PLAN DE VIAXE A RUA- MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO

     A Federación Galega de Atletismo organiza o XXIII Memorial Alejandro Lorenzo – Campionato de Galicia de Categorías Menores de Campo a Través o domingo 26 de xaneiro do 2020 en A Rúa. – O Memorial está destinado ás seguintes categorías: Sub10 (2011-2012), Sub12 (2009-2010) e Sub14 (2007-2008) homes e mulleres. – Sumaranse os puntos dos/as 4 mellores clasificados de cada equipo.Todos/as os/as atletas deberán pasar por cámara de chamadas. A apertura será 25 minutos antes e pechará 15 minutos antes, da saída de cada proba. 

     Vai sair un autobús, da Estación de Cangas, as 06:30 horas. Se sobran prazas poderan ser ocupadas por acompañantes dos atletas (farase unha lista de espera coa xente que o comunique). Para quen faga a viaxe por conta propia será importante estar na saida con antelación (1 hora antes da proba).



     A volta do autobus está prevista ao remate da proba, polo cal se aconsella levar algo de comida ademais dunha muda de roupa. Achegase a ubicación do circuito, no Area Recreativa O Aguillón.



 

Deja una respuesta