RECORDATORIO

      Lembramos que o vindeiro 30 de xullo teremos o «Fin de Tempada» no salón de plenos do Concello.

      A continuación celebrarase a asemblea xeral onde, entre outras cousas, se elixirá a nova Xunta Directiva. AINDA SE ESTÁ EN PRAZO PARA PRESENTAR CANDIDATURAS.

        Logo terá lugar a cea. Pedímoslles que todos aqueles que estean interesados que acudir a mesma, se vaian apuntando ó teléfono 600821023. É importante que se faga o antes posible, pois debemos ter en conta os anotados para buscar un restaurante con aforo suficiente. O custo da cea será de 60€ por persoa. Ja, ja, ja, que non. Que é broma.  A cea custa 20 euros.  (Así me gusta, que esteades atentos o que se escribe).  Xa sabedes que os atletas maiores destacados só teñen que pagar 5€, pois o resto corre á conta do Club.

GALA FIN DE TEMPADA

O vindeiro sábado dia 1 de Agosto tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase os atletas destacados cun agasallo. Despois de esta homenaxe ós atletas convócase a tódolos socios/as a Asamblea xeral ordinaria que terá lugar no mesmo lugar do Concello de Cangas o as 18:00 horas en primeira convocatoria e as 18:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DIA:

Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

Resumo dos resultados da tempada 2014/15.

Lectura e aprobación do estado de contas.

Ampliación da xunta directiva.

Rogos e preguntas.realizarase una Xunta Xeral na que están convocados tódolos socios.

Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a Cea de fin de tempada. A mesma esta previsto se faga no Restaurante O Pereiro de Hio, a partir das 22:00 horas. O menú da cea estará composto por uns entrantes de empanada, croquetas, calamares e tortilla. un plato de arroz de marisco e outro de carne, tenreira ou xamón asado con patacas. Postre, Bebida e Café. O precio por persoa serán 20 euros. Para confirmar asistencia a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou no teléfono 600821023 (Isaura).


11738022_653538141450453_5380185703608135882_n


Campionato Galego Absoluto e Promesa P.C.

O dia 2 de febrero celebrouse na pista cuberta de A Coruña o campionato galego absuluto e promesa no cal os atletas do Vila de Cangas conseguiron cinco podios :
Ángel Menduiña, 1º en peso, 3º clasificado en pertega e 2º en altura da categoría promesa.
Pablo Castro, 3º clasificado absoluto en peso e
Raquel Villa 3º clasificada absoluto en peso.

COPA DE CLUBES EN PISTA CUBERTA

A Coruña, 12 de xaneiro de 2014

O Vila de Cangas empeza a recoller éxitos de equipo na presente tempada.
O equipo feminino conseguiu un moi prezado bronce, rozando a prata e mesmo o ouro. Isto é así porque entre o primeiro e o terceiro posto tan só houbo a diferenza dun punto. O fina o ouro foi para o Celta con 77 puntos, seguidos do Ría de Ferrol con 76 e o Vila de Cangas con 75 puntos.
Os resultados dos homes foron algo peores, rematando no 7º posto, sendo o Gimnástica, o Celta e o Narón os equipos que subiron o caixón.
Noelia Graña – 2º en 50 ml
Estela Crespo -2ª en 200 ml
Aida Amoedo -2ª en 400 ml
Noa Rouco -2ª en 800 ml
Marina Caballero – 2ª en 1500 ml
Alba Vidal -7ª en 3000 ml
Paula Martinez -4ª en 50 mvalados
Alexia Vidal -3ª en altura
Martina Paramos -4ª en pertega
Saray Amoedo -4ª en triple salto
Monica Cabirta – 7ª en lonxitude
Raquel Villa -2ª en peso
Relevo de 4 voltas, 3 voltas, 2 voltas e 1 volta campionas da proba
Cesar A. González 7ª en 50 ml
Elio Goberna 7ª en 200 ml
Pedro Acuña 6ª en 400 ml
Maikel Portela 7ª en 1500 ml
Angel Ferrari 7ª en 3000 ml
Juan M. Novo 5ª en 50 mvalados
Pablo Cortizo 7ª en 800 ml
Héctor Fernández 4ª en altura
Álvaro Lorenzo 6ª en pertega
Ángel Menduiña 5ª en lonxitude

CROSS DE NAZARET E BELARMINO ALONSO

O vindeiro fin de semana, en concreto o domingo 24 de novembro, terán lugar dúas probas deportivas:
Por un lado, celebrarase o cross escolar do colexio de Nazaret, destinado ós rapaces de infantil e primaria. O percorrido será por as rúas próximas ó devandito colexio.
Por outro lado, en Vigo, o lado de campo de fútbol “A Xunqueira” – Molinos – S. Andrés de Comesaña, terá lugar o 35º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través. Esta proba empezará ás 10.15 horas cós maiores e continuará durante toda a mañá rematando cós benxamíns.

LIGA ESCOLAR FEDERADA

Empeza a nova tempada. Este fin de semana teremos a primeira proba oficial deste curso. Serán os máis pequenos os que empecen a competir na “Liga Escolar Federada”, na súa primeira fase, nas pistas de Balaidos. A segunda fase terá lugar o trinta deste mesmo mes en Lugo. O programa de probas inclúe 50, 500, 1000, peso, lonxitude e altura para os benxamíns; 60, 500, 1000, peso, lonxitude e altura para os alevíns e 60, 500, 1000, 60mv, peso, lonxitude, altura, pértega e triplo para os infantís.Cada atleta poderá realizar nun máximo de 2 probas por xornada. En cada proba puntuaran dous atletas por entidade aínda que poden participar 1 atleta fora de concurso por parte de cada club.
O Vila de Cangas participa en todas as categorías. Sairá un autobús de Cangas ás 9.30 horas.
Moita sorte a todos.
Podedes consultar aquí o horario:Circular 64-2013

VOLTA ÓS ADESTRAMENTOS

Os atletas do Vila de Cangas volven a adestrar este mes de setembro, logo de disfrutar dunhas merecidas vacacións.
Os máis maiores empezan o dous de setembro, mentras que os que adestran con Calvar faranno cando empece o cole; é dicir, o 11 de setembro, cós mesmos horarios que na tempada anterior.
Por outra banda, xa está aberto o pagamento das cotas dos socios. Esta tempada toca a pagar 52€.