CROSS DE CASTRILLÓN

Coiro, 25 de abril de 2010.
A ANPA do colexio de Castrillón- Coino orgaizou para celebrar hoxe o seu cross anual no que tamén colaborou o Club Atletismo Vila de Cangas.
A participación foi moi numerosa, sobre todo entre os mais pequenos. Algúns colexios que estes anos atrás case non participan nestes actos deportivos, acoden agora cun bo número de participantes. Entre os colexios, o que máis atletas aportou foi, como non, o de Castrillón. Tamén correron moitos nenos do colexio de A Rua, Nazaret e Riomaior. ¡Animo! e a seguir participando para que non se perdan estes croses escolares.
Dende aquí felicitamos tamén a todos os membros da ANPA de Castrillón polo excelente traballo.

RESULTADOS:
3-anos-homes
3-anos-mulleres
4-anos-homes
nais-castrillonpais-castrillonpopular-mullerespopular-homescadete-mullerescadete-homesinfantil-mulleresinfantil-homesalevin-mulleres2alevin-homes1enxamin-homesminibenxamin-mulleres1minibenxamin-homes15-anos-mulleres5-anos-homes4-anos-mulleres
benxamin-mulleres3

TROFEO VILA DE CANGAS

Debido a coincidencia con outras competicións como son a liga de clubs e outras, este ano a participación foi máis escasa que en anos anteriores. Mesmo a maioría dos nosos cadetes non competiron en Cangas, senón que o fixeron en Pontevedra.
A xornada presentouse redonda para unha das poucas cadetes que quedaron en Cangas: Antía Román. Ésta conseguiu superar a súa marca persoal logrando a mínima para o campionato de España no lanzamento de xavelina.
Pero Antía non foi a única que tivo un bo día. Outra das nosas lanzadoras cadetes, Raquel Villa, esta xa sen presión, pois xa ten a mínima para o de España dende hai tempo, tamén mellorou a súa marca en peso, quedando a tan so un centímetro dos doce metros.

E seguimos falando de mulleres, porque a atleta no noso Club Marina Caballero, despois de anos apartada da competición, volve con forza e proclamouse campiona nos 800 m.l.
En canto ós homes, destacar o salto xuvenil do Suárez Marquier, Iván Rodróguez Maceiras, quen acadou a marca de 6’54 m.

RESULTADOS: 20100424

2ª XORNADA BENXAMÍN -ALEVÍN

O sabado 17 de abril fomos ata Pontevedra onde se celebrou a segunda fase clasificatoria para o provincial para as categorías dos máis pequenos, Benxamins e alevins.
Para compensarlles a moi mala mañá que tiveron cando foi a primeira fase, aquí en cangas, o sol quentou con ganas, o que fixo que os rapaces estiveran máis animados.
Para algúns, estas son as primeiras veces que compiten en pista, e todo lles parece máis emocionante, aínda que cometan fallos de novato como correr os 50-60 ml pola rua do veciño, o que fai que te descalifiquen. A outra nena descalificarona por facer una saida nula, o que lle sentou moi mal. Alguns pais comentaban que era inxusto que fora no primer intento, que polo menos lles terían que dar outra oportunidade.

As normas son as mesmas para todos e hai que cumprilas, e canto antes as poñamos en practica menos disgustos levaremos.
Temos tamen que felicitar os que xa van aprendendo que as saidas do 500 ml hai que facelas case en recto, e non poñerse na rua 1 nada mais dar a saida. Parece que gaña o que primeiro colla a rua 1, e non o que primeiro chegue a meta.
Unha carreira que nos gustou moito foi na que David quedou 1º da súa categoría (1000 ml.). Tamén nesta carreira Ismael foi o primeiro dos benxamíns. Dani Armada foi remontando postos dende a ultima praza, loitando con outro neno, ata acadar nos primeiros postos.
Para este fin de semana temos máis probas para estes rapaces, una xornada de probas combinadas na mesma pista, en Pontevedra. Tamén os acompañarán os infantiles e os cadetes, aínda que para estes últimos serán só algunhas probas.
Aquí en Cangas imos ter por si queredes achegaros a animar a todos os atletas do noso club que participan. E si queredes axudar, seguro que atopamos algo no que nos podes votar una man.
resultados_benx_alev17-41
2ª XORNADA BENXAMÍN – ALEVÍN PISTA
Benxamín mulleres:
Valeria Fernández Blanco: 1ª en marcha e 4ª en lonxitude
Irene Menéndez Mariño: 3ª en marcha e 7ª en lonxitude
Sandra Souto Otero: 1ª en 500 m.l. e 3º en altura Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA Ó AIRE LIBRE

Lugo, 17 de abril de 2010
Houbo que madrugar bastante para desprazarse ata Lugo, lugar destinado este ano para este evento. Saímos ás sete da mañá de Cangas e algún aínda aproveitou a viaxe para dar unha cabezada.
O tempo non se portou mal pola mañá, pero pola tarde non houbo proba que se disputara en chan seco, dificultando superar as marcas persoais.
A verdade é que o venres xa sabíamos que o equipo de mulleres non se ía poder completar debido ás lesións, as enfermidades e ós problemas laborais. O homes, a pesar de baixas tan importantes como a de Sergio Iglesias por lesión, cubriron as probas e acadaron a 7ª posición.
O triunfo da xornada correu a cargo por parte dos homes de Ourense – Academia Postal, seguidos de Gimnástica de Pontevedra e Celta de Vigo.
Por parte das mulleres , o triunfo estivo a cargo do Ría Ferrol, seguidos de Ourense- Academia Postal e Celta de Vigo.

Os nosos atletas obtiveron os seguintes resultados:
Homes: Antón Menduiña: 8º en 100 m.l.
Daniel Choren: 6º en 200 m.l.
David González: 6º en 400 m.l. e 6º en 800 m.l. Seguir leyendo

2ª XORNADA DE ATLETISMO BENXAMÍN – ALEVÍN

o vindeiro sábado 17 de abril iremos a Pontevera para participar na 2ª xornada de atletismo en pista escolar para as categoría alevín e benxamín. Sairemos ás 9:30 horas da estación de autobuses.
Como sabedes, esta xornada, xunto coa que se disputou en Cangas, será valedeira para o campionato provincial, pois delas sairán as 16 mellores marcas de cada proba.
HORARIO:horario-_17_04_20101

CALENDARIO:calendario

GALEGO DE CLUB

O vindeiro 17 de abril sairemos de Cangas ás 7 da mañá cara á Lugo para disputar o campionato galego absoluto de clubs.
A composición dos equipos, salvo cambios de última hora ( que os haberá) é a seguite:
MULLERES:
Aida Amoedo …………………………. 100 m.l.
Nerea Outeiral……………………… 200 m.l.
Marina Caballero …………………… 400 m.l.
Claudia Martínez………………………. 800 m.l.
Ariana Martínez………………………….. 1.500 m.l.
Cristina Gil………………………………….. 3000 m.l.
Beatriz Fernández ……………………….. 3000 m. obs
Mónica Cabirta………………………….. 100 m.v.
Noite Fernández……………………… 400 m.v.
Mar Chillón……………………………… 3 km marcha
María Jesús Novo………………….. lonxitude
Patricia Abal……………………………. Triplo
Zaira Santos……………………………… peso
Rebeca Obenza………………………….. disco
Zaira Santos……………………………… xavelina
Jessica Fariña ……………………………. Martelo
Antía Román, Alicia Dacruz, Ainara Rodríguez, Ana Bermúdez………….relevo 4×100
Marina Caballero, Beatriz Fernández, Noite Fernández, Cristina Gil………….relevo 4×400
HOMES:
Borja Pérez………………………………. 100 m.l.
Daniel Choren……………………………… 200 m.l.
David González………………………….. 400 m.l.
David González…………………………. 800 m.l.
Brais Misa…………………………….. 1.500 m.l.
Sergio Iglesias………………………….. 3000 m.l.
Francisco Rodal…………………………… 3.000 obs.
Juanma Novo…………………………….. 110 m.v.
Remigio Fandiño……………………….. 400 m.v.
Angel Menduiña………………………… 3km marcha
Iván Rodríguez………………………….. lonxitude
Miguel González……………………….. triplo
Oswaldo Diz……………………………….. altura
André Castelo……………………………. Pértega
Brais Otero……………………………….. peso
Carlos Bernárdez………………………….. disco
Jonathan Correa……………………………. Xavelina
Iván Refojos………………………………….. martelo
Faustino Maquieira, Iván Maceiras, Juanma Novo, Daniel Choren…………….relevos 4×100
Brais Misa, Maykel Portela, André Castelo, Guillermo Viñas……………..relevos 4×400
HORARIO:circular_28-2010

CHALLENGE MUNDIAL DE MARCHA

Extraordinaria a proba de marcha atlética en Río Maior ( Portugal).
Os marchadores do Vila de Cangas acudían por primeira vez a este evento en Portugal, coa excepción de Ángel Menduiña, xa un veterano na proba.
A primeira sorpresa xorde ó consultar a inscrición, pois á primeira vista non aparecen os nosos atletas, ata que caemos na conta de que aparece un tan Angel M. Gutiérrez, e unhas tales Rebeca Otero, Iria P. Gómez, Mar C. Camaño, o costume de utilizar o segundo apelido no país luso.
Os nosos atletas competían na proba de “5 km marcha de promoçao”, dende a categoría cadete ata veteranos, masculina e feminina.
Ás catro da tarde a temperatura roldaba os 29º e o calor pasou factura. “Ángel M. Gutiérrez” rematou 8º na clasificación conxunta masculina, sendo o segundo atleta xuvenil. “Rebeca Otero” foi a terceira muller na clasificación conxunta e a primeira atleta xunior, un pouco máis atrás a primeira cadete da proba “Mar C. Camaño”, e a segunda cadete da proba foi “Iria P. Gómez”.

Todos remataron a proba esgotados a causa do calor, a fatiga da viaxe, e o horario de comidas. O esforzo do noso equipo viuse recompensado có segundo premio por clubs, por diante de clubs con moita máis participación de marchadores. A organización obsequiou cun diploma acreditativo da participación, unha bolsa de avituallamento, moi necesaria para repoñer forzas e para a viaxe de retorno, unha camiseta conmemorativa do evento e fotografías cós mellores marchadores do mundo.