CRITERIUM DE LANZAMENTOS – NOVO RECORD PARA PABLO CASTRO

Catro dos lanzadores do noso club estaban convocados a participar neste critérium que se faría no Barco de Valdeorras o pasado sábado 22 de outubre.

Antía Román e Raquel Villa non puderon ir, pero si o fixeron  Talía García e Pablo Castro, quen obtivo o logro máis grade, o conseguir batir unha vez máis o récord galego de lanzamento de peso,  cunha marca de 16.80 m.

As competicións de cada artefacto (disco, peso, martelo e xavalina)  foi mixta e cada atleta lanzou co peso  que lle corespondía a sua categoría, o que fixo que alguna proba se prolongara moito,  coma a de disco que comenzaba as 18:30 e remataba pasadas as 20:10.

Pablo Castro foi subcampeón do critérium polo que lle deron unha placa conmemorativa

 As clasificacións  foron masculinas e femeninas pero non se separaron as categorías. Os resultados dos nosos atletas foron:

Pablo Castro: 1º Peso e récord galego — 2º Disco . 2º Subcampeón do criterium

Talía García:  3º Peso — 4º Disco