CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA XUVENIL, XUNIOR E PROMESA

Coruña, Domingo 26 febreiro 2012

Nesta ocasión desplazamosnos ata a pista cuberta para que compitan as categorías xuvenil, xunior e promesa. Nesta última categoría non tiñamos atletas que puderan competir.

Comenzamos a mañá clasificándose Aida Portabales e Tinín Maquieira para o 400 m.l. Na final ambos acadaron postos  de pódium.  Aida foi a primeira dunha disputada carreira gañando no último segundo, e  Tinín foi segundo.

Nos 3000 m.l. participaron  Tomás Ocaña,  Ana Bermúdez  e María Novo. Tomás foi 3º  tras unha dura loita, pero neste caso foi cos seus pantalóns, que non lle permitiron ir máis rápido. Ana foi  6ª, María 5ª e 8ª en triple.

Antía Freijomil participou no salto de lonxitude obtendo a medalla de bronce. Pola tarde tamén ganaría outra, nesta ocasión en lanzamento de peso.

A xornada da tarde comenzou obténdose dúas medallas, a de ouro de Pablo Castro en lanzamento de peso e a de bronce de Noelia Cousiño, quen subía o pódium por primeira vez individualmente.

Co lanzamento de peso femenino enchemos a pista e o pódium de cor amárelo, pois tíñamos 5 atletas, 3 xuveniles e 2 xuniors, e obtivéronse 3 medallas, a prata de Raquel Villa e os bronces de Talía García e a antes mencionada Antía Freijomil.  Ibonne Martinez foi 4ª e Antía Román 6ª

Tamén subiron o pódium en calidade de subcampións galegos Adrián Bouza polos 1500 m.l e Nerea Outeiral por 400 m.l.

As cadetes Alexia Vidal e Sara Villar foron fóra de concurso buscando a mínima para poder participar no  campionato de España. Alexia no salto de altura, quedou a  1 cm da mínima saltando 1.52 m.  Sara  en 50 m. vallas foi segunda na sua serie sen chegar a mínima

 JUVENILES

MEDALLA DE ORO:

Aida Amoedo…………………….. 400 m.l.

Pablo Castro ……………………… Lanzamiento de peso  

MEDALLA DE PLATA:

Adrián Bouza………………………. 1500 m.l.

Raquel Villa………………………….Lanzamiento de peso

Tinín Maquieira ……………………400m.l.

 MEDALLA DE BRONCE:

Noelia Cousiño…………………….Salto de pértiga

Talía García………………………….Lanzamiento de peso

Tomás Ocaña……………………….3000 m.l.

 …….. 

María Novo……………………..5ª  en 3000 m.l. y 8ª en triple

Ana Bermudez ………………..6ª en 3000 m.l.

Antía Román ……………………6ª en lanzamento de peso

 JUNIOR

MEDALLA DE PLATA:

Antía Freijomil……………………..2 bronces: Lanzamiento de peso y salto de longitud

Nerea Outeiral ……………………..400 m.l.

Ibonne Martinez……………………4ª peso

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Portas sábado 25 febreiro 2012

Voltamos un ano máis a Portas, a este circuito nos terreos da antiga fábrica de azucre. As condicións non eran as mesmas, este ano o campeonato é un galego non un provincial, non fixo mal tempo, máis ben o contrario, demasiado bo para o mes no que estamos.

 Quitáronse as voltas con cambios de sentido de 180°, agora eran menos radicais, polo que o percorrido era distinto. Como non choveu dende hai tempo, non había  lama coa que resbalar pero o terreo estaba duro e con pequenos buratos onde torcer os xeonllos. Non se pode ter todo! E isto é un cross, hai que subir e baixar e dende logo correr para chegar antes que ninguén.

 Empezouse cos maiores, os cadetes, só tiñamos unha representante do noso club, Noa Rouco que chegou no posto 20.

 Os infantiles foron os que subiron o pódium. Os rapaces fixéronno por equipos ao quedar segundos David Lorenzo foi o primeiro en cruzar a meta no posto 23, seguíano Adrián Outeiral, Jorge Piñeiro, Andrés Obenza e Martín Souto. Nas rapazas Alba Vidal foi 3ª. Tras ela chegaron Noa García, Paula Santos, Martina Páramos, Ana Fandiño e Saray Amoedo pero quedaron 5ª por equipos.

 Os rapaces alevíns tamén quedaron 5º por equipos. O primeiro en pasar pola meta foi Aarón Domínguez, e os seguintes foron Carlos Pérez, Simón Pereira, Antón Iglesias e Aarón Fandiño. As rapazas non estaban clasificadas por equipos, pero si tiñamos dúas clasificadas individuales Sandra Souto que chegou 14 e Ariadna Gil que foi 15

Escolar Benxamin-Alevin – Infantil Combinadas en Pista

Pontevedra 3 de marzo de 2012

Despois dun mes de febreiro onde o campo a través foi a proba habitual, comezamos marzo coa pista que vai ser a tónica a partir de agora. O que non era normal era o tempo seco e o sábado choveu polo cal os benxamíns, alevíns e infantís se mollaron. Benxamíns e alevíns competían de xeito individual nun máximo de dúas probas. Os infantís facíano en probas combinadas, tres en total. Todo iso en xornada de mañá. Unha boa proba para calibrar as marcas destas tres categorias. Os resultados da xornada foron: ZONAL ESCOLAR BENXAMIN ALEVIN COMBINADAS INFANTIL