XLVII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS-MEMORIAL PEPE CORDEIRO

Cangas, 04 de decembro de 2022

    Parece que a normalidade vai achegandose ao día a día, dentro dela voltamos co XLVII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS-MEMORIAL PEPE CORDEIRO. Ata nos deu o tempo unha pequeña tregua, despois de tanta choiva o domingo foi un día solleiro e bastante frio. As categorias menores foron as que racharon o xeo e de cara o mediodia xa foi quentando o sol.



     Salientar a enorme participación da categoría Minibenxamín, polo que se dividiu entre Chupetes e Minis.  A carreira másculina dos chupetes partía do Concello e chegaba ata a contorna da Plaza de Abastos, en total 250 mts. O primeiro en completar a distancia foi Lucas Figueroa, seguido por Samuel Lorenzo e Xandre Leite. As mulleres facian un percorrido idéntico, no cal venceu Elba Cordeiro, segunda foi Sabela Graña e terceira Vega Rial. Nos Minis os podios foron para Cies Rial, Sabela Muiños e Maria Costas en mulleres, Dario Costas, Xose González e Rodri Carballido na carreira masculina.



     Poñemos as clasificacións por idades, pero sendo fieis ao programa, as primeiras en correr foron as benxamins, a renomeada categoria SUB 10 feminina estivo encabezada por Lucia Cancelas, seguida de Deva Pallas e Carmela Santos. Na carreira masculina levou a victoria Angel Rodríguez, completando o podio Adrián Calvar e Alex Carballo.

        A categoria SUB 12 tiña un percorrido de 1000 m, tanto en homes coma en mulleres. As máis rápidas foron Lena Curras, Emma Collazo e Icia AmeneiroOs homes encheron o podio de amarelo con Angel Refojos, Gabriel Fazanes e Daniel Cordeiro. A categoría infantil disputou un circuito de 1500 mts. destacando en feminas Sabela Castelo, Mara Rua e Ana CordeiroOs homes que acadaron postos de podio foron Xoel Franco, Marcos Rial e Miguel Fernández.



     A proba SUB 16, con saida común, tiña un percorrido diferenciado. Os 2000m. das mulleres estiveron liderados por Sarah Cristina Diz, Nerea Malvido e Uxia Bautista. Os homes correron 3000 m. con victoria para Raúl Rial, seguido por Hugo Domínguez e Daniel Ameneiro.


     Sobre as 12 horas daba comezo a proba popular que discurria por un circuito urbano no que era preciso completar cinco voltas ata chegar aos10 kilometros. Na categoría absoluta feminina venceu Beatriz Fernández, segunda foi Mª Aurora González e terceira María Casaleiro. O gañador da proba masculina foi Alan Sardinero seguido por Raul Corrales e Marcos Paz.



PLAN DE VIAXE A OURENSE

     O vindeiro domingo 11 de decembro vai ter lugar na Pista Cuberta de Expourense o TROFEO ABANCA DE PISTA CUBERTAAcadaron o pase a esta competición os equipos SUB 10 FEMININO e SUB 12 MASCULINO e FEMININO. De cara a viaxe está planificada a saida do autobús as 08:00 h. desde a Estación de Cangas. Se houbera algunha incidencia relacionada coa viaxe ou asistencia, pregamos se comunique canto antes. Unha vez rematen as probas voltará o autobús polo que aconsellamos levar comida.



INFORMACION DO CAMPIONATO


SUB 10 FEMININO

  • LUCIA CANCELAS
  • SOFIA CORRALES
  • CAMILA ENRIQUEZ
  • EMMA SALGADO
  • DANIELA NOGUEIRA
  • MAR FAZANES
  • ISIS MARTINEZ
  • NORA PARCERO

RESULTADOS EN DIRECTO


SUB 12 FEMININO

  • ANA OLIVEIRA
  • EMMA COLLAZO
  • ALBA ALVAREZ
  • AITANA BROULLON
  • LENA CURRAS
  • SABELA MIRANDA
  • NAHIA PINTOS
  • IRIA FERNANDEZ
  • LEIRE FUENTES
  • CARLA SALGADO

SUB 12 MASCULINO

  • ANGEL REFOJOS
  • GABRIEL FAZANES
  • DANIEL CORDEIRO
  • XABIER FERRAL
  • RUBEN FERNANDEZ
  • AMARO BASTON
  • ANXO CURRAS
  • ALEJANDRO FERNANDEZ

RESULTADOS EN DIRECTO


 

CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE MARCHA EN PISTA

A Pobra do Caramiñal, 26/11/2022

     O último sábado de novembro daba acollida no Estadio de A Alta da Pobra do Caramiñal ao CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO DE MARCHA EN PISTA. Todas as categorías da marcha atlética tiñan este importante test competitivo de cara ao relevo da tempada. Foi unha maña sen choiva o cal agradeceron atletas e público en xeral. No tocante ao deportivo, catro amarel@s disputaron este Campionato cun saldo máis que positivo. Sofia Corrales rachaba o xeo cun 9º posto na proba SUB 10 feminina. As suas compañeiras Nahia Pintos e Leire Fuentes participaban na categoria SUB 12, acadando os postos 7º e 12º respectivamente.



      Xabier Ferral foi quen de finalizar en 3ª posición nos 2000 m. da proba SUB 12 masculina. Xa para rematar Antia Baqueiro proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA nos 2000 m. da categoria SUB 14 feminina.



CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS SUB 16

Pamplona, 8 e 9 de outubro de 2022

       Tiñamos moita confianza na aportación amarela ao combinado Galego feminino Sub 16. Foron seleccionadas tres amarelas para disputar en Pamplona o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIONS DE PISTA SUB 16 EN IDADE ESCOLAR. Cun nome tan longo a cousa era seria, estaba a «crema» d@s atletas nacionais representando as suas respetivas federacions autonómicas. Os criterios eran claros Gema Dacosta iba coma mellor lanzadora de peso, Helena Bello coma mellor saltadora de pertega e Marta Camaño coma mellor velocista conformando o equipo de relevos.



     O saldo do equipo foi un SEXTO posto que estivo sempre preto do podio, de feito finalmente quedaron a escasos puntos da medalla de bronce. No tocante as actuacions individuais foron moi salientables. Gema Dacosta foi segunda no peso e Marta Camaño tamén subcampioa nos relevos 4X100, sendas medallas de plata trouxeron para o recordo. Helena Bello acadou o noveno posto na pertega e sumou uns importantes 10 puntos para o equipo.



TRES AMARELAS COA SELECCION GALEGA SUB 16

       A dirección técnica da FGA deu a coñecer o listado de atletas que conformarán o combinado SUB 16 que representará a Galicia no CAMPIONATO DE ESPAÑA EN IDADE ESCOLAR. Na sección feminina contamos coa representación de TRES atletas amarelas, Gema Dacosta e Helena Bello, a primeira competira no concurso de lanzamento de peso e a sua compañeira no salto de pértega. A última en ser convocada foi Marta Camaño que será parte do relevo 4X100. Este combinado ven de acadar a quinta posición no Campionato do ano pasado e non se descarta que loiten por achegarse aos caixons do podio.  Estaremos atentos ao Campionato que se vai celebrar en Pamplona os vindeiros días 8 e 9 de outubro.



RETOMAMOS OS ADESTRAMENTOS

     A partir do 12 de setembro retomamos a Tempada 2022. Tras o parón estival no mes de agosto comezan os adestramentos para os tramos de idade SUB 8, SUB 10, SUB 12 e SUB 14. Prestade atención a información dos HORARIOS nos que se detallan os días e categorías.  Finalmente os grupos de especialización serán conformados polos adestradores. Calquera dubida que se vos plantexe ao correo do club, at.viladecangas@gmail.com

     Ata o 31 de decembro a categoria SUB 8 son @s atletas nad@s en 2015 e anteriores. Categoria SUB 10 son dos anos 2014/13, SUB 12 de 2012/11 e na SUB 14 engloba 2010/09.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16 AO AIRE LIBRE

Avilés, 24 de xullo  de 2022

 

   En terras asturianas disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16 AO AIRE LIBRE. Alí tivemos a representación de Gema Dacosta, quen participaba en dous concursos de lanzamento, o peso máis o disco. Co historial desta cadete non para de sorprendernos o ben que compite. A final do lanzamento de peso foi un claro exemplo de superación, sacou un último lanzamento de 12,66 m. que lle daba acceso ao podio, en concreto a medalla de BRONCE, a cuarta clasificada lanzou 12,65 m., a cousa foi de infarto. Con esta medalla iguala a que obtivo no Campionato de España de Pista Cuberta. No lanzamento de disco mantivo un pérfil máis discreto, acadando o 10º posto cunha marca de 32,58 m. Pouco máis que dicir desta enorme atleta, que sempre achega o máximo a cada competición. Parabens Gema.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE

A Coruña, 23 de xullo de 2022

 

    As instalacións universitarias de Elviña foron a sede do CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AO AIRE LIBRE. Alí se deron cita unha boa representación de amarel@s coa misión de dar un digno remate a competición ao aire libre. Ariadna Gil, viña dunha lesión que lle obrigou a parar e non poder competir no Campionato de España Sub 23, neste Campionato quitouse a espiña e proclamouse CAMPIOA GALEGA Absoluta de Triple Salto, xa pode presumir de contar cos tres metales.



     Marta Camaño, foi quen de pasar a final dos 100 m.l., baixando dos 13 s e refrendando na fnal a sua marca, nesta ocasión con vento válido,  acadou o 6º posto nunha carreira repleta de grandes atletas. Agata Rodríguez plantouse na final dos 100 m.v. e unha vez alí acadou a medalla de BRONCE, confirmando unha excelente tempada.



   Na xornada da tarde Helena Bello concursou na final do salto de pértega acadando o 5º posto. Rematou a participación amarela coa final de salto de lonxitude, onde Juan Piñeiro pelexou o posto no podio ata o derradeiro salto, finalmente obtivo unha valiosa medalla de BRONCE. Parabens a atletas e adestradores polo esforzo, traballo e dedicación.



PREVIA DO PIRULI FEST

    Este vindeiro venres 22 de xullo na Alameda nova de Cangas , dentro do programa Piruli Fest, imos colaborar con varias probas adaptadas as idades convocadas (6 a 12 anos). Non se trata dunha proba competitiva e está pensado para realizar xogos relacionados coas distintas disciplinas atléticas. Para ter acceso a esta actividade non hai máis que apuntarse no correo at.viladecangas@gmail.com ou a partir das 18:30 horas na Alameda. Agardamos veros nesta festa do deporte na rua.


UBICACION



CAMPIONATO GALEGO SUB 16 AO AIRE LIBRE

A Coruña, 02 de xullo de 2022

 

       En plena tempada de aire libre chegou o tempo do Campionato individual da categoría CADETE, fai unha escasa semana competían coma equipo e agora o facian nas «suas» probas. Ainda que a representación máis numerosa foi do lado feminino tamén houbo participación de tres atletas másculinos. Raúl Rial e Diego García remataron 7º e 13º respectivamente na carreira de 1000 m.l., no caso de Hugo Domínguez acadou a amarga medalla de chocolate, cun magnifico 4º posto nos 3000 m.l.



     A sección feminina contaba con 9 atletas que tiveron un intenso sábado de probas nas pistas de atletismo de Elviña. Nerea Malvido rematou 8ª nos 3000 m.l.. Helena Bello acadou a victoria no concurso de salto de pértega cun salto de 2, 77 m., nesta proba tamén participou Iris Malvido, rematando en 4º posto, ademáis foi 6ª nos 3000 m. marcha. Marta Camaño pasou a final de 100 m.l., tras unha semifinal que venceu con 12.94 s. Logo remataría 4ª cun tempo de 12.61 s, que suporía a sua mellor marca de non ser polo vento. Marta Rua participou en duas carreiras de valados, finalizando 7ª en 300 m.v. e 13ª en 100  m.v.



    Lucia Gil tiña a sua participación orientada nos concursos de saltos horizontais, acadando o BRONCE na lonxitude e o 8º posto no triple. Claudia Cárcer proclamouse SUBCAMPIOA Galega de peso e 15ª en lonxitude. O concurso de lanzamento de peso foi dominado por Gema Dacosta que ademáis foi SUBCAMPIOA no lanzamento de disco. Maialen Fernández foi SUBCAMPIOA en lanzamento de xavelina e 8ª no lanzamento de disco. Esta exitosa xornada deu remate co relevo 4X100 composto por Marta Camaño, Lucia Gil, Gema Dacosta e Claudia Cárcer , quenes computaron coma novenas no global das participantes. Parabens polo esforzo aos atletas e adestradores.