Atletismo en Pista Xogade Categorías Benxamín-Alevín.

Cangas a 21 de abril de 2012

Cita para as categorías benxamín e alevín que disputaban un zonal de Pista do Programa Xogade, onde os nen@s disputaban un máximo de dúas probas. Aínda que os que estivemos o día anterior en Vigo podemos pensar que alguns atletas puideron acusar a citada competición, non é escusa, senón todo o contrario un escalón mais para o dilatado currículo destes grandes atletas que puntuais ás 09:30 horas compareceron nas Pistas Municipais de Atletismo de Cangas. Parabéns a tod@s el@s polos resultados obtidos.

Resultados

X LIGA INTERCOLEXIOS-PISTA ATLETISMO BALAIDOS-VIGO

Un ano máis e tras dúas xornadas participativas chegou a final individual e por equipos da liga intercolexios organizada polo AVA. Esta edición se adiantou a final por problemas co calendario, así que a cita tivo lugar un venres 20 de abril a partir das 17:30 horas. Se ben o Vila de Cangas non estivo presente como club si estiveron os seus atletas que representaron os seus respectivos colexios. A particularidade desta competición reside na iniciación de moitos dos nen@s en probas relacionadas co atletismo en pista, xa sexa relevos, lanzamento de peso ou salto de lonxitude. Á hora de computar as categorías establécense 2004-2003-2002 como alevins e 2001-2000-1999 como infantís. Á final que se disputou o venres acudiron os atletas invitados que obtiveron a marca nas dúas xornadas participativas previas, no formato individual só podían disputar unha proba por atleta, se competían como equipos debían presentar un mínimo de seis atletas que disputasen o 80 m.l., 300m.l., 1000 m.l., salto de lonxitude, lanzamento de peso e salto de altura, ademais de realizar un relevo de 4 X 80 m.l. Destacar que o equipo alevín feminino do CEIP de Nazaret obtivo o primeiro posto con 33 puntos, de 35 posibles, este equipo integrado por atletas do club realizou o mesmo tempo nos relevos que o equipo infantil gañador, vista a diferenza de anos é digno que ocupe unhas liñas desta modesta crónica. O CEIP do Hio presentou catro equipos e todos eles fixeron podios, contabilizando tres terceiros e un segundo posto. De modo individual Sandra Souto obtivo o primeiro posto en 80 m.l, Naiara Curras primeira en 300 m.l., Ariadna Gil primeira en Altura, Aaron Domínguez segundo en altura, Jorge Piñeiro primeiro en altura, Simón Pereira segundo en pelota, Paula Santos primeira en pelota, Mauro Maquieira terceiro en pelota, Eva Maquieira segunda en peso, Saray Amoedo segunda en peso, Daniel Calvar segundo en peso, Irene Menendez e Alba Pardavila primeira e segunda en lonxitude. Adrián Outeiral, Juan Piñeiro e Daniel Armada coparon o podio de lonxitude. Valeria Fernandez e Alba Vidal gañaron o 1000 m.l. nas súas categorías, sendo Jorge Piñeiro e Gabriel Dacosta terceiros no 1000 m.l. das categorías masculinas. Foron moi bos resultados, dende aquí felicitalos a tod@s e tamén á organización por fomentar o atletismo base con estes eventos.

RESULTADOS FINAL

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS Ó AIRE LIBRE

O Barco de Valdeorras, 14 de abril de 2012

Cun tempo fatal atravesamos toda Galicia para chegar a O Barco de Valdeorras, onde este ano se disputou o campionato galego de Clubs. Entre os homes participaban o Ourense, o Gimnástica, , o Narón, o Adas, o Celta o Lucus e o Vila de Cangas. Estes mesmos clubs participaron tamén coas mulleres, pero engadindo ademais o Ria Ferrol.
Os mellores resultados foron acadados polo Ourense Academia Posta, que se proclamaron vencedores tanto en homes como en mulleres.
En canto a loita do Vila de Cangas, era bastante diferente a que tiña o club de Ourense. Mentres que eles loitaban polos primeiros postos coa Gimnastica ou o Lucus, nós loitabamos por non quedar nos últimos postos, e case o conseguimos. Fomos sétimos en ambas categorías. Como vedes, faltounos un pouquiño para acadar o podio, pero seguirmos intentándoo.
ob140412
HOMES:
Daniel Choren Castro: 5º en 100 m.l. e 4º en 200 m.l.
Faustino Maquieira Outeda: 4º en 400 m.l.
Maikel Portela Portela: 7º en 800 m.l.
Adrián Bouza Diaz: 6º en 1500 m.l.
Tomás Ocaña Pazos: 7º en 3000 m.l.
Juanma Novo Pardavila: 6º en 110 m.v. e 5º en pértega
Antón Menduiña Durán: desc. en 400 m.v.
Remigio Fandiño Boubeta: 6º en 3000 m. obs.
Angel Menduiña Gutiérrez. 2º en 5 km marcha
Iván Rodríguez Maceiras: 4º en altura e 4º en lonxitude
Mauro Martínez Fernández: 7º en triplo e 7º en xavelina
Francisco Rodal Abla: 7º en peso
Carlos Bernárdez Piñeiro: 5º en disco e 7º en martelo
7º en 4×400(Angel, Remi, Maikel e Fran)
MULLERES:
Noa Rouco Baqueiro: 7º en 100 m.l.
Aida Amoedo Portabales: 3ª en 200 m.l.
María Novo Pardavila: 7ª en 400 m.l.
Marina Caballero Iglesias: 3ª en 800 m.l.
Ainara Rodríguez Nogueira: 4ª en 1500 m.l.
Iria Piedras Gómez: 8ª en 3000 m.l.
Antía Freijomil del Rio: 6ª en 100 m.v. e 5ª en peso
Mónica Cabirta Gutiérrez: 5ª en 400 m.v.
Mar Chillon Camaño: 3ª en marcha
Alexia Vidal Martínez: 4ª en altura
Carlota Choren Castro: 6ª en lonxitude e 6ª en triplo
Noelia Graña Casas: 8ª en pértega
Talía Garcia Prieto: 7ª en disco
Ibonne Martínez Calvar: 7ª en xavelina e 7ª en martelo
Descalificáronnos no 4×100 ( Estela Costas, Paula Martínez, Sara Villar e Lucía Piedras)
5ª en 4×400 (Marina, Mónica, Nerea Outeiral e Ainara)

GALLEGO PISTA CUBIERTA CATEGORÍAS BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL. 14 MEDALLAS PARA O VILA!

Coruña sábado 31 Abril 2012

E para rematar a tempada de pista cuberta, este sábado foi  o Campionato Galego para as categorías menores, e decir Bemxamín, Alevín e Infantil. Houbo moita participación  polo que en algunhas probas houbo que facer moitas series

Comenzamos a mañá  sumando a primeira das medallas que se conseguiría ao longo do día, e foi na proba de lanzamento de peso. Das 14 que se gañaron, 6 foron nesta disciplina. Noa García (infantil)foi a primeira en conseguila, a súa era de bronce como a que levou Valeria Rodriguez (alevín). De prata foron as obtidas polos alevíns Raúl Barreiro e Nuria Villa. De ouro foron as de Samuel Alonso (infantil) e Lope Quinteiro (benxamín)

Temos que decir que nesta proba cometeuse un erro por parte da secretaría  que tivo como consecuencia que Valeria Rodríguez , a que non se lle escribiu ben a súa marca, fose 3ª en vez de 2ª.

En Lonxitude conseguiron medallas de bronce os benxamíns Adrián Pastoriza e Ana Piñeiro.  Dos alevíns Ariadna Gil foi a que mellor quedou, sendo 4ª por unha diferencia de 4 cm. Antón Iglesias foi o mellor dos homes sendo 7º. Nos infantiles Adrián Outeiral foi 5º e Martina  Paramós foi 10ª

En 50 m.l. so se clasificou para a final Sandra Souto (alevín)na que obtivo o  4º posto. Os outros atletas que participaron nesta proba era benxamíns, as rapazas  , Eva Maquieira e Alba Pardavila ,foron primeiras da súas series pero non foi suficiente para clasificarse para a final. O mesmo lles pasou a  Adrián Pastoriza e Pedro Verdeal  foron 2º nas súas series.

 En altura obtivo a medalla de prata  o alevín Aarón Fandiño. Naiara Villar, a única  rapaza do club que fixo altura, tivo a mala sorte de facer todos nulos.   Lois Rodas (benxamín) foi 4º.  Unha combinación de mala sorte e  lesións, fixeron que David Lorenzo (infantil) non brillara nesta proba e acabara no posto 10º

 50 m. vallas é unha proba na que non poden participar os alevíns e benxamíns. Nela participaron  Andrés Obenza que foi 5 º  na súa serie e Dani Armada que a pesar de ser 4º na serie clasificouse para a final na que quedou 6ª. Martina Paramós  foi  a 2ª  da súa serie pero gañou a final proclamándose Campiona galega

En 500m.l. dous atletas conseguiron medalla.  O benxamín Lope Quinteiro foi o  1º da súa serie e por tempos foi 3º, logrando así dúas medalla neste galego, inda que un rapaz que fora terceiro na súa serie subiu o pódium  pensando que lle pertencía a medalla de Lope. Ana Piñeiro foi a 3ª da súa  serie.

 Os alevíns en pasar primeiro pola liña de meta foron Carlos Perez  2º  da  serie e Ariadna Gil que tamén foi 2ª pero por tempos quedou 3ª ,logrando a medalla de bronce.  So participaron 2 infantiles nesta proba, Adrián Outeiral que foi 5º e Paula Santos 10ª.

 En 1000 m.l tamén se obtivo medalla, neste caso é de bronce , e o atleta que a gañou foi Gabriel Dacosta . Os infantiles  Jorge Piñeiro  e Ana Fandiño  foron 7º e  14ª respectivamente. E os alevíns  Aarón Dominguez foi o 4º  da súa serie e Naiara Currás 5ª

 Na proba dos 2000 m.l so participaron os infantiles  David Lorenzo que foi  9º e Alba Vidal que tras unha dura loita durante toda a carreira foi 4ª

Noa García obtiña a segunda medalla, neste caso de prata no salto con pértega o saltar 2.12 m.  mellorandoa marca que tiña anteriormente

Resultados

MEDALLA DE OURO:

Lope Quinetiro———Peso – Martina  Paramós——50 m.vallas –  Samuel Alonso —–Peso

 MEDALLA PRATA:

Aarón Fandiño—-Altura – Ana Piñeiro ……..Lonxitude – Noa García —–Pértega – Nuria Villa———Peso – Raúl Barreiro——-Peso

 MEDALLA BRONCE:

Adrián Pastoriza—– Lonxitude – Ariadna Gil————500 m.l. – Gabriel Dacosta—–1000 m.l. – Lope Quinteiro———500 m.l. – Noa García ——Peso – Valeria Rodriguez…..Peso

 PROBAS POR CATEGORÍAS Seguir leyendo

III XORNADA CIRCUITO DE MARCHA JOSEFINA ROMERO- CUNTIS – MARCHA EN RUTA

Domingo 25 marzo 2012

Nesta ocasión participamos con 13 atletas e conseguíronse 10 pódiums. De infantil para abaixo  participaran o día anterior nun zonal, polo que non se esperaban grandes marcas,  pero a pesar de todo brillaron, todos, unha vez máis.

1 km – Benxamín: Ana Piñeiro e Teo iglesias foron os campións desta distancia. Ainoa Santos foi a segunda benxamín en cruzar a meta. Lois Rodas estrenouse  nesta carreira, foi descalificado pero fíxoo moi ben para so levar tres días na marcha. Cun pouquiño máis de entreno será imparable.

 2km – Alevín: Valeria Fernández volveu a ser a campiona nesta distancia. Acompañouna no pódium Valeria Rodríguez  ,  no tercer posto. Suso Guimeráns tamén acadou esa mesma posición.

 3 km – Infantil – cadete: Nesta distancia tamén participaban tres atletas do noso club. A primeira en cruzar a meta foi Noa García que subiu o pódium no tercer posto. Andrés Obenza foi o quinto infantil en chegar. Esmeralda Corredoira a única cadete que competía do noso club, entrou  no octavo posto.

 10 km Xuvenil, xunior, promesa e veteráns. O primeiro do club que cruzou a meta foi Ángel Menduiña, sendo o segundo xunior . Pasados catro minutos chegaba Mar Chillón, a primeira de todas as mulleres e a primeira xuvenil. Rebeca Obenza  foi a primeira promesa.