GRAN PREMIO XOGANDO AO ATLETISMO

Pontevedra, 19 de decembro de 2009.

Por primeira vez o Vila de Cangas participou en “Xogando ao Atletismo”. O acontecemento tiña lugar no pavillón de Príncipe Felipe de Pontevedra. Os destinatarios eran os rapaces/zas das categorías benxamín e alevín.
O patrocinio da proba corría a cargo da Deputación de Provincial de Pontevedra.
Ao contrario do que pasa na maioría das competicións de atletismo, os equipos podían ser mixtos. O Vila de Cangas participou con varios equipos tanto benxamíns como alevíns. Cada equipo estaba composto por un mínimo de cinco atletas e un máximo de sete.

O novidoso desta competición son as probas:
• Carreira de 6×10 metros; é dicir, é unha carreira de ida e volta.
• Saltos laterais: o atleta ten que saltar lateralmente e cós pes xuntos un obstáculo.
• Lanzamento de balón: lánzase cara atrás, coas dúas mans e por enriba da cabeza.
• Salto horizontal: é de parado e cós pes xuntos
• Lanzamento de xavelina: tamén é de parado e a xavelina é branda
• Salto de altura
• Relevos de 5 atletas, tendo que correr cada un deles dúas voltas.

Ao remate da proba houbo camisetas para todos os participantes.

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA

O venres 18 de decembro foi a presentación oficial da escola de marcha da que Santi Pérez é o director. Contou coa presenza de María Vasco, quen posúe unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000 no 20km marcha.
O día seguinte foi o campionato galego de marcha, que este ano se celebrou en Lugo. Facía moito frío e o camiño fíxose máis ameno cando comezou a nevar.
En Lugo cidade non había nin rastro da neve, pero chegou a caer algunhas pequenas folerpas, cando estaban a competir os infantís e cadetes, aínda que non chegou a callar, para desgraza dalgúns.
A primeira carreira para os nosos atletas foi a dos alevíns, que tiveron que marchar durante 2km. Andrés que chegou 8º e Noa tras unha dura loita, entrou en terceiro lugar, a 2 segundos da segunda e sen ningunha falta.
As cadetes e infantís foron as seguintes en competir e marcharon durante 3 km .Esta é unha das máis concorridas, participaron 25 rapazas e 10 rapaces. Mar obtivo o 2º posto e Esmeralda quedou 7ª.
Iria e Lucía non chegaron a completar o percorrido, unha por problemas físicos e outra por expulsión.
En 5 km, Rebeca quedou 1ª e Angel quedou 5º. Rebeca tamén quedou subcampiona na categoría absoluta.
A entrega de medallas foi outorgada por María Vasco e Santi Pérez.

Resultados:
NOA – 3ª – 12:49:38
ANDRES – 8º – 15″47’67
MAR – 2ª -16’31″91
ESMERALDA – 7ª- 19’24″65
LUCIA – Desc.
IRIA – Abandono
ANGEL – 4º – 24’31″04
REBECA – 1ª e 2ª na absoluta – 27’41″44

TROFEO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Esta tempada a competición de pista empezou ben cediño porque xa este sábado 12 de decembro se celebrou nas pistas de Pontevedra o Trofeo Deputación de Pontevedra. As probas ían destinadas principalmente ao atletismo de base, pero tamén houbo probas para os máis maiores. Para os benxamíns as probas organizadas foron as de 50 m.l., 500 m.l., lonxitude e peso. Para os alevíns houbo as mesmas, so que en lugar de 50 m.l. foron 60 m.l. Os infantís e cadetes tiveron 60 m.l., 1000 m.l., 60 m.v. e tamén lonxitude e peso. Para todos eles organizouse tamén unha proba que xa levabamos tempo notando a súa falta: os relevos. Para a categoría absoluta fixéronse as probas de 60 m.l., 60 m.v., peso para os homes e pértega para as mulleres.

A participación nas probas de lonxitude e 60 m.l. entre os mais pequenos foron as máis numerosas, provocando atrasos de importancia.
O Vila de Cangas conseguiu o premio ao club que aportou maior número de participantes.

IX MEMORIAL ANDRÉS ABANQUEIRO

Por fin, despois de moitos días de choiva, este domingo 13 de decembro apareceu unha carreira con sol. Como todos os anos tivo lugar no Parque de Castrelos. As categorías que participaron eran unicamente as escolares.
Para nós foi unha carreira máis, pero para os da zona de Vigo, esta proba foi clasificatoria para o campionato provincial de campo a través escolar.

Os atletas nosos que foron eran poucos. Debían de estar cansados de competir o día anterior en Pontevedra. Os que foron víronse recompensados coa famosa salchicha que lles agasallaron ao final da proba.

Os resultados foron:
Cadete homes:
2º Jesús Parcero Ríos
4º Sergio Piñeiro Garrido
Cadete Mulleres:
3ª María Jesús Novo Pardavila Seguir leyendo

XXXVI TROFEO DE PEDRESTRISMO VILA DE CANGAS

Un ano máis o club Atletismo Vila de Cangas organizou este domingo 6 de decembro o Trofeo de Pedestrismo do Concello de Cangas.

O tempo aínda se portou medianamente ben coas categorías máis pequenas, pero cando se estaba disputando a última das carreiras das categorías menores, empezou a chover cada vez máis forte. Pese ao mal tempo a participación foi moi numerosa, chegando a alcanzar case os 800 participantes chegados de moitos puntos de España como Cartagena, País Vasco, Asturias, Madrid e tamén de Portugal.

CROSS DE NAZARET

Este último domingo de novembro foron moitos os rapaces que se estrenaron no atletismo. O barrio de Nazaret encheuse librouse de coches e encheuse de rapaces que deron colorido a un día que quería amanecer oscuro. Entre chuvasco e chuvasco correron preto de 200 rapaces de infantil e primaria. Os percorridos ían entre os 60 metros para os de tres anos e os 800 metros para os de 5º e 6º.

O sacrificio valeu a pena, pois non faltaron medallas para todos os participantes e trofeos para os que primeiro chegaron.

Os tres primeiros de cada carreira foron:
3 anos mulleres:
1ª Agata Rodríguez(Castrillón)
2ª Inés Bernárdez ( Nazaret)
3ª Celia Alvarez ( S. Roque)
1º Guillermo Alonso(C. María)
2º Marcos Freijomil (Nazaret)
3º David González (A Rúa)

4 anos mulleres:
1ª Amira Pérez ( A Rúa)
2ª Cluaudia Fiel (V. Milagrosa)
3ª Inés Dacunha (S. Familia)
4 anos homes: Seguir leyendo