CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO

A Pobra do Caramiñal, 26 de novembro de 2023

 

     Ata o Barbanza nos achegaba a marcha atlética para a disputa do CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA DE INVERNO. O Estadio Municipal da Alta acolleu esta importante proba de marcha en pista na que tiñamos tres amarel@s. Vera Boubeta disputaba os 2000 m. na categoría SUB 12 acadando o posto 13º. No mesmo lugar rematou Nahía Pintos pero na categoría SUB 14. Diego Garcia foi quen de acadar a victoria e proclamarse CAMPION GALEGO da categoria SUB 16 rematando os 5000 m en 27:07.25



CAMPIONATO ZONAL CROSS XOGADE

Moaña, 19 de novembro de 2023

    Inicouse o ciclo do programa XOGADE de campo a través coa celebración do CAMPIONATO ZONAL. O estado do campo das carreiras estaba envexable e o único que freou @s atletas foi o trazado sinuoso dos circuitos. Nesta edición ademáis do tempran comezo tamén se da a oportunidade de participar, fora de concurso, a outr@s atletas de clubes que non disputan a clasificación. Polo tanto os equipos que tiñan que buscar o pase ao CAMPIONATO PROVINCIAL eran o Atletismo Samertolameu e o Vila de Cangas. Finalmente progresan ao PROVINCIAL todos os equipos conformados da seguinte maneira:


CADETE FEMININO

  • ANTIA BAQUEIRO
  • NOAH PINTO
  • ANTIA SOTO
  • ANA CORDEIRO 10ª
  • AINARA CALVIÑO 13ª
  • ZOE FERNANDEZ 14ª
  • EVA MARTINEZ 16ª
  • CARLA GONZALEZ 17ª
  • MAITANE GALIÑARES 18ª

CADETE MASCULINO

  • HUGO COLLAZO
  • MARCOS RIAL
  • MIGUEL FERNANDEZ 
  • ROI RIVAS
  • SAUL SANTOS


INFANTIL FEMININO

  • LENA CURRAS
  • ANA OLIVEIRA
  • EMMA COLLAZO
  • MARIA MARCOS
  • NAHIA PINTOS
  • CARLA SALGADO
  • VERA BOUBETA 13ª
  • AITANA BROULLON 14ª
  • IRIA FERNANDEZ 15ª
  • NOA LORENZO 18ª

INFANTIL MASCULINO

  • DANIEL CORDEIRO
  • ANGEL REFOJOS
  • GABRIEL FAZANES
  • ERIC SANTOS
  • ALEJANDRO FERNANDEZ 10º


ALEVIN FEMININO

  • ELODIE GRAÑA
  • NORA PARCERO
  • NOA PEDRIDO
  • MAR FAZANES
  • SOFIA CAPELO
  • SOFIA CORRALES
  • SARA BARROS 13ª
  • EMMA SALGADO 14ª

ALEVIN MASCULINO

  • ADRIAN CALVAR
  • ALEX CARBALLO
  • BRAIS GARCIA
  • HUGO LORENZO
  • XOEL OLIVEIRA
  • XIAN MOREIRA 11º


BENXAMIN FEMININO

  • CLAUDIA ROMERO
  • ANXELA CABALLERO
  • ELBA CORDEIRO
  • AROA SUAREZ

BENXAMIN MASCULINO

  • XOSE GONZALEZ
  • SAMUEL LORENZO
  • PAULO GESTIDO
  • ADRIAN CAPELO


 

PLAN DE VIAXE A OURENSE

     Co gallo da celebración do TROFEO ABANCA DE PISTA CUBERTA o vindeiro 3 de decembro de 2023 na pIsta cuberta de EXPOURENSE foron publicados os estadillos que daban os equipos clasificados. Neste caso podran competir o masculino e feminino da categoría SUB 12. A viaxe vaise realizar en autobus con saida da estación de Cangas as 08:00 horas e con volta ao remate das competicions. Achegamos, a continuación, @s convocad@s coa idea de conformar os equipos e precisamos que se comunique calquera baixa ou incidencia ao respecto.


  •  60 m.l.                   ELODIE GRAÑA…..XOEL OLIVEIRA
  • 500 m.l.                 EMMA COLLAZO…..ANGEL REFOJOS
  • 1000 m.l.               LENA CURRAS…..DANIEL CORDEIRO
  • ALTURA                CAMILA ENRIQUEZ…..SAMUEL CORRALES
  • LONGUITUD        MARIA  MARCOS…..BRAIS GARCIA
  • PESO                      SABELA MIRANDA…..ALEJANDRO FERNANDEZ
  • REMUDAS             ELODIE, EMMA,MARIA e LENA….. ANGEL, DANIEL,BRAIS e SAMUEL


 

PREVIA DO CAMPIONATO ZONAL DE CROSS XOGADE

   O vindeiro 19 de NOVEMBRO vaise disputar en Moaña o CAMPIONATO ZONAL DE CROSS do programa XOGADE. A proba está destinada para as seguintes categorías, BENXAMIN (2015-1016), ALEVIN (2013-2014), INFANTIL (2011-2012) e CADETE (2009-2010). As carreiras organizáranse por categoría e sexo. A ubicación dos circuitos será na contorna da Pista de Atletismo da Xunqueira en Moaña. Realizarase unha clasificación individual, según a orde de chegada, e outra por equipos cun mínimo de catro atletas nas categorias BENXAMIN,ALEVIN, INFANTIL e tres para @s CADETES.



    E importante estar no lugar cunha HORA, polo menos, de antelación a carreira, hai que facer o quecemento e recoñecer o circuito. Para esta proba estan  INSCRIT@S tod@s @s atletas das categorías implicadas, se houbera algunha incidencia que vos impida acudir pregamos que o comuniquedes canto antes.



CAMPIONATO DE ESPAÑA FEDERACIONS AUTONOMICAS SUB 16

Gijón, 07 de outubro de 2023

     As federacions autonomicas medianse en Gijón no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16. Alí estivo a mellor versión de Diego Garcia, quen foi capaz de realizar a sua mellor marca persoal 27:56.71 na proba dos 5000 metros da marcha. Acadou o posto 11º e sumou uns importantes puntos que axudaron no 6º posto final que obtivo a Selección Galega da categoria masculina. Salientar tamén o posto 4º que obtiveron na categoria feminina.



III CROSS ROMARIA DE DARBO

Cangas, 3 de setembro de 2023

     Non había mellor maneira de comezar o mes de setembro. Retomamos o CROSS DA ROMARIA DE DARBO, a comisión de Festas desta popular Romaria traballou para incluir no programa cultural unha carreira, e nos colaboramos gustosamente. Houbo percorridos por categorias e repartironse medallas para tod@s @s participantes. Agardamos se asente no calendario de carreiras e podamos disfrutar desta contorna en vindeiras edicions.



ESCOLA DE VERAN

      Os meses de xullo e agosto reservamos as mañas de martes e xoves para o lado máis lúdico do atletismo.  Non deixamos de movernos pero o facemos pensando no divertimento. Son interminables os campionatos de brile, o aquagym dos aspersores e os tradicionais xogos populares. Salientar a participación na Escola e agradecer a confianza depositada n@s monitores. Para o ano máis e mellor, deixamosvos unha foto para o recordo.



CAMPIONATO ESPAÑA SUB 18 A0 AIRE LIBRE

Gijón, 8 e 9 de xullo de 2023

  En terras asturianas disputouse o CAMPIONATO ESPAÑA SUB 18 A0 AIRE LIBRE. A segunda fin de semana do mes de xullo estaba marcada no calendario atlético na categoria XUVENIL. Duas amarelas foron participes deste importante Campionato, poñendo o broche a unha magnifica tempada de Pista ao Aire Libre. Agata Rodríguez participou na proba de 100 m.v., onde non puido progresar as series finais, rematou 8ª na sua quenda cun tempo de 16.20 s.  Gema Dacosta acreditou marca para participar nos concursos de Peso e Disco. No lanzamento de peso estivo a piques de entrar na mellora e finalmente foi 9ª con 12.86 m. Si acadou o pase a mellora na final do lanzamento de disco, rematando 8ª cun lanzamento de 34.75 m.



 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 AIRE LIBRE

Tarragona, 02 de xullo de 2023

     Na pista tarraconense de Camp Clar disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 AO AIRE LIBRE. Ata alí se desprazaron a nosa especialista en triplo Ariadna Gil e o seu adestrador Juan Luis RamiloA atleta Sub 23 afrontaba este Campionato con moita ilusión tras unha tempada un tanto irregular. Chegado o domingo posicionouse firme na candidatura a pasar a mellora, cun mellor salto de 11.81. Magoa do último salto nulo, que finalmente privouna de estar entre as oito mellores. Noraboa pola volta a atopar esas boas sensacions, acadando un magnifico 9º posto a  só un centimetro dese preciado pase a final.



CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE

Pereiro de Aguiar, 25 de xuño de 2023

     As pistas Josefina Salgado deron acollida ao CAMPIONATO GALEGO SUB 10 E SUB 12 AO AIRE LIBRE. O programa de probas estaba pensado para o desenrolo en xornada de maña e así foi, con probas para competir de maneira individual máis unha última de relevo para dar remate ao Campionato, Na categoría BENXAMIN tivo premiación a actuación de Adrián Calvar, sendo CAMPION en 1000 m.l. e SUBCAMPIÓN en lanzamento de pelota. Nos relevos 4X50 as mulleres foron 6ª e os homes quedaron preto do podio cun 4º posto.



SUB 10 MULLERES

  • EMMA SALGADO, 11ª Lonxitude e 6ª relevos
  • MAR FAZANES,  4ª Peso e 6ª relevos
  • CLAUDIA ROMERO,16ª 50 m.l., 10ª 500 m.l. e 6ª relevos
  • SOFIA CORRALES,7ª Marcha e 6ª relevos

SUB 10 HOMES

  • ADRIAN CALVAR,  1º1000 m.l. 2º Pelota e  4º relevos
  • HUGO LORENZO,  4º relevos 
  • ALEX CARBALLO, 5º 50 m.l. ,7º  Lonxitude e 4º  relevos 
  • XOSE GONZALEZ,  4º relevos


     Foi a categoría ALEVIN a que aportou máis premiacions ao computo global. Lena Curras foi CAMPIOA en lanzamento de pelota e SUBCAMPIOA en 1000 m.l., Emma Collazo sumou outra victoria nos 500 m.l., Carla Salgado acadou o SUBCAMPIONATO de lanzamento de pelota. No relevo 4X60 participaron as tres reseñadas máis María Marcos cunha victoria que lles outorgou o CAMPIONATO GALEGO. Sumouse as victorias Sabela Miranda no concurso de lanzamento de peso.



SUB 12 MULLERES

  • LENA CURRAS, 2ª  1000 m.l. 1ª Pelota e 1ª relevos
  • EMMA COLLAZO, 12ª 60 m.l. 1ª 500 m.l.  e 1ª relevos
  • ALBA ALVAREZ,  11ª 1000 m.l.  
  • CARLA SALGADO,  15ª 60 m.l. 2ª Pelota e 1ª relevos
  • ELODIE GRAÑA, 10ª  60 m.l. e 11ª Lonxitude 
  • MARIA MARCOS, 1ª relevos
  • SABELA MIRANDA, 1ª Peso e 6ª Pelota
  • IRIA FERNANDEZ, 12ª Pelota


    A sección masculina contou coa victoria de Samuel Corrales no lanzamento de pelota impoñendo un novo RECORD GALEGO, 41,06 m. Daniel Cordeiro foi SUBCAMPION nos 2000 m.l. e Angel Refojos BRONCE na carreira de 1000 m.l. sumando a Brais Garcia foron os compoñentes do relevo 4X60 que acadou a medalla de BRONCE. Alejandro Fernández cunha medalla de BRONCE no lanzamento de peso pechaba as subias ao podio d@s amarle@s.



SUB 12 HOMES

  • ANGEL REFOJOS, 4º 60 m.l. 3º 1000 m.l. e 3º relevos
  • DANIEL CORDEIRO, 2º 2000 m.l. 14º  Lonxitude e 3º relevos
  • SAMUEL CORRALES, 4º Lonxitude,1º  Pelota e 3º relevos
  • BRAIS GARCIA, 7º Marcha e 3º relevos
  • ALAN MALVIDO, 11º  Peso
  • ANXO CURRAS,   5º Pelota
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 3º Peso