XLVI TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS

Cangas, 01 de decembro de 2019

     Chegou o día no que Cangas disfrutaría do atletismo nas suas ruas. Comezaba o mes de decembro sen choiva, cousa de agradecer despois dun mes e pico de auga e nubes. Por fin brillaría o amarelo.



     No tocante as carreiras de menores, foron discurrindo puntualmente polo centro urbano de Cangas. A partir das 10:00 horas da maña xa se ateigaron as ruas de pequen@s atletas que encheron de colorido e vitalidade o asfalto. A categoría SUB 10 foi a encargada de romper o xeo, sobre un percorrido de 500 m. saían da praza cara o Concello e voltaban a meta. Nos homes acadaron postos de podio Pablo Barreiro (Pinarium), Martín Otero (Pinarium) e Mario Costas (Samertolameu). As tres primeiras prazas de mulleres foron para Gabriela Bouzada, Nijal Benjerada (San Miguel) e Noah Pinto (Vila de Cangas). A seguinte categoria, SUB 12, aumentaba o percorrido ata os 1000 mts, os máis rápidos masculinos foron Hugo Domínguez (Vila de Cangas), Hugo Collazo (Vila de Cangas) e Brais Pintos (Vila de Cangas). Na carreira feminina as tres primeiras entraron por esta orde, Sabela Castelo (Vila de Cangas), Marta Pereira e Andrea Dapia (Patoblanco).



     Na categoria SUB 14, tanto homes coma mulleres, competían sobre un circuito de 1500 m. Carlos López (Vila de Cangas), Yago Juncal (Vila de Cangas) e Lucas Pérez ocuparon o podio masculino. Na proba feminina as tres primeiras en cruzar a meta serían Maialem Fernández (Vila de Cangas), Marta Novo (San Miguel) e Lara Iglesias (Samertolameu).

   Pechabanse as carreiras do circuito urbano coa categoría SUB 16, os homes sobre un percorrido de 3000 m. e as mulleres de 2000 m. Na distancia masculina acadaron podio Hector Rodríguez (Beade), Carlos Bautista (Porriño) e Ricardo Tobio (San Miguel). A clasificación feminina estivo liderada por Aldara Fonseca (Beade), Carmen Aguiño e Laura Alonso (Beade)



     Condicions idoneas tamen dispuseron os participantes na carreira dos 10 kilometros. A saída desde o porto de Aldán deulle a oportunidade de disfrutar de varios kilometros co mar coma testemuña. Tanto na saida, coa Ria de Aldán,  coma nos primeiros kilometros, coa Ria de Vigo, o percorrido discurriu paralelo ao Atlantico. No KM 5 comezouse a entrada no nucleo urbano de Cangas, tras un primeiro pase polo arco de meta (KM 6) faltaban un par de voltas ao circuito polo centro para completar os 10 KM. Os gañadores absolutos da carreira masculina foron Nuno Costa (Tambre B&R), Jorge Puig (Atl. Santiago) e Alvaro Prieto (Miller). A clasificación feminina estivo encabezada por Sandra Mosquera (Adas), Beatriz Fernández (Corredoiras) e Marina Caballero (Vila de Cangas).



Deja una respuesta