ESCOLA DE ATLETISMO DE VERÁN

Un ano máis, o Club Atletismo Vila de Cangas pon en marcha a escola de atletismo de verán, onde poden participar, coa supervición de monitores titulados, en todas as modalidades deste deporte. A actividade estará dirixida a todas as personas maiores de cinco anos.
Será nas pistas municipais de atletismo de cangas todos os luns e xoves de 19 a 20:30 horas no mes de xuño; e os martes de xoves de 11 a 12:30 horas durante os meses de xullo e agosto.
As inscricións serán nas pistas no mesmo horario da escola ou nos teléfonos 660786803 e 628147702

Provincial Pista Aire Libre Xogade.

Pontevedra 26 de maio de 2012

Desprazámonos para a disputa do campionato provincial de atletismo en pista ao aire libre dentro do programa Xogade promovido pola Xunta de Galicia. As categorias implicadas no citado campionato eran benxamíns e alevíns, é dicir que de Cangas partiu un autobús cheo de ilusións e volveu cargado de medallas (31 en total). Cada neno/a participaba nun máximo de dúas probas, tras acreditar a marca esixida. A xornada discurreu de mañá nas pistas do centro galego de alto rendemento onde o tempo fixo honra ao refrán de «maio tolo», polo que houbo momentos de chuvia considerables, aínda así destacar os resultados dos nosos grandes atletas que finalizaron da seguinte forma:

Ana Piñeiro Piñeiro 1º marcha 1º lonxitude
Alba Pardavila Antepazo 2º Lonx. 6º 50 m.l.
Sara Mallo Alfonso 4º 1000 m.l. 9º Lonx.
Ines Pardavila Prieto 12º Lonx. 13º 500 m.l.
Eva Maquieira Graña 1º Peso 1º Pelota
Ainhoa Santos Piñeiro 2º Peso 2º marcha
Araceli Rios Rodas 3º Marcha
Lois Rodas Arca 3º Lonx. 7º 50 m.l.
Seguir leyendo

CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL PISTA AIRE LIBRE – 22 MEDALLAS

Vigo 12 Maio 2012

Chegamos tarde a competición xa que o autobús que nos tiña que levar, a nós e a  outros clubs, non chegou a tempo a tódalas paradas.

 Tivemos que mandar en coche, os rapaces que tiñan que competir a primeira hora, para que fosen quentando, aínda que houbo que deixar a pértega, xa que non collía no coche. Non había perigo de que a proba empezara antes, pois no bus tamén ían as outras pertiguistas doutro club.

Déuse a coincidencia de que quen levou os rapaces en coche a Vigo, foi  o pai de Ana Fandiño, que quedou esperando o bus, sen saber que estaba clasificada para a lonxitude, que tamén era a primeira hora

Foi unha mañá calurosa, pero a peor parte sufrírona os atletas que cerca das 14:00 da tarde tiveron que facer a proba dos 3 km marcha. Andrés Obenza foi un dos valentes que competiron nesta proba e os que se lles negou a auga mentres durara a proba. Andres foi o merecido subcampeón.

Tres atletas merecen unha mención especial, Martina Paramos, Samuel Alonso e Adrián Outeiral, xa que fixeron triplete, o levar medalla en cada unha das probas nas que participaban. Os tres levaron 2 medallas de ouro. A terceira de Martina e Samuel é de prata e a a de Adrián é de bronce

Outros 3 atletas obtivero dúas medallas, pero neste caso Martín Pérez obtivo unha de ouro e outra de prata. Dani Armada e David Lorenzo obtiveron cada un, unha de prata e outra de bronce

Resumindo, todas estas medallas foron sumándose as outras que gañaron os nosos atletas ata lograr a cantidade de 22 medallas, das cales 8 foron de ouro, 9 de prata e 5 de bronce. 3 atletas fixeron triplete, 3 obtiveron 2 medallas cada un e outros 7 atletas obtiveron unha medalla. 

3 Medallas:

Martina Paramos: Triple (ouro), 80 m. vallas (ouro),  e 220 m. vallas (Prata)

Samuel Alonso: Disco (ouro), Peso (ouro)e xavalina (prata)

Adrián Outeiral: Lonxitude (ouro), Triple (ouro) e 500 m.l. (bronce). 

2 medallas:

Martín Pérez: Martillo (ouro) e Peso (prata)

Daniel Armada: 1000 m. obstáculos (prata) e 80 m. vallas (bronce)

David Lorenzo: Altura (prata) e 150 m.l. (bronce) 

Outras medallas:

Ouro: Noa García en Pértega

Prata: Alba Soliño en 3000m.l. – Jorge Piñeiro en 150 m.l –  Alejandro Mariño en triple – Andres Obenza en 3km marcha

Bronce: Saray Amoedo en triple – Paula Santos en xavalina

 Outros resultados: Seguir leyendo

2ª XORNADA CAMPIONATO ESCOLAR INFANTIL E PROBAS CADETES

Sabado 28 Abril 2012

Esta segunda xornada realizouse en Vigo, e os cadetes tiveron tamén probas para eles. Foi unha mañá con bo tempo, pero a participación non foi moi abundante.

 Houbo probas que non se fixeron por non haber participantes, como os 1000 m.l. homes ou unhas que so ía un atleta, 1000m.obstáculos, na que participou o noso atleta Dani Armada, ou a marcha conxunta na que so participaron dous homes.

Oito foron as cadetes que participaron nesta xornada. Alexia  en altura saltou os 1.56 quedando 1ª e Noelia G 3ª. Nos lanzamentos Carla  foi a 1ª en disco e Johana a 2ª en martelo. Nos 300 m. vallas tivemos unha sorpresa agradable, Noa R fixo unha magnífica carreira chegando cunha pequena ventaxa. A pena e que  non sabe saltar as vallas, senón faría a mínina para o campeonato de España. Tamén saltaron vallas Sara, Paula M e Lucía

Zonal Vigo Infantil + cadete 28 abril 2012

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL

Cangas, 13 de maio de 2012

Cangas volveu a vestirse da gala para acoller o campionato galego xuvenil en pista e o campionato galego de 5 e 10 km de marcha xunior – promesa.
O día presentouse moi caloroso. Empezou coa proba de marcha, onde caeron un par de medallas( Mar e Rebeca). Mentres se estaba disputando esta proba, no foxo de triplo Ana Peleteiro (Barbanza) fulminaba o record de España xuvenil e o record galego absoluto cun salto de 13.50 metros .
Dúas medalla máis non tardaron en chegar, foron as de pértega (Noelia) e a dos 400 m. valados (María) que, aínda que nun principio se ían a facer semifinais, pasaron directamente á final. Na xavelina faltaba Antía que está de baixa tras unha operación, pero Talía encargouse de subir o podio.
A Ana escapóuselle a medalla de ouro ó caer nun dos obstáculos , pero levantouse rapidamente e rematou a carreira.
Os 400 m.l. tamén foron directamente á final para os homes, onde nos representou Tinín. Entre as mulleres estaba Aida que, como non pasou á final que se disputou a última hora da tarde vencendo sen problemas.
Raque e Pablo non se conformaron con subir unha vez o podio e ambos repetiron nas probas de peso de disco.
Chegados á proba de 800 m.l., Jesús saíu con forza, pero quedou sen folgos por detrás de Antón, sen conseguiren metal ningún deles. Coas mulleres participaron María e Patricia, aínda que ningunha delas se achegou a súa propia marca. María estaba cansa pola proximidade dos 400 m. valados e Patricia acusou todo o tempo que estivo sen adestrar debido a unha lesión.
Na xornada de tarde, María participou na lonxitude, onde tampouco logrou a súa marca.
Tamén pola tarde debía participar Bouza, nos 1.500 m.l., pero estaba enfermo o non pudo participar.
No martelo, a nosa representante foi Iria, que rematou cuarta.

Resultados:
Faustino Maquieira Outeda: prata en 400 m.l.
Antón Menduiña Durán: 8º en 800 m.l.
Jesús Parcero Ríos: 10º en 800 m.l.
Angel Menuiña Gutiérrez: 4º en 10 km marcha xunior
Pablo Castro Chapela: 1º en peso e 2º en disco
Aida Amoedo Portabales: ouro en 400 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: bonce en 400 m. valados, 5ª en lonxitude e 6ª en 800 m.l.
Patricia Abal Herbello: 8ª en 800 m.l.
Ana Bermúdez Méndez: prata en 2000 m. obstáculos
Mar Chillón Camaño: ouro en 5 km marcha
Rebeca Obenza Otero: ouro nos 5km marcha promesa
Noelia Cousiño Camaño: bronce en pértega
Raquel Villa Carracelas: prata en peso e bronce en disco
Talía García Prieto: bronce en xavelina, 4ª en disco, 5ª en peso
Iria Piedras Gómez: 4ª en martelo

XVIII XORNADA DE ATLETISMO BASE

Cangas, 11 de maio de 2012

Unha vez máis, e xa van 18, as pistas do estadio de atletismo de Cangas enchéronse de cor, risas, nervios e emoción dos rapaces máis pequenos do contorno. Seguramente, o tempo axudou que a participación fora moi numerosa. Participaron os nenos e nenas dos colexios do Hío, Espiñeira, San Roque, Compañía de María, Sagrada Familia, Castrillón, Nazaret, Reibón, Tirán, Virxe Milagrosa … Ata chegou un autobús cargado cós nenos/as de Vilaboa. A todos e a todas, moitas grazas. Para os organizadores, sempre é agradable que a participación sexa elevada e que todo saia ben.
Como sabedes, os atletas para puntuar tiñan que participar nun mínimo de tres probas, aínda que a maioría dos rapaces estaban a pasalo tan ben, que participaron nas catro.
O transcurso das probas foi indo ben, máis ou menos segundo o horario establecido, pero como estabamos a tratar con rapaces pequenos, se algún lle viña un apuro no momento de saír a carreira, pois non pasaba nada, todos esperabamos a que volvera do baño que para iso estaba o tempo agradable e todos de moi bo humor.

Tanto esforzo tiña que ser recompensado e todos e cada un dos participantes levaron unha medalla. Ademais os tres primeiros de cada categoría foron agasallados cun trofeo.
Os tres primeiros clasificados de cada proba foron:
Benxamín mulleres:
1ª Laura Magdaleno
2ª Alba Pardavila
3ª Sara Mallo
Benxamín homes:
1º Lope Quinteiro
2º Gabriel Dacosta
3º Pedro Verdeal
Alevín mulleres:
1ª Ariadna Gil
2ª Sandra Souto
3ª Irene Menéndez
Alevín homes:
1º Raúl Cortizo
2º Simón Pereira
3º Borja Fernández
Minibenxamín homes: Nesta categoría houbo un erro á hora de entregar os trofeos, pero unha vez correxido, os tres primeiros son:
1º Denís Fernández
2º Bran Núñez
3º Adrián Piñeiro
Minibenxamín mulleres:
1ª Amira Pérez
2ª Inés Bernárdez
3ª Natalia Costas

Atletismo en Pista Xogade Categorías Benxamín-Alevín.

Cangas a 21 de abril de 2012

Cita para as categorías benxamín e alevín que disputaban un zonal de Pista do Programa Xogade, onde os nen@s disputaban un máximo de dúas probas. Aínda que os que estivemos o día anterior en Vigo podemos pensar que alguns atletas puideron acusar a citada competición, non é escusa, senón todo o contrario un escalón mais para o dilatado currículo destes grandes atletas que puntuais ás 09:30 horas compareceron nas Pistas Municipais de Atletismo de Cangas. Parabéns a tod@s el@s polos resultados obtidos.

Resultados

X LIGA INTERCOLEXIOS-PISTA ATLETISMO BALAIDOS-VIGO

Un ano máis e tras dúas xornadas participativas chegou a final individual e por equipos da liga intercolexios organizada polo AVA. Esta edición se adiantou a final por problemas co calendario, así que a cita tivo lugar un venres 20 de abril a partir das 17:30 horas. Se ben o Vila de Cangas non estivo presente como club si estiveron os seus atletas que representaron os seus respectivos colexios. A particularidade desta competición reside na iniciación de moitos dos nen@s en probas relacionadas co atletismo en pista, xa sexa relevos, lanzamento de peso ou salto de lonxitude. Á hora de computar as categorías establécense 2004-2003-2002 como alevins e 2001-2000-1999 como infantís. Á final que se disputou o venres acudiron os atletas invitados que obtiveron a marca nas dúas xornadas participativas previas, no formato individual só podían disputar unha proba por atleta, se competían como equipos debían presentar un mínimo de seis atletas que disputasen o 80 m.l., 300m.l., 1000 m.l., salto de lonxitude, lanzamento de peso e salto de altura, ademais de realizar un relevo de 4 X 80 m.l. Destacar que o equipo alevín feminino do CEIP de Nazaret obtivo o primeiro posto con 33 puntos, de 35 posibles, este equipo integrado por atletas do club realizou o mesmo tempo nos relevos que o equipo infantil gañador, vista a diferenza de anos é digno que ocupe unhas liñas desta modesta crónica. O CEIP do Hio presentou catro equipos e todos eles fixeron podios, contabilizando tres terceiros e un segundo posto. De modo individual Sandra Souto obtivo o primeiro posto en 80 m.l, Naiara Curras primeira en 300 m.l., Ariadna Gil primeira en Altura, Aaron Domínguez segundo en altura, Jorge Piñeiro primeiro en altura, Simón Pereira segundo en pelota, Paula Santos primeira en pelota, Mauro Maquieira terceiro en pelota, Eva Maquieira segunda en peso, Saray Amoedo segunda en peso, Daniel Calvar segundo en peso, Irene Menendez e Alba Pardavila primeira e segunda en lonxitude. Adrián Outeiral, Juan Piñeiro e Daniel Armada coparon o podio de lonxitude. Valeria Fernandez e Alba Vidal gañaron o 1000 m.l. nas súas categorías, sendo Jorge Piñeiro e Gabriel Dacosta terceiros no 1000 m.l. das categorías masculinas. Foron moi bos resultados, dende aquí felicitalos a tod@s e tamén á organización por fomentar o atletismo base con estes eventos.

RESULTADOS FINAL