PRESENTACIÓN DA TEMPADA 2009/2010

O pasado sábado 21 de novembro, na Sala de Exposicións do Auditorio de Cangas, o Club Atletismo Vila de Cangas presentou a todos os equipos para a presente tempada, dende os minibenxamíns ata os veteranos.
Ademais desta presentación tamén serviu este día para facerlle entrega dos agasallos aos atletas que conseguiron na tempada anterior marcas meritorias de premios en metálico por parte do Club.
A continuación chegou o momento tan agardado polos rapaces: a entrega da nova revista do noso Club, que acada xa o número 14.

O acto terminou cunha charla coloquio na que interviñeron atletas de tanto prestixio como Víctor Gallego Bernárdez e Mondovan Tilea Felicia.Tamén estiveron presentes a concellal de deportes, Dª Antonia Queimaño; o presidente a Delegación de Atletismo de Vigo, D. Eleuterio García; e os adestradores Juan Ramilo e e Francisco Rodal. Todos eles, xunto coa presidenta do noso Club, Mª Carmen Parada, contestaron as preguntas do público.
D. Eleuterio manifestou a súa opinión de que todos os rapaces deberían facer atletismo como base para calquera outro deporte. Igualmente fixo unha mención moi especial a todos os adestradores pola súa colaboración totalmente desinteresada. Tamén Dª Toñi Queimaño tivo palabras de agradecemento para os adestradores como persoas altruístas adicadas ao deporte.
Felicia animou a todos os rapaces para que se esforzaran e lembrou os seus inicios no deporte. Fixo fincapé na vontade que deben ter os rapaces para conseguir a metas que se propoñan. Segundo ela, é moi importante a xenética de cada un, pero tamén é moi importante ter unha mente positiva. Contou a súa experiencia na Olimpíada de Atlanta, para a que se clasificou coa mellor marca, pero a mente xogoulle unha mala pasada e quedou 10ª.
Víctor, nacido en Cangas, contounos que os seus inicios no deporte estiveron no baloncesto e que foi polo seu irmán polo que se iniciou no atletismo. Ten que agradecerlle ao deporte que coñeza tanto mundo. .
Pola súa parte, Ramilu quixo deixar clara a diferencia entre o sacrificio e o esforzo. Para el adestrar é un esforzo porque lle gusta facelo. Iso debería ser o que significara para os atletas o adestramento. Só se convertería en sacrificio se non che gusta o que fas.
Fran , coordinador dos adestradores das categorías maiores do Vila, a preguntas dun pai, responde que a división de honor está na presente tempada un pouco complicada para os homes, en cambio ten grandes esperanzas coas mulleres, e pon como exemplo a participación das cadetes no campionato de España, cousa impensable hai uns anos.
Todos os participantes contestaron as preguntas dos asistentes nun animadísimo debate, sendo os atletas os que tiveron que responder máis veces.

Presentacion tempada 09/10

A xunta directiva do Clube Atletismo Vila de Cangas ten a honra de invitarvos á presentación pública dos seus atletas para a tempada 2009/2010. Feito que terá lugar o vindeiro Sabado 21 de Novembro ás 17:00 na sala de exposicións do Auditorio de Cangas.

– Presentación dos equipos por categorías e sesión fotográfica

-Charla-coloquio

Entrega do Nº 14 da revista do clube

Esperando con ilusión a vosa asistencia ó acto, aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo.

II TROFEO CIDADE DE SANTIAGO

Nunha xornada que climatolóxicamente se portou bastante ben, sobre todo si a comparamos có día anterior, desprazámonos ata Santiago para participar na segunda edición do Trofeo Cidade de Santiago. O percorrido xa era máis ou menos coñecido polos nosos atletas, pois resultaba ser o mesmo que o da pasada edición e máis o da final da Compostela Cup ruta.

Os máis cativos foron os que tiveron máis sorpresas: o circuíto era novo para eles, a subida o podio tamén e ata o coñecer a nosa mascota, a Vica, foi unha novidade.

Os resultados foron bastante bos, sobre todo por equipos. A organización daba un trofeo individual para cada un dos tres primeiros clasificados, así como un trofeo para o equipo campión. Todos os podios por equipos foron amarelos, si ben hai dicir que o equipo de cadetes homes, aínda que amarelo, non era do Vila de Cangas, senón do Universidade Santiago de Compostela.
A clasificación dos nosos quedou así:
Minibemxamíns homes:
1º Lope Quinteiro Pena
11º Adrián Santos Fernández

Minibenxamín mulleres:
1ª Ainoa Santos Piñeiro
2ª Laura Magdalena Cabral Seguir leyendo

CARREIRA PEDESTRE DE BUEU

Aos máis pequenos xa lles estaba tardando a primeira carreira da presente tempada. Dende que foron de vacacións están sen competir e queren demostrarse a si mesmos do que son capaces. Así que o domingo 8 de novembro, aquel que non estaba tocado pola gripe ( fora A, B, ou como queira que se lle chame), presentouse na liña de saída coa súa camiseta amarela.
Foi unha carreira que contou con grandes personalidades no mundo de atletismo actual como son Sandra Monquera, Águeda Blanco ou a nosa querida atleta Andrea García, as cales quedaron primeira, segunda e terceira tanto na categoría sénior como na proba absoluta. Pola parte masculina o podio absoluto e sénior repartiuse entre Robertas Geralivicius (1º), Daniel Barciela (2º) e o noso atleta Sergio Iglesias (3º).

Outorgouse un trofeo especial para o atleta máis veterano que lle correspondeu a D. Jualián Bernal, de 90 anos. Xa nos gustaría a moitos chegar a súa idade coas mesmas capacidades.
O Club Atletismo Vila de Cangas estivo presente en case todos os podios, ademais dos xa ditos:
Claudia Martínez Gutiérrez foi a primeira entre as xuveniles.
Araceli Portela Fernández foi a primeira entre as veteranas da categoría A.
Entre os veteranos tamén subiron ao podio en 2º e 3º lugar, respectivamente, Alberto Iglesias Cabaleiro e Daniel Pérez Rodas.
María Novo Pardavila conseguiu a terceira praza entre as cadetes.
Os homes cadetes tiveron máis sorte e coparon todo o podio: Jesús Parcero Ríos (1º), Antón Menduiña Duran( 2º) e Sergio Piñeiro Garrido ( 3º).
Noelia Graña Casas e Noa Rouco Baqueiro quedaron primeira e segunda, respectivamente, entre as infantiles mulleres; mentres que Abran Santos Piñeiro foi 2º entre os homes.
Outro podio pintado só coa cor amarela foi o das alevíns, onde Mª Jesús Corredoira Herbello gañou a proba, seguida de Alba Vidal Soliño e Sarai Amoedo Portabales. Os homes desta categoría só conseguiron o terceiro posto por parte de Jorge Piñeiro Garrido.

Dúas foron as nosas representacións no podio dos benxamíns: Ismael Otero Martínez gañou a proba, seguido de Carlos Pérez.
Ainoa Santos Piñeiro cruzou a meta como primeira das minibenxamíns, e detrás dela xa entrou Laura Magdaleno Cabral. O irmán desta última, Manuel Magdaleno Cabral foi o primeiro entre os Chupetes e Lope Quinteiro acadou o mesmo posto entre os minibenxamíns homes.

ESCOLA GALEGA DE MARCHA

O domingo 8 de Novembro empezou a escola galega de Marcha con Santi Pérez (atleta olímpico en Atenas 2004 e Beijing 2008) como director.

O motivo desta escola é a promoción da desta disciplina atética e a mellora na formación dos atletas, contando con distintos adestradores, os cales levan anos traballando na marcha.
As actividades da escola impártense nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, tódolos domingos pola mañá ata xuño do 2010, menos cando existan competicións.
Esta escola está dirixida a nen@s de idades comprendidas entre 8 e 18 anos, que poderán asistir de forma puntual ou continuada os adestramentos

Podemos dicir que os nosos atletas sairon contentos coa primeira sesión de adestramento nesta escola

(ESTHER PRIETO)