CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO EN PISTA AO AIRE LIBRE

Pontevedra, 20 de xullo de 2019

 

     O CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO EN PISTA AO AIRE LIBRE, marcaba no calendario o peche dos adestramentos para alguns dos pupil@s de Ramilo. A xornada do sábado foi inusualmente calurosa para un verán fresco coma o deste ano. As pistas do CGTD de Pontevedra gozaron dun ambiente atletico do que foron participes vari@s amarel@s. De maña, na proba dos 800 m.l. Lope Quinteiro rematou en 1.57.10 acadando o 5º posto e mellorando o seu rexistro . Alex Iglesias cruzou a meta en 2:03.93, moi preto da sua marca e acadando o posto 15º. A participación matinal completouna Juan Piñeiro, quen acadou o 8º posto na final do salto de lonxitude cunha marca de 6,51 m.



   De tarde chegou o turno para Aaron Domínguez, quen cun salto de 12;05 acadou o 6º posto na final do triple salto. Na final feminina deste concurso participaron Ariadna Gil e Saray Amoedo, rematando en 6º e 7º posto respectivamente. Os saltos que lle deron estas posicions foron de 11,16 e 11,15 m. Ariadna Gil tamen acadou o pase a final de 100 m.v., proba que non disputou finalmente debido a un malentendido a hora de computar as clasificadas.



Deja una respuesta