PREVIO DO CAMPIONATO ZONAL XOGADE

     O vindeiro sábado 18 de xaneiro vai ter lugar, no parque de A Xunqueira (Moaña), o CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVES do programa XOGADE. Esta competición supón a antesala dos Campionatos Provincias e Galegos. En todas as categorías, clasificaranse os 3 mellores equipos de cada categoría e sexo; e os/as dez primeiros/as clasificados/as individuais de cada zona. As categorías implicadas son SUB 10-12-14 e SUB 16. Por equipos puntuaran os CATRO primeiros atletas, salvo en SUB 16 que serán TRES. Precisarase que TODOS/AS @S atletas acudan ao CAMPIONATO. (estar cunha antelación de 45 minutos ao comezo da proba a disputar)


 



Deja un comentario