ZONAL ESCOLAR DE CROSS

O pasado domingo, 18 de xaneiro, disputouse en Domaio o campionato zonal escolar de campo a través. Como sabedes, esta proba é clasificatoria para o campionato provincial que se celebrará o 7 de febreiro, ao parecer, en Castrelos, aínda que isto non está confirmado.

Pese a que levabamos uns días con bo tempo, o domingo apareceu chovendo, polo que o circuito, aínda  que llano, estaba cheo de pozas de auga.

Sen lugar a dúbidas, fomos o  clusb que máis atletas aportou á proba, con bastante diferencia. Con todo iso non é de extrañar que clasificaran equipos en todas as categorías, mesmo en algunhas categorías como benxamín homes, alevín e infantil mulleres conseguimos clasificar a dous equipos.

É xusto valorar aquí a intervención do infantil Sergio Piñeiro, quen se presentou na liña de saída e rematou a súa carreira a pesares de estar coxo. Tamén hai que felicitar a Abel Núñez, cuia intervención foi clave para que se clasificara o equipo de cadetes.
Os resultados foron os que seguen:
Benxamín homes: o equipo A foron primeiros e o equipo B segundos. crossbenm91

Benxamín mulleres: primeiras por equipos. crossbenf91

Alevín mulleres: o equipo A primeiros e o equipo B segundas. crossalvf9

Alevín homes: primeiros por equipos. crossalvm91

Infantil mulleres: o equipo A primeiras e o B segundas. crossinff9
infantil homes: primeiros por equipos. crossinfm9

Cadete mulleres: primeiras por equipos. crosscadf9

Cadete homes: segundos por equipos. crosscadm9

I XORNADA COMPOSTELA CUP DE RUTA

 O pasado sábado 3 de xaneiro, para empezar ben o ano , desprezámonos ata Arzúa. O motivo do desprazamento non era precisamente o de mercar queixo, ainda que algúns aproveitaron, senon participar na 1ª xornada clasificatoria de ruta da Compostela Cup. 

Este ano faranse cinco xornadas clasificatorias de ruta e unha final que será enSantiago no mes de xuño.  En cada xornada clasifícanse os dous primeiros equipos e os dous primeiros atletas individuains.

O Atletismo Vila de Cangas conseguiu clasificar nesta primeira xornada a sete equipos, dos que dous eran de infantil mulleres. A verdade é que a clr que parecía de moda o sábado era o amarelo, pois foi o que máis veces subiu ao podio.

Quedan aínda catro xornadas máis clasificatorias para a final, pero os escasos ingresos do Club non sei si nos permitirán desplazarnos máis veces.

En cato as xornadas de atletismo en pista, tamén desta Compostela Cup, serán máis adiante. A primeira está prevista para o mes de marzo.

Podes consultar os resultados aquí:s030109