MEMORIAL BELARMINO ALONSO

Vigo, 28 de novembro de 2010.
Este ano non nos acompañou a chuvia. Cousa rara, porque nos últimos anos era falar do Belarmino Alonso e falar de chuvia, lama, caidas …
Para os máis novos, (e para os non tan novos tamén), estreamos circuíto. Ó parecer, hai xa bastantes anos, xa se celebrou nese lugar a proba.
O certo é que para a maioría dos que estabamos alí o percorrido era novo. Os atletas agradeceron a falta de lama dos outros anos, sobre todo os máis pequenos que foron os últimos en correr. O frío intenso facía que moitos espectadores buscaran as zonas mortas do que parecía un labirinto, a fin de acadar un raio de sol, claro que primeiro había que asegurarse que non estabamos dentro do espacio por onde tiñan que correr.
Na carreira absoluta dos homes houbo unha gran participación. Os tres primeiros postos foron para portugueses: Carlos Costa, Ricardo Dias e Daniel Pinheiro. Na carreira absoluta das mulleres, a participación foi bastante menor, pero tamén se impuxo unha portuguesa, Filomena Costa. A segunda foi Patricia Mendes, do Comesaña.
En canto ós nosos atletas, os que mellores postos acadaron foron os máis pequenos. Impuxéronse como campións por equipos os benxamins (tanto homes como mulleres), os alevíns (homes), os infantís (mulleres). Subcampións foron os xunior (mulleres) e os infantís (homes). A terceira posición por equipos foi a que conseguiron as mulleres alevíns.


Os resultados dos nosos foron os que seguen:
Xuvenil homes:
13º Tomás Ocaña Pazos
14º Arón Misa García
Xunior homes:

Seguir leyendo

XXXVII TROFEO PEDESTRISMO DE CANGAS

O domingo 5 de decembro terá lugar unha nova edición do Trofeo Pedestrismo Concello de Cangas.
O evento está organizado por este Club, Atletismo Vila de Cangas, e patrocinado polo Ilmo Concello de Cangas e a Fundación Cangas Deporte.
Este ano trae como principal novidade a exclusión das categorías menores. Haberá catro únicas carreiras:
– ás 11.00, xuvenil, xunior e veteráns feminino. (3.000 m)
– ás 11:20, xuvenil, xunior e veterans masculino, xunto coas participantes na categía absoluta (5.000 m)
– ás 11:50 h, absoluta masculina (9.000 m.)
Os tres primeiros clasificados de cada categoría levarán trofeo. Tamén haberá premios en metálico para os tres primeiros das carreiras absolutas. serán de 500, 350 , 200 e 100 euros para o 1º, 2º ,  3º e 4º, respectivamente, tanto en homes coma en mulleres .

Aquí tedes toda a infomación:PEDESTRISMO

«UN CLUB QUE É MÁIS QUE UN CLUB»

Cangas, 13 de novembro de 2010.

Neste día de gala para o Club Atletismo Vila de Cangas, reunímonos no Concello de Cangas personalidades tan importantes como:
• Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo.
• Eleuterio García, presidente da Delegación de Atletismo de Vigo.
• Toñi Queimaño, Concellal de deportes deste Concello.
• Enrique Sotelo, Concellal de grupo popular en Cangas.
• David Cal, afamado deportista olímpico de Cangas.
• Daniel Benavides, Xefe do Servizo de Deporte escolar.
• Francisco Rodal, Director Técnico do Vila de Cangas
• Mª Carmen Calvar, nutricionista que colabora có Club.
• E os atletas do Club Atletismo Vila de Cangas, os mellores atletas do mundo mundial.

O acto empezou coa foto de familia de todos. Logo, fóronse presentando cada un dos equipos, empezando polos máis pequeniños e rematando polos máis velliños.

A continuación iniciouse unha charla – coloquio . O primeiro dos invitados que falou foi David Cal. Admirou a intensa actividade do Club e animounos a seguir así. Tamén desvelou o seu desexo de ir ás próximas Olimpiadas, para o que ten que quedar entre os seis primeiros do mundial. ¡Animo, David! Ti podes.
Daniel Benavides agradeceu a colaboración prestada polo Club na tempada anterior, na que se estreaba no cargo. Manifesta que leva a impresión de que somos unha familia e un exemplo . Nós tamén lle agradecemos estas verbas.
Isidoro Hornillos agradece a invitación feita polo Club para estar este día aquí. Da os parabéns ós atletas, adestradores, directivos e familias. Di que o noso é un Club que é máis que un club.
Fran Rodal anima ós atletas a que sigan adestrando. É certo que non sempre se acadan os resultados esperados, pero o importante é sentirse satisfeito có esforzo realizado. O atletismo é un deporte individual e do traballo individual  dos atletas saen os equipos. Está contento polos resultados acadados na tempada anterior. Soña con que un día o Vila de Cangas compita na 1ª División. O principal obstáculo para logralo son os cartos, pois atletas hai no Morrazo, e moi bos.


De seguido ábrese o turno de preguntas do público que os invitados contestan.
Remata o acto facendo entrega da revista nº XV do Club, que non acadará ningún premio literario nin de ningún outro tipo, pero é a nosa revista.

SAN MARTIÑO DE BUEU

Bueu, 7 de Novembro de 2010

O tempo aliouse coa organización desta 15ª edición da carreira pedestre de San Martiño de Bueu, pois a chuvia non fixo acto de presenza ata que remataron todas as carreiras.
A organización da proba estivo a cargo do club de atletismo Corredoiras de Bueu, a cal estaba hoxe moi satisfeita, pois superaron a participación de todos os anos anteriores, e mesmo se bateron os tempos ata agora establecidos na carreira absoluta masculina. Robertas Geralavicius impúxose ós aproximadamente 180 atletas que participaron na proba reina. Por outra banda, na categoría feminina impúxose Sandra Mosquera, seguida da atleta do noso Club Andrea García.
Como anécdota, contar a impaciencia dos atletas máis pequenos, que protagonizaron unha saía nula, sen que ninguén foxe quen de paralos. Algúns chegaron ata a meta esquivando ós adultos que se poñían no medio para indicarlles que pararan.
Entre os nosos atletas destacaron:
Alevín masculino: Jorge Piñeiro foi o campión e David Lorenzo conseguiu a medalla de bronce.

Alevín feminino: Saray Amoedo levou a medalla de prata e o bronce foi para Alba Vidal.
Infantil feminino: Prata para Noa Rouco.
Infatil masculino: magnífica carreira a feita por Óscar Broullón, quen, acostumado a subir o podio polos lanzamentos, hoxe estreouse no podio dunha carreira longa cun 3º posto.
Cadete Feminino: Alexia Vidal levou o trofeo correspondente ó terceiro posto.
Benxamín feminino: Este foi todo el amarelo. Ouro para Sandra Souto, prata para Irene Menéndez e bronce para Valeria Fernández.
Benxamín masculino: Simón Pereira foi o que chegou primeiro á meta nesta categoría.
Minibenxamín masculino:Pedro Verdeal foi guiando ós demais e conseguiu o ouro.
Xuvenil feminino:Esta categoría correu coa absoluta, así que non soubemos exactamente os postos ata o momento de entregar os premios. A vencedora foi María Jesús Novo , seguida de Ainara Rodríguez que entrou segunda.
Senior feminino: A orde de entrada desta categoría foi a mesma que a absoluta, polo que Andrea García foi segunda.

PRESENTACIÓN DA TEMPADA 2010/2011

A Xunta Directiva do Club Atletismo Vila de Cangas comprácese en convidar a todos os socios e simpatizantes do Club á presentación pública dos seus atletas para a tempada 2010/2011.
O evento terá lugar o vindeiro sábado 13 de novembro ás 17:00 horas na Sala de Plenos do Concello de Cangas.
Prégase a todos os atletas que sexan puntuais para poder sacar a foto de grupo.
Logo da presentación de equipos por categorías e sesión fotográfica, haberá unha charla coloquio. Confirmaron a súa asistencia ó acto :
D. Daniel Benavides, xefe do servizo de deportes
D. David Cal, deportista olímpico de Cangas
D. Eleuterio García, en representación da Delegación de Vigo de Atletismo.

Remataremos este día tan importanate coa entrega do nº 15 da revista do club, onde se recolle un resume da tempada que acaba de rematar

XVCARREIRA PEDESTRE SAN MARTIÑO

Este domingo 7 de novembro, terá lugar en Bueu a xa tracicional carreira de San Martiño. Está organizada polo Club de Atletismo Corredoiras desa vila.

As carreiras empezarán ás 10 da mañá, sendo os primeiros en correr os alevíns, seguidos das mulleres infantiles. Logo irán os benxamíns e despois os homes infantiles, os cadetes, os minibemxamíns. A categoria chupete correrá sobre ás 11:55 e a absoluta sairá as 12:00 Carreira 2010