FINAL COMPOSTELA CUP ATLETISMO EN PISTA

O sábado 20 de xuño, en Santiago, celebrouse a final da Compostela Cup de atletismo en pista. Todo transcorreu bastante ben durante a competición. Os nosos atletas estaban entre os primeiros en case todas as probas, mesmo houbo un podio que foi totalmente amarelo. Trátase do podio de xavelina infantil mulleres. Conseguimos o premio ao Club que máis atletas aportou á competición. En esta modalidade tamén tiveron premio os nosos veciños do Atletismo Morrazo, que conseguiron o terceiro posto.

Si algo hai que criticar da organización é que non publicaron os resultados que ían sacando, polo que na entrega de trofeos, sobre todo os correspondentes aos equipos, houbo algunha que outra sorpresa, polo menos pola nosa parte. Atopámonos con que as alevíns non subiron ao podio, porque ao parecer quedaron empatados a puntos coas terceiras e elas tiñan máis primeiros postos, cousa que aínda non puidemos comprobar.

Pero a sorpresa máis grande chegou coas cadetes, que despois de obter primeiros postos por equipos en catros das cinco probas, nin sequera foron chamadas para subir ao podio. Cando preguntamos o por qué, dixéronnos que foron descalificadas nos relevos. A todo isto xa só quedaban nas pistas dúas persoas responsables da organización. Os xuíces xa se foran. As nosas atletas insistían en que ningunha delas cometera falta. Ante a insistencia preguntando cal fora a falta cometida, dixéronnos que fora unha entrega fora de zona, pero sen poder precisar en qué posta. Non parecía que houbera moito que facer pola nosa parte, pois a pesar de que contabamos cun vídeo da proba que ratificaba a versión das nosas atletas, as persoas que alí se atopaban non parecían ter interés ningún en velo.

Ante a insistencia en exercer o noso dereito á reclamación, os responsables que aínda permanecían nas pistas ( só quedabamos os do Vila de Cangas e mais dúas persoas da organización) chamaron por teléfono a dous xuíces que manifestaron que efectivamente, o Vila de Cangas quedara descalificado por facer a entrega fora de zona. O curioso é que cando se lle preguntou pola equipación do equipo do Vila de Cangas que cometera esa falta, dixo que era de cores azul e branca. ¡Fatal erro!. Ata o de agora, as cores do Atletismo Vila de Cangas sempre foron amarelas. Ante nós recoñeceron o seu erro e manifestaron que o equipo do Vila de Cangas cadete era o xusto vencedor da proba. Unha victoria que chegou tarde e que privou as nosas rapazas de celebralo no podio, algo que se puido evitar si os resultados foran expostos ao público ao seu debido tempo.

CRITERIUM GALEGO DE CATEGORÍAS MENORES

E a unha semana de celebrarse o galego para a categoría infantil escolar, fíxose o galego federado para categorías menores (infantil, alevín e benjamines), onde os atletas nacidos no ano 1996 repiten participación.

Tras unha semana con temperaturas moi altas nalgúns sitios, pedimos que non houbese demasiado calor, xa que pasar todo o día na pista con temperaturas elevadas é horrible e os nenos non poden con eles, sobre todo cando poñen as probas máis duras, marcha e fondo, nas horas de máis calor. Este ano comezamos con marcha e os 2000 e 3000 m.l. deixáronos para o final

Eu non sei si a nosa petición de ter bo tempo non se nos entendeu, ou é que non nos levamos ben co repartidor do tempo climático, xa que nalgúns momentos houbo que parar a competición pola tromba de auga que estaba caendo. Os atletas, o público e a pista quedaron anegados, o que fixo que algunhas marcas non fosen do mellor que podían dar os nenos

Houbo algúns avances na pista que gustou moito aos atletas e que tal vez podían ter en todas as competicións, como o crono grande na meta que permite tanto aos atletas como ao público saber que marca está facendo e na gaiola de lanzamentos, para disco e martelo, e mais xavelina a medición foi electrónica

Como a competición duraba todo o día, levámos os nosos atletas a comer a Andorra, e como hai crise, foron andando. Menos mal que a cafetería ? quedaba preto das pistas para non cansalos moito, xa que pola tarde alguns seguían competindo.

Contamos neste momento no noso club, cunha xeración de atletas que son moi bos lanzadores, xa que en todas as probas e categorías nas que participamos conseguiuse medallas. Nos pódiums da categoría infantil feminino, o de xavelina foi completamente noso, amarelo e o de peso, de Cangas, xa que Raquel conseguiu o 1º posto, Irene do Morrazo o 2º e Talía o 3º.

Cando o autobús chegou a Cangas, e Calvar baixou del, con verlle a cara sabiamos que o club obtivo bos resultados, xa que o sorriso chegáballe de orella a orella

RESULTADOS:p060609

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR INFANTIL

Despois de tanto baile de datas e de lugares, este campionato rematou celebrándose en Lugo o domingo 31 de maio. Como a distancia que nos separa de Lugo nos daba dereito a solicitar a pernocta no lugar de destino, xa marchamos o sábado e pasamos a noite en Lugo.

En canto ao transcurso de proba, todo foi bastante ben, segundo o horario establecido. Cabe indicar a falta de acordo ou de un criterio unificado entre os xuíces que estaban en Lugo e os xuíces que colaboraron no provincial de Pontevedra, en Vilagarcía. Dicimos isto porque en Vilagarcía, pese a haber rapaces clasificados con unha marca de 7.99 en triplo, non se puxo outra táboa que non estivese a oito metros, o que implicou que só dúas atletas chegaran ata a area, mentres que en Lugo, no campionato galego; é dicir, nunha proba que se supón de máis nivel, poñen dúas táboas: unha a oito metros e outra a seis metros.
En canto os resultados, non foron malos, aínda que os esperabamos mellores. Os mellores resultados acadámolos nos lanzamentos, onde descubrimos a unha Talía con moito futuro no disco, por non falar dos moi merecidos ouros de Raquel, Pablo, Antía e Mauro no peso e xavelina.

Os saltos resistíronselles aos atletas que representaban ao noso club. En canto as carreiras, foi moi ben os 500 dos homes con Tinín e Rubén con prata e bronce respectivamente. Aida non se atopou ben e non se presentou nos 500 das mulleres, mentres que acadou o segundo posto nos 150 m.l. Tampouco nos defraudou a actuación de Mar na marcha, que se proclamou subcampiona. Jesús non tivo o seu mellos día e so consiguiu a medalla de bronce nos 3.000 m.l.

Homes:
Rubén Lorenzo Germade: Medalla de bronce en 500 m.l. e 5º en 150 m.l.
Faustino Maquieira Outeda: Subcampión galego de 500 m.l., 4º en triplo e 7º en 150 m.l.
Jesús Parcero Ríos: medalla de bronce en 3000 m.l. e 8º en altura
Pablo Castro Chapela: campión galego en peso, medalla de bronce en martelo e 5º en disco
Mauro Rodal Lorenzo: Campión galego de xavelina, 4º en peso e 5º en martelo
Mulleres
Aida Amoedo Portabales: subcampiona galega de 150 m.l.
Mar Chillón Camaño: Subcampiona galega de marcha, 13ª en 150 m.l.
Patricia Abal Herbello: 9ª en 1.000 m.l. e 17ª en 150 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: 5ª en 3.000 m.l., 5ª en triplo e 9ª en lonxitude
Alicia Dacruz Domínguez: 8º en 80 m.v. e 12ª en 220 m.v.
Iria Piedras Gómez: 6ª en marcha e 9ª en peso
Raquel Villa Carracelas: campiona galega de peso e 4ª en martelo
Antía Roman Sotelo: Campiona galega de xavelina, 4ª en peso
Talía García Prieto: Subcampiona galega de disco, 5ª en peso e 5ª en xavelina
Raisa Piñeiro Herbello: 6ª en xavelina

XIII XORNADA DE ATLETISMO BASE

29 de maio de 2009

O verán chegou en de repente e sen avisar, converténdose no principal inimigo da participación nestas xornadas. Os rapaces tiñan que elixir entre pasar unha agradable tarda na praia ou pasar unha sufocante tarde de calor nas pistas. Despois de analizar os pros e os contras os rapaces decidiron que era mellor divertirse e pasalo ben con outros compañeiros nas pistas de atletismo de Cangas. A participación volveu a ser moi numerosa y os rapaces regresaron a súa casa contentos coa súa medalla ou trofeo ademais de camiseta e a merenda patrocinadas pola Deputación Provincial, a quen lle agradecemos a súa colaboración.
Despois de sumar os puntos de todas as probas nas que participaron, os gañadores foron:
Benxamín mulleres:
1ª María Jesús Corredoira Herbello ( Virxe Milagrosa de Bueu)
2ª Noa García Prieto ( Sagrada Familia de Aldán)
3ª Alba Vidal Soliño ( Colexio Público de Hio)
Alevíns mulleres:
1ª Noelia Graña Casas ( Colexio Público de A Rúa)
2ª Laura Otero García ( Colexio Público de Riomaior)
3ª Lucía Piedras Gómez ( Colexio Público de Torre Cela)
Minibenxamíns mulleres:
1ª Ariadna Gil Fernández ( Colexio Público de Nazaret)
2ª Irene Menéndez Mariño (Colexio Público de Nazaret)
3ª Laura Magdaleno Cabral ( (Eduardo Pondal)
Benxamín homes:
1º Jorge PiñeiroGarrido ( Colexio Público de Hío)
2º Adrián Outeiral Vilas (Compañía de María)
3º Joao Silva Malheiro ( Colexio Público Torre Cela)
Minibenxamín homes:
1º Ismael Otero Martínez ( Colexio Público de Montemogos)
2º Abel Pastoriza Vilas ( Colexio Público de A Rúa)
3º Antonio Mariño Sotelo (Colexio Público de Nazaret)
Alevín mulleres:
1º Abran Santos Piñeiro (colexio Público de San Roque)
2º Francisco Mariño ( Colexio Público de A Rúa)
3º Gonçalo Silva Malheiro ( Colexio Público de Torre Cela)

IV XORNADA DEPUNTACIÓN

cangas, 23 de maio de 2009

Este ano organizáronse pola Deputación de Pontevedra catro xornadas: dúas para benxamíns e alevíns e outras dúas para infantís e cadetes.

A primeira delas foi en Pontevedra para os infantís e cadetes. A esta xornada asistimos con poucos participantes, pois as probas a celebrar eran un pouco raras para estas categorías. Tal é o caso dos 800 m.l. para os cadetes.

A segunda das xornadas foi en Vilagarcía para alevíns e benxamíns, pero nos non asistimos.
A Terceira xornada foi en Vigo e tampouco fomos porque coincidía có cross de Coiro.
Nesta última, que foi en Cangas para infantís e cadetes, foi onde aportamos a máxima participación. O atleta do San Narciso Luís González Diz conseguiu establecer un novo record galego en peso cando lanzou 14’84 metros.

Estas xornadas son clasificatorias para unha final que se celebrará nun lugar aínda sen determinar.
Resultados:
Infantil mulleres:
Antía Roman Sotelo: 5ª en 80 m.l.e 4ª en peso
Alexia Vidal Martínez: 6º en 80 m.l. e 1ª en altura
Carla Bernárdez Miranda: 7º en 80 m.-l. E 5ª en peso
Esmeralda Corredoira Herbello: 10ª en 80 m.l. e 3ª en altura
Estela Costas Gandón: 3º en 80 m.l. e 4º en lonxitude
Eva Otero Pastoriza: 8º en 80 m.l. e 5ª en lonxitude
Patricia Abal Herbello: 2ª en 500 m.l.
Mar Chillón Camaño: 1ª en 3.000 m.l.
Raquel Villa Carracelas: 1º en peso
Talía García Prieto: 3ª en peso
Noelia Cousiño Camaño: 7º en peso
Infantil homes:
Gonzalo Oliveira Piñeiro: 1º en 80 m.l. e 1º en lonxitude
Óscar Iglesias Menduiña: 4º en 500 m.l.
Pablo Castro Chapela: 1º en peso
Cadete mulleres:
Alicia Dacruz Domínguez: 5ª en 100 m.l. e 2ª en lonxitude
Claudia Martínez Gutiérrez: 1ª en 600 m.l.
Ariana Martínez Lorenzo: 2ª en 600 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: 1ª en 3000 m.l.
Jessica Fariña Carballo: 2ª en peso
Cadete homes:
Faustino Maquieria Outeda: 2º en 100 m.l. e 2º en lonxitude
Rubén Lorenzo Germade: 4ª en 600 m.l.
Jesús Parcero Ríos: 1º en 3000 m.l.
Sergio Piñeiro Garrido: 3º en 3.000 m.l.