APERTURA DO PRAZO PARA PRESENTAR CANDIDATURAS A XUNTA DO CLUB

O Club Atletismo Vila de Cangas abre o prazo para presentar as candidaturas a xunta directiva do club.

Tódolos interesados en relevar á actual xunta teñen dende o 22  hasta o 30 de Xuño de 2012 para a presentación das candidaturas. A publicación das mesmas farase o 5 de Xullo do 2012. O prazo de reclamacións é do 6 ao 9 de dito mes.

É requisito imprescindible para presentar a candidatura ser socio e estar ao corrente nas cuotas.

 Na candidatura farase constar o nome completo e o seu respectivo D.N.I. e  enviaranse ao Apdo. de Correos 179 cp. 36940. Publicaranse na páxina web do club, no tablón da Fundación Cangas Deporte e enviarase á prensa.

Campionato Galego Equipos (Benxamín-Alevín-Infantil)

Riveira a 16 de xuño de 2012

Cita co Campionato Galego de Equipos nas categorias Benxamín, Alevín e Infantil, sabado en xornada de mañá a disputar na localidade coruñesa de Riveira. Presentamos seis equipos para a competición dos cales unha vez finalizada a xornada todos subiron ao podio. Realmente satisfeitos quedámonos con tres equipos Campeones Galegos, Dous subcampions e un terceiro lugar. A misión non era doada estaban os mellores equipos de Galicia, por todo iso cabe aínda máis destacar o labor dos nosos atletas que lograron sen discusión o mellor resultado global de todos os clubes e tamén cabe significar que a modalidade de equipos achega eses momentos magníficos de unión dos compañeiros e a recompensa de poder subir tod@s ao podio e ser participes do éxito conseguido. O detalle dos equipos foi así: Benxamín Homes-Mulleres-Alevin Homes (Campions Galegos) Alevín Mulleres e Infantil Homes (Subcampións Galegos) e Infantil Mulleres (Terceiro Posto).  Parabéns a tod@s  ele/as, déixovos unha foto do grupo e os resultados.

Resultados

CAMPIONATO GALEGO XUNIOR- PROMESA Ó AIRE LIBRE

Ourense, 9 de xuño de 2012.

“Ata o 40 de maio non te saques o saio”. Iso é o que reza o noso refraneiro, pero este ano habería que aplicarlle aquilo de: “nin no 40 de maio te quites o saio”.
A data sinalada para este campionato galego debería ser de calor e bo tempo, pero o que os nosos atletas se atoparon cando chegaron a Ourense foi moito frío para estar en xuño. Isto notouse sobre todo nas gradas, que estaban desertas de público.
Con todo, os nosos atletas fixeron todo o posible para subir o podio, e todos eles o conseguiron. A que máis Mónica Cabirta Gutiérrez, que o día seguinte tiña maniotas de tanto subir e baixar do caixón. Para ela foron as medallas de ouro nos 100 m. valados e nos 400 m. valados , de prata no salto de altura e salto de lonxitude e foi 4º en 100m. lisos. Juanma Novo Pardavila trouxo a prata nos 110 m. valados e quedou 6º en xavelina.
Entre as xunior, Alejandra Vidal Gómez levou a medalla de bronce nos 100 m.l.; Nerea Outeiral Vilas a de prata nos 400 m.l.; e Ainara Rodíguez Nogueria a de ouro nos 800 m.l.
Neste campionato, pero fora de concurso, tamén participo Aida Amoedo nos 200 m.l., onde quedou 2ª, e nos 400 m.l. (3ª). María Novo Pardavila encabezou a proba dos 400 m. valados, logrando superar a súa marca persoal .

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR INFANTIL – 3 MEDALLAS

Pontevedra 26 Maio 2012 – Xornada de tarde

A tarde, climatoloxicamente, non foi tan inestable coma a mañá, so houbo dous chuvascos de importancia que non impediron que a competición seguira a orde establecida

A primeira medalla non se fixo esperar, xa que  foi nunha das primeiras probas que se disputaron, Noa García proclamouse campiona galega ó saltar 2.20m no salto con pértega. Na marcha, unas das últimas probas, Noa tivo que abandonar por estar lesionada. Andrés Obenza nesta proba, na que houbo moita participación,  foi 4º e 7º en martelo

Nos lanzamentos obtivemos outra medalla, Samuel Alonso é o novo subcampeón galego no lanzamento de peso,  participou en disco sendo 5º , acompañábao  Dani Calvar que foi 11º. Samuel tamén participou en lanzamento de xavalina onde foi 14º e Andrés Guitián, que participaba por primeira vez nun galego foi 7º

As rapazas que participaron en lanzamentos foron Saray Amoedo en peso sendo 8ª. Ana Fandiño  9ª en martelo e Paula Santos 11ª en xavalina

A terceira medalla conseguiuna Alba Vidal. Nesta ocasión foi a medalla de bronce na carreira de 3000 m.l.  Foi unha carreira moi dura e Alba loitou moitisimo. Pouquiño a pouco e metro a metro, conseguiu alcanzar a rapaza que ía diante dela e adiantala, acadando o terceiro posto.

 Martina Paramos non tivo sorte xa que na semifinal de 80 m.v. caiu cerquiña da meta, pero levantouse e finalizou a carreira pero sen clasificarse  para a final. Quedou toda magoada con feridas polas pernas, pero a pesar de todo seguiu competindo. Nos 220 m.v. clasificouse para a final na que terninou 6ª. No triple salto foi 5ª

Acompañaron a Martina en triple, Saray Amoedo sendo 9ª e os rapaces Alejandro Mariño 12º e Adrián Outeiral 8º. Dani Armada foi 7º nos 80 m.v. e 8º nos 1000 m. obstáculos

En salto de lonxitude Adrián Outeiral foi 5º e Jorge Piñeiro 10º.David Lorenzo foi 6º en altura

En resumen, obtivemos 3 Medallas:

                    -Oro: Noa García – Pértega (2,20 m)

                    -Prata: Samuel Alonso – Peso (9.97 m)

                    -Bronce: Alba Vidal – 3000 m.l. (11:49.0 min.)

Outros resultados: Seguir leyendo

post

Campionato Galego Benxamín-Alevín Pista Aire Libre

Ferrol a 2 de xuño de 2012.

Madrugamos para coller o autobús ás 07’00 horas do sábado, o campionato galego disputábase en Ferrol e aínda nos quedaban dúas longas horas de viaxe. A cita era importante ían a competir as 16 mellores marcas por proba de Galicia. As probas a disputar por cada atleta eran un máximo de duas, o desenvolvemento destas foi en xornada de mañá e como diría Guardiola «dos árbitros mellor non falamos». As derradeiras probas desenvolvéronse sobre as 14:00 horas polo que a nosa chegada a Cangas se retrasou bastante. Significar que se conseguiron 21 medallas en total nas dúas categorías. Próxima cita en Riveira o 16 de xuño Galego por equipos das mesmas categorías. 

Así se clasificaron os nosos atletas:
Ana Piñeiro, 1º marcha- 4º lonx.
Teo Iglesias, 1º marcha
Valeria Fernández, 1º marcha- 14º altura
Jesús Guimerans, 3º marcha
Gabriel Dacosta, 5º 50 m.l.- 2º 500 m.l.
Carlos Pérez, 9º 500 m.l.- 1º pelota
Martín Pardavila, 13º 500m.l.
Antón Iglesias, 5º 1000 m.l.

Seguir leyendo

ESCOLA DE ATLETISMO DE VERÁN

Un ano máis, o Club Atletismo Vila de Cangas pon en marcha a escola de atletismo de verán, onde poden participar, coa supervición de monitores titulados, en todas as modalidades deste deporte. A actividade estará dirixida a todas as personas maiores de cinco anos.
Será nas pistas municipais de atletismo de cangas todos os luns e xoves de 19 a 20:30 horas no mes de xuño; e os martes de xoves de 11 a 12:30 horas durante os meses de xullo e agosto.
As inscricións serán nas pistas no mesmo horario da escola ou nos teléfonos 660786803 e 628147702