CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR ALEVÍN INFANTIL

Pontevedra, 5 de xuño de 2010
Volvemos ás pistas de Pontevedra para competir nun Campionato Galego, pero esta vez é o individual. Todos van moi contentos xa que é mérito deles estar aí. En cada proba só poden participar os podios provinciais e os catro atletas que teñan as mellores marcas do ranking. Esta maneira tal vez non sexa a máis xusta, xa que nen@s con mellores marcas que algún podio quedan fora da competición, pero hai que por un baremo que sexa o máis xusto posible.

Tivemos un bo día de verán.
Os militares sorprendéronos a todos ó se achegaren ata as pistas para montar o comedor para xantar todos os atletas e os seus delegados . Pola tarde tamén recibiron una bolsa coa merenda e bebida e una mochila para lembrar o seu paso por esta competición.
Os resultados foron:
Alevín homes:
Gabriel Fernández González: 7º en 60 m.l.
Jorge Piñeiro Garrido: 4º en 60 m.l. e 6º en 500 m.l.
David Lorenzo Germade: Subcampión galego en altura, 4º en 2000 m.l.
Andrés Obenza Otero: 5º en marcha
Martín Pérez Bacelar: medalla de bronce en peso
Samuel Alonso Gil: 6º en peso
Alevín mulleres:
Alba Vidal Soliño: medalla de bronce en 1000 m.l.
Noa García Prieto: medalla de bronce en marcha, 4ª en peso
Infantil mulleres:
Estela Costas Gandón:Subcampiona galega de probas combinadas
Noa Rouco Baqueiro : medalla de bronce nos 500 m.l. , 6ª en 80 m.l.
Noelia Graña Casas: 5ª en 3000 m.l., 13ª en altura
Paula Martínez Fernández: 6ª en 80 m.v., 10ª en lonxitude
Alexia Vidal Martínez: subcampiona galega en altura, 5ª en lonxitude e 8ª en 80 m.v.
Esmeralda Corredoira Herbello: 6ª en marcha
Carla Bernárdez Miranda: Campiona galega en peso, subcampiona galega en disco, 5ª en xavelina
Johana Villar Parada: 5ª en peso, 5ª martelo, 9ª en disco

Infantil homes:
Oscar Iglesias Menduiña: 4º en triplo, 6º en 150 m.l.
Raúl Dacosta Santome: Subcampión galego en triplo, 7º en lonxitude, 9º en 150 m.l.
Óscar Broullón Sotelo: 5º enn disco, 6º en peso, 15º en xavelina
Anxo Rodas Arca: 10º en peso

CAMPIONATO GALEGO DE VETERANOS

Ourense, 5 de xuño de 2010
Os nosos atletas máis veteranos viaxaron ata Ourense para celebrar o campionato galego.
Jacinto Fandiño Pola subiuse o máis alto do podio para que lle colgaran a medalla de ouro pola súa actuación en salto de altura. Este non foi o único metal que se trouxo para Cangas, porque en lanzamento de xavelina conseguiu o bronce. En canto a súa actuación en lonxitude, quedou cuarto.
Carlos Bernárdez Piñeiro non quixo ser menos e tamén se subiu ó último escalón para que lle colgaran a medalla de ouro polo seu lanzamento de disco, logo baixou un pouquiño e quedou no escalón medio para recibir a medalla de prata polo seu salto de lonxitude. Non puido subir en peso, onde quedou cuarto.
A única representante do noso club, Belén Lemát Cabral, tamén lanzou disco e conseguiu proclamarse subcampiona, o mesmo título que acadou nos 400 m.l. En cambio, proclamouse campiona nos 1.500 m.l.

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE POR AUTONOMÍAS

Lloret del Mar, 5/6 de xuño de 2010.

Catro dos nosos atletas viaxaron coa selección galega ata Lloret del Mar para disputar o campionato de España Cadete en pista ó aire libre.
O equipo galego masculino quedou 6º e contou coa axuda do noso atleta Pablo Castro Chapela, quen tivo unha actuación magnífica ó quedar cuarto de todos os participantes en peso.
A actuación das mulleres galegas non foi tan boa, pero tampouco está mal. Remataron novenas. Contou coa asistencia de tres das nosas atletas. Aida Amoedo fixo os 300 m.l. e rematou segunda da final B. Antía Román Sotelo estreouse coa selección acadando o oitavo posto na xavelina. Raquel Villa Carracelas deulle para a selección galega o seu quinto posto en peso.

O NOSO MÁIS SENTIDO PÉSAME

A familia do Club Atletismo Vila de Cangas (atletas, adestradores e xunta directiva ) quere expresar o seu sentido pésame a familia da nena María Prieto Pérez, falecida hoxe na nosa localidade. O sepelio será o venres día 11 as 5:30 da tarde.
O cross que estaba programado para domingo 13 de xuño no colexio de San Roque, queda suspendido.

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL

Cangas, 5 de xuño de 2010


Celebrouse o pasado sábado nas pistas desta localidade o campionato galego xuvenil. Foi esta unha xornada na que se concentraron varios campionatos, pois ademais do xuvenil, disputábase en Ourense o dos veteranos e en Pontevedra o dos alevíns e infantiles, así como en Lloret de Mar o campionato de España por autonomías.
No xuvenil tocounos a traballar, xa sabedes, por iso de que os clubs da zona teñen que colaborar coa organización.
A xornada empezou coa marcha, onde Angel Menduiña acadou a medalla de bronce. Este atleta tamén participou en altura, quedando 5º. A segunda medalla, pero esta vez de prata, levouna Ariana Martínez nos 2000 m. obstáculos.
Jessica Fariña non tivo o seu mellor día lanzando peso, pois fixo dous nulos servíndolle o terceiro tiro para quedar na 13ª posición. En martelo tamén empezou facendo nulo, pero conseguiu endereitar o rumbo e acabou 7ª.
Borja Pérez tiivo problemas na súa saida dos 100 m.l., nos 400 m.l. conseguiu o 9º mellor posto e nos 200 m.l., onde a participación foi moi numerosa, quedou 17º.
Simón Acuña quedouse as portas do podio tanto en disco como en peso ó rematar en cuarta posición.
Ainara Rodríguez fixo unha boa carreira nos 800 m.l. e remaatou 5ª.
Nerea Outeiral participou nos 200 m.l., pero non logrou meterse na final. Conseguiu o 7º mellor tempo.
Por último, quédanos Claudia Martínez que colgouse a medalla de ouro nos 400 m.l.

CAMPIONATO GALEGO PROMESA-XUNIOR

O pasado domingo, 30 de maio, celebrouse en Ferrol o campionato galego promesa-xunior, no que participaron catro dos nosos atletas, conseguindo os srguintes resultados:
DAVID GONZÁLEZ FERNÁNDEZ: campión galego en 800 e 1500 m.l.
BRAIS MISA GARCIA: medalla de bronce en 800 m.l.
DANIEL CHOREN CASTRO: medalla de bronce en 200 m.l.
JUANMA NOVO PARDAVILA: campión galego en pértega, subcampión galego en altura e medalla de bronce en peso e 110 m.v.

SELECCIÓN GALEGA CADETE

Catro atletas do Vila de Cangas viaxarán coa selección galega cadete ata Lloret del Mar para participar no campionato de España por Autonomías que se celebrará o vindeiro fin de semana.
Trátase de Antía Román Sotelo (xavelina), Pablo Castro Chapela (peso), Aida Amoedo Portabales ( 300 m.l.) e Raquel Villa Carracelas (peso)

CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS ALEVÍN – INFANTIL

Pontevedra, 22 de maio de 2010
Neste magnífico día de primavera, fomos ata Pontevedra para sufrir con este sol digno dun día dos máis quentes do verán
Competimos con tres equipos: alevins femenino e masculino, e as rapazas infantís. Para non acaparar todo, subimos os tres postos do podio.
O máis alto subiron os rapaces alevíns como campións. No segundo posto quedaron as rapazas infantís tras loitar co equipo do Barbanza que as superaron por culpa da norma de eliminar a proba na que puntuaban menos. Sen dúbida, a proba máis dura foron os 3.000 m.l. que Noelia, unha das atletas máis novas nesta categoría, levou a cabo baixo un sol implacable, moi forte e imposible de eludir e, dende logo, con moito, moito bochorno.

Supoño que vos quedou claro que fixo moito calor, sol, bochorno…e que non había case onde poñerse para atopar un pouco de sombra, e que os máis desfavorecidos foron os atletas cando competían.
O terceiro lugar do podio foi para as nenas alevíns. Temos que destacar a participación das benxamíns Sandra Souto e Ariadna Gil que completaron o equipo e competiron con nenas que tiñan todas 3 anos máis que elas .

ALEVÍN FEMININO (Medalla de bronce por equipos)
Ariadna Gil Fernández: 3ª en 60 m.l.
Sandra Souto Otero: 2ª en 500 m.l.
Alba Vidal Soliño: 1ª en 1.000 m.l.
Noa García Prieto: 2ª en marcha
María Piñeiro Menduiña: 6ª en altura
Paula Santos Gil: 4ª en lonxitude
Saray Amoedo Portabales: 2ª en peso
Alba, Saray, Paula, Noa: 3ª en relevos
ALEVÍN MASCULINO ( Campións por equipos)
Julían Villa Carracelas: 1º en 60 m.l.
Martín Souto Otero: 7º en 500 m.l.
Jorge Piñeiro Garrido: 1º en 100 m.l.
Andrés Obenza Otero: 3º en marcha
David Lorenzo Germade: 1º en altura
Gabriel Fernández González: 2º en lonxitude
Martín Pérez Bacelar: 2º en peso
Gabriel, Jorge, David, Julián: 1º en relevos
INFANTIL FEMININO (Subcampionas por equipos)
Estela Costas Gandón: 3ª en 80 m.l.
Noa Rouco Baqueiro: 4ª en 1.000 m.l.
Noelia Graña Casas: 3ª en 3.000 m.l.
Paula Martínez Fernández: 2ª en 80 m.l.
Esmeralda Corredoira Herbello: 2ª en marcha
Alexia Vidal Martínez: 2ª en altura e 2ª en lonxitude
Carla Bernárdez Miranda: 2ª en peso e 2ª en xavelina
Estela, Noa, Alexia, Noelia: 2ª en relevos
resultados-galego-equipos

resultados-escolares_equipos_galego

ESCOLA DE ATLETISMO DE VERÁN

O Club Atletismo Vila de Cangas pon en marcha a escola de atletismo de verán, onde poderán participar, coa supervisión de monitores titulados, todas as modalidades deste deporte. A actividade estará dirixida a todas a persoas maiores de cinco anos.
Lugar: pistas municipais de atletismo de Cangas
Horario:* Mes de xuño: luns e xoves de 19 a 20.30 horas
*Meses de xullo e agosto: martes e xoves de 11 a 12.30 horas
Inscrición: nas pistas de atletismo no mesmo horario da escola ou nos teléfonos 660786803 e 628147702

CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS ALEVÍN – INFANTIL

Mañá o Vila de Cangas desprazará tres equipos ata Ponatevedra para disputar o campionato galego. Participaremos coas categorías alevín masculino, alevín feminino e infantil feminino.
Sairemos de Casgas ás nove da mañá. As probas está previsto que rematen pasadas as 14.30 horas. Logo de rematar iremos comer todos xuntos e cando acabemos de comer, para a casa.
horario_gallego_equipos