Archivo de la categoría: 2015-16
ELECCION DE NOVA XUNTA DIRECTIVA
Temos a ben informarvos que a actual Xunta Directiva cumpre este vindeiro mes de xullo 4 anos no cargo, por tal motivo e segundo os estatutos:
O Club Atletismo Vila de Cangas abre o prazo para presentar as candidaturas a Xunta Directiva do Club.
O prazo para presentación de candidaturas será dende o día 01 ata o 30 de xullo. Este último día, 30 de xullo, celebrarase unha Asamblea Xeral Extraordinaria coincidindo cos actos do PECHE DE TEMPADA. O prazo de reclamacións será do 01 ó 03 de agosto.
É requisito imprescindible para presentar a candidatura ser socio e estar ao corrente nas cuotas.
Na candidatura farase constar o nome completo e o seu respectivo D.N.I. e enviaranse ao Apdo. de Correos 179 cp. 36940. Publicaranse na páxina web do club, no tablón da Fundación Cangas Deporte e enviarase á prensa.
CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS
Castellón, 18-19 de xuño de 2016
Este ano o CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS celebrouse en Castellon. Supoñía un gran esforzo desprazar os dous equipos da categoría infantil. Tamén era a primeira vez que mulleres e homes acadaban o pase ao Campionato. A empresa era bonita, pero nada facil. Comezaba de maneira épica, con doce horas de viaxe en autobus. Coa chegada ao mediodía do venres daba tempo a unha boa aclimatación, e tamén para facer un pouco de turismo xa postos.
A maioria dos atletas debutaban nun Campionato de España. Ainda que non fora así, os nervios previos da competición eran inevitables. A xornada inaugural foi o sábado a partir das 17:30 horas.
EQUIPO MASCULINO
Adrián Pastoriza saltou 1’42 en altura e Jacobo Díaz 1’36 aportando os primeiros 92’5 ptos. para o equipo. Gabriel Dacosta e Pedro Verdeal participaron na lonxitude, o primeiro alcanzou os 4,53 m. e Pedro chegou os 4,20 m. Seguiamos co concurso de xavelina, Anxo Camaño lanzou 12,79 m. e o seu compañeiro Eduardo Parcero 16,16 m.
O lanzamento de peso supuso a primeira medalla individual para Lope Quinteiro, quen lanzou a bola ata os 12,67 m. Foi medalla de prata e coa suma do concurso de Aaron Otero, 10,43 m., acadaron 110 ptos. As probas do sábado deron remate co relevo 5×80 m. (Aaron O.-Anxo C. – Jacobo D. Gabriel D.- Lope Q.). Cun tempo de 55,72 s. acadaron o posto 14º. O equipo remataba a primeira xornada no posto 8º.
O domingo comezaba coas series de velocidade. Nos 80 m.v. Adrián Pastoriza fixo 14.85 s e Pedro Verdeal, 16.10 s. con estes tempos non puideron pasar a final. Jacobo Díaz e Anxo Camaño participaron nos 80 m.l. e finalizaron en 12.30 s. e 11.55 s. respectivamente. Tampouco lle valeu para acceder a final.
As derradeiras probas de fondo, 2 kms marcha e 1000 m.l. foron previstas para o mediodía do domingo. Eduardo Parcero rematou en 12:40.64 e Gabriel Dacosta en 13:33.94, ambos sumaron 59 ptos. Nos 1000 m.l. Lope Quinteiro proclamouse Campión de España rematando a carreira en 2:51.18. Aaron Otero completou a proba en 3:21.10. A suma de todo esforzo do equipo levounos a 9ª posicion final, rubricando unha fantastica tempada.
EQUIPO FEMININO
O equipo das mulleres tiña o listón moi alto, nada menos que defender o titulo acadado fai un ano. Non se arrugaron e conseguiron outras dúas medallas, en marcha e peso. A orde das probas era contraria a dos seus compañeiros. Todo comezou coa velocidade con Colomba Carballal e Alba Pardavila, rematando os 80 m.v. en 15.20 s. e 16.91 s. Ainoa Santos e Maria Rial acadaron nos 80 m.l. 11.89 s. e 11.25 s. Estas marcas non lle permitiron chegar a final.
Para os 1000 m.l. correron Anais Santamarina, en 3:54.81 e Ines Pardavila, en 3:52.72. Na marcha foi Ana Piñeiro, quen por segundo ano consecutivo acadaba a victoria. Ademáis rebaixaba a súa marca ata os 9:59.93, novo RECORD GALEGO. Sabela López completou esta proba nun tempo de 12:39.17.
Os concursos foron disputados na xornada do domingo, co remate na proba dos relevos. No salto de altura participaron Colomba Carballal, cun salto de 1’26 e Anais Santamarina que superou os 1’10. A lonxitude estivo cuberta por Alba Pardavila e Maria Rial con saltos de 4,04 m. e 4,34 m.
Un lanzamento de 9,46 m. permitiulle a Ainoa Santos proclamarse Subcampiona de España. Ines Pardavila acompañouna cun mellor lanzamento de 4,97 m. A xavelina daba remate as probas individuais, alí estiveron Ana Piñeiro e Sabela López, lanzando ata 16,61 m. e 14,78 m. O relevo 5X80 m. (Ainoa S.- Alba P. – Colomba C.- Sabela L. – Maria R.) puso fin o Campionato. Foi cun tempo de 56,84 s. e supuso o posto 21º. O equipo acadou un posto 24º no computo final.
Coa perspectiva do tempo conven valorar estes logros d@s amarel@s. Que mal acostumados nos teñen. Noraboa EQUIPOS!!!
CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS
Vilagarcia, 18 de xuño de 2016
O complexo deportivo de Fontecarmoa en Vilagarcia de Arousa foi o esceario do CAMPIONATO DE GALICIA DE VETERANS. Neste caso contamos coa presenza de 3 atletas que participaron en diferentes probas. O campionato gozou duns rexistros excelentes, ata se bateu un Record Mundial. No tocante os amarel@s tiveron premio polo esforzo en todas as probas que competiron. Carlos Bernárdez foi subcampión nos concursos de martelo e disco. Belen Lemat acadou o 2º posto en 400 m.l.- 800 m.l. e 1500 m.l., marcouse un triatlon sen despeinarse. Juan Iglesias obtivo medallas de bronce nos 800 m.l. e 400 m.l.
RESULTADOS
PREVIA CAMPIONATO ESPAÑA INFANTIL POR EQUIPOS
Esta madrugada partiu o autobus cos equipos feminino e masculino da categoría infantil. Por diante uhna longa viaxe ata Castellón. As probas daran comezo o sábado 18 de xuño pola tarde e remataran coa xornada de maña do domingo 19 de xuño.
LISTADO DE INSCRITOS
RESULTADOS DIRECTO HOMES
RESULTADOS DIRECTO MULLLERES
CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL
O Barco de Valdeorras, 11 de xuño de 2016
O Campionato Galego das categorías menores foi responsabilidade da Delegación de Valdeorras. Ata o Barco nos tivemos que desprazar para competir cos mellores das categorías benxamin, alevín e infantil. Esta viaxe a parte máis oriental de Galicia supuso un madrugón considerable. As probas comezaban as 10:00 da maña e agardabanos un día de sol e calor como poucos tivemos esta primaveira.
Estaban clasificados preto de 40 amarel@s. Durante toda a xornada competiron, nun máximo de dúas probas, acadando coma recompensa 21 podios máis a mellora de moitas marcas persoais. Facer mención especial da categoría infantil, tanto mulleres coma homes, que esta vindeira fin de semana competiran en Castellón no Campionato de España por Equipos. Imos encher a cidade de amarel@s que seguro viviran unha experiencia inesquecible.
Benxamín
MULLERES
- Gema Dacosta, 1ª Peso 1ª Pelota
- Noa Nerga. 2ª Peso 6ª Altura
- Lara Iglesias, 1ª Marcha 3ª Pelota
- Iris Malvido, 2ª Marcha 9ª Pelota
- Nerea Malvido, 9ª Marcha
- Sara Nerga, 9ª Altura 9ª 1000 m.l.
- Lucía Gil, 4ª 500 m.l. 11ª 50m.l
HOMES
- Sergio Valladares, 1º Lonxitude 10º 50 m.l.
- Diego Roca, 11º Lonxitude
- Raúl Rial, 9º 50 m.l. 5º 500 m.l.
- Ángel Graña, 5ª 1000 m.l.
Alevín
MULLERES
- Erea Bastón, 1ª Peso 11ª Xavelina
- Katia González, 13ª Peso
- Cristina Taboada, 10ª Xavelina
- Carmen Fraga, 8ª Lonxitude
HOMES
- Manuel Roca, 9º Xavelina 11º Peso
- Daniel Quinteiro, 14º Xavelina 14º 60 m.l.
- Denís Fernández, 1º Marcha 12º Lonxitude
- Eloy Domínguez, 7º Peso
- Joel Curro, 5º 2000 m.l.
- Carlos López, 6º 1000 m.l.
Infantil
MULLERES
- Ana Piñeiro, 1ª Marcha 12ª Xavelina
- Sabela López, 12ª 220 m.v.
- María Rial, 9ª 150 m.l. 1ª Triple Salto
- Colomba Carballal, 5ª 80 m.v. 15ª Altura
- Ainoa Santos, 2ª Peso 2ª Disco
- Sara Mallo, 11ª Lonxitude 5ª 3000 m.l.
HOMES
- Eduardo Parcero, 5º Marcha 12ª Xavelina
- Pedro Verdeal, 9º 220 m.v. 8º 80 m.v.
- Lope Quinteiro, 1º 1000 m.l. 1º Peso
- Adrián Pastoriza, 2º 80 m.v. 4º Altura
- Gabriel Dacosta, 7º Lonxitude 2º triple salto
- Anxo Caamaño, 8º Xavelina 15º Disco
- Martiño Núñez, 14º Xavelina 12º Peso
- Jacobo Díaz, 2º Pértega 2º Altura
- Daniel Suárez, 5º Altura 6º triple salto
- Aaron Otero, 2º Peso 3º martelo
RESULTADOS
CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA
Vigo, 05 de xuño de 2016
As pistas de balaidos foron a sede do CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBRE. Multitude de probas atleticas que prolongaron o programa ata a noite. Sorte que no mes de xuño o sol tarda en poñerse, e tamén que Vigo non nos queda lonxe. Contamos con presenza nas tres categorías, sendo a xuvenil a máis numerosa.
O relevo 4×100 xuvenil másculino proclamouse Campión Galego. Os integrantes eran Daniel Armada, Adrián Outeiral, David Lorenzo e Daniel Calvar. Remataron nun tempo de 46.11 s. Saray Amoedo foi 2ª no triple salto, onde tamén participou Martina Paramos, que foi 8ª, acadando no salto de pertega a medalla de bronce. Na pertega masculina David Lorenzo foi 1º ademáis de 3º en 400 m.v. cun tempo de 58.11, a só unha centesima da mínima para o Cto. de España. A medalla de prata na pertega sería para Daniel Calvar, que tamén rematou 7º no triple salto. Daniel Armada refrendou a sua punta de velocidade cun 5º posto nos 100 m.l., con 11.60.
Manel Iglesias foi 1º en lanzamento de xavelina. Iria Rodríguez rematou 8ª en 400 m.v. e 11ª en 200 m.l. Nesta última proba Paula Sotelo acadou o 9º posto. Adrián Outeiral completou a súa participación cun 6º posto no salto de lonxitude.
Na categoría junior contamos con Esmeralda Corredoira, bronce en marcha. Patricia Torres, prata en peso e Paula Martínez, prata en 100 m.v. A marca desta última proba foi invalidada polo vento.
A categoría promesa supuso a volta de Pablo Castro a competición de primeiro nivel. Cun mellor lanzamento de 13.70 conseguiu rematar Campeón Galego de Peso, a escasos centimetros da minima para o Cto. de España. A súa compañeira Raquel Villa si que acadou a mínima para o Campionto de España Promesa, que se vai disputar o vindeiro 25 e 26 e xuño en Toledo. Raquel quedou Campeona Galega de Peso cun lanzamento de 12.09.
RESULTADOS
PREVIA CTO. GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL
Este sábado 11 de xuño toca viaxar ata O Barco de Valdeorras. Ali van ter cita as 16 mellores marcas da actual tempada agás nas de velocidade e valados disputadas na recta de meta que serán 18. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas do programa e categoría. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m.
Para o desprazamento imos dispoñer un autobus para os atletas participantes, e os acompañantes no caso de sobrar prazas. A saída será de Cangas as 06:30 horas. Si se vai facer a viaxe por conta propia teran a cautela de estar unha hora antes da proba.
Achegamos o listado dos admitidos máis o HORARIO previsto para as probas.
LISTADO INSCRITOS
RESULTADOS EN DIRECTO
CAMPIONATO GALEGO CADETE
Ferrol, 04 de xuño de 2016
O comezo do Campionato, as 11:00 horas, permitiunos partir de Cangas cara Ferrol as 08:00 horas. O Campionato Galego Cadete tivo un desenrolo moi puntual sobre o programa previsto. A xornada de maña comezaba con Raul Barreiro no martelo, acadando o 4º posto, con 25.55 mts. Repetiría o posto no lanzamento de peso, con 11.02 mts. Na pista tamén se disputaba o 3000 mts marcha, coa participación de Valeria Fernández. Mellorou a súa marca con 15:59.84 e proclamouse Subcampioa Galega.
Juan Piñeiro foi 8º no salto de lonxitude e repetiu posto no triple salto. Tamén participou no concurso de pértega pero non acadou ningun salto valido. Irene Menéndez fixo a semifinal dos 100 m.l. en 14.01, con esta marca non pasou a final. Logo acadaria o Bronce na proba de lonxitude, cun mellor salto de 4.66. Ariadna Gil obtivo outra medalla de bronce nos 300 m.v. e rematou 6ª no concurso de triple salto.
Valeria Rodriguez no martelo non empezou con bo pe, rematou o mesmo sen marca. Si ben, despois desquitouse no peso cun lanzamento de 11.00 mts, que lle deu a medalla de prata e mínima para o Campionato de España Cadete.
Alex Iglesias rematou 8º nos 1000 m.l. con 3:01.30. María Rodríguez pasou a final dos 300 m.l. con 44.63 na semifinal. Rematou 7ª con 45.01. Laura Campos lanzou a xavelina ata os 25.90 mts, acadando o 5º posto.
O remate do Campionato foi a proba dos relevos, 4 X100. O equipo feminino composto por Irene Menéndez, Ariadna Gil, María Rodríguez e Naiara Villar foron cuartas, cun crono de 54.07.
RESULTADOS
LOPE QUINTEIRO CAMPION DE ESPAÑA INFANTIL
Valladolid, 4-5 de xuño de 2016
Debe estar conectado para enviar un comentario.