqueles dos nosos valentes que decidiron ir competir no duro trazado do Memorial Belarmino Alonso.
Os máis madrugadores foron os xuvenís, júnior e demais categorías maiores. Temos que destacar a gran actuación de Tomás, xa que sempre demostra sobre calquera trazado que é un moi bo fondista, xa que quedou primeiro na súa categoría.
En mulleres hai que dicir que Iria Piedras foi chegar e besar o santo, xa que no momento en que estaba a baixar do coche, a súa chegada o circuíto, xa as súas compañeiras de categoría estaban listas para a saída. En menos de nada desfíxose do chándal e sen quentar situouse na liña de saída. Aínda que a carreira se lle fixo moi longa, debido o non ter quentado conseguiu un moi merecido 5º posto.
Xa na categoría cadete masculino destacamos tamén o 5º posto de Eloy, pois aínda que saíu moi ben e estibo en cabeza gran parte da carreira un forte tirón muscular e un escordamento no nocello dereito relevárono ata o posto antes mencionado. Martín Souto foi o outro cadete que participou na proba, aínda que o seu posto non foi tan destacado como o do seu compañeiro, acabou 12º e pelexou durante toda a carreira. En mulleres Lucía Piedras esforzouse todo o que puido nun circuíto xa moi castigado polas outras carreiras o que a fixo caer nun par de ocasións, e finalmente clasificouse de 10ª.
En infantil feminino a saída retrasouse algo máis do previsto por queixas doutro equipo que non estaba de acordo en que puxeran as súas atletas na segunda fileira de saída( pois eran preto de 50 corredoras) xa que segundo palabras da súa entrenadora, era unha desventaxa para as rapazas. Finalmente e para que as atletas non se “conxelaran”, mentres entrenadora e xuíces discutían, decidiron que saíran todas na mesma fila, polo que non foi de estrañar que se formara un tapón considerable. A nosa representante Alba Vidal loitou toda a carreira polo segundo posto ata que nun momento do trazado a lama decidiu quedar con un dos seus tenis de clavos, polo que finalmente chegou a meta 5ª con unha sola zapatilla e o pé conxelado.
Xa na última carreira, alevín feminino, Sandra Souto tamén pelexou coas súas contrincantes, coa lama do percorrido e con unha forte dor no lumbago. Aínda que tamén tentou conseguir o segundo posto finalmente acabou 5ª. Temos que recoñecer que foi o día dos 5ºs postos, pero dende logo non foi porque non loitaran como auténticos campións todos eles.
Datos curiosos que sucederon durante o transcurso da proba:
A Lucía Piedras case non a deixan correr, pois segundo a organización do evento, estaba prohibido levar publicidade nas camisetas que se utilizaban para correr. Ao igual que Lucía tiveron o mesmo problema outros dous clubes, pero neste caso a protesta da organización xa raiaba o ridículo, pois a única publicidade que tiñan eran os logotipos dos seus correspondentes equipos. Finalmente “solucionaron” o problema tapando todas as publicidades e logotipos con esparadrapo. Iso si que foi algo digno de ver.
E por último cando tocou ir recoller os trofeos Iria non se atopaba no circuíto, xa que aproveitara para se ir duchar, así que foi a súa nai recoller o seu premio. O encargado de entregalo quedouse mirando para ela moi fixamente e con curiosidade preguntou: “¿Ti non es Iría Piedras?, e que se che ve moi maior para a túa categoría”. Despois de aclarado o asunto e entre risas Silvia recolleu o trofeo que lle correspondía por dereito a Iria.
(CARMEN SOLIÑO)

GALEGO DE MARCHA EN PISTA E CONTROL DE MARCAS

Santiago 1 de  decembro de 2012

Esta tempada o campionato foi cedo, celebrouse en Santiago.  Aproveitouse a ocasión para que os atletas poideran facer as primeiras marcas da tempada, cun control de marcas no que participaron algunhas atletas do club.

O control comezou con retraso, máis ben poidamos decir con demasiado retraso, o que fixo que se viran escenas nunca vistas como, os marchadores competindo polas rúas de fora e polas de dentro os outros atletas facendo series.

A primeira atleta do Vila en competir foi Paula M. nos 60 m.l. que foi segunda na sua serie. Os seguintes foron os marchadores máis novos do club en 1km macha, Teo I. e Denis F. quen se estrenou na proba, e quedaron primeiro e segundo consecutivamente. Nos 2km, a saída retrasouse, a pesar de estar tódolos rapaces na línea de saída e estar chovendo con ganas , pero iso non impediu que   Ana P. proclamárase  campiona  galega, Valeria  F. subcampiona e Ainoa S.  8ª.

Nos 3 km competiron Noa G. que foi 5ª e Andrés O. que foi 2º a pesar de chegar máis tarde que Noa. Mentras eles competían, deuse a saída do 1500 mulleres no que participaron Aida A. e María N. quenes volveron a competir despois  de facer os 400 m lisos nos que tamén participou Ana A..Na distancia dos 5km estrenouse Esmeralda C. que foi quinta.

Mar Chillón e Rebeca Obenza non puderon participar por estar de baixa. Pero a Mar, Ana P. e Valeria F., ademais de a outros atletas, déronlle o material deportivo por ser os gañadores do circuito Josefina Romero da anterior tempada.

Resultados

Benxamín homes – 1 km: 1º Teo Iglesias Vidal, 2º Denis Fernández Blanco

Alevín mulleres – 2 km: 1ª Ana Piñeiro Piñeiro, 2ª Valeria Fernandez Blanco, 8ª Ainoa Santos Piñeiro

3km: Infantil  homes :2º Andrés Obenza Otero—- cadete mulleres: 5ª Noa García Prieto

5Km:  Xuvenil mulleres : 5ª Esmeralda Corredoira Herbello

60m.l.: Cadete Paula Martínez Fernández 3ª

400 m.l.: Junior: Aida Amoedo Portabales 1ª

                             María J. Novo Pardavila  2ª

                Juvenil: Ana Antepazo Regueira 2ª

II FASE DA I LIGA FEDERADA ESCOLAR.

Vigo, 1 decembro de 2012

Comezamos o mes de decembro coa segunda Fase da Primeira Liga Federada Escolar a celebrar en Vigo en Xornada de mañá e coa participación das categorías benxamín, alevín e infantil. Aclarar que esta liga se concibiu para o seu desenvolvemento en pista cuverta, pero a carencia ou déficit destas instalacións en Galicia fixo que se reconvertese a pista ao aire libre. A ubicación en Vigo da segunda e última xornada restou participación dos clubs do norte de Galicia que si acudiron á anterior celebrada na cidade herculina. Nós si acudimos ás dúas Xornadas e polo tanto optamos á clasificación final por equipos. As probas disputadas o sábado eran pértega, triplo salto e 60 metros valados para infantís, 50 metros lisos para benxamíns e 60 metros lisos para alevíns. Comúns para as tres categorías foron salto de lonxitude e peso. O desenvolvemento das probas foi cumprindo o horario previsto ata que chegou a hora de sumar os resultados e definir a posición dos equipos. Sorpresa que os alevíns masculinos ocuparon o segundo lugar, máis aínda cando os resultados reflicten cero puntos en salto de lonxitude, proba na cal os dous primeiros clasificados Aaron e Adrián pertencen ao Vila. Engadir que a data de hoxe foron reclamados este e outros resultados que nos prexudicaron e para nada foron fieis ao acontecido. Tendo en conta que algúns dos nosos atletas participaron fóra de concurso os que si puntuaron para o equipo o fixeron así.

 

BENXAMÍNS:
Eduardo Parcero 1º 50 m.l.
Pedro Verdeal 3º 50 m.l. e 1º lonxitude
Borja López 10º lonxitude e 7º 50 m.l.
Seguir leyendo

XXXIX TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS – III MEMORIAL PEPE CORDEIRO

RESULTADOS PEDESTRISMO MENORES 2-12-12

Enlace para consultar as carreiras de 6 e 10 km:   http://www.championchipnorte.com/index.php?op=result_ext_list&re=140&ini=0

 

Cangas, 2 de decembro de 2012

Quen dixo recortes?. Neste ano no que todo o mundo fala de recortes, o circuíto do Pedestrismo alárgase.

O sol saíu nesta mañá fría de pincipios de decembro para inaugurar o novo circuíto desta carreira. Ás dez da mañá empezaron as categorías menores cun percorrido semellante o dos últimos anos. A ausencia de chuvia animou a que a participación foxe numerosa. Mentres os pequenos se preparaban para saír, a megafonía anunciaba a   saída dos autobuses que levarían ós atletas que así o solicitaran ata o muelle de Aldán.

Sen apenas retraso, ás 11.45h deuse a saída das categorías xuvenil e superiores. Os primeiros tiñan por diante un percorrido de 6 km; é dicir, tiñan que chegar ata Cangas e remataban nada máis chegar. As demais categorías tiñan que dar dúas voltas  en Cangas do percorrido do ano pasado, completando así unha distancia de 10 km.

A maioría dos participantes manifestaron a súa satisfacción polo novo percorrido, tal vez algo dura a subida ata chegar a Darbo, pero polo demais moi ben, e que o preferían mellor que estar dando voltas en Cangas.

RESULTADOS:

Cadetes homes:

1º Lorenzo González Diaz

2º Carlos Torres Vidal

3º Francisco José Rodríguez Freiria

8º Martín Pérez Bacelar Seguir leyendo