MILLA URBANA SAN MIGUEL DE MARIN

Marín, 26 de setembro de 2015

O remate do mes de setembro achegounos unha tarde de sábado, baixo a neboa,  a localidade de Marín.  O mellor do medio fondo galego tiña unha cita coa MILLA URBANA SAN MIGUEL DE MARINmáis tamén se pensou nas categorias menores que dispuseron dun percorrido de 1000 metros, dende cadete ata benxamin. Nas categorías federadas os gañadores foron Victor Riobo e Solange Pereira, pouco máis que engadir con este nivel. 

Por parte das categorías menores si que tivemos representación, en benxamíns remataron o Km,  Lara Iglesias en 3º posto, Sara Nerga 4ª e Gema Dacosta 6ª. Nos nenos Diego Martínez foi 5º e Angel Graña 8º. Na categoría alevin estivemos representados por Sara Mallo, que rematou 7ª.

Por último na categoría infantil participaron Aaron Domínguez, 4º e Sabela López 12ª.

RESULTADOS

Pouco a pouco imos a reencontrarnos coa competición, xa falta nada para o remate da tempada. Pero tamén queda menos para comenzar a seguinte.


12031338_775815389193682_4734291743043103433_o


VOLTAMOS A ADESTRAR.

Este vindeiro luns 14 de setembro VOLTAMOS A ADESTRAR. Rematado o merecido descanso do verán, toca voltar a poñer os músculos a funcionar. Podedes traer @s coleg@s que desexen probar na practica do atletismo,  invitadeos a que veñan a botar unha carreira, saltar ou lanzar. Calquera duda ou cuestión que queirades plantexar non dudedes en facelo no correo at.viladecangas@gmail.com  ou a través das redes sociais.


 

grupo


 

MAR CHILLON NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO.

Castellón 01 de agosto de 2015

 

Disputouse en Castellón o CAMPIONATO DE ESPAÑA absoluto. O evento tivo cobertura na televisión nacional a través da canle Teledeporte, alí puidemos ver a evolución nos 10 kms. marcha de Mar Chillón. Durante a proba choveu con intensidade o cal non favoreceu a consecución de boas marcas. Mar Chillón rematou en decimo posto cun tempo de 50:29.18. Magnifico peche de tempada para esta atleta que de seguro nos ten gardadas moitas sorpresas para un futuro non moi lonxano. Noraboa Mar.


11755642_736808669760951_2288507377493190512_n


CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS

Gijón 25 de xullo de 2015

 

Sera fácil de lembrar para Mar Chillón o seu debut coa Selección Galega Absoluta. O 25 de xullo, o día de Galicia, celebrabase en Gijón o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS.  A súa aportación para o equipo feminino foi nos 5 km. marcha, rematando en 6º posto cun tempo de 23:31,62. Con este tempo superaba a súa mellor marca nesta distancia. Agora queda por diante o Campionato Nacional Absoluto os días 1 e 2 de agosto en Castellon, participando nos 1o kms marcha.  Moita sorte nese peche de tempada.


11816255_10204730968139662_4702727999983936393_o


O remate da competición  a selección Galega quedou en 5º posto.


 10405618_736190556489429_3812986629777641426_n


CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE PISTA AIRE LIBRE.

Pereiro de Aguiar,  18 de xullo de 2015

 

O Complexo Deportivo de Monterrei acolleu o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA AO AIRE LIBRE ao longo deste pasado sábado 18 de xullo. Na sección másculina contamos coa presenza de Angel Menduiña, quen participou en salto de lonxitude, rematando 6º máis no salto de pertega, 7º.


FB_IMG_1437600601928


No tocante as mulleres, participaron Aida Amoedo nos 200 m.l. acadando a 5ª posición. Paula Martínez foi 5ª nos 100 metros valados. Nos concursos obtiveronse as dúas medallas do Campionato. En triplo salto a cadete Saray Amoedo rematou Subcampiona Galega e Raquel Villa no lanzamento de peso acadou a medalla de bronce.

Para remate na proba dos relevos 4X100, composta por Aida Amoedo, Paula Martínez, María e Iria Rodríguez, conseguiron a 8ª posición.


FB_IMG_1437600502091


CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE.

Valladolid, 11-12 de xullo de 2015.

Disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA EN PISTA AO AIRE LIBRE nas pistas do Rio Esgueva de Valladolid, esas que tanto estivemos visitando durante este veran. A nosa cadete Saray Amoedo concursou no triplo salto dunha maneira notable,  acandando un 5º posto na final cun mellor salto de 11,04. Lembrar que este posto, tan preto do podio,  non é froito da casualidade, xa quedara cuarta no Campionato Nacional de Pista Cuberta esta mesma tempada. 


FB_IMG_1437600458556


GALA FIN DE TEMPADA

O vindeiro sábado dia 1 de Agosto tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase os atletas destacados cun agasallo. Despois de esta homenaxe ós atletas convócase a tódolos socios/as a Asamblea xeral ordinaria que terá lugar no mesmo lugar do Concello de Cangas o as 18:00 horas en primeira convocatoria e as 18:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DIA:

Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

Resumo dos resultados da tempada 2014/15.

Lectura e aprobación do estado de contas.

Ampliación da xunta directiva.

Rogos e preguntas.realizarase una Xunta Xeral na que están convocados tódolos socios.

Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a Cea de fin de tempada. A mesma esta previsto se faga no Restaurante O Pereiro de Hio, a partir das 22:00 horas. O menú da cea estará composto por uns entrantes de empanada, croquetas, calamares e tortilla. un plato de arroz de marisco e outro de carne, tenreira ou xamón asado con patacas. Postre, Bebida e Café. O precio por persoa serán 20 euros. Para confirmar asistencia a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou no teléfono 600821023 (Isaura).


11738022_653538141450453_5380185703608135882_n


CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR.

Valladolid, 04 e 05 de xullo de 2015

As pistas do Rio Esgueva acollen este veran a gran maioria de Campionatos nacionais. Neste caso era o da categoría Junior. Destacar a participación de Mar Chillon nos 10 kms marcha, acadando unha medalla de bronce e baixando o rexistro galego na distancia. Rematou cun tempo de 49 ‘ 59.49, renovando o RECORD GALEGO que databa do ano 2004. Pablo Castro anduvo preto do podio co 5º posto do peso, lanzando a bola ata os 15,48 mts. No Lanzamento de disco rematou 11º.  Raquel Villa quedou 9ª no peso cun mellor lanzamento de 10,72 mts.


11119983_890679460969539_3160917117194858654_o


CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL-PROMESA.

Os días 27 e 28 de xuño coincidían o CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL, disputado en Ciudad Real, máis o CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA,  celebrado en Tarragona nas mesmas datas. 

En Ciudad Real contamos coa presenza de Noa Rouco nos 400 m.l., pero non puido pasar da semifinal cun tempo de 1’01.73. Laura Meira rematou Campiona de España no lanzamento de xavelina cun rexistro de 43’42 mts.


DSC05133


En Tarragona tiñamos a Angel Menduiña para disputar coa élite nacional o Decathlon da categoría promesa. Rematou en 5º posto cunha suma final de 5849 ptos.


CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE SELECCIONS AUTONOMICAS.

Alcobendas 20-21 de xuño de 2015.

Como compoñentes da Selección Galega se desplazaron a localidade madrileña para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE SELECCIONS AUTONOMICAS, tres atletas do Club, Saray Amoedo, David Lorenzo e Daniel Calvar. No caso dos homes as probas a disputar foron o salto de pértega por David Lorenzo, que saltou 3,00 mts e sumou unha 8ª posición para o combinado galego. Daniel Calvar formou parte do relevo 4X100 que foron quintos na final B da proba. O remate do Campionato,  Galicia foi 7ª cun total de 189.5 puntos.

No tocante a sección feminina Saray Amoedo participou no triplo salto, cun mellor salto de 10,98 foi 7ª na clasificación. A suma das probas das mulleres foi de 193.5 ptos, acadando o 7º posto final, o mesmo  cos homes.


Cartel Cto