XIII XORNADAS DE ATLETISMO BASE

Xa quedan poucos días para a XIII xornada de atletismo base. Como sabedes, esta xornada está dirixida aos máis pequenos, aos minibenxamíns, alevíns e benxamíns.
A competición será unha especie de probas combinadas, onde o vencedor será o que teña máis puntos despois de sumados os puntos de todas as probas.
Non vos esquezades de inscribirvos previamente.
Aquí tedes o regulamento:xornada_base_maio

CLASIFICADOS PARA O GALEGO INFANTIL ESCOLAR

O vindeiro 31 de maio do ano que corre celebrarase en Lugo o campionato galego infantil escolar, onde o Club Atletismo Vila de Cangas conseguiu clasificar os 15 seguintes atletas:

* Aida Amoedo Portabales: en 150 m.l. (campiona provincial) e 500 m.l. ( medalla de bronce provincial)
*Patricia Abal Herbello: en 1000 m.l.
* María Jesús Novo Pardavila: en 3.000 m.l. ( medalla de bronce provincial), en lonxitude (campiona provincial) e en triplo (subcampiona provincial)
* Alicia Dacruz Domínguez: en 80 m.v. ( subcampiona provincial), en 220 m.v. (subcampiona provincial)
* Mar Chillón Camaño: en marcha (subcampiona provincial)
* Iria Piedras Gómez: en marcha (medalla de bronce provincial) e en peso
* Raquel Villa Carracelas: en peso (campiona provincial) e martelo ( medalla de bronce provincial)
* Talía García Prieto: en peso (subcampiona provincial), en disco ( Subcampiona provincial) e xavelina
* Antía Roman Sotelo: en peso e xavelina ( campiona provincial)
* Raisa Piñeiro Herbello: en xavelina (subcampiona provincial)
* Faustino Maquieira Outeda: en 150 m.l. ( subcampión provincial), 500 m.l. ( campión provincial) e en triplo (subcampión provincial)
*Rubén Lorenzo Germade: en 150 m.l. e 500 m.l. (subcampión provincial)
* Jesús Parcero Ríos: en 3000 m.l. ( Campión provincial), en altura ( subcampión provincial)e en lonxitude ( medalla de bronce provincial)
* Pablo Castro Chapela: en peso ( campión provincial), en disco ( medalla de bronce provincial) e en martelo ( subcampión provincial)
* Mauro Rodal Lorenzo: en peso ( medalla de bronce provincial), en xavelina ( campión provincial) e en martelo ( medalla de bronce provincial)

CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL ESCOLAR

Últimamente, parece que lles custa tomar unha decisión firme sobre a data e se das competicións. Neste caso, estaba para ser en Vigo, pero a Liga de Clubs desprazounos para Vilagarcía.

O peor non foi o lugar, senón o tempo, que non deixou de chover nin por un momento. As marcas non foron nada boas, sobre todo nos saltos, e en particular en triple, onde só puxeron unha táboa aos 8 metros, sen que a maioría das atletas conseguira chegar á area. Tan só dúas.

Nesta xornada non fixeron como coas categorías alevín e infantil, que puxeron a todos en xornada de mañá e tarde. Nesta ocasión as mulleres foron pola maña e os homes pola tarde.

Os resultados foron:
mulleres :
Aida Amoedo Portabales: campiona provincial en 150 m.l. e medalla de bronce en 500 m.l.
Mar Chillón Camaño: subcampiona provincial de marcha e 6ª en 150 m.l.
Antía Roman Sotelo:Campiona provincial de xavelina , 5ª en peso, 7ª en 150 m.l.
Patricia Abal Herbello: 7ª en 1.000 m.l. , 8ª en 150 m.l.
Raisa Piñeiro Herbello: Subcampiona provincial de xavelina e 8ª en 1.000 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: Campiona provincial en lonxitude, subcampiona provincial en triplo e medalla de bronce en 3.000 m.l.
Alicia Dacruz Domínguez: subcampiona provincial en 80 m.v. e 220 m.v. e 8ª en lonxitude
Iria Piedras Gómez: medalla de bronce en marcha e 6ª en peso
Raquel Villa Carracelas: campiona provincial en peso e medalla de bronce en martelo
Talía García Prieto: Subcampiona provincial de peso e disco e 4ª en xavelina

Homes:
Faustino Maquieira Outeda; Campión provincial de 500 m.l., subcampión provincial dos 150 m.l. e triplo
Rubén Lorenzo Germade: Subcampión provincial de 500 m.l.
Jesús Parcero Ríos: Campión provincial de 3.000 m.l. , Subcampión provincial de altura e medalla de bronce en lonxitude
Pablo Castro Chapela: campión provincial de peso e medalla de bronce en disco
Mauro Rodal Lorenzo:Campión provincial de xavelina e medalla de bronce en peso

CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA AO AIRE LIBRE

O mellorciño de toda Galicia da categoría cadete deuse cita esta fin de semana na nosa localidade. A participación foi moi numerosa e con moito nivel en moitas probas. Pese a que os/as nosos/as atletas eran case todos de primeiro ano, non faltaron medallas que quedaran no noso club.

Entre os homes destacou Jesús, que se proclamou campión galego dos 3000 m.l. Mauro non conseguiu facer a súa marca e quedouse coa medalla de bronce en xavelina. A Tinín pasoulle factura a gripe padecida durante a semana e non conseguiu meterse na final dos 300 m.l.

Entre as mulleres, Claudia foi a que mellores resultados conseguiu, levándose para a casa un ouro nos 600 m.l. e unha prata na lonxitude. Tamén conseguiu un ouro Ariana nos 1500 m. obstáculos. Aida, pese a súa lesión, proclamouse subcampiona galega en 300 m.l. A medalla que máis tardou en chegar foi a de bronce de Raisa na xavelina.

Os resultados foron:
Faustino Maquieira Outeda: 8º en 300 m.l., 7º en triplo
Rubén Lorenzo Germade: 9º en 600 m.l.
Jesús Parcero Ríos: Campión galego de 3000 m.l.
Antón Menduiña Duran: 9º en altura
Mauro Rodal Lorenzo: medalla de bronce en xavelina
Aida Amoedo Portabales: 4º en 100 m.l. e subcampiona galega en 300 m.l.
Claudia Martínez Gutiérrez: Campiona galega de 600 m.l. e subcampiona en lonxitude
Raisa Piñeiro Herbello: 9º en 1000 m.l. e medalla de bronce en xavelina
María Jesús Novo Pardavila: 5ª en 3.000 m.l., 7ª en lonxitude e 6ª en triplo
Alicia Dacruz Domínguez: 10º en 100 m.l. e 9º en 300 m.v. e 14ª en lonxitude
Ariana Martínez Lorenzo: Campiona galega de 1500 m. obstáculos
Iria Piedra Gómez: 5ª en marcha
Sandra Fernández Paz: 6ª en altura

RESULTADOS COMPLETOS:v090509

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR INFANTIL

Estes son os atletas do Vila de Cangas clasificados para o campionato provincial de pista escolar, que será en Vilagarcía o 16 de maio de 2009. As mulleres competirán en xornada de mañá e os homes en xornada de tarde. Cada atleta só poderá participar nun máximo de tres probas, polo que os que estean clasificados en máis terá que escoller nas que quere participar, para así darse de baixa nas outras, podende desta forma entrar un novo rapaz/a que estea na reserva.

Mar Chillón Camaño: marcha, (reserva 150 m.l.), triplo, 3.000 m.l.
Iria Piedras Gómez: marcha, peso
Talía García Prieto: marcha, peso, disco, xavelina
Alicia Dacruz Domínguez: 80 m.v., 220 m.v., lonxitude
Antón Menduiña Durán: altura, 220 m.v., lonxitude, 1.000 m.l.
Jesús Parcero Ríos: altura, lonxitude, 3.000 m.l.
Sandra Fernández Paz: altura, pértiga
Aida Amoedo Portabales: 150 m.l., 500 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: 150 m.l., lonxitude, triplo, 3.000 m.l., 80 m.l.
Patricia Abal Herbello: 150 m.l., 1.000 m.l., triplo
Antía Román Sotelo: 150 m.l., peso, xavelina
Noelia Cousiño Camaño: (reserva 150 m.l.) (reserva peso) (reserva xavelina)
Faustino Maquieira Outeda: 150 m.l., 500 m.l., 1.000 m.l., triplo, 80 m.l.
Rubén Lorenzo Germade: 150 m.l., 500 m.l., 80 m.l.
Gonzalo Oliveira Piñeiro: 150 m.l.
Pablo Castro Chapela: peso, disco, martillo, xavelina
Mauro Rodal Lorenzo: peso, disco, martillo, xavelina
Raquel Villa Carracelas: peso, martillo, xavelina
Raisa Piñeiro Herbello: 1.000 m.l., triplo, xavelina

CAMPIONATO PROVINCIAL DE PISTA BENXAMÍN -ALEVÍN

Podemos dicir que o día 2 de maio saíu redondo como as medallas que os nen@s leváronse a casa. Moitos atletas viron recompensados os seus esforzos e traballo cunha medalla, “ que é máis gorda, máis grande e máis chula que as dos cross”.

O día comezou cun susto, xa que o autobús non apareceu á hora acordada. Os atletas que tiñan que competir a primeira hora, fóronse ata Pontevedra en coches.

O tempo, meteorolóxicamente falando, foi estupendo, un magnifico día asollado propio do verán sen as temperaturas excesivamente altas, que axudou a elevar os ánimos e a buscar a sombra á hora de degustar o menú ofrecido pola Xunta, xa que as probas realizáronse ao longo de todo o día, o que permitiu que os que tiñan que realizar dúas probas non lles coincidise á vez.

Unha das primeiras probas foi a de lanzamento de peso, coa que o marcador do club iniciouse con 5 medallas:.
En resumo foi un gran día para todos e en especial para aqueles que participaban por primeira vez.

Os resultados foron:
Alevín mulleres:
Eva Otero Pastoriza: campiona provincial de probas combinadas
Estela Costas Gandón: subcampiona provincial en 60 m.l. e 1.000 m.l.
Noa Rouco Baqueiro: medalla de bronce provincial de 60 m.l. e 500 m.l.
Noelia Graña Casas:subcampiona provincial de salto de lonxitude e medalla de bronce en 2000 m.l.
Ana Antepazo Regueira: 4º en 2.000 m.l.
Esmeralda Corredoira Herbello: subcampiona provincial de 2 km marcha e 7ª en salto de altura
Alexia Vidal Martínez: campiona provincial de salto de altura e salto de lonxitude
Carla Bernárdez Miranda: Subcampiona provincial de lanzamento de peso e 4º en salto de lonxitude
Patricia Torrres Ferradas: 4ª en lanzamento de peso
Alevín homes:
Yeray Álvarez Gallego: medalla de bronce provincial de probas combinadas
Raúl Dacosta Santomé: Subcampión provincial de 60 m.l. e medalla de bronce en salto de lonxitude
Óscar Iglesias Menduiña: 4º en 1000 m.l. e 6º en 60 m.l.
Anxo Rodas Arca: 9º en 500 m.l.
Pedro Acuña López: 4º en 2000 m.l. e 6º en salto de lonxitude
Abran Santos Piñeiro: Subcampión provincial de 2km marcha
Óscar Broullón Sotelo: campión provincial de lanzamento de peso
Benxamín mulleres:
Saray Amoedo Portabales: Campiona provincial de probas combinadas
María Jesus Corredoira Herbello: Campiona provincial de 500 m.l. e 5ª en 60 m.l.
Paula Santos Gil: 5ª en salto de lonxitude e 6º en 500 m.l.
Raquel Otero Pastoriza: 7ª en 500 m.l.
Alba Vidal Soliño: subcampiona provincial de 1000 m.l.
Noa Garcia Prieto: Campiona provincial de lanzamento de peso e Subcampiona provincial de 1 km marcha
Benxamín homes:
Daniel Calvar Parada: 7º en probas combinadas
Andrés Obenza Otero: 4º en probas combinadas
Daniel Armada González: subcampión provicial de 60 m.l.b e 11º en 1.000 m.l.
Julián Villa Carracelas: 6º en 60 m.l. e 7º en 500 m.l.
Adrián Outeiral Vilas: Subcampión provincial de 500 m.l. e salto de lonxitude
Jorge Piñeiro Garrido: 4º en 1.000 m.l. e salto de altura
David Lorenzo Germade: campión provincial de de salto de altura e 6º en 1.000 m.l.
Martín Pérez Bacelar: Subcampión provincial de lanzamento de peso e 5º en salto de lonxitude
Gabriel Fernández González: 6º en salto de lonxitude
Samuel Alonso Gil: medalla de bronce en lanzamento de peso

TROFEO SAN MIGUEL DE OIA

Despois de tantos días de chuvia e mal tempo, o mes de maio estreouse cun sol radiante que luciu e mesmo quentou durante toda a mañá.
A verdade é que a participación dos atletas nesta proba foi máis escasa que noutros anos, quizais debido á data, pois xa non é tempada de cross. Ao mesmo tempo o cross celebrouse nunha ponte que moitos aproveitaron para coller unhas pequenas vacacións.
Como anécdota dicir que os alevíns tiveron que repetir a carreira por un erro da organización, que non abriron o circuíto adecuado e os rapaces entraron na meta nada máis saír.

Os resultados son:

Benxamín homes:
1º Jorge Piñeiro Garrido
10º Aarón Fandiño Jorge
15º Daniel Calvar Parada Seguir leyendo