PLAN DE VIAXE A RUA- MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

     A Federación Galega de Atletismo organiza o XXIII Memorial Alejandro Lorenzo – Campionato de Galicia de Categorías Menores de Campo a Través o domingo 26 de xaneiro do 2020 en A Rúa. – O Memorial está destinado ás seguintes categorías: Sub10 (2011-2012), Sub12 (2009-2010) e Sub14 (2007-2008) homes e mulleres. – Sumaranse os puntos dos/as 4 mellores clasificados de cada equipo.Todos/as os/as atletas deberán pasar por cámara de chamadas. A apertura será 25 minutos antes e pechará 15 minutos antes, da saída de cada proba. 

     Vai sair un autobús, da Estación de Cangas, as 06:30 horas. Se sobran prazas poderan ser ocupadas por acompañantes dos atletas (farase unha lista de espera coa xente que o comunique). Para quen faga a viaxe por conta propia será importante estar na saida con antelación (1 hora antes da proba).



     A volta do autobus está prevista ao remate da proba, polo cal se aconsella levar algo de comida ademais dunha muda de roupa. Achegase a ubicación do circuito, no Area Recreativa O Aguillón.



 

CAMPIONATO ZONAL CROSS O MORRAZO

Moaña, 18 de xaneiro de 2020

     Primeira competición oficial da tempada 2020. O Campionato Zonal de Campo a Través para O Morrazo ubicouse no Parque da Xunqueira en Moaña. Alí lucia unha alfombra verde en «aparente» bo estado. So fixo falla unha volta de recoñecemento para toparse cun chan moi enlamado, engadindolle un punto de dificultade a climatoloxia reinante.



     Moit@s nervios foron aflorando ata que as carreiras  templaron os mesmos a base de voltas ao circuito. A maña agasallounos con varios «cairos» que lle deron ese punto épico que teñen os croses. Non faltou quen tivo que rescatar a zapatilla da lama, pero seguiron e remataron para sumar puntos no equipo. Todo este esforzo tivo a sua recompensa, clasificáronse todos os equipos para o CAMPIONATO PROVINCIAL, coa inestimable aportación de:

SUB 10 masculino ( 14 ptos ) nun percorrido de 500 mts. Gabriel Fazanes 1º, Samuel Corrales 2º, Xabier Ferral 5º, Xian Rodriguez 6º, Evan Marin 7º, Alejandro Fernández 8º e Amaro Bastón

SUB 10 feminino  (10 ptos  ) nun percorrido de  500 mts.  Nahia Pintos 1ª, Emma Collazo 2ª, Leire Fuentes 3ª e Carla Salgado 4ª, 

SUB 12 masculino (12 ptos) nun percorrido de 1000 mts.  Hugo Collazo 1º, Unai Ferral 2º, Miguel Fernández 4º, Marcos Rial 5º, Breo Fernández 8º, Iker Rial 9º, Pedro González 10º, Enol Fernández 11ºi Hector Abal 17º.

SUB 12 feminino (13 ptos) nun percorrido de 1000 mts.   Sabela López 1ª, Leire Brun 2ª, Estela Raña 4ª, Ana Cordeiro 6ª, Erica Novas 8ª, Leire Fernández 9ª, Noah Pinto 10ª, Sara Castro 13ª, Zoe Fernández 14ª, Vega Piñeiro 17ª, Sabela Domínguez 18ª e Noa Quinteiro 20ª.



SUB 14 masculino (10 ptos )nun percorrido de 1500 mts.    Hugo Domínguez 1º, Oscar Casas 2º, Brais Pintos 3º, Saul Casas 4º, Ivan Herbello 9º, Juan Gallego 10º e Diego Garcia 11º, 

SUB 14 feminino ( 13 ptos ) nun percorrido de  1500 mts.  Maialen Fernández 1ª, Lucia Gil 3ª, Iris Malvido 4ª, Goretti Carballal 5ª, Sara Nerga 6ª, Leire Fonseca 7ª, Nerea Malvido 8ª, Gema Dacosta 16ª, Marta Rua 17ª, Claudia Carcer 19ª, Noa Nerga 20ª, Mar Curra 21ª, Greta Pérez 22ª e Sara Graña 23ª.

SUB 16 masculino ( 6 ptos ) nun percorrido de  2000 mts.  Miguel Núñez 1º, Carlos López 2º, Yago Juncal 3º, Carlos Corredoira 4º, Manuel Lemos 5º, Diego Martínez 6º, Ruben Lemos 8º e Luca Piñeiro 9º.

SUB 16 feminino (6 ptos ) nun percorrido de 2000 mts. Uxia Sánchez 1ª, Agata Rodríguez 2ª, Noa Piñeiro 3ª, Cristina Taboada 4ª, Nicole Vázquez 5ª e Ariadna Becerra 9ª.



     O vindeiro sábado 01 de febreiro terá lugar o CAMPIONATO PROVINCIAL do programa XOGADE no Parque de Castrelos en Vigo.



PREVIO DO CAMPIONATO ZONAL XOGADE

     O vindeiro sábado 18 de xaneiro vai ter lugar, no parque de A Xunqueira (Moaña), o CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVES do programa XOGADE. Esta competición supón a antesala dos Campionatos Provincias e Galegos. En todas as categorías, clasificaranse os 3 mellores equipos de cada categoría e sexo; e os/as dez primeiros/as clasificados/as individuais de cada zona. As categorías implicadas son SUB 10-12-14 e SUB 16. Por equipos puntuaran os CATRO primeiros atletas, salvo en SUB 16 que serán TRES. Precisarase que TODOS/AS @S atletas acudan ao CAMPIONATO. (estar cunha antelación de 45 minutos ao comezo da proba a disputar)


 



PRESENTACION EQUIPOS TEMPADA 2020

     O mes de xaneiro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2018/19, a máis longa na que nos tocou participar. A partir de agora serán tempadas que coincidiran cos anos naturais.  Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 25 de xaneiro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estará composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • Entrega da revista nº 24 do Club.

  • PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

*(Procuraremos sexa unha comida saudable,  para non xuntarnos con moitos postres ou bollería industrial. Por exemplo tortilla ou empanada. Coma sabedes doutros anos tamén se pode aportar bebida, refrescos ou agua. )



PRESENTACION TEMPADA 2016/17

Novembro 2016

     O mes de novembro marca o comezo dunha nova tempada. Deixamos atrás a tempada 2015/16, pero non a esquecemos. Quedará impresa na revista nº 21 do Club. Xa temos data para a PRESENTACION oficial dos equipos do Vila de Cangas. Será o vindeiro sábado 19 de novembro no salón de Plenos do Concello de Cangas. A partir das 17:00 horas (atletas) e 17:30 (socios e invitados).

O programa do evento estara composto por:

  • Presentación e sesión fotografica dos diferentes Equipos para a presente tempada.

  • – Charla-coloquio cos INVITADOS.

  • – Entrega da revista nº 21 do Club.

  • – PINCHO coas aportacións d@s soci@s*

  • *(para concretar estas aportacións quedaremos polos grupos de whatsapp)


     foto-fili


MILLA URBANA SAN MIGUEL DE MARIN

Marín, 26 de setembro de 2015

O remate do mes de setembro achegounos unha tarde de sábado, baixo a neboa,  a localidade de Marín.  O mellor do medio fondo galego tiña unha cita coa MILLA URBANA SAN MIGUEL DE MARINmáis tamén se pensou nas categorias menores que dispuseron dun percorrido de 1000 metros, dende cadete ata benxamin. Nas categorías federadas os gañadores foron Victor Riobo e Solange Pereira, pouco máis que engadir con este nivel. 

Por parte das categorías menores si que tivemos representación, en benxamíns remataron o Km,  Lara Iglesias en 3º posto, Sara Nerga 4ª e Gema Dacosta 6ª. Nos nenos Diego Martínez foi 5º e Angel Graña 8º. Na categoría alevin estivemos representados por Sara Mallo, que rematou 7ª.

Por último na categoría infantil participaron Aaron Domínguez, 4º e Sabela López 12ª.

RESULTADOS

Pouco a pouco imos a reencontrarnos coa competición, xa falta nada para o remate da tempada. Pero tamén queda menos para comenzar a seguinte.


12031338_775815389193682_4734291743043103433_o


VOLTAMOS A ADESTRAR.

Este vindeiro luns 14 de setembro VOLTAMOS A ADESTRAR. Rematado o merecido descanso do verán, toca voltar a poñer os músculos a funcionar. Podedes traer @s coleg@s que desexen probar na practica do atletismo,  invitadeos a que veñan a botar unha carreira, saltar ou lanzar. Calquera duda ou cuestión que queirades plantexar non dudedes en facelo no correo at.viladecangas@gmail.com  ou a través das redes sociais.


 

grupo


 

MAR CHILLON NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO.

Castellón 01 de agosto de 2015

 

Disputouse en Castellón o CAMPIONATO DE ESPAÑA absoluto. O evento tivo cobertura na televisión nacional a través da canle Teledeporte, alí puidemos ver a evolución nos 10 kms. marcha de Mar Chillón. Durante a proba choveu con intensidade o cal non favoreceu a consecución de boas marcas. Mar Chillón rematou en decimo posto cun tempo de 50:29.18. Magnifico peche de tempada para esta atleta que de seguro nos ten gardadas moitas sorpresas para un futuro non moi lonxano. Noraboa Mar.


11755642_736808669760951_2288507377493190512_n


CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS

Gijón 25 de xullo de 2015

 

Sera fácil de lembrar para Mar Chillón o seu debut coa Selección Galega Absoluta. O 25 de xullo, o día de Galicia, celebrabase en Gijón o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS.  A súa aportación para o equipo feminino foi nos 5 km. marcha, rematando en 6º posto cun tempo de 23:31,62. Con este tempo superaba a súa mellor marca nesta distancia. Agora queda por diante o Campionato Nacional Absoluto os días 1 e 2 de agosto en Castellon, participando nos 1o kms marcha.  Moita sorte nese peche de tempada.


11816255_10204730968139662_4702727999983936393_o


O remate da competición  a selección Galega quedou en 5º posto.


 10405618_736190556489429_3812986629777641426_n


CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE PISTA AIRE LIBRE.

Pereiro de Aguiar,  18 de xullo de 2015

 

O Complexo Deportivo de Monterrei acolleu o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA AO AIRE LIBRE ao longo deste pasado sábado 18 de xullo. Na sección másculina contamos coa presenza de Angel Menduiña, quen participou en salto de lonxitude, rematando 6º máis no salto de pertega, 7º.


FB_IMG_1437600601928


No tocante as mulleres, participaron Aida Amoedo nos 200 m.l. acadando a 5ª posición. Paula Martínez foi 5ª nos 100 metros valados. Nos concursos obtiveronse as dúas medallas do Campionato. En triplo salto a cadete Saray Amoedo rematou Subcampiona Galega e Raquel Villa no lanzamento de peso acadou a medalla de bronce.

Para remate na proba dos relevos 4X100, composta por Aida Amoedo, Paula Martínez, María e Iria Rodríguez, conseguiron a 8ª posición.


FB_IMG_1437600502091