PLAN DE VIAXE GALEGO XODADE CROSS

        Este vindeiro sábado 4 de marzo vaise disputar no Circuito Praia de Cabio- A Pobra do Caramiñal o CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVES do programa XOGADE. Para esta proba están clasificados os equipos alevín masculino e feminino. Individualmente tamén acudiran Miguel Fernandez e Marcos Rial, ambos infantis e coma cadete Hugo Collazo. Vai sair un autobús da Estación de Cangas as 09:00 horas, este transporte realizará paradas para recoller a atletas doutros clubes.  Achegamos HORARIOS  e planos dos CIRCUITOS.




CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 26 de febreiro de 2023

     Para darlle remate ao mes de febreiro chegaba o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. A Pista Cuberta de Expourense permaneceu ocupada pola maña para o adestramento do equipo de relevos 4 X 400 do equipo nacional. Xa de tarde nos quedou un horario moi complicado para facer cadrar as comidas antes ou despois das probas a disputar. O primeiro en sufrir estas impertinencias foi Ibrahim Aga que correu os 60 m.l. cun 7º posto na sua semifinal e  nun par de horas disputaria outra semifinal de 200 m.l. rematando 5º sen progreso a final. Lucia Gil disputou tamén dous concursos, nutrindose algo entremedias, rematando preto do podio cun 4º posto na lonxitude e un 5º posto no triplo, Carmen Fraga calcou estas probas cun 7º posto na lonxitude e un 9º no triplo.



     Diego Martínez obtivo a primeira premiación da tarde cun BRONCE na lonxitude, completando a competición cunha victoria no salto de altura.    Raúl Rial tras 15 voltas a pista rematou 10º nos 3000 m.l..



     Os valados achegaron para Agata Rodríguez unha MMP e tamén o SUBCAMPIONATO GALEGO, cun tempo de 9,22 nos 60 m.v. Na mesma clasificatoria quedouse Noa Piñeiro, sendo 4ª na sua semifinal.  Marta Camaño completou unha xornada de catro carreiras, duas de 60 m.l. e outras duas de 200 m.l., na proba corta mellorou marca e foi 6ª na final. Nos 200 m.l. proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA.



     Iris Malvido participou na final do concurso de pértega, acadando o 7º posto e tamén correu os 800 m.l. finalizando 8ª. Nesta distancia tamén participaron, en mulleres, Nerea Malvido, 11º e Sara Nerga, 14ª. En homes Carlos López foi 10º seguido de Sergio Valladares 11º.

     No concurso de lanzamento de peso Gemma Dacosta foi CAMPIOA GALEGA achegando a bola aos 12,71 m.

     Na proba de 400 m.l. masculino participou Carlos Corredoira, 8º e Uxia Sánchez 9ª, Naia Casas 19ª no feminino. En xeral unha notable participación do grupo xuvenil que vai ter continuidade coa participación de Agata e Gemma no Campionato de España de Pista Cuberta.



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Ames, 5 de febreiro de 2023

     O primeiro domingo de febreiro a localidade coruñesa de Ames acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. Foron participes desta cita Sofia Corrales que disputou na categoria SUB 10, sobre un percorrido de un kilometro, acadando finalmente o 5º posto cun tempo de 6 minutos 54 seguntos. Diego Garcia voltou a Cangas co titulo de CAMPION GALEGO da categoria SUB 16, tras rematar os cinco kilometros nun tempo de 32 minutos e 01 segundos.



CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB12 E SUB 14 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 04 de febreiro de 2023

     Chegaba o punto máis álxido da pista cuberta para as categorias menores co CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB12 E SUB 14 DE PISTA CUBERTA. O esceario non podia ser outro ca pista cuberta de Expourense, na xornada de maña contaría coa presenza das categorias SUB 10 e SUB 12. Probas moi competidas por parte dos benxamins que tiveron premio na medalla de BRONCE acadada por Luca Cao. Na categoría alevin destacar os dobletes conseguidos por Angel Refojos, vencedor na velocidade e subcampión nos 1000 m.l. ademáis de Lena Currás que rematou primeira nos 1000 m.l. e subcampioa na lonxitude. Sabela Miranda venceu no lanzamento de peso i Emma Collazo rematou segunda nos 500 m.l.



SUB 10

  • HUGO LORENZO, 10º 500 m.l.
  • ALEX CARBALLO,  8º 50 m.l. e 4º 500 m.l.
  • LUCA CAO, 3º peso
  • EMMA SALGADO, 8ª lonxitude
  • SOFIA CORRALES, 13ª 1000 m.l.
  • LUCIA CANCELAS, 10ª 50 m.l. e 5ª 500 m.l.
  • DANIELA NOGUEIRA, 8ª peso
  • MAR FAZANES, 10ª peso


SUB 12

  • ANGEL REFOJOS, 1º 60 m.l. e 2º 1000 m.l.
  • BRAIS GARCIA, 17º 1000 m.l.
  • DANIEL CORDEIRO, 6º 500 m.l. e 7º lonxitude
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 4º peso
  • CARLA SALGADO, 13ª 60 m.l.
  • NORA PARCERO, 21ª 1000 m.l. 
  • EMMA COLLAZO, 2ª 500 m.l. e 5ª  lonxitude
  • LENA CURRAS, 1ª 1000 m.l. e 2ª lonxitude
  • ALBA ALVAREZ, 16ª1000 m.l.
  • SABELA MIRANDA, 1ª peso 


     Pola tarde foi o turno da categoría infantil coa presenza de catro atletas que acadaron os seguintes resultados:

SUB 14

  • SAUL SANTOS, 9º  500 m.l.
  • MARCOS RIAL, 7º 1000 m.l. 
  • MIGUEL FERNANDEZ, 10º 2000 m.l. e 10º lonxitude
  • ANTIA SOTO, 5ª 60 m.l. e  5ª triple salto


 

PLAN DE VIAXE A OURENSE

     Este vindeiro sábado 4 de febrero vai ter lugar na Pista Cuberta de Expourense o CAMPIONATO GALEGO SUB 10-12 e SUB 14 baixo teito. Temos previsto viaxar para a xornada de maña, que engloba aos SUB 10 e SUB 12, nun autobús que sairá da estación de Cangas as 08:00 horas con volta ao remate. Para a xornada de tarde a categoría SUB 14 faran a viaxe en coches particulares, avisando si carecen de transporte. A xornada rematará de maña sobre as 14:00 horas polo que se precisará levar algo de comer, tamén se recorda levar DOCUMENTACION ( DNI ou FICHA FEDERATIVA). Si alguen quere a ficha en formato dixital que a solicite polos grupos de whatsapp. Achegamos a continuación HORARIO provisional e @s atletas que participarán na competición. No autobús poderan viaxar os acompañantes d@s atletas, no hai que reservar, estimase que hai sitios para tod@s. 



SUB 10

  • HUGO LORENZO, 500 m.l.
  • ALEX CARBALLO, 50 m.l. e 500 m.l.
  • LUCA CAO, peso
  • EMMA SALGADO, lonxitude
  • SOFIA CORRALES, 1000 m.l.
  • LUCIA CANCELAS, 50 m.l. e 500 m.l.
  • DANIELA NOGUEIRA, peso
  • MAR FAZANES, peso

SUB 12

  • ANGEL REFOJOS, 60 m.l. e 1000 m.l.
  • BRAIS GARCIA, 1000 m.l.
  • DANIEL CORDEIRO, 500 m.l. e lonxitude
  • SAMUEL CORRALES, altura e lonxitude
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, peso
  • CARLA SALGADO, 60 m.l.
  • NORA PARCERO, 1000 m.l. 
  • EMMA COLLAZO, 500 m.l. e lonxitude
  • LENA CURRAS, 1000 m.l. e lonxitude
  • ALBA ALVAREZ, 1000 m.l.
  • SABELA MIRANDA, peso 


SUB 14

  • SAUL SANTOS, 500 m.l.
  • MARCOS RIAL, 1000 m.l. 
  • MIGUEL FERNANDEZ, 2000 m.l. e lonxitude
  • GABRIEL FAZANES, 500 m.l.
  • AMARO BASTON, peso
  • ANTIA SOTO, 60 m.l. e triple salto


 

PLAN DE VIAXE A RIBADAVIA

     O vindeiro sábado 28 de xaneiro vai ter lugar en Ribadavia (Ourense) o Memorial Alejandro Lorenzo-Campionato Galego de Cross Menores. Nesta proba clásica no calendario de Campo a Través foron inscritos @s atletas que se detallan. Loitaran pola clasificación individual e por equipos. O circuito será na contorna de A Veronza no  Complexo Deportivo Xestal. Vaise habilitar un autobus con saida da Estación de Cangas as 08:30 horas e volta ao fin das probas da Categoria SUB 18. As plazas vacantes do transporte poderan ser ocupadas por adultos que acompañen aos menores. IMPORTANTE levar unha muda para despois de correr, tanto de roupa coma calzado. Levar algo de comida e no caso de facer a viaxe por conta propia ESTAR NO CIRCUITO CUNHA HORA DE ANTELACION a proba disputar. Achegamos HORARIO provisional e ubicación do circuito



SUB 10 MULLERES

  • EMMA SALGADO
  • ZOE BAMIO
  • SOFIA CORRALES
  • MAR FAZANES
  • LUCIA CANCELAS
  • CLAUDIA ROMERO
  • VERA ESTEVEZ

SUB 10 HOMES

  • ADRIAN CALVAR
  • HUGO LORENZO
  • ALEX CARBALLO
  • LUCA CAO
  • XOSE GONZALEZ
  • BREIXO GONZALEZ
  • OLIVER GAYO

SUB 12 MULLERES

  • LENA CURRAS
  • EMMA COLLAZO
  • NORA PARCERO
  • ALBA ALVAREZ
  • CARLA SALGADO
  • NOA PEDRIDO
  • ELODIE GRAÑA
  • SOFIA CAPELO
  • VERA BOUBETA
  • CAMILA ENRIQUEZ
  • VIOLETA BASCONCELLO
  • VALENTINA GEENEN
  • ISIS MARTINEZ
  • VALERIA SUEIRO
  • IRIA FERNANDEZ

SUB 12 HOMES

  • ANGEL REFOJOS
  • DANIEL CORDEIRO
  • SAMUEL CORRALES
  • BRAIS GARCIA
  • XABIER FERRAL
  • ANXO CURRAS
  • ERIC SANTOS
  • ALEJANDRO FERNANDEZ

SUB 14 MULLERES

  • ANTIA SOTO
  • LEIRE FUENTES
  • NOA LORENZO
  • NAHIA PINTOS

SUB 14 HOMES

  • MIGUEL FERNANDEZ
  • MARCOS RIAL
  • SAUL SANTOS
  • GABRIEL FAZANES
  • ROI RIVAS
  • IGNACIO V. BOENTE

SUB 16 HOMES

  • HUGO COLLAZO
  • DIEGO GARCIA
  • BRAIS PINTOS

SUB 18 HOMES

  • RAUL RIAL
  • SERGIO VALLADARES



 

PREVIA DO CAMPIONATO ZONAL XOGADE

     O vindeiro 15 de xaneiro vaise disputar en Moaña o CAMPIONATO ZONAL DE CROSS do programa XOGADE. A proba está destinada para as seguintes categorías, BENXAMIN (2014-1015), ALEVIN (2012-2013), INFANTIL (2010-2011) e CADETE (2008-2009). As carreiras organizáranse por categoría e sexo. A ubicación dos circuitos será na contorna da Pista de Atletismo da Xunqueira en Moaña. Realizarase unha clasificación individual, según a orde de chegada, e outra por equipos cun mínimo de catro atletas nas categorias BENXAMIN,ALEVIN, INFANTIL e tres para @s CADETES.



     E importante estar no lugar cunha HORA, polo menos, de antelación a carreira, hai que facer o quecemento e recoñecer o circuito. Para esta proba estan CONVOCAD@S tod@s @s atletas das categorías implicadas, se houbera algunha incidencia que vos impida acudir pregamos que o comuniquedes canto antes.


 


FIN DE TEMPADA 2022

Cangas, 30 de decembro de 2022

 

     O venres previo a noitevella foi a data elexida para o desenrolo dos actos do FIN DE TEMPADA, Pouco quedaba deste ano e tocaba lembrar a tempada, cos protagonistas en clave de ATLETAS DESTACADOS, nas suas variantes, individuais e por equipos. A choiva fixo acto de presenza e coa compañia do vento tentou quitar protagonismo aos atletas. Tamén foi momento para facer un merecido recoñemento aos adestradores, peza clave para o engranaxe dun Club de Atletismo. So nos queda desexarvos unha feliz e boa tempada, afastada de lesións e chea de boas competicions.



ACTOS FIN DE TEMPADA

    Xa estamos preto de finalizar o ano e con él tamén remata a tempada 2022. Para dar unha digna despedida tanto ao ano como a tempada vos invitamos a xuntarnos o vindeiro venres 30, as 11:30 horas no Estadio Municipal de Cangas. Alí vaise premiar aos ATLETAS DESTACADOS TEMPADA 2022tamén se fara mención da labor d@s adestradores e adestradoras. En canto aos incentivos polos logros na tempada, as marcas premiadas serán os 7, 18 metros de Juan Piñeiro en salto de lonxitude, equivalentes a 961 puntos hungaros e no tiplo salto feminino Ariadna Gil acadou 11,90, que son 904 puntos hungaros.



TROFEO ABANCA DE PISTA CUBERTA

Ourense, 11 decembro de 2022

     Metidos de cheo no mes de decembro as competicions de Pista Cuberta comezan a aflorar. Falar de competicions Indoor en Galicia nos leva a Expourense, onde se disputou o TROFEO ABANCA DE PISTA CUBERTA. Foron tres os equipos que acadaron o pase para disputar esta importante competición. No caso das máis novas, SUB 10 feminino, andiveron toda a mañá loitando nas posicions de podio para rematar en 5ª posición, empatadas coas cuartas, Sumaron un total de 28 puntos .



SUB 10 FEMININO

  • LUCIA CANCELAS, 4ª 500 m.l. e 8ª relevo
  • SOFIA CORRALES7ª 1000 m.l.
  • CAMILA ENRIQUEZ, 2ª altura e 8ª relevo
  • EMMA SALGADO, 8ª lonxitude e 8ª relevo
  • DANIELA NOGUEIRA, 4ª peso
  • NORA PARCERO, 3ª 50 m.l. e 8ª relevo

      A categoría alevin contaba con equipo masculino e feminino, as mulleres sumaron un total de 23 puntos, acadando o 7º posto e os homes con 28 puntos remataron no 6º posto.

SUB 12 FEMININO

  • EMMA COLLAZO, 4ª 500 m.l. e 7ª relevo
  • ALBA ALVAREZ, 7ª 1000 m.l. e 7ª relevo
  • LENA CURRAS, 5ª lonxitude e 7ª relevo
  • SABELA MIRANDA, 4ª peso
  • CARLA SALGADO, 7ª 60 m.l.  e 7ª relevo
  • NOA LORENZO, 7ª altura


SUB 12 MASCULINO

  • ANGEL REFOJOS, 3º 60 m.l. e 6ª relevo
  • GABRIEL FAZANES,  3º 500 m.l. e 6ª relevo
  • DANIEL CORDEIRO, 6º 1000 m.l. e 6ª relevo
  • XABIER FERRAL, 8º altura
  • RUBEN FERNANDEZ, 7º lonxitude e 6ª relevo
  • AMARO BASTON, 2º peso