CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

Granollers, 6 e 7 de xullo de 2013.
Chegaron os atletas Cangueses unha tarde ,do 5 de xullo, a cidade granollerense para confirmar a súa participación , despois dun pequeno adestramento pola tarde do venres da velocista Noa Rouco volveron o hotel para descansar para o día seguinte no cal competirían a velocista Noa Rouco e o xavalinista Anxo Rodas. Este acadou a súa mellor marca da competición no terceiro intento, conseguido lanzar 43’11 m., que non lle foron suficientes para pasar á mellora, rematando en 9º posto.
En canto a Noa Rouco, que competía na proba dos 300 m. l., quedou segunda na súa serie cunha marca de 42.22, non sendo tampouco suficiente para pasar a final e rematando na mesma posición que Anxo.
O día seguinte competiría Óscar Broullón. O seu primeiro lanzamento foi o máis modesto de todos, o segundo intento foi nulo, pero no terceiro intento mellorou case un metro e pasou á mellora. Foi o primeiro lanzamento desta mellora o que lle serviu para acadar o primeiro posto, cunha marca de 15’24, proclamándose campión de España.

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL

O fin de semana do 22 e 23 de xuño celebrouse nas pistas de Durango (Bizkaia) o Campionato de España Xuvenil ao aire libre. Ata alí desprazáronse 4 atletas do Vila de Cangas: Raquel Villa, Pablo Castro, Sara Villar e Mar Chillón. Despois dunhas 9 horas en furgoneta acompañados dalgúns atletas e entrenadores do Celta, Morrazo e San Narciso, chegamos pola noite a un humilde hotel que por sorte nos quedaba ben cerca das pistas onde se celebraba a competición. Tampouco podemos ter queixa de como acompañou o clima.

A primeira en poñerse a equipación e saír á pista foi Sara Villar, a última hora da mañá do sábado. A semana anterior, probou a facer o 400 valados nun control, sendo a súa proba de sempre o 100, conseguindo no seu debut uns interesantes 1.13.89 que lle permitirían ser repescada e acudir ao nacional. Competiu na primera semifinal rematando 8ª cunha marca de 1.16.46.

O sábado pola tarde, tocaríalle xa a Pablo Castro, na primeira das dúas probas que disputaría, o peso. Despois dun bo concurso, onde o primeiro enseguida colleu distancia sobre as marcas dos rivais, o noso atleta fixo un mellor lanzamento de 15 metros e 96 centímetros, o que permitiu que conseguise un máis que merecido bronce. Iso sí, esa non sería a primeira vez que Pablo subiría ao podio neste fin de semana.

No segundo día, comezamos o día cunha boa noticia. A primeira hora da mañá, como xa é costume, competía Mar Chillón nos 5km marcha. Acudía á cita coa cuarta mellor marca, e despois dunha carreira complicada, acadou o terceiro posto mellorando a súa marca e deixándoa en 24.16.35, o que se convertiría en récord galego, quedando a seis segundos da mínima mundial.

Xa para rematar, pola tarde do domingo quedaban por competir Raquel Villa no peso e Pablo Castro, esta vez no disco de 1,5kg. Raquel, aínda contando cunhas rivales moi competitivas, fixo un gran concurso mellorando a súa marca nada máis e nada menos que 45 centímetros, e logrando un meritorio cuarto posto cunha gran marca de 13,63m. Posteriormente, Pablo non sería menos e acadaría o seu segundo bronce do campionato, cunha marca de 46m39cm, que sería a mellor para el ata o momento na proba.

En conclusión, Galiza rematou o campionato con 10 medallas, 4 de ouro e 6 de bronce, sendo 3 destas últimas de cor amarela.

GALA DE CLAUSURA DE TEMPADA

CLAUSURA DA TEMPADA
O vindeiro sábado 20 de xullo, no Salón de Plenos do Concello, faráselle un recoñecemento público ós atletas destacados da presente tempada. Será as 17 horas. Non cheguedes tarde ou non sairedes na foto. Durante este acto faráselle entrega duns pequenos agasallos.
Logo teremos como todos os anos a asemblea xeral, onde daremos conta, entre outras cousas, dos méritos da tempada, estado de contas, lectura de actas anteriores, etc.
A xornada rematará cunha cea (sobre as 22.00 horas) para todos os socios e simpatizantes do Club. Este ano a cea será en Restaurante Capitán , en Menduiña – Aldán. Todos os interesados en asistir a cea terán que chamar a Maricarmen, ó teléfono 697623361, antes do 16 de xullo. O prezo será de 20 € para todos, salvo para os atletas destacados, que pagarán 7 €, correndo a cantidade restante por conta do club.

CAMPIONATOS DE ESPAÑA

Este fin de semana Terán lugar os campionatos de España para a categoría junior e para a categoría cadete. O primeiro será en Castellón e participará Aida Amoedo Portabales na proba dos 400 m.l.
O Campionato para os cadetes será en Granollers. Xa vedes, os dous o ladiño da casa. Ben, neste último participará Noa Rouco Baqueiro na proba dos 300 m.l.; Oscar Broullón Sotelo, nas probas de peso e disco; e Anxo Rodas Arca, na proba de xavelina.
Moita sorte para todos.

ESCOLA DE ATLETISMO DE VERÁN

O Club Atletismo Vila de Cangas xa puxo en marcha, como cada ano, a escola de atletismo de verán, onde poderán participar, coa supervisión de monitores titulados, todas as modalidades deste deporte. A actividade estará dirixida a todas a persoas maiores de cinco anos.
Lugar: pistas municipais de atletismo de Cangas
Horario:* Mes de xuño: luns e xoves de 19 a 20.30 horas
*Meses de xullo e agosto: martes e xoves de 11 a 12.30 horas
Inscrición: nas pistas de atletismo no mesmo horario da escola ou nos teléfonos 660786803 e 628147702

SEGUIMOS FACENDO HISTORIA

Moratalaz (Madrid), 9 de xuño de 2013.
A iso das 12 do medio día dio sábado 8 de xuño, déronse cita as atletas do Vila de Cangas para saír cara á capital.
Na maleta levaban un bocata, a roupa para competir, un abrigo (sí un abrigo, porque este ano nin o 40 de maio nos quitamos o saio), de vinte quilos de ilusións. IMOS A FINAL DA SEGUNDA DIVISIÓN POR PIRMEIRA VEZ NA HISTORIA DO CLUB!!!!


Ah, esquecíao, tamén levaban un móbil deses de última xeración.
A viaxe fíxose longa, e menos mal que nos libramos de ir a Murcia como propuxeron nun principio, senón seria peor. Ben, atravesamos media España parando dúas veces no camiño, que antigamente se aproveitaba para ir ó aseo. Hoxe, podedes crerme, aproveitase a parada para facer carreiras en busca dun enchufe para cargar eses aparatiños chamados móbiles. A tecnoloxía moderna!
Unha vez no destino, ceamos e cada un o seu cuarto, que mañá hai que madrugar e convén estar descansados e en bo estado de forma. A durmir! A durmir? Non era posible xa estabamos a 9 de xuño e as atletas querían darlle os parabéns ó seu adestrador polo seu aniversario. Menos mal, non foi moi longo.



Despois do merecido descanso, un bo almorzo e a competir xa con un formigueiro no estómago provocado polos nervios.
Nas pistas xa nos estaba agardando Serantes, a quen lle agradecemos o esforzo.
Mar foi a primeira en competir e tamén a primeira en chegar á meta marchando. Ben, isto vai ben. Xa estamos primeiras. Entón tocoulle a torna a Johana lanzando martelo e… que creedes? Foi a segunda mellor marca. Seguimos primeiras.
Nos entramos na liga en oitavo posto, pero a quen non lle gusta soñar? Agora estabamos primeiras. De alí a pouco xa estabamos segundas, pero ó certo é que nos mantivemos nesa posición ata ben pasada media mañá. Sería este o conta da Cincenta? Anda que si quedamos nos primeiros postos…! Pensamos que aquel era un momento para disfrutar, a rebaixar sempre hai tempo.
E ese tempo chegou. A falta o último relevo estabamos no 7º posto, pero non había nada decidido porque a diferenza de puntos era mínima. Pese a boa actuación das nosas atletas nos relevos, finalizamos oitavas con 79 puntos, a tan so un punto do 7º e a tan só 11 puntos do 3º.


Que ninguén pense que se apoderou de nós a tristeza, estamos contentos de participar e animados para seguir intentándoo o vindeiro ano.
Quedaba a volta á casa, onde Mónica se recuperará da lesión sufrida mentres saltaba lonxitude.

Resultados:
Johana Villar Parada: 2ª en martelo
Mar Chillón Camaño: 1ª en marcha
Belén Lemat Cabral: 7ª en 3000 m.l.
Mónica Cabirta Gutiérrez: 7ª en lonxitude
María Jesús Novo Pardavila: 7ª en 400 m.v.
Aida Amoedo Portabales: 1ª en 400 m.l.
Carla Bernárdez Miranda: 7ª en disco
Marina Caballero Iglesias: 3ª en 800 m.l.
Iria Piedras Gómez: 8ª en 200 m.l.
Alexia Vidal Martínez: 2ª en altura
Martina Páramos Rial: 6ª en pértiga
Sara Villar Millán: 5ª en 100 m.v.
Noa Rouco Baqueiro:3ª en 100 m.l.
Eva Piñel Lorenzo: 8ª en triplo
Ana Bermúdez Méndez: 8ª en 1500 m.l.
Raquel Villa Carracelas: 2ª en peso
Ainara Rodríguez Nogueira: 5ª en 3000 m.obstáculos
Talía García Prieto: 7ª en xavelina
Relevos 4×100 (Paula Martínez Fernández, Noelia Graña Casas, Sara Villar , Alexia Vidal): 7ª
Relevos 4×400 (Aida Amoedo, Marina Caballero, Ana Antepazo Regueira, María Jesús Novo): 5ª

FINAL LIGA DE CLUBS 2ª DIVISION

O Club Atletismo vila de Cangas participará este fin de semana na competición máis importante de toda a súa historia. Por primeira vez participará na final da segunda división nacional. Este acontecemento ten maior importancia si cabe por tratarse, na súa maioría, de rapazas novas e froito, todas elas, das filas do Vila de Cangas. O noso equipo non conta con filiais, polo que, sexa cal sexa o resultado da proba, o mérito será inmenso. Tratase do único Club galego que participará no evento.

Xunto có Vila de Cangas compiten: A.A. Mostoles, Correr el Garbi, UCAM-Cartagena, CA Murcia Tovarsport, C.A. Torrent, Bahia Algeciras, Oviedo At.

O equipo partira cara a Moratalaz ( Madrid) o sábado 8 de xuño para competir o domingo na final. O seu adestrador, Francisco Rodal Abal, convocou as seguites atletas para as probas que a continuación se indica:

5.000 m. marcha: Mar Chillón Camaño

Relevos 4×400 m: Aida Amoedo Portabales, Marina Caballero Iglesias, Mónica Cabirta Gutierrez, María Jesús Novo Pardavila

Relevos de 4×100 m: Noelia Graña Casas, Paula Martínez Fernández, Alexia vidal Martínez, Sara Villar Millán

Jabalina: Talía García Prieto

Martillo Johana Villar Parada

Disco: Carla Barnardez Miranda

Peso: Raquel Villa Carracelas

Triple: Eva Piñel Lorenzo

Longitud: Mónica Cabirta Gutiérrez

Pértiga: Martina Páramos Rial

Altura: Alexia Vidal Martínez

400 m. vallas: María Jesús Novo Pardavila

100 m. vallas: Sara Villar Millan

3.000 m. obstáculos: Ainara Rodriguez Nogueira

3.000 m.l.: Belán Lemat Cabral

1.500 m.l. : Ana Bermúdez Méndez

800 m.l.: Marina Caballero Iglesias

400 m.l. : Aida Amoedo Portabales

200 m.l.: Ana Antepazo Regueira

100 m.l.: Noa Rouco Baqueiro

Suplente: Iria Piedras Gómez

A Competición realizarase con un atleta por proba e cada atleta só pode participar nunha proba en un relevo como máximo, ( ou en ambos relevos). Os clubs poden ter ata seis participacións de clubs asociados, aínda que este non é o caso do Vila de Cangas que, como xa dixen antes, participa sen filiais.

CAMPIONATO GALEGO XUNIOR E DE PROBAS COMBINADAS

Lugo, 1 de xuño de 2013
Un fin de semana máis tocou a desprazarnos para disputar un campionato galego. Neste caso trátase do campionato galego xunior, que se celebrou na tarde do sábado en Lugo.
Cinco foron os atletas que participaron no evento obtendo so seguintes resultados:
Tomás Ocaña Pazos: medalla de prata nos 5000 m.l.
Aida Amoedo Portabales: medalla de ouro en 100 m.l., medalla de ouro nos 200 m.l., medalla de ouro en 400 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: medalla de bronce nos 400 m.v. e 4ª en 200 m.l.
Ainara Rodríguez Nogueira: medalla de ouro nos 3000 m. obstáculos
Iria Piedras Gómez: medalla de prata nos 3000 m. obstáculos
Por outra banda, entre a tarde do sábado e a mañán do domingo, tamén se lecelebrou o campionato galego de probas combinadas, onde participou Angel Menduiña Gutierrez, en acadou unha puntuación de 5311 puntos que os levou a subirse o podio na segunda posición.

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL

No Barco de Valdeorras disputouse o pasado 26 de maio de 2013 o campionato galego xuvenil e o campionato de 5 de 10 km de marcha xunior e promesa.
Mar Chillón, desde club Atletismo Vila de Cangas, bateu o record galego nos 5 km marcha, rexistrado xa no ano 1994, cunha marca de 24:26.7.
Pablo Castro estivo a punto de seguir os pasos de Mar, pero non conseguiu superar o record imposto, aínda que si igualalo.
En canto os demais atletas do Vila de Cangas, destacar a actuación de Raquel Villa Carracelas, o facer doblete en peso e disco.
Anta Antepazo participou nos 200 m.l. e pasou á final, onde rematou quinta.
Ana Bermúdez quedou ás portas do podio nos 2000 m. obstáculos, ó rematar en 4ª posición.
Sara Villar venceu a súa serie dos 100 m valados e logrou a medalla de bronce na final.
Outra que tamén subiu o podio para recoller a medalla de bronce foi Alexia Vidal na modalidade de altura.
Talía Prieto, aínda medio convalecente da súa lesión, quedou cuarta en peso, disco e xavelina.
Carla Bernárdez participou en disco, quedando 5ª .
A Mar Chillón acompañouna na marcha Esmeralda Corredoira, quen rematou dos 5.000 m. marcha en 6ª posición.

Aínda nos queda por mencionar a Johana Villar, que participou no lanzamento de martelo e colgouse a medalla de  bronce.