SUSPENDIDO O CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS

Por recomendacións da Consellería de Educación e O.U. e as previsións meteorolóxicas de Meteogalicia os responsables do Deporte Escolar decidiron aprazar a celebración do Campionato Galego de Campo a través que estaba previsto celebrar este sábado 27 de febreiro na Pobra do Caramiñal. Si non hai outras novidades o aprazamento sería para o sábado 6 de marzo de 2010 e o circuito sería o seguinte:.
mapa_carreira1

En canto ao resto das competicións previstas para esta fin de semana, non temos ninguha noticia de que se vaian a suspender. Falamos do criterium de lanzamentos de Pontevedra e do Medmorial Francisco Castro en Vigo.

SELECCIÓN GALEGA

Son varios os atletas do Vila de Cangas que foron seleccionados para ir ao campionato de España por autonomías.
Os que teñen a viaxe mais longa son os de marcha, que sairán o sábado 6 de marzo cara a Ibiza, onde competirán o domingo 7 de marzo. Os seleccionados son: a cadete Mar Chillón Camaño, a xunior Rebeca Obenza Otero e o xuvenil Ángel Menduiña Gutiérrez.

Por outra banda, o mesmo día 7 de marzo, tamén terá lugar o campionato de España de campo a través. Esta vez, aínda que son chamados a concentrarse o venres 5, a viaxe non é tan longa, pois o acto será en A Coruña.
Do Club Atletismo Vila de Cangas foron convocados: os promesas Sergio Iglesias Alonso Brais Misa García , así como a xunior Ana Cristina Gil Estevez.

PROVINCIAL DE PISTA CUBERTA

Pontevedra, 20 de febreiro de 2010

O sabado foi unha xornada moi interesante, xa que foi o paso previo ó campionato galego de pista cuberta, que se celebrará o próximo 13 do mes de marzo para as categorías alevín e infantil.

Os atletas só tiñan esta oportunidade de obter una boa marca que lles permitise o paso ó campionato , pero nin quedando en posto de pódium se ten a seguridade de que podes ir o galego, xa que só irán as 16 mellores marcas de toda Galicia.

O ter esta única oportunidade, fixo que aqueles rapaces que estiveran enfermos non pudesen participar. Dende aquí lles pedimos os organizadores que para o próximo ano nos permitan ter a oportunidade de participar polo menos en duas xornadas ou ter as mesmas oportunidades que os nenos das outras provincias, ( por iso da igualdade ).
Entre os nosos rapaces destacaron Adrián Outeiral en 500 m.l. e en lonxitude; David Lorenzo en altura; Raúl Dacosta en 1º en triple; Óscar Broullón en peso; Noa García en peso e en 1000 m.l., Estela Costas en triplo; NOelia Graña en 50 m.v. e 1000 m.l.;entre outros.

Tamén cabe destacar a participación dos nosos filiales, os do Suárez Marquier, destando sobre todo: Inés Piñel Lorenzo ( 1ª en lonxitude alevín), Damián Martínez Fernández (1º en lonxitude alevín), Javier costas Rodríguez (1º infantil en 1000 m-l-)

Os resultados foron:
Alevín homes:
David Lorenzo Germade: 1º en altura, 5º en 1000 m.l.
Jorge Piñeiro Garrido: 4º en altura, 4º en 1.000 m.l.
Daniel Calvar Parada: 5º en altura, 15º en lonxitude Seguir leyendo

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS POR CLUBS

Haro ( La Rioja) 21 de febreriro de 2010.
O vila de Cangas clasificou a dous equipos para o campionato de España de campo a través. Estes foron os cadetes e os promesas, ambos da categoría masculina.
Para iso desprazáronse o sábado ata Haro, pois na zona deportiva de El Mazo celebraríase o domingo 21 o campionato Nacional.
Entre os cadetes, o que mellor posto acadou foi Jesús Parcero (26º), seguido de Tamás Ocaña (94º), Antón Menduiña (119º), Sergio Piñeiro (142º), Rafael Curro (151º) e Rubén Lorenzo (178º)
Por equipos quedaron situados na 24º posición.
Dúas baixas por lesións no último momento fixeron que os promesas acudiran ao campionato có número mínimo de atletas para puntuar, quedando por equipos no 16º posto. Entre eles o máis destacado foi Sergio Iglesias, que acadou a 31º posición. Seguiron a Sergio: Brais Misa (70º), David González (71º) e Maikel Portela (107º).

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

O Domingo 14 de Febreiro celebrouse o Galego de Marcha en Ruta nos xardíns de Coruña, os cantóns.
Fixo frío, dende logo. Pero o máis chamativo desta xornada non foi o frío , senón as faltas que se lles puxeron ós atletas en todas as carreiras.
Isto tivo como consecuencia máis grave a expulsión dos catro mellores atletas da categoría xuvenil, entre os que se atopaba Ángel . Os cales, en dita carreira, loitaban por obter una praza para poder ir o campionato de España e mellorar as súas marcas.

Temos que felicitar a Mar por obter por primeira vez o seu pasaporte o campionato de España, que este ano farase na illa de Ibiza. Tamén felicitamos os demais atletas polas marcas acadadas, a Iria por ser capaz de superar esa pequena barreira que lle impedía demostrar a boa marchadora que é, e a Lucía e a Andrés por rematar sen faltas

Os resultados obtidos polos nosos atletas foron:
3 KM ALEVINS :- 5º ANDRES 0BENZA 24.20 – 3ª NOA GARCIA 19.21 INFANTILES: 8ª ESMERALDA CORREDOIRA 18.41 – 10ª LUCIA PIEDRAS 23.01
5 KM CADETES 2ª MAR CHILLON 27.36 – 6ª IRIA PIEDRAS 31.20
10KM XUNIOR: 1ª REBECA OBENZA 57.22 XUVENIL: ANGEL MENDUIÑA Descalificado

CRITERIUM GALEGO DE PROBAS COMBINADAS CATEGORÍAS MENORES

O domingo 7 tivemos que ir ata Ourense, porque non se puderon realizar as probas en A Coruña.
As probas celebraronse no módulo cuberto “Os Remedios”, que se atopa moi cerca da Ponte do Milenio.
As instalacións sorprenderon os que nunca foran a elas, xa que se atopan baixo a bancada do campo de futbol. Nunha recta están o foso de saltos de lonxitude, as 5 rúas para a velocidade e unha zona para lanzamentos de peso e salto de altura.

A competición alargouse un pouco e os rapaces tiveron que irse sen saber en qué posto quedaron
As probas para as distintas categorías e os mellores resultados acadados polos nosos atletas foron:
En benxamín mulleres, Valeria Fernández foi 3ª en lonxitude, 5ª en peso e 4ª en 50 m.l.
En alevín mulleres, Saray Amoedo foi 4ª en lonxitude e 11ª en 60 m.l.; mentres que Noa García foi 1ª en peso.
Para os homes da mesma categoría, foi Adrián Outeiral o que outivo mellores resultados, cun primeiro posto en lonxitude e en 60 m.l. A mellor posición en peso foi para Martín Pérez, que acadou un sexto posto.
Xa nacategoría infantil, Alexia Vidal finalizou terceira en lonxitude; Carla Bernárdez, 2ª en peso e Noelia Graña 2ª en 60m.v. e 6ª en 60 m.l.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA DE INVERNO

A Coruña, 6 de febrero de 2010

Outra vez, por problemas de folga nas pistas de Riazor, desprazaron o campionato galego absoluto para o estadio da Universidade de A Coruña.
O atleta do Vila de Cangas que mellor papel fixo foi David González Fernández, conseguindo unha medalla de prata nos 800 m.l. e outra de bronce nos 1.500 m.l.
André Castelo Parcero quedou 7º no salto con pértega. Nesta mesma modalidade Juanma Novo Pardavila quedou 10º. Juanma tamén participou nos 60 m.v., onde ocupou a 5ª posición.
Claudia Martínez rematou 8ª en 800 m.l.

MEDALLA DE BRONCE PARA RAQUEL VILLA CARRACELAS

Como xa sabíades, foron dous os atletas do Vila de Cangas que participaron no campionato de España de pista cuberta na categoría cadete.
A proba foi en Oviedo este sábado 6 de febreiro. O que menos sorte tivo foi Pablo Castro Chapela, que non conseguiu superar a súa propia marca, quedándose en 12’56 m. O gañador foi Alvaro Yague (Cueva de Nerja). Pablo Castro quedou noveno, o cal, tampouco está nada mal.
Raquel Villa Carracelas estrenouse a nivel nacional cunha medalla de bronce, por superar a súa marca personal e lanzar 11’21 m. Foi superada por María Delia Guisado (Extremadura) e por Georgina Vila (Cataluña).

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

Mañá venres sairán de Cangas os dous atletas do Vila de Cangas que participarán no campionato de España de pista cuberta para a categoría cadete. O acto será o sábado en Oviedo. Os nosos representantes son Pablo Castro Chapela, que acude cunha marca de 12.79 metros e Raquel Villa Carracelas, cun rexistro de 10.67 m.
Moita sorte para os dous.

CRITERIUM GALEGO DE PROBAS COMBINADAS DE INVERNO

Pontevedra, 30 e 31 de xaneiro de 2010

A Federación Galega, a través da Delegación de Pontevedra, organizou os pasados 30 e 31 de xaneiro, no estadio do Cantro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, o Criterium galego de Probas Combinadas de inverno para as categorías cadete, xuvenil, xunior, promesa e absoluta.
Do Club Atletismo Vila de Cangas participaron catro atletas: Héctor Fernández, André Castelo, Mónica Cabirta e Juanma Novo. Os dous primeiros tiveron que retirarse por diversos motivos. Mónica Cabirta Gutiérrez proclamouse campiona na categoría promesa e o mesmo resultado obtivo Juanma Novo Pardavila na categoría xunior.
O mal tempo non permitiu que os nosos atletas acadaran as súas marcas personais.
As probas repartíronse en dúas xornadas. O sábado pola tarde tiveron lugar as probas de 60 m.l., lonxitude, peso e altura para os homes.
As mulleres concentraron todas as súas probas na xornada do domingo pola mañá (60 m.v., altura, , peso, lonxitude, 60 m.l. e 800 m.l.). Estas probas foron intercaladas coas que lles faltaba por facer aos homes (60 m.v., pértega e 1.000 m.l.)