CAMPIONATO GALEGO SUB 23 PISTA CUBERTA

Ourense,  19 de xaneiro de 2020

     O domingo disputouse na pista de Expourense o CAMPIONATO GALEGO SUB 23 DE PISTA CUBERTA. Ata alí desprazaronse tres amarel@s para estrear a competicion oficial baixo teito . Martín Souto retomaba a competición con sendas probas de velocidade, foi 6º nos 200 m.l. cun tempo de 24,81 s. Na proba de 60 m.l. progresou a final cun tempo de 7,79, carreira que non chegou a disputar. Daniel Calvar foi o máis rápido nos 200 m.l. cun tempo de 22,84, moi preto da mínima para o Campionato de España. A esta medalla de ouro sumoulle a que acadou no salto de pértega, onde rematou primeiro cun salto de 3,60 m.

     Saray Amoedo foi CAMPIOA GALEGA de triple salto, con 11,18 m. e BRONCE en salto de lonxitude, con 4,89 m. Non hai dubida, comezaron fortes a tempada, MOITOS PARABENS.



Deja una respuesta